DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 19 de abril de 2005 Páx. 6.358

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2005, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas provisionais das axudas aprobadas e denegadas das prestacións de estudos por fillos e maiores a cargo do Fondo de Acción Social para o exercicio de 2004 para o persoal ao servizo da Administración da Xunta de Galicia.

De conformidade co establecido no punto dous das normas xerais de procedemento do acordo subscrito en Santiago de Compostela o 21 de xullo de 2004 polos representantes da Administración autonómica e as organizacións sindicais CC.OO., UGT e CSI-CSIF, representadas na mesa xeral de negociación de funcionarios e no Comité Intercentros do persoal laboral, así como na Comisión de Concesión das Axudas de Acción Social, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o 29 de xullo de 2004, e publicado por Resolución do 10 de agosto de 2004 (Diario Oficial de Galicia nº 170, do 1 de setembro), da Dirección Xeral de Relacións Laborais, deben publicarse as listas provisionais de admitidos e excluídos das axudas do Fondo de Acción Social para o exercicio de 2004, correspondentes a estudos por fillos e maiores a cargo.

De conformidade con isto, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas as listas provisionais das solicitudes aprobadas e denegadas das prestacións correspondentes ás axudas de estudos por fillos e maiores a cargo do Fondo de Acción Social do ano 2004, que están expostas no taboleiro de anuncios de todas as consellerías, nas delegacións provinciais e relativas ao seu persoal, así como na páxina web: www.xunta.es.

Segundo.-Contra as devanditas listas os interesados poderán presentar reclamacións e, de ser o caso, documentos de reparación de faltas e erros no prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e no punto 2 da norma xeral de procedemento do acordo sobre criterios de reparto do Fondo de Acción Social para o exercicio de 2004 (Diario Oficial de Galicia nº 170, do 1 de setembro) no rexistro xeral da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, e nas delegacións provinciais das distintas consellerías e nas oficinas de correos, segundo o establecido no artigo 38 da mencionada Lei 30/1992, do 26 de novembro, e dirixiranse á directora xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia, Relacións

Institu

cionais e Administración Pública (edificio administrativo San Caetano), Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2005.

Milagros Vázquez Tenorio

Directora xeral da Función Pública