DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 19 de abril de 2005 Páx. 6.358

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 7 de abril de 2005 pola que se convocan estadías formativas en empresas ou institucións para o curso 2004-2005, destinadas a funcionarios docentes non universitarios e pola que se aproban as súas bases de concesión.

O artigo 56 da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, determina que a formación permanente constitúe un dereito e unha obriga de todo o profesorado e unha responsabilidade das administracións educativas e dos propios centros, e na súa disposición adicional terceira, sinala que as administracións educativas proverán os recursos necesarios para garantir, no proceso de aplicación da lei, a inclusión de actividades, como poden ser as estadías en empresas, para asegurarlles a todos os profesores ao longo da súa vida profesional a posibilidade de acceder a períodos formativos fóra do centro escolar.

Así mesmo, o feito de que a formación profesional estea estruturada en ciclos formativos, nos que se establece con carácter obrigatorio e avaliable un período de formación en centros de traballo, fai necesario que os profesores teñan previamente un coñecemento directo dos procesos produtivos que se desenvolven nas empresas, as novas tecnoloxías que incorporan e as realizacións profesionais dos traballadores nos diferentes postos de traballo, para, deste xeito, perfilar o programa formativo que os alumnos deberán realizar no módulo de formación en centros de traballo. Neste sentido, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria proponse satisfacer as devanditas necesidades formativas, co obxectivo, en todo caso, de conseguir a mellora do sistema educativo a través da formación dos seus profesionais.

Durante estes últimos anos vénse ofertando esta modalidade de formación do profesorado, destinada a funcionarios docentes non universitarios e convocada mediante orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria baixo a denominación de estadías formativas en empresas ou institucións. Precisamente a experiencia levada a cabo con esta acción evidencia un axeitado procedemento de actualización de coñecementos e, ao mesmo tempo, unha forma de achegar o profesorado que imparte clases en formación profesional específica ao mundo produtivo e aos avances tecnolóxicos dos que dispoñen as empresas galegas.

Na súa virtude, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro.-Convocatoria e requisitos dos candidatos.

Convócanse 94 prazas de estadías formativas en empresas ou institucións para o curso 2004-2005,

dirixidas a funcionarios docentes de formación profesional específica destinados en centros dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo as condicións e a distribución que se establecen e relacionan nesta orde.

Os funcionarios deberán pertencer a algunha das especialidades do profesorado para impartir módulos de formación profesional específica, segundo o Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro, e o Real decreto 777/1998, do 30 de abril, ou estar adscritos a prazas dalgunha das especialidades indicadas, así como estar impartindo clases en formación profesional específica.

En todo caso, a estadía solicitada estará relacionada coa súa actividade docente.

Os candidatos deberán reunir os seguintes requisitos:

1. Estar en situación de servizo activo e prestar servizos durante os cursos 2003-2004 e 2004-2005 en centros dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

2. Ser funcionario de carreira ou funcionario en prácticas nalgún dos corpos e escalas aos que alude este artigo. En casos excepcionais e cando queden vacantes, logo de asignarlles as prazas aos funcionarios, os interinos que estean impartindo clases durante o curso 2004-2005 en módulos asociados a unha unidade de competencia dos ciclos formativos de formación profesional específica poderán solicitar unha estadía, se as carencias de formación e as características dos módulos que cada profesor teña previsto impartir durante o curso 2005-2006 o xustifican.

3. Non ser beneficiario de licenza por estudos, nin tela concedida, no curso 2004-2005, xa que se consideran incompatibles ambas as dúas modalidades de formación no mesmo período de vixencia.

Segundo.-Modalidades das estadías e distribución das prazas.

Segundo se trate de empresas ofrecidas pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou empresas e prazas distintas das anteriores e propostas polo interesado, establécense tres modalidades.

Tipo A: estadías formativas nas empresas acollidas a este programa, que se relacionan no anexo I.

Tipo B: estadías formativas noutras empresas ou institucións cun mínimo de cinco traballadores. Neste caso, o profesorado deberá concertar coa empresa o contido e a duración da estadía, co máximo dun mes e medio, e presentará un proxecto segundo o esquema recollido no anexo III.

Tipo C: estadías formativas en varias empresas (máximo de tres) ou institucións cun mínimo de cinco traballadores. Neste caso, o profesorado deberá concertar coas empresas o contido e a duración da estadía, co máximo dun mes e medio, e presentará un proxecto por empresa segundo o esquema recollido no anexo III.

O total das 94 prazas convocadas distribúese da seguinte forma: para a modalidade A, 60 prazas,

para a modalidade B, 24 prazas; para a modalidade C, 10 prazas. As prazas non cubertas polos candidatos nalgunha das modalidades poderán ser acumuladas nas outras modalidades.

Terceiro.-Períodos de realización e duración das estadías formativas.

O período de realización das estadías será, con carácter xeral, o comprendido entre o día 1 de xullo de 2005 e o 15 de setembro de 2005.

Para a modalidade A, a duración e o período de realización serán os indicados no anexo I para cada empresa.

Para as estadías das modalidades B e C, a duración estará comprendida entre 15 días e mes e medio, e no período previsto con carácter xeral entre o 1 de xullo e o 15 de setembro de 2005.

Cuarto.-Solicitudes e documentación.

Os candidatos a realizar as estadías formativas en empresas que se convocan deberán presentar a súa solicitude segundo o modelo do anexo II, acompañada da documentación que se indica a continuación:

1. Folla de servizos, segundo modelo do anexo VI, que deberá achegar cuberta polo interesado reflectindo todos os servizos prestados que desexe que lle sexan recoñecidos, pechada o 30 de setembro de 2004. A Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais solicitaralle á delegación provincial correspondente a certificación oficial dos ditos servizos; o interesado deberá facilitar unicamente a proposta cuberta, xunto co resto da documentación.

2. Acreditación dos méritos académicos, profesionais ou de calquera índole que se considere conveniente alegar. Estes serán xustificados mediante os documentos que se especifican no anexo IV desta orde.

3. Relación numerada e asinada da documentación presentada, seguindo a orde que aparece no indicado anexo IV.

4. Non se terán en conta nin se valorarán os méritos alegados e non xustificados debidamente, nin os que se aleguen fóra do prazo ao que se refire o punto quinto desta convocatoria.

5. Certificación de ter ou non ter subvención ou axuda para a mesma finalidade procedente de calquera outra Administración ou ente público.

Quinto.-Prazo de presentación.

O prazo de presentación de solicitudes, para todas as modalidades, será de 30 días naturais contados a partir do día seguinte ao de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. As solicitudes, xunto coa documentación, deberán presentarse a través do rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou das súas delegacións provinciais, ou mediante calquera dos procedementos establecidos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e de procedemento administrativo común; é imprescindible que na instancia apareza a data de recepción no organismo público correspondente. Se en uso des

te dereito, o expediente é remitido por correo, é necesario que se presente en sobre aberto para que sexa datado e selado polo funcionario de correos antes de que se proceda á súa certificación.

Procurarase que as oficinas receptoras remitan os expedientes á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais), edificio administrativo San Caetano s/n, 15781 Santiago de Compostela, dentro das corenta e oito horas seguintes á súa recepción.

Sexto.-Informe da Inspección.

Pechado o prazo de presentación de solicitudes, o Servizo Provincial de Inspección Educativa emitirá o correspondente informe por instancia da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, segundo o modelo que aparece como anexo V desta orde. Este informe deberáselle remitir á Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, no prazo de cinco días naturais, e será preceptivo á hora de valorar a autorización da solicitude.

Sétimo.-Aspectos do informe e valoración.

1. O mencionado informe do Servizo de Inspección referirase aos seguintes aspectos:

a) Organización da súa actividade docente (programación, metodoloxía, utilización de recursos, criterios de avaliación, actividades extraescolares, etc.).

b) Participación no funcionamento dos centros (traballo cos equipos docentes, departamentos e seminarios; colaboración cos órganos de goberno; titorías, etc.).

c) Participación en programas educativos de innovación e reforma.

2. O resultado deste informe traducirase nunha valoración global de cero a tres puntos.

Oitavo.-Comisión de selección.

1. A selección dos candidatos realizaraa unha comisión integrada polos seguintes membros:

-O subdirector xeral de Formación Profesional, que será o presidente.

-O subdirector xeral de Ensinanzas Especiais e Formación Permanente.

-O xefe do Servizo de Xestión Integrada de Recursos, Formación en Empresas e Orientación Laboral.

-O xefe do Servizo de Formación do Profesorado.

-Un inspector de Educación.

-Un funcionario da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que actuará como secretario, con voz e sen voto.

2. Cada un dos sindicatos da Mesa Sectorial Docente nomeará un representante, que poderá asistir ás sesións da comisión con voz e sen voto.

3. A comisión poderá dispor a constitución de subcomisións técnicas especializadas só para os efectos de colaborar na valoración dos méritos relacionados nos puntos 1 e 4 do anexo IV.

Noveno.-Resolución da convocatoria.

1. No caso de que se presenten máis solicitudes que prazas, a orde de preferencia será a seguinte:

-Os que non realizaran ningunha estadía.

-Os que realizaran unha, dúas ou tres estadías, e así sucesivamente.

2. A comisión seleccionadora realizará unha selección segundo a puntuación obtida conforme o baremo que figura como anexo IV desta convocatoria. En caso de empate, este dirimirase atendendo sucesivamente aos seguintes criterios:

a) Maior puntuación no punto 2 do baremo.

b) Maior puntuación no punto 3 do baremo.

3. A relación dos seleccionados farase pública nos taboleiros de anuncios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, no edificio administrativo San Caetano, e nos das delegacións provinciais, así como no portal educativo, no enderezo www.edu.xunta.es. Coa publicación abrirase un prazo de dez días naturais para efectuar reclamacións. Transcorrido este prazo, unha vez estudadas e, se é o caso, atendidas as ditas reclamacións, a comisión seleccionadora elevaralle á directora xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais a proposta de resolución desta convocatoria, xunto coa acta ou as actas definitivas con expresión das valoracións outorgadas a cada un dos candidatos, así como a relación final dos seleccionados. A resolución definitiva ditada polo conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria publicarase no Diario Oficial de Galicia.

No mesmo prazo establecido no parágrafo anterior, poderán presentarse renuncias á concesión das estadías en empresas perante a mencionada comisión seleccionadora.

Décimo.-Renuncias e reclamacións.

Unha vez resolta esta convocatoria, soamente se admitirán renuncias ás actividades concedidas en casos de excepcional gravidade apreciados pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. O profesorado que non participe na actividade para a que foi seleccionado perderá a súa preferencia para participar nas vindeiras tres convocatorias da actividade, agás nos casos excepcionais autorizados.

As solicitudes consideraranse desestimadas de non quedar resolta a convocatoria no prazo de seis meses desde a data da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou poderán formular recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses de acordo coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Décimo primeiro.-Memorias.

Ao finalizar o período da estadía, os profesores beneficiarios presentarán ante a Dirección Xeral de

Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo de 20 días contados desde a finalización da estadía realizada, unha memoria en formato papel ou informático do traballo individual desenvolvido. No caso de estadías realizadas no mes de xullo, no relativo a este prazo non se computará o mes de agosto. Na memoria faranse constar, entre outros e como mínimo, os seguintes aspectos:

1. Descrición do proceso produtivo. Perfís profesionais que participan diferenciados segundo os niveis de cualificación.

2. Realizacións máis significativas de cada perfil profesional.

3. Tecnoloxías utilizadas e a súa presenza no equipamento de cada ciclo formativo (valoración da súa necesidade ou conveniencia de incorporalo).

4. Cambios que se prevén no sistema produtivo (evolución da competencia profesional).

5. Programa de formación en centros de traballo que se podería realizar nesa empresa e nos diferentes ciclos formativos da súa familia profesional.

6. Formación do profesorado que podería desenvolver a empresa ou os seus traballadores na oferta de formación específica dirixida ao profesorado e que se considera interesante dada a profesionalidade detectada no ámbito de cada empresa.

7. Valoración da estadía de formación: aspectos positivos e aspectos que se deben mellorar.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria disporá das memorias dos traballos realizados de acordo coa lexislación vixente sobre propiedade intelectual.

