DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 19 de abril de 2005 Páx. 6.368

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2005, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se actualiza o calendario de vacinación infantil do programa galego de vacinación.

Na actualidade, para a mellora do estado de saúde da poboación infantil, existen produtos vacinais de

demostrada eficacia e efectividade que teñen como obxectivo a prevención de certas enfermidades. Recentemente autorizouse para a utilización sistemática en nenos unha nova vacina anti-varicela facendo posible a súa introdución en calendario infantil.

A necesidade de manter as recomendacións de vacinas e pautas de vacinación actualizadas, segundo os avances dos coñecementos dos niveis de seroprevalencia dos anticorpos fronte aos axentes obxecto da vacinación así como o desenvolvemento da biotecnoloxía na produción de vacinas máis seguras e efectivas e a aparición de cambios ecolóxicos na circulación dos xermes, fan necesario implantar un sistema de vacinación máis seguro e eficaz, para o cal se seguirán as recomendacións técnicas ao respecto e os acordos do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde.

Neste sentido, o devandito consello acordou recomendar a vacinación de varicela en preadolescentes para aquelas persoas que refiran non ter pasado a varicela nin recibido a vacina con anterioridade, establecendo un rango de idade entre os 10-14 anos (ambos inclusive) para introducila segundo os intereses de cada comunidade autónoma e que estas adoptarían as medidas oportunas para a súa implantación durante este ano 2005.

Así pois, de conformidade co Decreto 13/2005, do 3 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Sanidade e as súas competencias, é responsabilidade da Dirección Xeral de Saúde Pública o desenvolvemento e a xestión

de programas de prevención de problemas de saúde con especial repercusión na Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o seu artigo 11.3º h).

Polo anteriormente exposto,

RESOLVO:

Primeiro.-Incluír a vacina antivaricela no calendario infantil, administrando unha dose a aquelas persoas que refiran non ter pasado a enfermidade nin recibido esta vacina con anterioridade e que teñan idades entre dez e doce anos (ambas inclusive).

Segundo.-O programa de vacinación infantil comprenderá a prevención mediante inmunoprofilaxe activa de:

-Hepatite B.

-Poliomielite.

-Tétano.

-Difteria.

-Tose ferina.

-Sarampelo.

-Rubéola.

-Parotidite.

-Enfermidades invasoras causadas polo Haemophilus influenzae de serotipo b.

-Enfermidades invasoras causadas pola Neisseria meningitidis serogrupo C.

-Varicela.

Terceiro.-As pautas de vacinación segundo as vacinas serán as seguintes:

Vacinas/idade0 meses2 meses4 meses6 meses15 meses18 meses3 anos6 anos12 anos14 anos

Vacina hepatite B: VHB (4)VHB (1ª d.)VHB (2ª d.)VHB (3ª d.)VHB (1)

Vacina da difteria, tétano e tose ferina de tipo acelular: DTPaDTPa (1ª d.)DTPa (2ª d.)DTPa (3ª d.)DTPa (4ª d.)DTPa (5ª d.)

Vacina do tétano e da difteria tipo adulto: TdTd (2)

Vacina inxectable da polio: IPVIPV (1ª d.)IPV (2ª d.)IPV (3ª d.)IPV (4ª d.)

Vacina do Haemophilus influenza tipo b: HibHib (1ª d.)Hib (2ª d.)Hib (3ª d.)Hib (4ª d.)

Vacina fronte ao meningococo C (3)MC (1ª d.)MC (2ª d.)

Vacina fronte ao sarampelo, rubéola e parotidite (triple vírica): TVTV (1ª d.)TV (2ª d.)

Vacina fronte á varicelaVaricela (5)

1) A vacinación fronte á hepatite B aos 12 anos de idade está indicada exclusivamente nos nenos non vacinados anteriormente e a pauta de vacinación é de tres doses: as dúas primeiras cun intervalo dun mes e a terceira aos seis meses da primeira (0, 1, 6).

2) Recoméndase aplicar unha dose de recordo cada 10 anos.

3) Existen produtos vacinais cuxa ficha técnica permite reducir a dúas doses a pauta de vacinación fronte o meningococo C.

4) Para reducir o número de inxeccións precisas para a administración de todos os antíxenos correspondentes aos dous meses de idade, a segunda dose

de vacina fronte á hepatite B podería administrarse á idade dun mes.

5) Aínda que esta vacina se incorpora aos 12 anos por coincidir en calendario coa de VHB, aconséllase vacinar a todas as persoas entre 10 e 12 anos (ambos inclusive) que cumpran as condicións recollidas no punto primeiro, se acceden aos servizos sanitarios por calquera outro motivo.

Cuarto.-Esta resolución entrará en vigor o día 15 de xuño de 2005.

Disposición derradeira

Facúltase ao director xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade para ditar os criterios téc

nicos que se van seguir e para adoptar as actuacións necesarias para o axeitado desenvolvemento e implantación do calendario oficial de vacinacións de Galicia.

Disposición derrogatoria

Quedan derrogadas as normas de igual ou inferior rango naquilo que se opoña expresamente ao disposto nesta resolución.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2005.

Jorge Suanzes Hernández

Director xeral de Saúde Pública

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL