DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 19 de abril de 2005 Páx. 6.387

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 15 de marzo de 2005 pola que se establecen as bases reguladoras do programa para a promoción do emprego autónomo cofinanciado polo Fondo Social Europeo e se procede á súa convocatoria para o ano 2005.

Advertido erro na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia do venres 18 de marzo de 2005, é necesario efectuar a seguinte corrección:

Na páxina 4.668, no artigo 2 punto 4º, onde di: «Non poderán obter a condición de beneficiario, do programa regulado nesta orde, as persoas ou entidades en que concorran asando se realicen con mull», debe dicir: «Non poderán obter a condición de beneficiario, do programa regulado nesta orde, as persoas ou entidades en que concorran as circunstancias previstas no artigo 13.2º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións».

Os anexos incluídos nas páxinas 4.675 a 4.679 deben substituírse polos que se insiren a continuación.