Unha copia da memoria será enviada pola Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais á empresa na que cada profesor realizara a estadía.

Décimo segundo.-Situación administrativa.

Durante a estadía na empresa, os profesores seleccionados recibirán os emolumentos correspondentes ás súas retribucións básicas e complementarias e non terán vínculo nin relación laboral coa empresa ou institución de acollida, nin poderán ocupar un posto de traballo dentro do seu cadro de persoal, polo que quedarán excluídos da lexislación laboral.

Os profesores estarán acollidos á Mutualidade de Funcionarios do Estado e ás pólizas de seguro de accidentes e responsabilidade civil subscritas pola Xunta de Galicia.

Décimo terceiro.-Indemnizacións.

O profesorado seleccionado para participar na estadía formativa terá dereito a unha bolsa de estudos. A contía da bolsa que percibirá por día de asistencia á empresa será a que se indica a continuación, tendo en conta a distancia en quilómetros de ida e volta entre o seu domicilio habitual e a empresa correspondente.

Os tramos aplicables serán os seguintes:

-Menos de 60 quilómetros: 20 euros por día.

-Entre 60 e 120 quilómetros: 30 euros por día.

-Máis de 120 quilómetros: 42,45 euros por día.

Os profesores seleccionados para estadías formativas fóra da comunidade autónoma poderanse acoller ás bolsas de estudos a que fai referencia o parágrafo anterior ou ás indemnizacións a que se refire o artigo 5 do Decreto 202/2002, do 6 de xuño, sobre indemnizacións pola colaboración, con carácter non permanente nin habitual, nas actividades formativas organizadas pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e dirixidas ao profesorado de niveis non universitarios. Os profesores que se acollan a esta modalidade de pagamento terán que manifestalo por escrito no momento de presentar a solicitude.

En todo caso, a contía máxima que poderá percibir non poderá superar a cantidade de 1.500 euros.

As bolsas están suxeitas ao IRPF e serán aboadas nun pagamento, unha vez finalizadas as actividades e entregada a memoria, coa certificación do Servizo de Xestión Integrada de Recursos, Formación en Empresas e Orientación Laboral, de estar realizada a actividade de acordo co establecido nesta orde.

A percepción destas axudas é compatible con outras de carácter xeral con cargo a fondos públicos.

Décimo cuarto.-Orzamento.

As bolsas de asistencia aboaranse con cargo á aplicación orzamentaria 07.04.322S.640.1 e por un importe máximo de 141.000 euros. Estas estadías están cofinanciadas polo Fondo Social Europeo.

Décimo quinto.-Horario da estadía.

Os profesores realizarán durante a súa estadía na empresa o horario produtivo que esta teña establecido.

Décimo sexto.-Comunicación a Inspección de Traballo.

A Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais remitiralles ás delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria unha relación dos profesores e do período que estean realizando as estadías formativas nas empresas, para o seu envío á Inspección de Traballo.

Décimo sétimo.-Incompatibilidade.

A concesión de autorización para estadías en empresas implicará a incompatibilidade con calquera outra actividade pública ou privada.

Décimo oitavo.-Revogación da estadía.

O non cumprimento do disposto nesta convocatoria poderá dar lugar á revogación da correspondente estadía formativa.

Décimo noveno.-Seguimento.

A Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, a través dos servizos de Inspección de Educación, efectuará o adecuado seguimento e control das estadías formativas.

Vixésimo.-Certificación.

Segundo o disposto na Orde do 3 de setembro de 2001 (DOG do 10 de setembro), pola que se regula

a convocatoria, o recoñecemento, a certificación e o rexistro de actividades de formación permanente do profesorado e se establecen as equivalencias das actividades de investigación e das titulacións, os profesores que realicen unha estadía formativa en empresas ao abeiro desta orde, con avaliación positiva, obterán a seguinte certificación:

1. Estadías formativas de 15 días de duración: certificación de 35 horas de formación.

2. Estadías formativas de 16 a 29 días de duración: certificación de 50 horas de formación.

3. Estadías formativas de 30 a 44 días de duración: certificación de 65 horas de formación.

Vixésimo primeiro.-Retirada da documentación.

