DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 19 de abril de 2005 Páx. 6.367

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 6 de abril de 2005 pola que se crean determinados ficheiros automatizados de datos de carácter persoal existentes no Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM), como organismo autónomo desta consellería.

O artigo 20.1º da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (BOE nº 298, do 14 de decembro), especifica que a creación, modificación ou supresión dos ficheiros das administracións públicas só poderá facerse por medio da disposición xeral correspondente, publicada no Boletín Oficial del Estado ou diario oficial que corresponda, establecendo no seu punto segundo as indicacións concretas que deben constar nas disposicións de creación e modificación daqueles.

Na súa virtude, a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo,

DISPÓN:

Primeiro.-Mediante a presente orde créanse os ficheiros especificados no anexo, que se relacionan e achegan nel, e que conteñen a información exixida no artigo 20.2º da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, relativo ás disposicións de creación dos ficheiros automatizados de carácter persoal.

Segundo.-Serán responsables dos ficheiros as persoas ou órganos que, en cada caso, figuran no anexo, e que adoptarán as medidas de xestión e organización necesarias, asegurando a confidencialidade, os dereitos e as obrigas recoñecidos na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro; e ante os que se exercerán os dereitos de acceso, rectificación e cancelación, sen prexuízo da responsabilidade directa que na xestión e custodia dos datos corresponda ao empregado público que estea a cargo do ficheiro correspondente.

Terceiro.-Os datos de carácter persoal, rexistrados nos ficheiros do organismo autónomo da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, denominado Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM), aos que se refire o anexo só serán utilizados para os fins expresamente previstos e polo persoal debidamente autorizado para o efecto.

Cuarto.-Os datos só poderán ser cedidos nos supostos expresamente previstos pola lei.

Disposición adicional

No caso de cesións dos datos aos servizos de estatística das administracións públicas, haberá que aterse, ademais, ao disposto na normativa vixente sobre materia estatística.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2005.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación

Social y Turismo

ANEXO

Ficheiros de nova creación da Consellería

de Cultura, Comunicación Social e Turismo

I. Nóminas. IGAEM: sistema de control e xestión do ficheiro do persoal do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais.

a) Finalidade do ficheiro e uso previsto: control e apoio á xestión interna da información de carácter persoal, para proceder aos aboamentos e automatización da relación de nóminas do persoal dependente e/ou adscrito ao IGAEM, que desempeñe as súas funcións neste organismo autónomo ou en calquera das distintas unidades de produción que dependen del, para os efectos salariais e demais dereitos que se devenguen a favor daqueles (control de permisos, licenzas, vacacións, tipo e natureza do posto desempeñado, antigüidade, etc.).

b) Persoas ou colectivos sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal (ou que resulten obrigados a subministralos): todas aquelas persoas que teñan unha relación laboral co IGAEM, así como persoal contratato eventualmente por este instituto.

c) Procedemento de recollida de datos: formulario en soporte papel.

d) Estrutura básica do ficheiro: base de datos.

e) Cesión de datos (ou transferencia de datos prevista a países terceiros): ningunha.

f) Órgano/s responsable/s do ficheiro:

-IGAEM (Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais), organismo autónomo adscrito á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

g) Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no ficheiro poderán exercerse, se é o caso, ante o organismo responsable do ficheiro (IGAEM) nas súas dependencias sitas na rúa da Vesada, s/n (San Lázaro) CP: 15703 de Santiago de Compostela.

h) Medidas de seguridade: nivel alto.

i) Datos de carácter persoal recollidos no ficheiro:

-Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, núm. S.S./mutualidade, nome, apelidos, enderezo, teléfono, sinatura ou impresión dixitalizada.

-Datos de características persoais: estado civil, datos de familia, data e lugar de nacemento, idade, sexo, nacionalidade, características físicas ou antropométricas.

-Datos de circunstancias sociais: situación militar.

-Datos académicos e profesionais: formación, titulacións, experiencia profesional.

-Datos relativos ao emprego: corpo/escala, categoría/grado, postos de traballo, datos non económicos da nómina.

-Datos económico-financeiros e de seguros: ingresos e rendas, datos bancarios, datos económicos de nómina, datos deducións impositivas/impostos.

-Outros datos especialmente protexidos: datos relativos á saúde.

II. Axenda. IGAEM, libreta de enderezos e contactos do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais.

a) Finalidade do ficheiro e uso previsto: proporcionar unha información completa da listaxe de contactos de compañías profesionais, grupos, asociacións, artistas, etc., que teñan algún tipo de relación co mundo do teatro, da música e da danza, que posúe o Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais, así como as distintas unidades, departamentos ou servizos dependentes del, para uso como caderno de enderezos e outras finalidades varias.

b) Persoas ou colectivos sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal (ou que resulten obrigados a subministralos): todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que teñan ou estean relacionadas coas artes escénicas e musicais por calquera nexo ou vínculo.

c) Procedemento de recollida de datos: formulario web e transmisión electrónica de datos.

d) Estrutura básica do ficheiro: base de datos.

e) Cesión de datos (ou transferencia de datos prevista a países terceiros): ningunha.

f) Órgano/s responsable/s do ficheiro:

-IGAEM (Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais), organismo autónomo adscrito a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

g) Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no ficheiro poderán exercerse, se é o caso, ante o organismo responsable do ficheiro (IGAEM) nas súas dependencias sitas na rúa da Vesada, s/n (San Lázaro) CP: 15703 de Santiago de Compostela.

h) Medidas de seguridade: nivel básico.

i) Datos de carácter persoal recollidos no ficheiro:

-Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, CIF., nome ou razón social, apelidos, enderezo, correo electrónico, teléfono, fax.

-Datos de información comercial: actividades e negocios, creacións artísticas, literarias, científicas ou técnicas.

-Datos económico-financeiros e de seguros: datos de deducións impositivas/impostos.

-Datos de transaccións: bens e servizos subministrados e recibidos polo afectado.

III. Provedores. IGAEM: libreta de enderezos e demais datos de terceiros que contraten co Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais.

a) Finalidade do ficheiro e uso previsto: inscrición no ficheiro dos datos de aquelas persoas que contraten coa Administración autonómica, a través do IGAEM, ou ben teñan unha relación de carácter económico con ela.

b) Persoas ou colectivos sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal (ou que resulten obrigados a subministralos): todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que teñan ou estean relacionados contractualmente ou debido ás funcións do IGAEM, ou teñan algún deber ou obriga de carácter económico con este instituto.

c) Procedemento de recollida de datos: formulario, transmisión electrónica de datos.

d) Estrutura básica do ficheiro: base de datos.

e) Cesión de datos (ou transferencia de datos prevista a países terceiros): ningunha.

f) Órgano/s responsable/s do ficheiro:

-IGAEM (Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais), organismo autónomo asdscrito á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

g) Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no ficheiro poderán exercerse, se é o caso, ante o organismo responsable do ficheiro (IGAEM) nas súas dependencias sitas na Rúa da Vesada, s/n (San Lázaro) CP: 15703 de Santiago de Compostela.

h) Medidas de seguridade: nivel medio.

i) Datos de carácter persoal recollidos no ficheiro:

-Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, C.I.F., nome ou razón social, apelidos, enderezo, correo electrónico, teléfono, fax.

-Datos de información comercial: actividades e negocios, creacións artísticas, literarias, científicas ou técnicas.

-Datos económico-financeiros e de seguros: datos de deducións impositivas/impostos.

-Datos de transaccións: bens e servizos subministrados e recibidos polo afectado.