DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 19 de abril de 2005 Páx. 6.405

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2005, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 2005 do convenio colectivo da empresa Viguesa de Transportes, S.L.

Vista a acta da revisión salarial para o ano 2005 do convenio colectivo da empresa Viguesa de Transportes, S.L., con nº de código 3601452, que tivo entrada no rexistro único do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo o día 1-2-2005, subscrita pola comisión negociadora do convenio, en data 28-1-2005. De conformidade co disposto no artigo 11 do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o seu depósito no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 1 de marzo de 2005.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Acta

Pola dirección:

Juan C. Villarino Tejada.

José Luis Seijas González.

Fco. Javier Pérez Bravo.

Rafael González Castro.

Juan José Estévez Arosa.

Polo comité:

Manuel Marque López.

Justo García Ramos.

Manuel Pereiro Lazara.

Nicasio Herrero Ferro.

Manuel Castro Ferreiro.

José Luis Pérez Resua.

Benito Rodríguez Areal.

Ángel Alonso Otero.

Mª Matilde Souza Iglesias.

En Vigo o 28 de xaneiro de 2005, reunidos dunha parte a dirección da empresa Viguesa de Transportes, S.L.-Vitrasa e da outra o comité de empresa dela cos membros que se relacionan,

ACORDAN:

De conformidade co artigo 11º Retribucións do vixente convenio, aplicar a revisión salarial prevista para o ano 2005 fixando un incremento salarial do 2,75% (previsión IPC 2% máis 0,75), do que resultan as táboas salariais que se xuntan debidamente conformadas por ambas as partes e que serán de aplicación desde o día 1 de xaneiro de 2005.

De acordo con todo o que antecede, asinan este documento por quintuplicado, no lugar e data no inicio indicadoS e para os efectos da súa presentación perante a Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, para o seu coñecemento e se o estima oportuno, se proceda á inscrición, depósito e publicidade delas.

Táboas 2005

(2004+2,75%)

Antigüidade

Soldo

ou salario

Compl. de

convenio

Quebranto

D.C. feram.

Bolsa de

vacacións

Compl. de

vacacións

Horas extras

Bienio

Quinquenio

Compl. de

transporte

Pagas extras

marzo, xullo

e Nadal

* Persoal de movemento

25 Xefe tráfico 2ª29,0811,554,45308,279,199,111,252,524,451.054,13

07 Inspector27,8311,124,21293,608,758,671,192,404,451.007,55

35 Controlador SAE27,3010,884,13287,738,588,491,172,344,45987,40

19 Condutor-perceptor26,1210,514,45273,418,148,321,102,214,45933,33

26 Condutor24,346,792,42132,174,327,051,042,084,45847,43

Cobrador23,416,010,68102,913,515,921,011,974,45762,56

* Persoal de administración

02 Xefe sección1.111,6612,154,45328,919,8210,2546,3792,734,451.246,72

03 Xefe negociado1.022,8111,574,45311,759,239,8642,7785,544,451.158,64

04 Oficial 1ª874,3410,514,45273,418,148,6737,0874,184,451.016,19

05 Oficial 2ª795,388,493,65205,836,068,3234,0968,204,45909,30

06 Auxiliar 1ª707,196,790,66132,174,325,9229,8859,804,45821,59

31 Auxiliar 2ª534,554,450,4899,103,224,4522,4244,834,45632,35

Antigüidade

Soldo

ou salario

Compl. de

convenio

Quebranto

D.C. feram.

Bolsa de

vacacións

Compl. de

vacacións

Horas extras

Bienio

Quinquenio

Compl. de

transporte

Pagas extras

marzo, xullo

e Nadal

* Persoal de taller

08 Xefe taller1.111,6612,154,45328,919,8210,2546,3792,734,451.246,72

09 Contramestre965,9411,484,45305,699,139,4440,3080,604,451.104,93

10 Xefe equipo29,0911,124,45293,598,758,671,192,404,451.007,55

11 Oficial 1ª26,1210,514,45273,418,148,321,102,214,45933,33

12 Oficial 2ª24,788,494,33205,836,067,751,062,114,45858,87

13 Oficial 3ª24,346,792,42132,174,327,051,042,084,45847,43

14 Mozo23,416,010,68102,913,515,921,011,974,45800,43