Durante o mes de xuño de 2005 os concursantes poderán retirar a súa documentación na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (edificio administrativo San Caetano s/n, 15781 Santiago de Compostela), directamente ou a través de persoa autorizada.Transcorrido o prazo, entenderase que renuncian á súa recuperación.

Vixésimo segundo.-Difusión nos centros.

As direccións dos centros educativos arbitrarán as medidas necesarias que garantan que esta orde sexa coñecida por todo o profesorado destinatario desta convocatoria, procurando facela pública no taboleiro de anuncios das salas de profesores.

Vixésimo terceiro.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais para ditar as instrucións necesarias para a aplicación e o desenvolvemento desta orde para prorrogar automaticamente o período de presentación de solicitudes de non cubrirse totalmente nesta convocatoria, dentro do curso 2004-2005.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2005.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

Distribución das prazas para estadías en empresas da modalidade A que se convocan para o curso 2004-2005

Nome da empresaCentro de traballoEspecialidade da estadíaPrazasPeríodo

da oferta

DuraciónConcello

da empresa

Provincia

da empresa

1AlcoaPlanta de aluminioHidráulica1Xullo1 mesCervoLugo

2AlcoaLaboratorioAnálises químicos1Xullo1 mesCervoLugo

3Altia Consultores, S.L.Altia Consultores, S.L. VigoInformática1Xullo1 mesVigoPontevedra

4Altia Consultores, S.L.Altia Consultores, S.L. A CoruñaInformática1Xullo1 mesA CoruñaA Coruña

5LabaquaLabaquaAnálise físico-química e microbiolóxica das augas de consumo1Xullo1 mesSantiago de C.A Coruña

6Creaciones EnmanuelCreaciones EnmanuelConfección, tecido e moda de señora1Xullo1 mesLalínPontevedra

7Frigodiz, S.A.Frigodiz, S.A.Climatización e refrixeración1Xullo1 mesA CoruñaA Coruña

8Sarman, S.A. (Puertas Tren)Puertas TrenControl de calidade1Xullo1 mesCambreA Coruña

9Sarman, S.A. (Puertas Tren)Puertas TrenOrganización e control da produción1Xullo1 mesCambreA Coruña

10Sarman, S.A. (Puertas Tren)Puertas TrenOperación con máquinas gobernadas por CNC1Xullo1 mesCambreA Coruña

11Seat Marineda Motor, S.A.Seat Marineda Motor, S.A.Chapa e pintura do automóbil1Xullo1 mesA CoruñaA Coruña

12Seat Marineda Motor, S.A.Seat Marineda Motor, S.A.Mecánica1Xullo1 mesA CoruñaA Coruña

13Telefónica de España, S.A.Central Telefónica de MontiñoEquipamentos de telefonía1Xullo1 mesA CoruñaA Coruña

14Telefónica de España, S.A.Gran Vía 64Equipamentos de telefonía1Xullo1 mesVigoPontevedra

15CRTVGRadio Televisión de GaliciaSeguridade e saúde laboral1Xullo1 mesSantiago de C.A Coruña

16CRTVGTelevisión de Galicia, S.A.Documentación1Xullo1 mesSantiago de C.A Coruña

17Endesa Generación, S.A.Endesa Generación, S.A.Xestión de residuos1Xullo1 mesAs Pontes de García RodríguezA Coruña

18Endesa Generación, S.A.Endesa Generación, S.A.Mantemento mecánico1Xullo1mesAs Pontes de García RodríguezA Coruña

19Grafinova, S.A.Grafinova, S.A.Artes gráficas: impresión offset e manipulados1Xullo1 mesSantiago de C.A Coruña

20Viajes Paco, S.A.Viajes Paco, S.A.Axencia de viaxes minorista1Xullo1 mesA CoruñaA Coruña

21Astillero Barreras (Hijos de J. Barreras, S.A.)Astillero Barreras (Hijos de J. Barreras, S.A.)Soldadura e caldeiraría1Xullo1 mesVigoPontevedra

22Astillero Barreras (Hijos de J. Barreras, S.A.)Astillero Barreras (Hijos de J. Barreras, S.A.)Supervisión e control de máquinas e instalacións do buque1Xullo1 mesVigoPontevedra

23Unión Fenosa GeneraciónCentral de MeiramaMantemento e servizos á produción1Xullo1 mesCercedaA Coruña

24Imprenta Universidade de SantiagoImprenta Universidade de SantiagoArtes gráficas: preimpresión, impresión offset e manipulados1Xullo1 mesSantiago de C.A Coruña

Nome da empresaCentro de traballoEspecialidade da estadíaPrazasPeríodo

da oferta

DuraciónConcello

da empresa

Provincia

da empresa

25Industrias Cándido Hermida, S.L.InducaControl numérico da madeira1Xullo1 mesValdoviñoA Coruña

26Deputación Provincial de PontevedraEstación Fitopatolóxica do AreiroFitopatoloxía1Xullo1 mesPontevedraPontevedra

27Deputación Provincial de PontevedraEstación Fitopatolóxica do AreiroCultivo in vitro1Xullo1 mesPontevedraPontevedra

28Bic GaliciaBic GaliciaProxectos e servizos de apoio á empresa1Xullo1 mesSantiago de C.Santiago de C.

29Bic GaliciaBic GaliciaProxectos e servizos de apoio á empresa1Xullo1 mesSantiago de C.Santiago de C.

30Asociación EuroeumeCentro de Desenvolvemento RuralTurismo, patrimonio natural, artesanía, agricultura produtos locais e comunicación (xornal)1Xullo1 mesAs Pontes de García RodríguezA Coruña

31Repsol Petróleo, S.A.Complexo Industrial da CoruñaVerificación mecánica1Xullo1 mesA CoruñaA Coruña

32Repsol Petróleo, S.A.Complexo Industrial da CoruñaElectrónica de control1Xullo1 mesA CoruñaA Coruña

33Universidade de VigoETS Enxeñeiros de TelecomunicaciónManexo de aparellos de medida e novas tecnoloxías das comunicacións1Xullo1 mesVigoPontevedra

34Vilar Castro Hnos., C.B.Vilar Castro Hnos., C.B.Mecanizados1Xullo1 mesA CoruñaA Coruña

35Panadería BarciaPanadería BarciaPanadaría1Xullo1 mesA CoruñaA Coruña

36Panadería BarciaPanadería BarciaPanadaría1Xullo1 mesCarralA Coruña

37MoyvesaMoyvesaReparación integral de vehículos1Xullo1 mesSan Cibrao das ViñasOurense

38Xerencia de Atención Primaria da Coruña-FerrolCentro de Saúde Abente y Lago (A Coruña)Saúde bucodental1Xullo1 mesA CoruñaA Coruña

39Complexo Hospitalario Xeral-CíesH. XeralLaboratorio1Xullo1 mesVigoPontevedra

40Complexo Hospitalario Xeral-CíesH. XeralDiagnóstico por imaxe1Xullo1 mesVigoPontevedra

41Complexo Hospitalario Xeral-CíesH. XeralDocumentación clínica1Xullo1 mesVigoPontevedra

42Complexo Hospitalario Xeral-CíesH. MeixoeiroAnatomía patolóxica1Xullo1 mesVigoPontevedra

43IZAR (estaleiro Ferrol)IZAR (estaleiro Ferrol)Electrónica/electricidade1Xullo15 díasFerrolA Coruña

44IZAR (estaleiro Ferrol)IZAR (estaleiro Ferrol)Prevención de riscos1Xullo15 díasFerrolA Coruña

45IZAR (estaleiro Ferrol)IZAR (estaleiro Ferrol)Medio ambiente1Xullo15 díasFerrolA Coruña

46Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e VoluntariadoResidencia 3ª Idade do CarballiñoAtención socio-sanitaria1Xullo1 mesO CarballiñoOurense

47Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e VoluntariadoResidencia 3ª Idade de Cabeza de Vaca (Barbadás)Atención socio-sanitaria1Xullo1 mesBarbadásOurense

48FinsaFinsaElectricidade1Xullo1 mesSantiago de C.A Coruña

49Complexo Hospitalario de PontevedraHospital ProvincialHospitalización1Xullo1 mesPontevedraPontevedra

50Complexo Hospitalario de PontevedraHospital ProvincialLaboratorio1Xullo1 mesPontevedraPontevedra

51Complexo Hospitalario Xeral-Calde de LugoHospitais do Complexo Hospitalario Xeral-Calde (Lugo)Laboratorio de análises clínicas/bioquímica/ microbioloxía/hematoloxía1Xullo1 mesLugoLugo

52Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de CompostelaComplexo Hospitalario Universitario de Santiago de CompostelaAnatomía patolóxica1Xullo1 mesSantiago de C.A Coruña

53Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de CompostelaComplexo Hospitalario Universitario de Santiago de CompostelaMedicina nuclear2Xullo1 mesSantiago de C.A Coruña

54Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de CompostelaComplexo Hospitalario Universitario de Santiago de CompostelaRadiodiagnóstico1Xullo1 mesSantiago de C.A Coruña

55Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de CompostelaComplexo Hospitalario Universitario de Santiago de CompostelaRadioterapia1Xullo1 mesSantiago de C.A Coruña

56Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de CompostelaComplexo Hospitalario Universitario de Santiago de CompostelaDocumentación sanitaria1Xullo1 mesSantiago de C.A Coruña

57Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de CompostelaComplexo Hospitalario Universitario de Santiago de CompostelaDietética1Xullo1 mesSantiago de C.A Coruña

58Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de CompostelaComplexo Hospitalario Universitario de Santiago de CompostelaFarmacia1Xullo1 mesSantiago de C.A Coruña

59Asociación Provincial de Talleres de Reparación de Vehículos (Pontevedra-Vigo)AutoviasaCarrozaría, pintura, mecánica e electricidade do automóbil1Xullo1 mesVigoPontevedra

ANEXO IV

MéritosTotal puntos máximoDocumentos

1. Proxecto de estadía formativa para a modalidade B ou C.

1.1. Polo interese que ofreza para mellorar a calidade do ensino na impartición dos ciclos formativos de formación profesional específica.

0 a 5O solicitado no anexo III.

2. Méritos docentes:

2.1. Servizos docentes.

2.1.1. Por cada ano de servizos como funcionario de carreira: 1 punto por ano completo.

2.1.2. Por cada ano de servizo coa condición de catedrático adquirida: 0,20 puntos por ano completo.

2.1.3. Por cada ano de servizo como profesor en prácticas, interino ou contratado: 0,50 puntos por ano completo (agás o primeiro ano, que pode ser máis de nove meses).

2.2. Informe do Servizo de Inspección de Educación. Ata

Por estas tres epígrafes ata 10 puntos

3

Folla de servizos certificada e pechada pola delegación provincial correspondente e fotocopia compulsada do título administrativo de funcionario de carreira.

3. Actividades de formación permanente:

3.1. Dirección e/ou docencia en actividades de perfeccionamento relacionadas coa súa especialidade: 0,50 puntos por actividade como máximo

3.2. Asistencia a cursos, grupos estables, seminarios e outras actividades da especialidade: 0,25 puntos por actividade como máximo

3.3. Cursos de lingua galega:

3.3.1. Especialización

3.3.2. Perfeccionamento

3.3.3. Iniciación

(Nota: non acumulables entre si)

4

2

1,5

1

0,5

Fotocopias compulsadas das certificacións acreditativas.

4. Publicacións ou investigacións sobre a materia ou especialidade das ensinanzas:

Libro:

-Non especializado .......... ata 0,50 p

-Especializado ................. ata 1 p

Revista:

-Non especializada.......... ata 0,50 p

-Especializada................. ata 0,50 p

Video, cassete, CD, disquete:

-Non especializado......... ata 0,25 p

-Especializado................ ata 0,50 p

3

3

3

Exemplares correspondentes avalados por organismos públicos, nos que conste o ISBN.

5. Méritos académicos:

5.1.1. Título de doutor: 1,5 puntos

5.2.2. Para funcionarios do corpo de profesores técnicos de formación profesional: título de licenciado: 1 punto

5.3.3. Outros títulos ou diplomas relacionados coa especialidade obxecto da materia: 0,25 puntos

Ata 3 puntos

Fotocopias compulsadas de títulos ou certificación de estudos.

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO