DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 18 de abril de 2005 Páx. 6.270

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 69/2005, do 18 de marzo, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en estética.

De acordo coa competencia plena que figura no artigo 31 do Estatuto de autonomía e de conformidade co Real decreto 1763/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación, aprobouse o Decreto 239/1995, do 28 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas de formación profesional e as directrices sobre os seus títulos na Comunidade Autónoma de Galicia, determinando os aspectos que deben cumprir os currículos dos diferentes ciclos formativos.

O Real decreto 628/1995, do 21 de abril, establece o título de técnico superior en estética e as súas correspondentes ensinanzas mínimas, e, na súa disposición adicional segunda, habilita os órganos competentes das comunidades autónomas para executar e desenvolver o disposto neste real decreto.

O Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro, adscribe o profesorado do corpo de profesorado de ensino secundario e de profesorado técnico de formación profesional ás especialidades propias da formación profesional específica.

O Real decreto 777/1998, do 30 de abril, polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, completa a ordenación básica relativa a estas ensinanzas e, na súa disposición derradeira primeira, punto 2, autoriza as comunidades autónomas para ditaren, no ámbito das súas competencias, as normas que cumpriren para a aplicación e o desenvolvemento deste real decreto.

Seguindo os principios xerais que rexerán a actividade educativa, recollidos nos preceptos anteriores, o currículo dos ciclos formativos da formación profesional específica establécese de xeito que permita a adaptación da nova titulación ao campo profesional e de traballo na realidade socioeconómica galega e ás necesidades de cualificación do sector produtivo da nosa economía, tendo en conta a marxe suficiente de autonomía pedagóxica que posibilite os centros adecuaren a docencia ás características do alumnado e ao contorno sociocultural do centro.

Isto require o posterior desenvolvemento nas programacións elaboradas polo equipo docente do ciclo formativo que concrete a adaptación sinalada, tomando como referencia inmediata as capacidades profesionais que definen o perfil profesional do título. Estas permitirán realizar o papel do posto de

traballo en actividades específicas que producen resultados concretos, dirixir as variacións que se dan na práctica do traballo e nos procesos produtivos, actuar correctamente ante anomalías, dirixir o conxunto do traballo e acadar os obxectivos da organización, así como establecer prioridades e actuar en coordinación con outros departamentos.

O currículo que se establece neste decreto desenvólvese tendo en conta os obxectivos xerais que fixan as capacidades que o alumnado debe acadar ao finalizar o ciclo formativo, e describen o conxunto de aptitudes que configura a cualificación profesional, así como os obxectivos dos distintos módulos profesionais, expresados neste decreto como capacidades terminais elementais, que definen en termos de resultados avaliables o comportamento, o saber e o comprender que se require do alumnado para acadar os logros profesionais do perfil profesional.

Estas capacidades acádanse a partir duns contidos mínimos necesarios de tipo conceptual, procedemental e actitudinal, que proporcionarán o soporte de información e destreza precisas para desenvolver comportamentos profesionais, tanto no aspecto tecnolóxico como no de valoración funcional e técnica. Estes contidos son igualmente importantes, xa que todos eles conducen a lograr as capacidades terminais elementais sinaladas en cada módulo. Preséntanse agrupados en bloques que non constitúen un temario nin son unidades compartimentadas que teñan por si mesmas sentido, a súa estrutura responde a aquilo que deberá ter en conta o profesorado á hora de elaborar as programacións de aula e a orde na que se presentan non implica secuencia.

O proxecto integrado, que se inclúe neste ciclo formativo, permite comprender globalmente os aspectos sobresalientes da competencia profesional característica do título que se abordaron noutros módulos profesionais. Ademais, integra ordenadamente distintos coñecementos sobre organización, características, condicións, tipoloxía, técnicas e procesos que se desenvolvan nas diferentes actividades produtivas do sector ao que corresponda o título e, ao mesmo tempo, permite adquirir coñecementos, habilidades, destrezas e actitudes que favorecen o desenvolvemento daquelas capacidades relacionadas coa profesión que, sendo demandadas polo contorno produtivo en que radica o centro, non se puideron recoller no resto dos módulos profesionais.

A inclusión do módulo de formación en centros de traballo (FCT) posibilita que o alumnado complete a competencia profesional acadada no centro educativo, mediante a realización dun conxunto de actividades produtivas e/ou de servizos -contidosdo centro de traballo. Estas actividades de referencia poden ser modificadas ou substituídas por outras que, adaptándose mellor ao proceso produtivo ou de servizos do centro de traballo, conduzan á adquisición das capacidades terminais deste módulo.

Os centros educativos disporán dun determinado número de horas que lles permitirán realizar o desenvolvemento curricular establecendo os obxectivos, os contidos, os criterios de avaliación, a secuencia e a metodoloxía que respondan ás características do alumnado e ás posibilidades de formación que ofrece o seu contorno.

Por todo isto, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, co informe do Consello Galego de Formación Profesional e do Consello Escolar de Galicia, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezaoito de marzo de dous mil cinco,

DISPOÑO:

Capítulo I

Título, perfil e currículo

Artigo 1º.-Identificación do título.

1. Este decreto establece o currículo que será de aplicación na Comunidade Autónoma galega para as ensinanzas de formación profesional relativas ao título de técnico superior en estética, regulado polo Real decreto 628/1995, do 21 de abril, polo que se aproban as ensinanzas mínimas.

2. A denominación, o nivel de formación profesional e a duración do ciclo formativo son os que se establecen no punto 1 do anexo deste decreto.

Artigo 2º.-Perfil profesional.

A competencia xeral, as capacidades profesionais, as unidades de competencia, as realizacións e os criterios de realización, o dominio profesional, así como a evolución da competencia e a posición no proceso produtivo que definen o perfil profesional do título son os que se establecen no punto 2 do anexo deste decreto.

Artigo 3º.-Currículo do ciclo formativo.

O currículo do ciclo formativo é o que se establece no punto 3 do anexo deste decreto, e as capacidades terminais elementais son os resultados avaliables de cada módulo.

Capítulo II

Ordenación académica e impartición

Artigo 4º.-Admisión de alumnado.

Os criterios de prioridade na admisión de alumnado para acceder a este ciclo formativo en centros sostidos con fondos públicos son os que se expresan no punto 4.1 do anexo deste decreto.

Artigo 5º.-Profesorado.

1. As especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos que compoñen este título son as que se expresan no punto 4.2.1 do anexo deste decreto.

2. As materias de bacharelato que pode impartir o profesorado das especialidades relacionadas no

presente título son as que se expresan no punto 4.2.2 do anexo deste decreto.

3. As titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia son as que se expresan no punto 4.2.3 do anexo deste decreto.

Artigo 6º.-Espazos e instalacións.

Os requisitos de espazos e instalacións que deben reunir os centros educativos para a impartición do presente ciclo formativo son os que se determinan no punto 4.3 do anexo deste decreto.

Artigo 7º.-Validacións, correspondencias e acceso a estudos universitarios.

1. Os módulos susceptibles de validación por estudos de formación profesional ocupacional ou correspondencia coa práctica laboral son os que se especifican, respectivamente, nos puntos 4.4.1 e 4.4.2 do anexo deste decreto.

2. Sen prexuízo do anterior, por proposta do Ministerio de Educación e Ciencia e do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, poderanse incluír, de ser o caso, outros módulos susceptibles de validación e correspondencia coa formación profesional ocupacional e a práctica laboral.

3. As persoas que cursen este ciclo formativo poderán, unha vez que o superen, acceder aos estudos universitarios que se indican no punto 4.4.3 do anexo deste decreto.

Artigo 8º.-Distribución horaria.

1. Os módulos profesionais deste ciclo formativo organizaranse segundo se establece no punto 4.5 do anexo deste decreto.

2. As horas de libre disposición que se inclúen neste punto serán utilizadas polos centros educativos para reforzar, nos módulos asociados a unidades de competencia, as capacidades de formación profesional de base ou de formación profesional específica, para lles dar resposta ás características dos alumnos e ter en conta as necesidades de desenvolvemento económico, social e de recursos humanos do seu contorno socioprodutivo.

Disposición adicional

Única.-A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá adecuar as ensinanzas deste ciclo formativo ás peculiares características da educación a distancia e da educación de persoas adultas, así como ás características dos alumnos con necesidades educativas especiais.

Disposición derradeira

Primeira.-Autorízase o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para ditar cantas disposicións cumpran, no ámbito das súas competencias, para a execución e o desenvolvemento do disposto neste decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santo Estevo de Ribas de Sil, dezaoito de marzo de dous mil cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

1. Identificación do título.-Denominación: técnico superior en estética.

-Nivel: formación profesional de grao superior.

-Duración (2.000 horas):

Da formación no centro educativo: 1.620 horas.

Da formación en centros de traballo 380 horas.

2. Perfil profesional

2.1. Competencia xeral.

Os requisitos xerais de cualificación profesional do sistema produtivo para este técnico son:

Potenciar a imaxe física mediante a asesoría á clientela, a avaliación das súas necesidades estéticas e a aplicación dos tratamentos e dos coidados estéticos necesarios en condicións de calidade, seguridade e hixiene óptimas. Administrar, xestionar e organizar un instituto de beleza mellorando o desenvolvemento da actividade empresarial, baixo a supervisión correspondente.

2.2. Capacidades profesionais.

2.2.1. Capacidades técnicas.

* Diagnosticar alteracións estéticas no corpo humano.

* Seleccionar, combinar e aplicar, en función do diagnóstico estético realizado, as técnicas de estética que son da súa competencia (masaxes faciais e corporais; electroestética; técnicas hidrotermais; depilación mecánica, eléctrica e radioeléctrica, e microimplantación de pigmentos), segundo o deseño previo, dando resposta ás necesidades ou demandas da clientela e en condicións óptimas de calidade, seguridade e hixiene.

* Realizar a protocolización e aplicación de tratamentos anteriores e posteriores á cirurxía e medicina estética, baixo a supervisión facultativa correspondente

* Preparar in situ produtos cosméticos e fitocosméticos, para utilización inmediata, mediante os cálculos para a dosimetría e a realización das operacións físico-químicas necesarias para a obtención do produto terminado cos niveis de calidade precisos.

* Seleccionar e manexar os utensilios e os aparellos de uso profesional en estética.

* Realizar os cálculos necesarios para a dosimetría e realizar as operacións físico-químicas básicas axeitadas para a preparación e a correcta utilización dos produtos nas técnicas de estética.

* Asegurar o mantemento das instalacións e dos medios técnicos do establecemento en perfecto estado de uso e en óptimas condicións de seguridade e hixiene.

2.2.2. Capacidades para afrontar continxencias.

* Tomar as medidas e/ou prever as actuacións necesarias para reducir ao mínimo os riscos de aparición de reaccións non desexadas ou inesperadas na aplicación de produtos cosméticos, correntes e radiacións e, en xeral, en todas as técnicas de estética.

2.2.3. Capacidades para a dirección de tarefas.

* Definir e argumentar propostas técnicas concretas que potencien a imaxe persoal, e dar resposta ás necesidades ou demandas da clientela.

* Participar na planificación e aplicación de tratamentos médico-estéticos xunto con facultativos (especialistas en cirurxía estética, dermatoloxía, endocrinoloxía, psiquiatría, xeriatría, etc.).

* Ter unha visión global dos procesos e tratamentos de estética; coordinar e supervisar os traballos do persoal ao seu cargo, realizando a distribución de tarefas entre os seus colaboradores consonte criterios de competencia profesional e produtividade.

* Interpretar información técnica e elaborar e transmitir información verbal ou escrita a clientes, médicos e outros profesionais.

* Administrar, xestionar, organizar, rendibilizar e comercializar os servizos dun instituto de beleza, consonte a normativa legal vixente, con planificación das actividades segundo criterios deontolóxicos, de eficacia e de imaxe empresarial.

* Informar ou asesorar a clientela sobre coidados estéticos, produtos cosméticos e pautas de vida saudable que teñan repercusión na súa imaxe persoal.

* Intervir nos procesos de decisión de xeito creativo e positivo, mediante o desenvolvemento dun espírito crítico e construtivo, e achegando solucións alternativas.

2.2.4. Capacidades para adaptarse ao medio.

* Realizar a recepción e a atención á clientela e analizar as súas demandas ou necesidades.

* Atender permanentemente a clientela durante a súa estancia no instituto de beleza e relacionarse con ela de xeito fluído, con corrección e discreción, e gardando o debido segredo profesional.

* Manter, de ser o caso, relacións fluídas cos membros do grupo funcional no que se integra, colaborando na consecución dos obxectivos asignados ao grupo, respectando o traballo dos demais, participando activamente na organización e no desenvolvemento de tarefas colectivas e cooperando na

superación das dificultades que se presentan cunha actitude tolerante cara ás ideas dos subordinados e compañeiros.

2.3. Responsabilidade e autonomía nas situacións de traballo.

A este técnico, no exercicio profesional por conta allea, no marco das funcións e dos obxectivos asignados por técnicos de nivel superior ao seu, requiriránselle nos campos ocupacionais concernidos, polo xeral, as capacidades de autonomía en:

* Creación, xestión, planificación e dirección dun negocio, coordinando as funcións e as tarefas do persoal ao seu cargo.

* Exercicio das funcións e actividades xerais derivadas da prestación de servizos e da atención permanente ao cliente durante a súa permanencia no instituto de beleza.

* Mantemento e fomento das condicións de seguridade e hixiene no establecemento e no conxunto de actividades que nel se realizan.

* Diagnóstico das alteracións estéticas da pel na prescrición dos correspondentes tratamentos estéticos paliativos personalizados e na avaliación dos resultados obtidos.

* Selección e preparación dos produtos, os utensilios, os aparellos e os seus accesorios necesarios ou auxiliares para a execución das operacións técnicas que son da súa competencia.

* Realización de tratamentos estéticos baseados na aplicación de masaxes faciais e corporais, de técnicas hidrotermais e de técnicas de electroestética.

* Depilación por procedementos mecánicos, eléctricos e radioeléctricos.

* Microimplantación de pigmentos sobre un deseño previamente realizado.

* Funcións de venda directa de produtos cosméticos, utensilios e aparellos de uso en beleza.

* Asesoramento ás persoas sobre a elección dos produtos cosméticos que responden ás súas necesidades, ofrecendo pautas para a súa correcta utilización.

2.4. Unidades de competencia.

1. Definir e protocolizar o tratamento e os coidados en función do diagnóstico estético, organizando a prestación do servizo, en condicións de calidade óptima.

2. Personalizar, supervisar e/ou aplicar técnicas de electroestética integrándoas nun tratamento estético específico.

3. Personalizar, supervisar e/ou executar masaxes faciais e corporais, en función do diagnóstico estético previamente realizado.

4. Personalizar, supervisar e/ou aplicar as técnicas hidrotermais e complementarias integrándoas nun tratamento estético.

5. Personalizar, supervisar e/ou aplicar técnicas de eliminación da peluxe corporal por procedementos mecánicos, eléctricos e radioeléctricos.

6. Supervisar e/ou efectuar cambios no aspecto físico da persoa mediante a microimplantación de pigmentos segundo deseño previo.

7. Realizar a administración, a xestión e a comercialización nunha pequena empresa ou taller.

2.5. Realizacións e dominios profesionais.

2.5.1. Unidade de competencia 1: definir e protocolizar o tratamento e os coidados en función do diagnóstico estético, organizando a prestación do servizo, en condicións de calidade óptima.

RealizaciónsCriterios de realización

1.1.Realizar o diagnóstico profesional e avaliar as características e as anomalías estéticas do cliente.* Aténdese o cliente con corrección e amabilidade en todo momento.

* Entrevístase o cliente e realízanse as preguntas necesarias para obter os datos persoais, as pautas de vida e os aspectos relacionados coa súa psicoloxía que teñan relevancia na realización do diagnóstico estético.

* Realízase a exploración estética empregando os métodos e os equipamentos habituais de observación.
* Do estudo informativo e da exploración estética obtéñense os datos que proporcionan a base para unha correcta valoración facial e corporal do cliente.
* Complétase e actualízase a ficha técnica do cliente segundo o procedemento definido no gabinete.
* A análise e a avaliación dos datos do cliente, así como, de ser o caso, a prescrición médica ou informe facultativo dirixido ao esteticista, permiten establecer o diagnóstico das alteracións estéticas.
* O estudo dos datos do cliente permite prever a evolución da alteración estética actual.

1.2.Determinar o tratamento que se aplicará en función do diagnóstico estético.* O tratamento é adecuado e dá resposta ás demandas e necesidades do cliente, ademais de responder ás súas expectativas.
* O tratamento definido prevé os medios e os recursos dispoñibles.
* O tratamento definido utiliza as técnicas idóneas actualizadas e competitivas no mercado.
* En tratamentos preoperatorios e postoperatorios de cirurxía estética, a coordinación entre cirurxián e esteticista permite determinar o tratamento estético para mellorar os resultados da intervención cirúrxica, o que favorece o proceso de recuperación.
* Rexéitanse aquelas técnicas para as que o cliente presente contraindicacións (DIU, próteses metálicas, tratamentos medicamentosos, etc).
* Establécense correctamente as pautas xerais de aplicación da técnica: rexión anatómica á que cómpre circunscribirse, número de sesións e a súa frecuencia.
* A proposta de venda do servizo ao cliente informa sobre os efectos beneficiosos que ha producir a aplicación do tratamento estético sobre a súa persoa.
* Infórmase o cliente sobre outros tratamentos alternativos que poderían dar resposta ás súas necesidades e demandas.

1.3.Protocolizar o tratamento estético en función do diagnóstico e da proposta aceptada polo cliente. * Reflíctese na ficha técnica o proceso de tratamento (protocolo) e determínase o número de sesións, a periodicidade ou frecuencia, a súa duración, as actividades (tarefas e operacións) que se deben realizar e os medios materiais e produtos necesarios.
* A colaboración co facultativo asegura, inclúe ou cumpre o envío dun informe claro.

RealizaciónsCriterios de realización

* Elabóranse as instrucións técnicas precisas para a prestación do servizo.
* O proceso definido aproveita convenientemente os medios e os recursos dispoñibles.

1.4.Organizar o traballo do equipo ao seu cargo, de maneira que se mellore a calidade na prestación do servizo e no resultado obtido.* Realízase a distribución de tarefas e funcións entre os membros do equipo de traballo atendendo a criterios de competencia profesional, eficacia e produtividade, e en función da política empresarial.
* Compróbase que todos os membros do equipo coñezan e comprendan o proceso e as instrucións técnicas e, en caso contrario, resólvense todas as dúbidas xurdidas.
* Na distribución de tarefas, funcións e tempos tense en conta a coordinación cos profesionais que lle van prestar servizos ao mesmo cliente: peiteadores, maquilladores, etc.
* A disposición do equipamento, dos accesorios e dos materiais é a axeitada e a prevista para o proceso.
* De ser o caso, a supervisión da posta a punto e regulación de equipamentos permite obter as condicións de operación.

1.5.Crear, manter e intensificar relacións de traballo no contorno do tratamento estético, resolvendo os conflitos interpersoais que se presenten e participando na posta en práctica de procedementos de reclamación e disciplinarios.* Promóvense e, de ser o caso, acéptanse as melloras propostas por calquera membro da empresa, nos aspectos de calidade, produtividade e servizos.

* Difúndense os procedementos da empresa entre os membros que a constitúen, para que estean informados da súa situación e marcha, fundamentalmente nos aspectos de calidade na produción de elementos técnicos para o tratamento estético e na prestación do servizo.

* Na toma de calquera decisión que afecte os procedementos, tense en conta a lexislación laboral vixente.
* O estilo de dirección adoptado potencia as relacións interpersoais e xera actitudes positivas entre as persoas, e entre estas e a súa actividade ou traballo.
* Establécese un plan de formación continuada para lograr a actualización técnica do persoal.
* Identifícanse os conflitos que se orixinan no ámbito de traballo e tómanse as medidas para os resolver con prontitude.
* Para resolver problemas de relacións interpersoais, conséguese a información precisa antes de tomar unha decisión e, en caso necesario, consúltase o inmediato superior.
* Infórmanse os traballadores dos seus dereitos e deberes recollidos na lexislación vixente e no regulamento específico do seu contorno laboral.
* Cando se inicia un procedemento disciplinario ou unha queixa, achégase a información dispoñible coa mínima demora.

1.6.Avaliar o proceso e controlar os resultados do tratamento estético.* Compróbase que os resultados obtidos, tanto nas fases do proceso como ao seu final, sexan os esperados.
* En caso necesario, modifícase o protocolo do tratamento en función dos datos obtidos no seguimento do proceso e das observacións efectuadas polo cliente.
* Compróbase que a aplicación do tratamento se realice seguindo as pautas establecidas no protocolo reflectido na ficha técnica.
* Cando a avaliación do proceso resulta negativa póñense en marcha as actuacións necesarias para modificar o proceso con obxecto de alcanzar os resultados esperados ao final.
* Todas as modificacións efectuadas no protocolo inicial do tratamento, así como as observacións do cliente e a avaliación feita polo profesional, quedan reflectidas na ficha de seguimento que se xunta á ficha técnica inicial.
* En caso necesario, diríxeselle ao facultativo o informe profesional correspondente con todos os datos relevantes, a avaliación do proceso e os resultados finais.

1.7.Determinar os procedementos de control que permiten garantir a calidade na prestación do servizo, co óptimo aproveitamento dos recursos humanos e materiais.* Determínanse os criterios que permiten avaliar o grao de satisfacción do cliente canto ao servizo prestado e a atención recibida.

* Defínese o xeito de actuación para a toma de decisións correctas, cando aparecen desviacións.

* Defínese o procedemento de verificación do cumprimento dos requisitos mínimos de calidade establecidos, en función da política empresarial.

1.8.Informar e asesorar o cliente sobre pautas de vida saudable e coidados persoais para mellorar os resultados dos tratamentos estéticos prescritos e aplicados.* Acódese eficazmente ás fontes de información dispoñibles.

* Infórmase o cliente sobre os tratamentos estéticos de continuidade ou mantemento dos efectos logrados, e realízase a correspondente proposta de venda.

RealizaciónsCriterios de realización

* En caso necesario aconséllaselle ao cliente a visita a un facultativo especialista en dermatoloxía, cirurxía estética, estomatoloxía, endocrinoloxía, xinecoloxía, dietética, etc.
* En caso de colaboración en tratamentos preoperatorios e postoperatorios co especialista en cirurxía estética, infórmase o cliente das precaucións que se deben ter en conta, segundo a natureza e a zona de intervención, para mellorar os resultados da operación.
* A información e o asesoramento ao cliente sobre pautas de vida saudable e coidados persoais para mellorar os resultados obtidos é completa e adaptada ás súas características.
* Asesórase o cliente sobre pautas de vida saudable e os hábitos hixiénicos para fomentar o benestar físico e manter en óptimas condicións a súa imaxe persoal.
* Realízanse as propostas de venda ao cliente dos produtos cosméticos idóneos para potenciar os efectos e/ou manter os resultados obtidos tras a aplicación do tratamento.

Dominio profesional

-Medios de produción.

Material diverso de oficina, material para realización de somatometrías, lámpada de Wood, lupa, pHmetro e lipómetro.

-Resultados obtidos.

Informe ou ficha técnica do cliente, ficha de seguimento, ficha de informes a outros profesionais, diagnóstico das alteracións estéticas (entre outras: acne, rosácea, flaccidez, engurras, estrías, celulite, obesidade localizada, hirsutismo, hipertricose e detección de discordancias estéticas), propostas de tratamentos baseadas na aplicación de técnicas de electroestética, masaxes e drenaxes linfáticas, técnicas hidrotermais e de microimplantación de pigmentos. Venda dos servizos e dos produtos cosméticos. Distribución do traballo.

-Procesos, métodos e procedementos.

Técnicas de somatometría, técnicas de observación e entrevista. Técnicas de programación do traballo. Métodos de traballo. Técnicas de asignación de tarefas e funcións.

-Información utilizada e/ou xerada.

Ficha técnica do cliente debidamente formalizada; prescrición ou informe médico dirixido ao esteticista, e viceversa; información técnica dos produtos e dos aparellos utilizados no establecemento; manual de primeiros auxilios e bibliografía técnica especializada.

-Persoal destinatario.

Clientes, médicos e outros profesionais.

2.5.2. Unidade de competencia 2: personalizar, supervisar e/ou aplicar técnicas de electroestética integrándoas nun tratamento estético específico.

RealizaciónsCriterios de realización

2.1.Adaptar o proceso de tratamento de electroestética establecido, avaliando in situ as alteracións estéticas e as condicións do cliente.* Compróbase, antes de aplicar cada sesión, que no cliente non exista contraindicación ningunha que faga desaconsellable a aplicación do protocolo anteriormente establecido e, en caso contrario, óptase entre realizar as adaptacións oportunas ou transmitir a información técnica precisa a outros profesionais, para que se realice a adaptación requirida.
* A comprobación do diagnóstico inicial é completa e exacta:-Compróbanse todos os signos e síntomas detectados no diagnóstico inicial.
-Os valores dos parámetros calculados no diagnóstico inicial son correctos.
-Compróbase a ficha ou informe.

2.2.Supervisar ou realizar as operacións necesarias para preparar os medios técnicos que se han utilizar na aplicación do tratamento estético, en función do protocolo establecido.* Prepáranse os produtos en doses individualizadas conforme as instrucións especificadas para o cliente, e dispóñense para a súa utilización segundo o proceso.

* Selecciónanse os accesorios en función do tratamento, do aparello utilizado e da zona corporal ou facial que se vaia tratar.

* Efectúanse correctamente as operacións matemáticas necesarias para calcular o valor dos parámetros que proporcionan a dose de radiación prevista, atendendo ao diagnóstico, á zona corporal e á extensión da superficie que se vaia tratar, ao efecto pretendido e ás características propias do aparello (perdas e accesorios utilizados).
* Compróbase que os aparellos e accesorios estean en perfectas condicións hixiénico-sanitarias e de funcionamento para o seu uso e, en caso contrario, póñense en marcha as actuacións necesarias para asegurar o seu correcto funcionamento.
* Compróbase que as operacións realizadas polo persoal encargado de preparar os medios técnicos para a súa utilización se adapten ás instrucións contidas no protocolo e se realicen en condicións de seguridade e hixiene óptimas.
* Adáptanse ao aparello todos os accesorios que se van utilizar para a aplicación da radiación ou corrente ou para a utilización dos aparellos eléctricos con efecto mecánico, segundo a técnica seleccionada e o efecto pretendido.

2.3.Preparar o cliente para a aplicación das técnicas de electroestética, en función da zona corporal que se vaia tratar e do tipo de tratamento que se realice, así como informalo sobre as técnicas que se lle van aplicar e os efectos esperados.* Acomódase e colócase o cliente na posición anatómica conveniente en función da zona que se teña que tratar e da técnica seleccionada.

* Realízanse correctamente as operacións técnicas previas á aplicación da radiación ou corrente (limpeza da pel do cliente e aplicación de produtos) en función dos requisitos da técnica, procurando favorecer o adecuado contacto, a transmisión e a condutividade eléctrica.

* Tómanse as medidas de protección persoal e do cliente necesarias para garantir a seguridade e hixiene na aplicación da técnica.
* Infórmase o cliente sobre as sensacións que ha percibir ao conectar o aparello.
* Solicítaselle ao cliente a información necesaria para saber cal é o seu nivel de percepción das sensacións producidas pola radiación ou corrente.
* A información transmitida polo cliente permite adaptar os valores dos parámetros de programación do aparello (tempo, frecuencia de emisión, potencia e combinación de corrente) á súa propia sensibilidade.
* Adáptanse ao aparello todos os accesorios que se van utilizar para a aplicación da radiación ou corrente ou para a utilización dos aparellos eléctricos con efecto mecánico, segundo a técnica seleccionada e o efecto pretendido.

2.4.Aplicar ou supervisar técnicas baseadas na aplicación de radiacións ou de correntes eléctricas ou na utilización de aparellos eléctricos con efecto mecánico, en función do protocolo establecido e en condicións de seguridade e hixiene óptimas.* Compróbase que os indicadores marquen cero cando se lle conecte o aparello ao cliente, antes de realizar a aplicación e tamén antes de desconectar, unha vez realizada a aplicación.

* Modifícanse as doses previstas en función das observacións do cliente sobre as sensacións que percibe na aplicación da corrente ou radiación.

* Durante o tempo de exposición, compróbase o correcto funcionamento do aparello e aténdese permanentemente o cliente.

* Aplícanse no momento oportuno os produtos cosméticos necesarios ou auxiliares para favorecer a aplicación da radiación, corrente ou accesorio eléctrico, en función dos requisitos da técnica.
* Utilízanse os produtos cosméticos de tratamento en función da súa composición, as súas propiedades e as indicacións do laboratorio fabricante.
* Na penetración de produtos ionizables a carga eléctrica do ión que se pretende facer penetrar coincide coa do electrodo do aparello mediante o que se aplica.

RealizaciónsCriterios de realización

* A colocación das placas ou dos electrodos no corpo atende aos requisitos da técnica, á anatomía e fisioloxía da zona que se vai tratar e ao efecto que se pretende conseguir.
* Compróbase que todo o material utilizado, unha vez concluída a sesión, quede limpo, desinfectado e esterilizado para un novo uso.
* Unha vez concluída a execución técnica aplícanselle ao cliente técnicas de hixiene, en caso necesario.

2.5.Manter as condicións de seguridade e hixiene na aplicación do tratamento e na conservación e manipulación dos medios técnicos necesarios ou auxiliares para a súa execución técnica.* As instalacións cumpren a normativa legal vixente que regula as condicións hixiénico-sanitarias dos institutos de beleza.

* Compróbase que se realice periodicamente a revisión e o mantemento en uso dos aparellos e dos accesorios.

* Selecciónanse e, de ser o caso, aplícanse os métodos, os equipamentos e os produtos para limpar, desinfectar e/ou esterilizar os aparellos, os utensilios e os accesorios, en función do material que os compón e do uso que se lles dea.

* Compróbase que a lenzaría estea limpa, desinfectada e lista para o seu novo uso.
* Compróbase que se cumpran todas as condicións de seguridade e hixiene na aplicación, en función do tipo de radiación ou corrente eléctrica.
* Na aplicación de diatermia capacitiva, compróbase que o illante do electrodo de traballo non estea perforado, reducindo o risco de produción de queimaduras.
* Na ximnasia pasiva, compróbase que as placas non estean caducadas.
* Na aplicación de corrente galvánica, compróbase que a superficie das placas metálicas sexa uniforme e se atope totalmente protexida pola funda.
* Compróbase que todo o persoal cumpra as pautas establecidas na empresa para manter as condicións óptimas de seguridade e hixiene no traballo.
* Compróbase que se realizaran e, de ser o caso, se realicen as operacións indicadas no plan de mantemento de equipamentos e instalacións.

Dominio profesional

-Medios de produción.

Moblaxe (cama ou sofá reclinable). Útiles (cunca, espátula, pinceis e esponxa). Lenzaría (sabas, toallas, bata e cinta para suxeitar o cabelo). Produtos cosméticos (para tratamentos estéticos específicos e auxiliares, para aplicación de técnicas de electroestética). Aparellos de electroestética coas súas respectivas gamas de accesorios (aparellos eléctricos con efecto mecánico; xeradores de calor; xeradores de correntes continuas, con efectos polares ou interpolares, ou de correntes variables, de alta frecuencia, de media frecuencia e de baixa frecuencia; aparellos emisores de radiacións electromagnéticas, raios ultravioletas -UVC e UVA-, visibles, infravermellos, láser, etc.; aparellos emisores de ultrasóns; emisores de vapor-ozono). Produtos e aparellos de limpeza, desinfección e esterilización.

-Resultados obtidos.

Radiacións e/ou correntes aplicadas en función do protocolo establecido. Tratamento aplicado mellorando os resultados obtidos e o aproveitamento de recursos.

-Procesos, métodos e procedementos.

Procesos de electroestética, métodos e técnica de aplicación de aparellos eléctricos con efecto mecánico, de aparellos xeradores de calor, de correntes eléctricas continuas (con efecto polar ou interpolar), de correntes variables (de alta frecuencia, de media frecuencia e de baixa frecuencia), de ondas electromagnéticas (UVA, visibles, IR e láser), de ultrasóns e de vapor-ozono. Dosimetría enerxética para programación de aparellos. Métodos e técnicas de limpeza, desinfección e esterilización. Técnicas de primeiros auxilios.

-Información utilizada e/ou xerada.

Ficha técnica do cliente, prescripción ou informe médico dirixido ao esteticista, ficha técnica de aparellos, información técnica subministrada polo laboratorio fabricante dos produtos, manual de primeiros auxilios, protocolo de atención ao cliente e bibliografía técnica especializada.

-Persoal destinatario.

Clientes, médicos e outros profesionais.

2.5.3. Unidade de competencia 3: personalizar, supervisar e/ou executar masaxes faciais e corporais, en función do diagnóstico estético previamente realizado.

RealizaciónsCriterios de realización

3.1.Determinar a técnica de masaxe que se debe aplicar, seleccionando as manobras que se van executar en función do diagnóstico estético e adaptando o protocolo ás características persoais do cliente.* A avaliación do estado actual do cliente no momento de comezar a sesión de masaxe permite executar as técnicas e as manobras previstas no protocolo e, en caso contrario, realízanse as adaptacións oportunas.

* En caso de colaboración cun médico especialista, tense en conta o seu criterio para a selección da técnica.

* Elíxese unha técnica de relaxación cando o cliente presente estados de tensión psicolóxica ou neuromuscular.
* Elíxese a técnica de activación circulatoria cando o cliente presente alteracións estéticas relacionadas coa circulación sanguínea periférica.
* Elíxese a técnica de drenaxe linfática cando o cliente presente anomalías estéticas relacionadas coa acumulación de líquidos nos tecidos.
* Selecciónanse, na colaboración con facultativos, as técnicas de masaxe que lle deben aplicar ao cliente nos tratamentos estéticos preoperatorios e posoperatorios de cirurxía estética.
* Determínase a extensión da zona anatómica de aplicación da masaxe segundo sexa local, parcial ou xeral, seleccionando a técnica específica para cada localización.
* Compróbase que non existan contraindicacións no cliente que desaconsellen a aplicación da masaxe.
* A técnica seleccionada é adecuada ás necesidades do cliente e permite obter os resultados esperados.
* Valórase a evolución do cliente ao longo do tratamento e, en caso necesario, modifícanse as condicións de aplicación ou aplícase unha técnica diferente.

3.2.Preparar e adecuar as instalacións, os medios e os produtos ás condicións requiridas para a aplicación da técnica seleccionada e/ou prescrita.* Selecciónanse os produtos en función do diagnóstico estético e/ou da prescrición médica e da técnica de masaxe que se execute, e dispóñense para o seu uso en recipientes individuais.

* Selecciónanse os accesorios en función do protocolo de traballo, e prepáranse en condicións hixiénico-sanitarias adecuadas para o seu uso.

RealizaciónsCriterios de realización

* Selecciónanse as condicións ambientais (aireación, temperatura, luz ou luz-cor e son) en función da técnica de masaxe que se realice.
* A cabina está preparada con cama ou outro soporte adecuado ao tipo de masaxe que se vaia realizar.
* Compróbase que, unha vez utilizado, o material quede limpo, desinfectado e/ou esterilizado (en función da súa composición e utilización) e ordenado para un novo uso.

3.3.Informar e asesorar o cliente sobre aspectos relacionados coa mellora dos resultados da masaxe.* Recíbese e aténdese o cliente con amabilidade e corrección, seguindo criterios de profesionalidade.

* Infórmase o cliente sobre os efectos pretendidos coa masaxe.

* Asesórase o cliente sobre as condicións orgánicas desexables para a aplicación da técnica de masaxe.
* Cóidase ao máximo a hixiene persoal, garantindo as condicións hixiénico-sanitarias na manipulación do cliente.
* Infórmase o cliente sobre produtos cosméticos para potenciar os efectos do tratamento e a súa correcta utilización, realizando a proposta de venda.
* Asesórase o cliente sobre pautas de vida saudable para mellorar o resultado obtido.
* Compróbase que o cliente estea satisfeito co servizo prestado e co trato recibido e, en caso contrario, póñense en marcha os mecanismos encamiñados a mellorar a personalización da prestación.
* Asesórase o cliente sobre exercicios de ximnasia practicables no seu domicilio para potenciar os efectos obtidos co tratamento estético de masaxe.
* En caso de accidente, aplícanselle ao accidentado as técnicas oportunas de primeiros auxilios e, en caso necesario, favorécese o seu traslado en condicións adecuadas a un centro sanitario.

3.4.Aplicarlle a masaxe ao cliente en función das técnicas determinadas e das manobras seleccionadas, atendendo aos parámetros establecidos (localización, intensidade e tempo).* Acomódase o cliente no soporte idóneo na posición anatómica adecuada, en función da zona corporal en que se realice a masaxe e da técnica seleccionada.

* Identifícanse as rexións estruturais anatómicas superficiais implicadas na execución da masaxe (grupos musculares, estruturas óseas e articulares).

* Tras avaliar o ton muscular, detéctanse e delimítanse as zonas ou os puntos dolorosos que puideran existir.
* Se se detectan indicios de patoloxía, envíase o cliente á consulta médica.
* En caso de colaboración co facultativo (especialista en cirurxía estética, endocrinólogo, dermatólogo, xinecólogo, etc.), atendese ás pautas de execución da técnica establecidas polo especialista.
* Realízanse as manipulacións necesarias para executar correctamente a técnica coa presión e o ritmo idóneos, seguindo as traxectorias definidas nos protocolos de traballo e durante os tempos prescritos.
* Modifícanse durante a execución da técnica os tempos, os ritmos e as presións que se requiren no protocolo de traballo, e adáptanse ás condicións ou necesidades do cliente.
* A aplicación de produtos cosméticos ao cliente realízase en función das súas necesidades e características, do procedemento técnico e do criterio profesional.
* Manéxanse os utensilios de forma destra e en condicións hixiénico-sanitarias axeitadas.
* Rexístranse no soporte adecuado as incidencias xurdidas durante o proceso, así como as observacións tanto do cliente como do profesional.

3.5.Realizar técnicas de drenaxe linfática manual, seguindo os criterios de localización, intensidade e tempo definidos no protocolo.* Acomódase o cliente no soporte idóneo de xeito que se atope na posición anatómica adecuada en función da zona corporal ou facial en que se realizará a drenaxe e da técnica seleccionada.

* Localízanse e identifícanse as cadeas ganglionares e os percorridos linfáticos sobre os que se vai realizar a drenaxe linfática.

* Avalíanse as posibles contraindicacións que presente o cliente antes de realizar a drenaxe linfática.
* A drenaxe linfática comeza con manipulacións na zona máis próxima ao ganglio.
* As zonas que se van manipular son adxacentes.

RealizaciónsCriterios de realización

* A extensión das zonas que se van manipular delimítase atendendo á rexión anatómica en que se atopan, de maneira que sexa suficiente para permitir as manobras que favorezan a mobilización da linfa a través do percorrido linfático.
* Trabállanse secuenciadamente as zonas seleccionadas para realizar as manipulacións, desde as franxas máis próximas ao ganglio, que se manipulan en primeiro lugar, ata as máis afastadas, que se traballan en último lugar.
* Entre as manipulacións dunha zona e as doutra zona, realízanse manobras de arrastre da linfa cara ao ganglio.
* Execútase a drenaxe linfática adaptando a intensidade e o ritmo das presións nas manipulacións ás características persoais do cliente.
* Na drenaxe altérnanse manipulacións de bombeo en círculos fixos con manipulacións de arrastre e baleirado de ganglios.
* En caso de accidente, aplícanselle ao accidentado as técnicas de primeiros auxilios e, en caso necesario, favorécese o seu traslado en condicións adecuadas a un centro sanitario.
* Compróbase que o cliente estea satisfeito co servizo prestado e o trato recibido e, en caso contrario, póñense en marcha os mecanismos encamiñados a mellorar a personalización da prestación.

Dominio profesional

-Medios de produción.

Soportes para execución de masaxe ou drenaxe linfática (cama, tatami e butaca reclinable); utensilios (cunca grande, espátulas, esponxas, rolos e martelos); produtos cosméticos e fitocosméticos específicos para masaxe, en todas as súas formas cosméticas; lenzaría específica para aplicación de técnicas de estética; produtos para limpeza, desinfección e/ou esterilización de utensilios; aparellos xermicidas e esterilizadores.

-Resultados obtidos.

Masaxe e drenaxe linfática realizada.

-Procesos, métodos e procedementos.

Técnicas de masaxe, drenaxe linfática e dixitopuntura; métodos de limpeza, desinfección e esterilización.

-Información utilizada e/ou xerada.

Ficha técnica do cliente, prescricións e informes médicos dirixidos ao esteticista, información técnica sobre os produtos e sobre os aparellos, protocolos de atención ao cliente, manuais de primeiros auxilios. Bibliografía técnica especializada.

-Persoal destinatario.

Clientes, médicos e outros profesionais.

2.5.4. Unidade de competencia 4: personalizar, supervisar e/ou aplicar técnicas hidrotermais e complementarias integrándoas nun tratamento estético.

RealizaciónsCriterios de realización

4.1.Seleccionar, personalizar e protocolizar as técnicas hidrotermais que se vaian utilizar no tratamento en función do diagnóstico estético previo e da evolución do cliente e, en caso necesario, modificar o protocolo para adaptalo ás condicións do cliente.* Compróbase que a ficha do cliente inclúa os datos relevantes para valorar as súas características respecto a indicacións e contraindicacións das distintas técnicas hidrotermais.

* Rexéitanse as técnicas que poidan estar contraindicadas en función do estado de saúde e das características persoais do cliente.

* En caso de dúbida sobre a existencia de posibles contraindicacións para a aplicación dunha técnica, solicítase autorización médica.

* Determínanse os valores dos parámetros que inflúen na aplicación da técnica (temperatura, presión e tempo) en función das características persoais do cliente.

RealizaciónsCriterios de realización

* Establécense as pautas de aplicación da técnica e defínense as condicións xerais de aplicación: hora do día, temperatura ambiental e condicións orgánicas do cliente.
* Valórase a evolución do cliente durante o proceso e, en caso necesario, modifícanse as condicións de aplicación ou aplícase unha técnica diferente.
* Avalíanse os resultados finais da aplicación das técnicas hidrotermais e, en caso preciso, deséñase o plan de mantemento para prolongar e potenciar os resultados do tratamento.
* Modifícanse, en caso necesario, as pautas de aplicación da técnica en función das observacións do cliente e das posibles anomalías detectadas segundo criterio profesional.

4.2.Informar, asesorar e preparar o cliente sobre as técnicas que se lle van aplicar e sobre os efectos esperados tras a execución das técnicas sobre a súa persoa.* A información subministrada ao cliente sobre a técnica seleccionada e os seus efectos é suficiente e está adaptada ás súas demandas de información.

* Infórmase o cliente sobre a periodicidade e duración de cada sesión e do tratamento completo.

* Realízanse as indicacións oportunas sobre a indumentaria apropiada e sobre as condicións orgánicas xerais idóneas (dixestión, menstruación, etc.) para someterse á aplicación da técnica.
* Fanse as recomendacións pertinentes sobre pautas de vida saudable que potencian os efectos da técnica aplicada (repouso, dieta, etc.).
* Asesórase o cliente sobre o uso de produtos cosméticos e fitocosméticos que prolonguen ou potencien os efectos das técnicas hidrotermais, e proporciónanselle pautas para a súa correcta utilización.
* Compróbase que o cliente comprendera perfectamente o obxectivo que se pretende alcanzar coa execución da técnica, que non presente dúbidas nin temores inxustificados e que estea satisfeito coa información subministrada.
* En caso de ser necesario que o cliente se someta a sesións de mantemento dos resultados obtidos, infórmase do plan deseñado: temporalización, tipos de técnicas que se van utilizar e produtos.
* Recíbese o cliente con profesionalidade.

4.3.Seleccionar e preparar os elementos técnicos e os produtos necesarios para a aplicación da técnica hidrotermal, en función do protocolo personalizado e en condicións ambientais adecuadas.* As operacións físico-químicas realizadas permiten obter nos produtos preparados as proporcións de cada compoñente indicadas no protocolo.

* Compróbase que as condicións de temperatura e humidade ambientais das instalacións sexan as idóneas para a aplicación das técnicas.

* A temperatura da auga e as condicións de aplicación da técnica son as establecidas no protocolo.
* Compróbase que a temperatura na sauna e a temperatura e o grao de humidade nos baños de vapor sexan os establecidos no protocolo de aplicación.
* Compróbase que, unha vez utilizado, o material quede limpo, desinfectado e/ou esterilizado, en función da súa composición e utilización, e ordenado para un novo uso.

4.4.Aplicar a técnica en función do protocolo establecido, en condicións de seguridade e hixiene adecuadas.* Acomódase ou sitúase o cliente nas instalacións apropiadas, en función da técnica que se aplique, e compróbase que a súa indumentaria e os accesorios sexan os adecuados para a aplicación da técnica.
* Transmítenselle adecuadamente ao cliente as instrucións sobre as posturas, os movementos e as actitudes que debe manter durante a execución da técnica.
* En caso necesario, aplícanse as técnicas de hixiene facial e/ou corporal previas á execución da técnica.
* Infórmase o cliente sobre os mecanismos de alarma e de aviso ao persoal.
* Contrólase a evolución do proceso e valóranse as observacións do cliente durante a execución da técnica, para detectar e resolver as posibles incidencias que se produzan.
* En caso necesario, unha vez concluída a execución da técnica hidrotermal elimínanse da pel do cliente os restos de produtos.
* Na aplicación de raios UVA, realízaselle ao cliente a proba de fotosensibilidade con suficiente antelación, e os resultados téñense en conta no cálculo do tempo de aplicación da radiación.
* Manéxanse de forma destra todos os elementos técnicos, en función dos procedementos de execución e das características do cliente.

RealizaciónsCriterios de realización

* Realízase a técnica segundo os manuais de procedemento, canto a condicións xerais e segundo o protocolo.
* Aténdese o cliente e axúdaselle a abandonar a instalación en que se aplica a técnica.
* Prográmanse os aparellos utilizados como fontes de calor para manter a temperatura corporal nos seus valores normais durante o tempo que dura o recubrimento ou a envoltura, en función do protocolo técnico.
* Rexístranse no soporte axeitado as incidencias xurdidas na execución da técnica, así como as observacións do cliente.
* Os pases da masaxe na masaxe manual subacuática realízanse segundo os manuais de procedemento.
* Compróbase que a presión e temperatura do chorro de auga aplicado na ducha escocesa sexan as establecidas no protocolo definido para cada cliente.
* A aplicación das técnicas restrínxese ás zonas corporais establecidas no tratamento.
* En caso de accidente aplícanselle ao accidentado as técnicas de primeiros auxilios e procédese, en caso necesario, ao seu traslado en condicións adecuadas a un centro sanitario.
* Compróbase que o cliente estea satisfeito co servizo prestado e o trato recibido e, en caso contrario, póñense en marcha os mecanismos encamiñados a mellorar a personalización da prestación.

4.5.Garantir a seguridade e a hixiene do cliente e do persoal do establecemento na execución das técnicas hidrotermais, e comprobar que se apliquen as medidas establecidas.* Nos casos de baleiro legal respecto ás condicións de seguridade e hixiene, establécense as medidas para mellorar esas condicións e os criterios para a súa aplicación, en función das características do cliente e dos requisitos técnicos.

* Compróbase que as instalacións e os elementos técnicos que teñen contacto directo coa pel do cliente queden limpos, desinfectados e/ou esterilizados tras cada utilización.

* Selecciónanse as técnicas, os produtos e os aparellos de limpeza e esterilización das instalacións e dos elementos técnicos en función do material que os compón e da súa utilización.
* Realízase o control e o tratamento da auga utilizada nos tratamentos de estética hidrotermal e, en caso necesario, póñense en marcha os mecanismos necesarios para garantir as súas condicións hixiénico-sanitarias.
* Na medida do posible, óptase por material dun só uso e, en caso contrario, garántense as súas condicións hixiénicas.
* As zonas de espera antes do tratamento ou entre distintas operacións están acondicionadas para tal fin, a súa temperatura e a súa aireación son constantes e as condicións xerais ambientais permiten unha espera agradable.
* Compróbase que as instalacións e os medios técnicos estean en perfecto estado para o seu uso e, en caso contrario, póñense en marcha os mecanismos necesarios para asegurar o seu correcto funcionamento, en óptimas condicións de seguridade e hixiene.
* O establecemento cumpre a normativa legal vixente canto a instalacións e condicións de seguridade e hixiene.
* Compróbase que as condicións hixiénico-sanitarias das instalacións, dos utensilios e accesorios, e da lenzaría garantan a execución da técnica sen riscos para a saúde das persoas.
* Aplícanse as medidas de protección persoal e do cliente en función dos criterios establecidos.

Dominio profesional

-Medios de produción.

Bañeiras (para baños xerais, para baños parciais, con aeromasaxe, de hidromasaxe e piscinas ou tanques para inmersión); duchas (convencionais, circulares, horizontais, escocesas e filiformes); accesorios (tribuna de chorros, bomba de presión e aparellos xeradores de calor); camas solares; saunas xerais e parciais; soportes para as envolturas (celulosa, tea, gasas e algodón); pinceis, esponxas, cuncas grandes, probetas, balanza, espátula e papel celofán e de aluminio; produtos (auga, algas, lodos,

peloides, sales, arxila, produtos de cosmética e fitocosmética en todas as súas formas); lenzaría (bañador, albornoz, gorro, toallas, bata, alfombras, zapatillas e lenzos); produtos e aparellos específicos para limpar e desinfectar e/ou esterilizar os utensilios, accesorios e instalacións; material e produtos para realización de técnicas de primeiros auxilios.

-Resultados obtidos.

Técnicas de estética hidrotermal aplicadas ao cliente en función das súas características.

-Procesos, métodos e procedementos.

Técnicas de balneación, de aplicación de chorros, de duchas e de cataplasmas; técnicas de envoltura, de aplicación de compresas e de máscaras faciais; técnicas de primeiros auxilios, de masaxe manual e acuática; técnicas de desinfección e/ou esterilización.

-Información utilizada e/ou xerada.

Ficha técnica e de seguimento do cliente; manual de hidroloxía; contraindicacións; informe médico; regulamento electrotécnico de baixa tensión; regulamento de instalacións de calefacción, climatización e auga quente sanitaria; bibliografía técnica especializada.

-Persoal destinatario.

Clientes e profesionais da estética e a sanidade.

2.5.5. Unidade de competencia 5: personalizar, supervisar e/ou aplicar técnicas de eliminación da peluxe corporal por procedementos mecánicos, eléctricos e radioeléctricos.

RealizaciónsCriterios de realización

5.1.Determinar as características da zona pilosa que se vai tratar; avaliar a idoneidade de efectuar unha depilación mecánica, eléctrica ou radioeléctrica; seleccionar a técnica concreta e adaptar o diagnóstico previo ás circunstancias e condicións do cliente no momento da execución técnica.* Determínase o procedemento que se vai utilizar en función do grosor, a lonxitude e a profundidade de implantación da peluxe, e das características anatomofisiolóxicas, a sensibilidade e o grosor da pel da zona que se vai depilar.

* Rexístranse na ficha técnica do cliente os datos obtidos na enquisa que se lle fixo.

* Determínase a técnica que se vai utilizar en función dos datos obtidos no estudo da zona pilosa e da demanda do cliente.

* Remítense á consulta médica os clientes que presentan indicios de problemas circulatorios (varices, telanxiectasias, úlceras, frieiras, etc.).

* Téñense en conta as indicacións do facultativo na determinación e concreción do procedemento que se siga.
* A zona anatómica que se vai tratar está claramente delimitada.

5.2.Seleccionar e preparar os medios técnicos necesarios para a depilación, garantindo as condicións de seguridade e hixiene óptimas para o cliente e os profesionais do establecemento.* Selecciónanse os aparellos e os utensilios necesarios para a depilación en función da técnica de depilación que se vaia utilizar.

* Compróbase o correcto funcionamento dos premedores e indicadores dos distintos aparellos eléctricos.

* Selecciónanse os aparellos para quentar a cera en función da modalidade elixida para executar a técnica.

* Prepárase para o uso o aparello para a depilación eléctrica e prográmase a potencia da descarga en función da sensibilidade do cliente e da resistencia do pelo.
* Compróbase que todos os accesorios, os utensilios e a lenzaría estean limpos, desinfectados e esterilizados e, en caso contrario, póñense en marcha os mecanismos encamiñados a garantir as súas condicións hixiénico-sanitarias.

RealizaciónsCriterios de realización

* Utilízanse as medidas de protección persoal e do cliente para reducir os riscos de contaminación.

5.3.Eliminar a peluxe por procedementos mecánicos mediante a utilización de técnicas de estética, en condicións de seguridade e hixiene óptimas.* A cera está fundida, á temperatura prevista e lista para o seu uso no contedor do aparello eléctrico.

* Acomódase, protéxese e sitúase o cliente na posición anatómica apropiada, en función da zona que vai ser depilada.

* A zona de depilación está limpa, enxoita e preparada para recibir a cera.
* Selecciónanse os utensilios para aplicar a cera en función da extensión da zona que se pretende depilar e das súas características anatómicas.
* Aplícase a cera seguindo o sentido de crecemento da peluxe, en bandas de grosor homoxéneo e suficiente para resistir a tracción.
* Retírase a cera por tracción homoxénea e rápida, en sentido contrario ao de crecemento da peluxe, utilizando os accesorios adecuados.
* Avalíase o estado da pel do cliente e o resultado da depilación, e determínase a necesidade ou non de repetir o proceso total ou parcialmente.
* Complétase a depilación por extracción manual da peluxe residual mediante a utilización de pinzas.
* Selecciónanse os produtos para despois da depilación en función das condicións da pel unha vez tratada.
* Aplícanse as técnicas de primeiros auxilios en caso de accidente ou reaccións de sensibilidade, segundo os manuais de procedemento, e en caso necesario, trasládase o accidentado a un centro sanitario en condicións adecuadas.

5.4.Eliminar a peluxe por procedementos eléctricos (electrocoagulación ou termólise) ou radioeléctricos, mediante a aplicación de técnicas de estética, en condicións de seguridade e hixiene óptimas.* Acomódase, protéxese e sitúase o cliente na posición anatómica idónea para permitir o acceso á zona que se vai depilar.

* Infórmase o cliente das sensacións que producen as descargas do aparello.

* Conséguese a relaxación do cliente creando o «clima» adecuado.

* Desinféctase a zona, antes e despois da depilación, mediante soporte impregnado con produto antiséptico.

* Selecciónase o grosor da agulla en función do tamaño do folículo pilosebáceo e do tipo de pel.
* A agulla é dun só uso e extráese do seu envoltorio ou recipiente coas medidas de hixiene oportunas diante do cliente.
* Introdúcese a agulla no saco folicular do pelo, sen lesionalo en ningún momento, utilizando os instrumentos de aumento necesarios para facilitar a visión.
* Efectúase a descarga só cando a agulla estea apoiada no fondo do saco folicular.
* Retírase o pelo suavemente con pinzas, sen necesidade de arrincalo.
* A duración da descarga é directamente proporcional á resistencia da peluxe.
* Aplícanse os produtos desconxestionantes e calmantes tras a depilación.
* Rexeitase a agulla e outros materiais contaminantes en condicións de seguridade e hixiene óptimas.
* Compróbase que as pinzas utilizadas, tanto na depilación como na retirada do pelo, cumpran as condicións hixiénico-sanitarias establecidas e, en caso contrario, selecciónase e aplícase o método de limpeza, desinfección e/ou esterilización en función do material que as compón e da súa utilización.
* Compróbase que o cliente quede satisfeito coa calidade do servizo prestado e co trato recibido e, no caso contrario, póñense en marcha os mecanismos necesarios para adecuar os resultados ás expectativas.
* En caso de accidente, aplícanselle ao accidentado os primeiros auxilios e, en caso necesario, trasládase a un centro sanitario en condicións axeitadas.

5.5.Informar e asesorar o cliente sobre o resultado da aplicación da técnica de depilación e sobre os coidados que lle debe prestar á súa pel para a manter posteriormente en óptimas condicións.* Infórmase claramente o cliente sobre o proceso que se lle vai realizar: resultados esperados, periodicidade coa que se debe someter ao tratamento, prezo, etc.

* Asesórase o cliente sobre a utilización de produtos idóneos para manter a súa pel en óptimas condicións despois da depilación, co fin de prolongar os efectos obtidos.

* Infórmase o cliente sobre as precaucións que debe ter en conta despois da depilación.

Dominio profesional

-Medios de produción.

Ficha técnica dos clientes, soportes informáticos, cronómetros, cuncas grandes e espátulas; pinzas e luvas de crina; butaca reclinable ou mesa auxiliar; lenzaría (cinta para recoller o cabelo, bata, toallas e lenzos); luvas; soportes para impregnar (gasas, algodón, esponxas e toallas); bandas de tea ou papel; produtos cosméticos (depilatorios de acción progresiva, pos de talco, desconxestionantes, hidratantes e cera); auga; produtos específicos para limpeza e esterilización dos distintos materiais; aparellos eléctricos para quentar a cera (fundidor e aparello eléctrico de rolete); esterilizadores (de radiación ultravioleta e autoclave); aparellos para depilación eléctrica e radioeléctrica; agullas de aceiro de distintos grosores para depilación eléctrica.

-Resultados obtidos.

Eliminación da peluxe.

-Procesos, métodos e procedementos:

Técnicas de depilación con cera e con pinzas, eléctrica e radioeléctrica; técnicas de primeiros auxilios; métodos de limpeza, desinfección e esterilización.

-Información utilizada e/ou xerada.

Ficha técnica do cliente; prescricións e informes médicos dirixidos ao esteticista; información técnica de produtos e aparellos; protocolo de atención ao cliente; manuais de primeiros auxilios; bibliografía técnica especializada.

-Persoal destinatario.

Clientes, médicos e outros profesionais.

2.5.6. Unidade de competencia 6: supervisar e/ou efectuar cambios no aspecto físico da persoa mediante a microimplantación de pigmentos segundo deseño previo.

RealizaciónsCriterios de realización

6.1.Realizar o deseño previo á microimplantación, analizando o aspecto físico do cliente e adaptando o proceso previamente definido.* No estudo do cliente téñense en conta os datos persoais, a pigmentación natural, a calidade, a velocidade de rexeneración prevista na súa pel, a zona que vaia tratar e a súa sensibilidade.

* Estúdase o rostro do cliente para detectar as asimetrías e as desproporcións susceptibles de cambio e para determinar os puntos que se deben realzar ou corrixir.

* A entrevista realizada co cliente permite coñecer as súas expectativas e as súas demandas.
* Analízanse os datos obtidos nos estudos anteriores e a posibilidade de dar resposta ás expectativas e ás demandas do cliente mediante a execución da técnica.
* Reflíctense na ficha técnica todos os datos relevantes obtidos no estudo do cliente.
* Infórmase o cliente sobre as sensacións que ha experimentar durante a execución da técnica e dos efectos que producirá a microimplantación unha vez realizada.
* Efectúanselle ao cliente as probas de maquillaxe oportunas para prever o resultado que se obterá coa microimplantación.
* Realízase a proposta de venda do servizo ao cliente.

RealizaciónsCriterios de realización

6.2.Seleccionar e preparar os produtos, os materiais e os accesorios necesarios para a execución da técnica.* Óptase, na medida do posible, por material dun só uso e, de ser o caso, utilízase material previamente esterilizado.

* Selecciónase e aplícase o método de esterilización dos útiles en función da súa utilización e do material que os compón.

* Realízanse as operacións físico-químicas necesarias para mesturar os pigmentos, segundo as súas formas cosméticas, co fin de obter as tonalidades desexadas para executar a técnica na zona definida.
* Compróbase que a etiquetaxe dos pigmentos cumpra os requisitos da normativa legal vixente ao respecto.
* As mesturas de pigmentos utilízanse nunha soa sesión e son exclusivas de cada cliente.

* Os pigmentos utilizados identifícanse co nome do cliente para uso posterior.

* Todos os materiais e os produtos necesarios e auxiliares para a execución da técnica están dispostos para a súa utilización.
* Selecciónanse as cores dos pigmentos en función da zona que se vaia pigmentar, da pigmentación natural da pel, os ollos e o cabelo do cliente, do método de aplicación seleccionado e do tipo de traballo que se vaia realizar: reparación de cellas e de cicatrices, delineación do ollo, perfilado de beizos, lunares, tatuaxes, correccións, etc.

6.3.Executar a técnica de microimplantación de pigmentos adaptándoa ás características específicas do cliente, en óptimas condicións de seguridade e hixiene.* Acomódase o cliente na posición anatómica adecuada para a execución da técnica, creando o clima propicio para facilitar a súa relaxación.

* Realízase con antelación a proba de sensibilidade aos pigmentos que se van utilizar na execución técnica.

* Prepárase a zona anatómica que se vai pigmentar en condicións asépticas adecuadas.

* Utilízanse as medidas de protección persoal e do cliente necesarias para garantir a microimplantación en condicións hixiénico-sanitarias adecuadas.
* Debúxase con lapis deliñador a zona que se vai corrixir.
* Aplícanse os produtos auxiliares previos á execución da técnica na zona anteriormente delimitada.
* Compróbase que a agulla cumpra os requisitos establecidos para ser utilizada na execución da técnica e colócase no cabezal do aparello de microimplantación, en condicións óptimas de seguridade e hixiene.
* Introdúcese o pigmento baixo a epiderme, segundo o método seleccionado, coa agulla vibradora situada no cabezal do aparello, seguindo as liñas do debuxo realizado.
* Repítese a introdución de pigmento en cada punto, controlando o ton obtido en cada aplicación, ata conseguir a pigmentación desexada.
* Entre as sucesivas aplicacións, límpase a pel con produtos específicos favorecendo a apreciación do ton de pigmentación.
* Aplícanse os produtos medicamentosos de libre dispensación utilizados antes, durante e despois da execución da técnica, atendendo ás instrucións de uso indicadas polo laboratorio fabricante.
* En caso de accidente, aplícanselle ao accidentado as técnicas de primeiros auxilios e, en caso necesario, trasládase en condicións adecuadas a un centro sanitario.
* Contrólase a evolución do proceso de pigmentación limpando a zona con produtos específicos e observando a cor que se obtén nas distintas fases.
* Compróbase que o cliente quede satisfeito co resultado obtido e co trato recibido e, en caso contrario, póñense en marcha os mecanismos necesarios para adecuar o resultado aos seus desexos e ás súas expectativas.

6.4.Garantir a seguridade e a hixiene do cliente e do persoal do establecemento na execución da técnica de microimplantación de pigmentos, e comprobar que se aplican as medidas establecidas.* Compróbase o correcto funcionamento dos aparellos eléctricos de microimplantación.

* Compróbase que a lenzaría e todos os accesorios e utensilios estean limpos, desinfectados e esterilizados e, en caso contrario, póñense en marcha os mecanismos encamiñados a garantir as súas condicións hixiénico-sanitarias.

* Utilízanse as medidas de protección persoal e do cliente para reducir os riscos de contaminación.

* Compróbase que os pigmentos cumpran os requisitos hixiénico-sanitarios mínimos para o seu uso e manteñan as súas propiedades físicas e organolépticas características.
* En caso de accidente, aplícanselle ao accidentado as técnicas oportunas de primeiros auxilios e, en caso necesario, trasládase a un centro sanitario en condicións axeitadas.

RealizaciónsCriterios de realización

6.5.Informar e asesorar o cliente sobre os efectos e a duración do resultado da microimplantación, así como sobre os produtos adecuados para mellorar o resultado do proceso.* Á vista do resultado, asesórase o cliente sobre a posibilidade de executar sobre outras partes do seu rostro ou do seu corpo a técnica de microimplantación, para obter un resultado máis harmónico coa microimplantación xa realizada.

* Infórmase o cliente sobre os resultados obtidos coa microimplantación realizada, resaltando os efectos positivos que ten sobre a súa imaxe persoal.

* Infórmase o cliente sobre as reaccións que se producirán na súa pel e nos puntos pigmentados durante os días posteriores á micropigmentación.
* Asesórase o cliente sobre os produtos cosméticos idóneos e os coidados que lle ten que prestar á súa pel para resaltar os resultados do proceso.
* Á vista do resultado, infórmase o cliente da posibilidade de someterse a retoques para o mellorar.

Dominio profesional

-Medios de produción.

Cama, butaca, tallo xiratorio, mesa auxiliar, aparello e agullas para microimplantación de pigmentos, e cápsulas de porcelana, cristal ou plástico. Pauíños de algodón, algodón, gasas, material de primeiros auxilios, pigmentos específicos para microimplantación estética en distintas cores e en distintas formas cosméticas, auga destilada, espátulas e autoclave. Produtos para esterilización e desinfección. Antisépticos, produtos medicamentosos de libre dispensación con acción anestésica local e calmante. Produtos cosméticos e utensilios para maquillaxe. Luvas e máscara.

-Resultados obtidos.

Cambios no aspecto físico da persoa realizados mediante microimplantación de pigmentos.

-Procesos, métodos e procedementos.

Técnica de mestura de cores (teoría da cor), técnica de microimplantación de pigmentos, métodos de desinfección, técnicas de primeiros auxilios e protocolo de atención ao cliente. Técnicas de primeiros auxilios.

-Información utilizada e/ou xerada.

Ficha técnica do cliente, fotografías do cliente, información técnica dos produtos e dos aparellos utilizados e manual de primeiros auxilios.

-Persoal destinatario.

Clientes e outros profesionais.

2.5.7. Unidade de competencia 7: realizar a administración, a xestión e a comercialización nunha pequena empresa ou taller.

RealizaciónsCriterios de realización

7.1.Avaliar a posibilidade de implantación dunha pequena empresa ou taller en función da súa actividade, o volume de negocio e os obxectivos.* Selecciónase a forma xurídica de empresa máis adecuada para os recursos dispoñibles, os obxectivos e as características da actividade.

* Realízase a análise previa á implantación, e valórase:-A estrutura organizativa adecuada aos obxectivos.

-A localización e o ámbito de actuación (distancia entre clientes e provedores, vías de distribución, prezos do sector inmobiliario de zona e elementos de prospectiva).

RealizaciónsCriterios de realización

-A previsión de recursos humanos.
-A demanda potencial, previsión de gastos e ingresos.
-A estrutura e a composición do inmobilizado.
-As necesidades de financiamento e a súa forma máis rendible.
-A rendibilidade do proxecto.
-A posibilidade de subvencións e/ou axudas á empresa ou á actividade ofrecidas polas diferentes administracións públicas.
* Determínase adecuadamente a composición dos recursos humanos necesarios, segundo as funcións e os procesos propios da actividade da empresa e dos obxectivos establecidos, atendendo á formación, á experiencia e ás condicións actitudinais, se procede.

7.2.Determinar as formas de contratación máis idóneas en función do tamaño, a actividade e os obxectivos dunha pequena empresa.* Identifícanse as formas de contratación vixentes, determínanse as súas vantaxes e os seus inconvenientes, e establécense os máis habituais no sector.

* Selecciónanse as formas de contrato óptimas, segundo os obxectivos e as características da actividade da empresa.

7.3.Elaborar, xestionar e organizar a documentación necesaria para a constitución dunha pequena empresa e a xerada polo desenvolvemento da súa actividade económica.* Establécese un sistema de organización da información adecuado que proporcione información actualizada sobre a situación económico-financeira da empresa.

* Realízase a tramitación oportuna ante os organismos públicos para a iniciación da actividade de acordo cos rexistros legais.

* Elabóranse no formato establecido os documentos xerados pola empresa (facturas, albarás, notas de pedido, letras de cambio, cheques e recibos), cos datos necesarios en cada caso e de acordo coa lexislación vixente.

* Identifícase a documentación necesaria para a constitución da empresa (escritura, rexistros, imposto de actividades económicas, etc.).

7.4.Promover a venda de produtos ou servizos mediante os medios ou as relacións adecuadas, en función da actividade comercial requirida.* No plan de promoción, tense en conta a capacidade produtiva da empresa e o tipo de clientela potencial dos seus produtos e servizos.

* Selecciónase o tipo de promoción que fai óptima a relación entre o incremento das vendas e o custo da promoción.

* A participación en feiras e exposicións permite establecer as vías de distribución dos diversos produtos ou servizos.

7.5.Negociar con provedores e clientes, procurando as condicións máis vantaxosas nas operacións comerciais.* Téñense en conta, na negociación cos provedores:-Prezos do mercado.-Prazos de entrega.
-Calidades.
-Condicións de pagamento.
-Transportes, se procede.
-Descontos.
-Volume de pedido.
-Liquidez actual da empresa.
-Servizo posvenda do provedor.
* Nas condicións de venda propostas aos clientes téñense en conta:-Marxes de beneficios.
-Prezo de custo.
-Tipos de clientes.
-Volume de venda.
-Condicións de cobramento.
-Descontos.
-Prazos de entrega.
-Transporte, se procede.
-Garantía.
-Atención posvenda.

7.6.Crear, desenvolver e manter boas relacións con clientes reais ou potenciais.* Transmítese en todo momento a imaxe desexada da empresa.

* Aténdense os clientes cun trato dilixente e cortés, e na marxe de tempo prevista.

* Respóndese satisfactoriamente ás súas demandas, resolvendo as súas reclamacións con dilixencia e prontitude e promovendo as futuras relacións.
* Comunícaselles aos clientes calquera modificación ou innovación da empresa que lles poida interesar.

7.7.Identificar, en tempo e forma axeitados, as accións derivadas das obrigas legais dunha empresa.* Identifícase a documentación exixida pola normativa vixente.

* Identifícase o calendario fiscal correspondente á actividade económica desenvolvida.

* Identifícanse en tempo e forma adecuados as obrigas legais laborais:-Altas e baixas laborais.
-Nóminas.
-Seguros sociais.

Dominio profesional

-Información manexada.

* Documentación administrativa (facturas, albarás, notas de pedido, letras de cambio e cheques).

-Documentación cos distintos organismos oficiais.

* Permisos de apertura do local, permiso de obras, etc. Nóminas, TC1, TC2 e alta en IAE. Libros contables oficiais e libros auxiliares. Arquivos de clientes e provedores.

-Tratamento da información.

* Terá que coñecer os trámites administrativos e as obrigas cos distintos organismos oficiais, xa sexa para realizalos o propio interesado ou xa para contratar a súa realización a persoas ou a empresas especializadas.

* O soporte da información pode estar informatizado, utilizando paquetes de xestión moi básicos existentes no mercado.

-Persoas coas que se relaciona.

* Provedores e clientes. Ao ser unha pequena empresa ou taller, en xeral, tratará con clientes con pedidos ou servizos que darán lugar a pequenas ou medianas operacións comerciais. Xestorías.

2.6. Evolución da competencia profesional.

2.6.1. Cambios nos factores tecnolóxicos, organizativos e económicos.

Os cambios previsibles na evolución da competencia desta figura profesional son:

* No aspecto tecnolóxico, o profesional da estética integral débese adaptar aos cambios tecnolóxicos provocados polas novas demandas cada vez máis específicas dos clientes e polos requisitos doutros profesionais cos que terá que traballar conxuntamente, xa que se prevé un incremento da demanda de servizos de estética na realización de tratamentos conxuntos con profesionais do ámbito sanitario.

* Canto aos aspectos organizativo e económico, aínda que se prevé que a pequena empresa siga xogando un papel predominante no campo das actividades da estética, o cumprimento da normativa europea e o desenvolvemento de medidas lexislativas específicas poden repercutir no aspecto organizativo desta actividade, pola obrigatoriedade de empregar novos métodos e tecnoloxías relacionadas fundamentalmente con aspectos de saúde pública. Deste xeito, os aspectos organizativos da prestación de servizos de estética integral deberán adaptarse á nova situación, para dar resposta a unhas demandas cada vez máis especializadas, manténdose a polivalencia dos traballadores para conseguir maiores niveis de produtividade e rendibilidade.

A nova remodelación poderase traducir en medidas como:

* Fomento da vinculación de pequenas empresas en cooperativas ou outras fórmulas que poidan solucionar as necesidades de investimento existentes.

* Promoción da formación dos profesionais en técnicas como o márketing.

* Prestar especial atención á calidade dos servizos prestados, promovendo o bo facer profesional como mecanismo para mellorar a posición competitiva ante as compañías estranxeiras.

Por tanto, prevese unha forte remodelación das actividades para adaptarse a un mercado moito máis competitivo, polo que se consideran necesarios procesos de concentración das actividades para conseguir estruturas empresariais que faciliten a modernización das empresas e a adaptación a unhas demandas cada vez máis esixentes.

Na actualidade estanse introducindo modificacións na forma de funcionamento, e cambios de horarios e do calendario de apertura ao público.

2.6.2. Cambios nas actividades profesionais.

Produciranse cambios específicos na actividade profesional, derivados fundamentalmente da implantación de novas técnicas baseadas na utilización de equipamentos cada vez máis sofisticados e de produtos cosméticos con maior actividade e especificidade.

Prevese, xa que logo, un incremento nas seguintes actividades:

* Colaboración con facultativos na aplicación de tratamentos conxuntos.

* Novos métodos de diagnóstico de alteracións desde o punto de vista estético e novos tratamentos estéticos para esas alteracións.

* Microimplantación de pigmentos.

* Estética hidrotermal.

2.6.3. Cambios na formación.

As necesidades de formación dedúcense dos cambios previsibles nas actividades profesionais. Detéctanse necesidades para:

* Poderse adaptar ás novas técnicas xurdidas da continua investigación no sector.

* A utilización dos medios informáticos como medios auxiliares en labores administrativos derivados da actividade empresarial e como medio de actualización e doada utilización dos ficheiros de clientes.

* A utilización de novos equipamentos e medios técnicos que se deberán utilizar nos procesos de estética integral, aparellos computerizados e novos aparellos con aplicación en tratamentos específicos das alteracións estéticas de rostro e de corpo.

* A aplicación de novos métodos de diagnóstico de alteracións non patolóxicas con repercusión estética.

* A coordinación de actividades complementarias ás de estética, realizadas en establecementos do ramo.

2.7. Posición no proceso produtivo.

2.7.1. Contorno profesional e de traballo.

Esta figura exerce a súa actividade profesional dentro do subsector de servizos persoais e máis concretamente na actividade de tratamentos de beleza, desenvolvendo os procesos de prestación de servizos de estética integral e de asesoramento e atención permanente ao cliente en:

* Institutos e salóns de beleza.

* Departamentos de estética de empresas dedicadas ao tratamento da imaxe persoal integral.

* Clínicas de medicina estética.

* Balnearios.

* Centros de masaxe.

* Equipos de técnicos, dependentes de laboratorios e casas comerciais, que desenvolvan a súa actividade no ámbito da estética integral, como probadores, demostradores e vendedores.

* Hospitais e centros xeriátricos, e empresas de servizos fúnebres.

2.7.2. Contorno funcional e tecnolóxico.

Esta figura profesional sitúase na área de estética e nas funcións de organización e execución da prestación do servizo, así como na administración e a organización da empresa.

Os seus coñecementos científicos e tecnolóxicos abranguen os campos de:

* Atención permanente á clientela.

* Elaboración e interpretación de documentación técnica.

* Asesoramento a clientes.

* Vixilancia e fomento das condicións de seguridade e a hixiene no traballo.

* Coordinación do equipo profesional.

* Utilización dos equipamentos técnicos e dos produtos necesarios para a prestación dos servizos e para o mantemento das instalacións e dos medios en óptimas condicións.

* Execución técnica dos procesos e dos tratamentos de estética integral.

* Diagnóstico de alteracións non patolóxicas con repercusión estética, protocolización e aplicación dos tratamentos correspondentes.

* Planificación comercial.

* Colaboración con facultativos.

* Control da calidade no proceso de prestación do servizo e nos resultados obtidos.

2.7.3. Ocupacións, postos de traballo tipo máis relevantes.

* Dirección de salón ou de instituto de beleza.

* Esteticista.

* Masaxista.

3. Currículo.

3.1. Obxectivos xerais do ciclo formativo.

* Analizar as demandas e as necesidades das persoas respecto á súa imaxe persoal, realizando o diagnóstico estético profesional para propor solucións para o coidado e o embelecemento do rostro e do corpo, baseadas en tratamentos estéticos das alteracións estéticas do rostro e do corpo e na aplicación de técnicas para fomentar o benestar psicofísico e mellorar a calidade de vida das persoas.

* Analizar a prestación de servizos de estética integral para establecer pautas de comportamento na atención de clientes que permitan desenvolver as actividades do instituto de beleza nun ambiente adecuado.

* Analizar os efectos que producen os distintos tratamentos de estética sobre o corpo humano e relacionalos coas súas indicacións e as súas contraindicacións, para determinar a idoneidade da súa aplicación, analizando os riscos que se poden presentar, así como adoptar as medidas que reduzan a probabilidade de aparición de reaccións adversas ou inesperadas.

* Interpretar a información técnica asociada aos aparellos e aos produtos de uso no campo da estética integral.

* Analizar e aplicar as medidas de seguridade e hixiene que cómpre manter na prestación de servizos de estética para proporcionar un servizo de calidade e mellorar as condicións de realización do traballo, utilizando as medidas correctoras e de protección persoal que garantan as condicións hixiénico-sanitarias na prestación.

* Analizar os procesos de estética integral e identificar os requisitos técnicos canto a medios humanos e materiais, co fin de favorecer o aproveitamento de recursos e mellorar o desenvolvemento da actividade empresarial.

* Realizar destramente depilacións mecánicas e eléctricas, microimplantación de pigmentos, masaxes, tratamentos estéticos das alteracións que son da súa competencia e todo tipo de aplicación de coidados con finalidades estéticas, utilizando adecuadamente os medios técnicos necesarios e realizando as operacións técnicas precisas para obter os resultados esperados.

* Analizar as demandas, as necesidades e os hábitos das persoas respecto ao consumo de produtos cosméticos, pequenos aparellos e accesorios de uso en beleza e utilización de servizos de estética integral, para promover a venda de produtos e servizos mediante a correcta utilización das técnicas de negociación.

* Detectar indicios de patoloxía que fagan necesaria a derivación de clientes a profesionais do ámbito sanitario.

* Avaliar a prestación de servizos de estética integral e os resultados obtidos para propor e/ou aplicar, en caso necesario, as medidas correctoras oportunas.

* Comprender o marco legal, económico e organizativo que regula e condiciona a actividade de tratamentos de beleza, identificando os dereitos e as obrigas que se derivan das relacións laborais, adquirindo a capacidade de seguir os procedementos establecidos e de actuar con eficacia nas anomalías que se poden presentar neles.

* Procurar, seleccionar e utilizar vías de información e formación relacionadas co exercicio da profesión que lle posibiliten o coñecemento e a inserción no sector dos tratamentos de beleza, e a evolución e a adaptación das súas capacidades profesionais aos cambios tecnolóxicos e organizativos do sector.

* Dominar estratexias que lle permitan participar en procesos de comunicación cos clientes, provedores e outros profesionais.

* Xerar documentación técnica imprescindible para o bo funcionamento do establecemento, así como para a venda de produtos e prestación de servizos, e para o adestramento do persoal ao seu cargo.

3.2. Módulos profesionais asociados a unha unidade de competencia.

3.2.1. Módulo profesional 1: diagnóstico e protocolo de procesos de estética integral.

Asociado á unidade de competencia 1: definir e protocolizar o tratamento e os coidados en función do diagnóstico estético, organizando a prestación do servizo en condicións de calidade óptima.

Capacidades terminais elementais

* Interpretar e elaborar información técnica necesaria para a determinación, a protocolización e a execución dos procesos de estética integral.

* Analizar as técnicas de diagnóstico que se poden utilizar para avaliar as características e condicións das persoas e identificar as posibles alteracións faciais e corporais.

* Describir as distintas técnicas empregadas para o diagnóstico e a exploración das alteracións estéticas faciais e corporais, e explicar o fundamento científico e as características técnicas dos aparellos utilizados.

* Protocolizar o diagnóstico estético aplicando as técnicas de observación e exploración adecuadas.

* Realizar o diagnóstico estético, segundo o protocolo establecido, e determinar se hai indicios de patoloxía que xustifiquen a remisión da persoa á consulta especializada.

* Identificar as demandas e as necesidades da clientela aplicando técnicas de entrevista e observación, e rexistrar todos os datos no informe ou na ficha técnica.

* Analizar as alteracións estéticas faciais e corporais e relacionalas cos tratamentos estéticos específicos, para protocolizar e elaborar propostas técnicas de tratamento, con identificación dos requisitos necesarios canto a medios humanos e materiais.

* Protocolizar tratamentos estéticos personalizados en función do diagnóstico establecido e dos medios materiais e recursos humanos dispoñibles, integrando as distintas técnicas estéticas.

* Informar e asesorar a clientela sobre os tratamentos estéticos que se van a aplicar e os cosméticos e hábitos de vida saudables que permitan mellorar as condicións da súa imaxe persoal.

* Avaliar os resultados obtidos na aplicación de tratamentos estéticos específicos faciais e corporais, e relacionalos cos resultados esperados, para propor, en caso necesario, as medidas que melloren a prestación e a calidade do servizo.

* Establecer relacións entre os membros do equipo de traballo e determinar as funcións e as tarefas de cada un deles e a súa coordinación con outros profesionais.

* Establecer criterios tipo para aplicar as regras xerais de hixiene en establecementos de estética, canto a locais, moblaxe, lenzaría, clientela, profesionais, equipamentos e materiais de uso frecuente.

Contidos (duración 150 horas)

Contidos procedementais

Estudo do cliente.

* Elaboración da ficha técnica ou o informe do cliente, onde se reflicta a información recollida na observación, na exploración e na entrevista.

* Interpretación e manexo da información técnica e da do cliente.

* Descrición das técnicas empregadas no diagnóstico estético, con explicación do fundamento científico de cada unha delas.

* Protocolización do diagnóstico estético aplicando de técnicas de observación, exploración e entrevista.

* Identificación das demandas e das necesidades do cliente para a protocolización do tratamento estético ou a remisión a outros profesionais, en caso necesario.

* Análise das normas que se deben seguir para garantir a confidencialidade e a custodia da información.

Bases científicas dos procesos de estética integral e os seus efectos.

* Análise, descrición e localización das alteracións patolóxicas e non patolóxicas de interese estético; determinación das súas causas, os seus signos e os seus síntomas; descrición das estruturas afectadas.

* Identificación de alteracións de interese estético para un posible diagnóstico estético ou remisión á consulta especializada.

* Análise da técnicas electroestéticas, hidrotermais, de masaxe e drenaxe linfática, depilación e microimplantación de pigmentos de uso en estética integral, de xeito que permitan a súa selección para o tratamento proposto.

* Análise das técnicas cosmetolóxicas de uso en estética integral, de xeito que permitan a súa selección para o tratamento proposto.

* Establecemento de criterios que se deben seguir para a selección, a aplicación e a asociación de técnicas nos procesos de estética integral.

Protocolización dos tratamentos de estética integral.

* Análise e estudo do concepto de protocolo en estética integral. Descrición dos elementos dun protocolo.

* Deseño de protocolos estandarizados de tratamento das alteracións estéticas faciais e corporais, integrando todas as técnicas descritas.

* Determinación das fases, os medios técnicos e os produtos; secuenciación e temporalización de protocolos de tratamentos personalizados a partir de modelos ou supostos prácticos.

Seguridade e hixiene.

* Interpretación da normativa vixente canto a instalacións, medios técnicos e persoal.

* Determinación e aplicación das medidas de protección do profesional e da clientela.

* Estudo das condicións que deben reunir os centros de estética integral para garantir a seguridade das persoas, os equipamentos e as instalacións.

Coordinación dos medios humanos e materiais.

* Establecemento de criterios para a coordinación con outros profesionais en tratamentos conxuntos ou de prescrición médica.

* Establecemento de relacións entre os membros do equipo de traballo e determinación das funcións e das tarefas de cada un deles.

Control de calidade nos procesos de estética integral.

* Determinación dos parámetros que definen a calidade do servizo nos procesos de estética integral.

* Aplicación de técnicas de detección do grao de satisfacción da clientela. Análise dos resultado obtidos.

* Análise da importancia da seguridade e da hixiene como factores determinantes na calidade da prestación de servizos de estética integral.

Contidos conceptuais

Estudo do cliente.

* Estudo do cliente: a entrevista como medio de estudo.

* Ficha técnica ou no informe do cliente: confidencialidade dos datos.

* Análise e diagnóstico facial e corporal: observación visual, exploración, etc.

* Medios técnicos de diagnóstico: fundamentos. Útiles e aparellos utilizados na valoración das condicións e das características do cliente.

* Documentación que se xera nos procesos de estética integral.

* Derivación de clientela a outros profesionais

Bases científicas dos procesos de estética integral e os seus efectos.

* Alteracións patolóxicas e non patolóxicas de interese en estética integral. Diagnóstico diferencial.

* Fundamentos, efectos, indicacións e contraindicacións, medios técnicos e humanos necesarios para a aplicación técnica de electroestética, a masaxe e a drenaxe linfática, técnicas hidrotermais, depilación e microimplantación de pigmentos.

* Coordinación dos procesos: fases, secuenciación e duración.

* Criterios para a integración de técnicas.

Protocolización dos tratamentos de estética integral.

* Elementos do protocolo: procesos, secuencia, temporalización, avaliación, medios e produtos.

* Tipos de protocolos: protocolos estándar e personalizados.

* Protocolos estandarizados de tratamentos para as distintas alteracións estéticas.

* Protocolos personalizados: fases.

Seguridade e hixiene.

* Normativa legal vixente canto a instalacións, medios e persoal.

* Medios de protección persoal dos profesionais e da clientela.

Coordinación dos medios humanos e materiais.

* Coordinación con outros profesionais en tratamentos conxuntos ou de prescrición médica.

* Traballo en equipo: distribución de tarefas, funcións e tempos. Factores determinantes.

Control de calidade nos procesos de estética integral.

* Parámetros que definen a calidade nos procesos de estética integral: grao de satisfacción da clientela. Resultados obtidos e a súa valoración.

* A seguridade e a hixiene como factores determinantes na calidade da prestación de servizos de estética integral.

Contidos actitudinais

Estudo do cliente.

* Actitude crítica na selección das fontes de información.

* Responsabilidade na custodia e na confidencialidade da información obtida dentro da actividade profesional.

* Interese por coñecer e interpretar con rigor a terminoloxía técnica.

* Valoración da importancia da organización de medios, equipamentos e materiais, para levar a cabo o diagnóstico estético.

* Respecto polo cumprimento das normas de seguridade e hixiene na utilización dos equipamentos de diagnóstico.

* Responsabilidade para determinar cando é necesario remitir á consulta especializada.

Bases científicas dos procesos de estética integral e os seus efectos.

* Recoñecemento da importancia da identificación de alteracións estéticas para realizar un diagnóstico e un protocolo de tratamento correctos.

* Recoñecemento da importancia da selección de técnicas axeitadas á hora de realizar un tratamento estético baseado na eficacia e na mellora dos resultados.

* Responsabilidade para adecuar as técnicas ás necesidades reais de tratamento e á demanda da clientela.

Protocolización dos tratamentos de estética integral.

* Rigor e responsabilidade na selección dos medios técnicos, as técnicas e os produtos á hora de elaborar protocolos de tratamento.

* Eficacia e eficiencia na coordinación, na secuenciación e na temporalización das fases do protocolo de tratamento.

Seguridade e hixiene.

* Valoración da hixiene persoal, das instalacións e dos equipamentos como un aspecto importante da actividade profesional da calidade da prestación do servizo.

* Capacidade de reacción ante situacións adversas e imprevistas, en particular en casos de emerxencias relacionadas coa seguridade.

* Trato coidadoso e responsable na manipulación de produtos agresivos ou útiles cortantes.

* Recoñecemento da necesidade de utilizar materiais dun só uso, sempre que se sexa posible.

* Preocupación polo cumprimento das normas de seguridade e hixiene das instalacións, os aparellos, os accesorios e os útiles.

Coordinación dos medios humanos e materiais.

* Recoñecemento da necesidade da participación e a cooperación para a consecución dos obxectivos da empresa.

* Aceptación das opinións e os xuízos doutras persoas co fin de mellorar a calidade de calquera aspecto laboral.

* Interese por fomentar as reunións participativas e o traballo en equipo.

Control de calidade dos procesos de estética integral.

* Recoñecemento da importancia de realizar un control de calidade nos procesos de estética integral como medida para mellorar o servizo.

* Interese por desenvolver e aplicar métodos que permitan avaliar o grao de satisfacción da clientela.

* Eficacia na avaliación dos resultados obtidos na aplicación dos tratamentos de estética integral.

3.2.2. Módulo profesional 2: electroestética.

Asociado á unidade de competencia 2: personalizar, supervisar e/ou aplicar técnicas de electroestética integrándoas nun tratamento estético específico.

Capacidades terminais elementais

* Analizar as técnicas de electroestética e relacionalas coas características e coas condicións das persoas.

* Describir as técnicas electroestéticas baseadas na utilización de aparellos emisores de radiacións, correntes eléctricas, calor, ultrasóns, aparellos eléctricos con efecto mecánico e outras técnicas complementarias, explicando os efectos da aplicación destas técnicas sobre o corpo humano.

* Realizar a exploración estética para obter os datos que permitan avaliar as condicións e as características da persoa para determinar a aplicación de tratamentos estéticos baseados na execución de técnicas de electroestética, realizando as preguntas necesarias e comprobando signos e síntomas.

* Comprobar que non existan contraindicacións na persoa que desaconsellen a aplicación dalgunha das técnicas de electroestética, e, de ser necesario, remitila á consulta especializada.

* Reflectir na ficha técnica ou no informe da persoa todos os datos relevantes para a aplicación de técnicas de electroestética.

* Elaborar, segundo os datos obtidos na exploración, a proposta de tratamento onde se integren as técnicas de electroestética que se van aplicar e se relacionen as posibles alteracións estéticas das persoas coas técnicas máis apropiadas para cada alteración.

* Seleccionar as técnicas e os métodos de aplicación idóneos, e explicar os criterios utilizados e os mecanismos de acción das técnicas que se utilicen.

* Protocolizar cada técnica conxugando as variables que interveñen na obtención dun determinado efecto, definindo o valor dos parámetros para a programación dos medios técnicos, produtos cosméticos e accesorios que se utilicen, así como da zona que se trate e da temporalización do tratamento.

* Avaliar os riscos potenciais da aplicación de técnicas de electroestética e relacionalos coas condicións e as características das persoas, cos requisitos técnicos e coas condicións de seguridade e hixiene necesarias para a súa aplicación.

* Determinar as precaucións que se deberán tomar na aplicación de técnicas de electroestética baseadas na utilización de aparellos emisores de radicacións, correntes eléctricas, calor, ultrasóns, aparellos eléctricos con efecto mecánico e outras técnicas complementarias, tendo en conta os signos máis frecuentes que evidencian nunha persoa un aumento do risco potencial normal na aplicación destas técnicas.

* Comprobar que se cumpra a normativa vixente aplicable aos centros e instalacións de estética, así como as medidas de seguridade e hixiene dos equipamentos utilizados.

* Aplicar as medidas de protección persoal do profesional e da clientela necesarias na execución de técnicas de electroestética.

* Analizar os procesos de aplicación de técnicas de electroestética, comprender os fundamentos, relacionar cada fase do proceso cos produtos, os equipamentos e os materias que se vai utilizar, e indicar a función dos seus compoñentes e as pautas para a súa correcta utilización.

* Informar a clientela sobre o proceso que se vai seguir na aplicación das técnicas electroestéticas e sobre as sensacións que poderá percibir nas distintas fases do proceso.

* Aplicar as técnicas de electroestética en condicións de seguridade e hixiene idóneas, en función do protocolo establecido e das características e as condicións do cliente.

* Operar destramente cos medios técnicos e cos produtos necesarios para a aplicación de técnicas de electroestética, controlando en todo momento o desenvolvemento do proceso.

* Avaliar os procesos e os resultados da aplicación de tratamentos ou técnicas de electroestética, en función dos resultados desexados, analizando as causas de tipo técnico e de atención á clientela que puideran dar lugar a deficiencias no servizo prestado.

* Determinar o grao de satisfacción da clientela tanto polo resultado final obtido como pola atención persoal recibida.

* Propor medidas que melloren a prestación e a calidade do servizo mediante a relación dos resultados obtidos cos resultados esperados na aplicación de tratamentos ou técnicas de electroestética.

* Informar ou asesorar a clientela sobre as medidas e os produtos cosméticos que permitan manter e mellorar os resultados obtidos, así como sobre hábitos de vida saudables.

* Manter os medios técnicos e os equipamentos auxiliares en condicións de conservación, de manipulación e de seguridade e hixiene idóneas.

Contidos (duración 135 horas)

Contidos procedementais

Avaliación das condicións, as características e os riscos do cliente.

* Aplicación de técnicas de entrevista e observación para a obtención de datos relevantes do cliente.

* Identificación das demandas ou necesidades da clientela.

* Identificación de posibles signos de patoloxía ou de alteracións estéticas que contraindiquen a aplicación de técnicas de electroestética e, de ser o caso, remisión á consulta médica.

* Valoración da información obtida e rexistro na ficha técnica.

Conceptos básicos de electroestética.

* Análise e estudo de conceptos básicos de electricidade.

* Clasificación dos distintos tipos de correntes con aplicación en electroestética.

Técnicas electroestéticas baseadas na aplicación de correntes eléctricas.

* Clasificación de técnicas electroestéticas baseadas na aplicación de correntes eléctricas.

* Descrición do fundamento científico, efectos, indicacións e contraindicacións de cada unha das técnicas.

* Selección da técnica para aplicar realizando os cálculos necesarios para a súa aplicación, segundo as características reflectidas na ficha técnica do cliente.

* Protocolización de cada técnica, establecendo pautas de aplicación e programación dos equipamentos.

* Preparación dos medios técnicos e cosméticos auxiliares, comprobando as condicións hixiénico-sanitarias e de funcionamento dos aparellos e dos accesorios.

* Aplicación da técnica en condicións de seguridade e hixiene en función do protocolo establecido e das características e das condicións do cliente.

Radiacións electromagnéticas con aplicación en procesos ou tratamentos de estética integral.

* Clasificación de técnicas electroestéticas baseadas na aplicación de radiacións electromagnéticas.

* Descrición do fundamento científico, efectos, indicacións e contraindicacións de cada unha das técnicas.

* Aplicación de equipamentos baseados na emisión de radiación infravermella, establecendo a dosimetría apropiada segundo as características do cliente e do tratamento establecido.

* Utilización de equipamentos de desinfección baseados na emisión de radiación ultravioleta.

* Aplicación de equipamentos para bronceado baseados na emisión de radiación ultravioleta, establecendo a dosimetría apropiada segundo as características do cliente.

* Aplicación de radiacións láser, establecendo a dosimetría apropiada segundo as características do cliente e do tratamento establecido.

Ultrasóns.

* Descrición do fundamento científico, os efectos, as indicacións e as contraindicacións da aplicación estética dos ultrasóns.

* Aplicación de ultrasóns en estética, establecendo a dosimetría apropiada segundo as características do cliente e do protocolo de tratamento establecido.

Aparellos eléctricos con efecto mecánico.

* Descrición do fundamento científico, os efectos, as indicacións e as contraindicacións da aplicación estética de equipamentos de efecto mecánico.

* Aplicación en distintos tratamentos estéticos de equipamentos baseados no movemento e na aplicación de baleiro: aparellos para cepilladura e exfoliación, aparellos vibratorios para masaxe e equipamentos de vacumterapia.

* Aplicación de equipamentos de presoterapia, establecendo os parámetros en función das características da persoa e do tratamento proposto.

Técnicas complementarias.

* Descrición do fundamento científico, os efectos, as indicacións e as contraindicacións da aplicación de equipamentos xeradores de vapor-ozono, segundo as características da persoa e o protocolo de tratamento establecido.

* Descrición do fundamento científico, os efectos, as indicacións e as contraindicacións da aplicación de equipamentos xeradores de calor, segundo as características da persoa e o protocolo de tratamento establecido.

* Descrición do fundamento científico, os efectos, as indicacións e as contraindicacións da aplicación de pulverizacións, segundo as características da persoa e o protocolo de tratamento establecido.

Seguridade e hixiene na aplicación das técnicas de electroestética.

* Análise e estudo dos accidentes máis frecuentes producidos no uso de equipamentos de electroestética, e identificación das medidas necesarias para a súa prevención.

* Aplicación de técnicas de hixiene e desinfección adecuadas aos equipamentos de electroestética.

* Comprobación do correcto funcionamento e posta a punto de aparellos e equipamentos de electroestética que garantan a seguridade do profesional e da clientela.

* Comprobación da correcta programación dos equipamentos e dos aparellos de electroestética segundo o protocolo de tratamento establecido.

* Aplicación das normas hixiénico-sanitarias, de protección do persoal e do usuario.

* Aplicación da normativa vixente en centros e en instalacións de estética.

Calidade na aplicación de técnicas de electroestética.

* Identificación dos aspectos máis importantes para avaliar a calidade do proceso e do servizo.

* Establecemento de normas de mantemento, conservación e manipulación de aparellos e equipamentos de electroestética que garantan a seguridade e, xa que logo, a calidade do servizo.

* Establecemento de métodos que permitan avaliar o grao de satisfacción da clientela.

* Aplicación de técnicas que permitan valorar os resultado obtidos, e establecemento dos mecanismos de corrección, en caso necesario.

* Asesoramento á clientela sobre as medidas que permitan mellorar os tratamentos.

Contidos conceptuais

Avaliación das condicións, as características e os riscos do cliente.

* Técnicas de diagnóstico aplicadas á electroestética.

-Condicións e características do cliente.

-Riscos potenciais: signos, síntomas, situacións anómalas, etc.

-Precaucións que se deberán ter en conta.

-Ficha técnica. Datos relevantes.

Conceptos básicos de electroestética.

* Conceptos básicos de electricidade aplicados á electroestética.

-Concepto de ión e carga eléctrica.

-A corrente eléctrica: definición e magnitudes.

-Corrente alterna e a corrente continua.

* Correntes bioloxicamente activas.

-Tipos de correntes con efectos sobre o corpo humano.

-Efectos, indicacións e contraindicacións.

Técnicas electroestéticas baseadas na aplicación de correntes eléctricas.

* Corrente galvánica: tipos, efectos, indicacións e contraindicacións. Técnicas de aplicación e medios.

* Correntes variables: tipos, efectos, indicacións e contraindicacións. Técnicas de aplicación e medios.

* Mantemento en uso dos aparellos e os accesorios.

* Pautas xerais para a programación e a utilización dos equipamentos.

Radiacións electromagnéticas con aplicacións en tratamentos ou procesos de estética integral.

* Radiacións electromagnéticas: concepto e clasificación.

* Aplicación das radiacións ultravioleta en estética: efectos, indicacións e contraindicacións. Diferentes equipamentos: aparellos para desinfección, equipamentos emisores de raios UVA e luz de Wood. Pautas para a súa aplicación.

* Aplicacións das radiacións de luz visible en estética: efectos, indicacións e contraindicacións. Diferentes equipamentos: láser. Dosimetría. Pautas para a súa aplicación

* Aplicación das radiacións infravermellas en estética: efectos, indicacións e contraindicacións. Diferentes equipamentos: equipamentos de termoterapia. Pautas para a súa aplicación.

Ultrasóns.

* Fundamento científico. Produción de ondas ultrasónicas. Parámetros de emisión.

* Equipamentos emisores de ondas ultrasónicas: tipos, efectos, indicacións, contraindicacións e pautas de aplicación.

Aparellos eléctricos con efecto mecánico.

* Efectos mecánicos: baleiro, presión e movemento.

* Equipamentos de efecto mecánico con aplicación en estética integral: efectos, indicacións, contraindicacións e pautas de aplicación.

-Aparellos de cepilladura e exfoliación.

-Aparellos vibratorios para masaxe.

-Equipamentos de vacumterapia.

-Equipamentos de presoterapia.

Técnicas complementarias.

* Equipamentos xeradores de vapor-ozono: efectos, indicacións, contraindicacións e pautas de aplicación.

* Aparellos xeradores de calor: mantas eléctricas, etc. Efectos, indicacións, contraindicacións e pautas de aplicación.

* Pulverizadores: efectos, indicacións, contraindicacións e pautas de aplicación.

Seguridade e hixiene na aplicación das técnicas de electroestética.

* Accidentes producidos polos distintos equipamentos de electroestética. Medidas de prevención.

* Técnicas de hixiene e desinfección aplicadas aos equipamentos de electroestética.

Calidade na aplicación de técnicas electroestéticas.

* Factores de calidade nos procesos e tratamentos de electroestética.

Contidos actitudinais

Avaliación das condicións, as características e os riscos do cliente.

* Habilidade para comunicarse coa clientela cun trato axeitado, con atención e con empatía.

* Valoración das opinións e das suxestións da clientela canto a demandas e preferencias.

Conceptos básicos de electroestética.

* Recoñecemento da importancia do estudo das bases da electricidade para unha correcta interpretación das técnicas de electroestética.

* Interese polos avances tecnolóxicos no campo da electroestética.

Técnicas baseadas na electroestética.

* Toma de decisións na selección da técnica electroestética en función do diagnóstico establecido e do tratamento proposto.

* Conciencia dos riscos potenciais na aplicación de técnicas electroestéticas.

* Recoñecemento da importancia dunha adecuada dosimetría e programación de aparellos e equipamentos de electroestética.

* Rigor na aplicación das técnicas de electroestética e na selección dos aparellos, útiles, accesorios e produtos cosméticos.

Radiación electromagnéticas con aplicación en tratamentos e procesos de estética integral.

* Conciencia dos riscos na aplicación de radiacións ultravioleta para o bronceado, e da importancia do mantemento e da seguridade dos equipamentos.

* Rigor no establecemento de medidas preventivas nos tratamentos baseados na aplicación de radiación láser.

Ultrasóns.

* Conciencia dos riscos potenciais na aplicación de ultrasóns.

* Rigor na realización de tratamentos baseados na aplicación de ultrasóns.

Aparellos eléctricos de efecto mecánico.

* Conciencia dos riscos na utilización de aparellos de efecto mecánico, e da importancia do mantemento e da seguridade dos equipamentos.

* Responsabilidade na avaliación das características e das condicións do cliente para a aplicación de técnicas de presoterapia.

Seguridade e hixiene na aplicación das técnicas de electroestética.

* Rigor no cumprimento das normas de seguridade e hixiene na utilización de equipamentos de electroestética.

* Interese pola adquisición de habilidades e coñecementos para aplicar medidas preventivas e, de ser o caso, de primeiros auxilios, que permitan reducir os riscos na aplicación de técnicas electroestéticas.

Calidade na aplicación das técnicas de electroestética.

* Recoñecemento da importancia dunha axeitada atención á clientela como parámetro determinante da calidade do servizo.

* Hábito de operar con orde, pulcritude, precisión e rapidez na aplicación das técnicas de electroestética.

3.2.3. Módulo profesional 3: masaxe.

Asociado á unidade de competencia 3: personalizar, supervisar e/ou executar masaxes faciais e corporais en función do diagnóstico estético previamente realizado

Capacidades terminais elementais

* Analizar as manobras e as técnicas de masaxe e drenaxe, e relacionalas coas características e as condicións das persoas para as poder integrar en programas personalizados.

* Clasificar as técnicas de masaxe segundo a súa finalidade no campo da estética, e relacionalas cos efectos que producen.

* Describir as diferentes manobras utilizadas nas masaxes con finalidade estética, e explicar os efectos que deben producir sobre a persoa.

* Realizar a exploración estética para obter os datos que permitan avaliar as condicións e as características da persoa para determinar a aplicación de tratamentos estéticos baseados na execución de técnicas de masaxe e drenaxe, así como realizar as preguntas necesarias e comprobar os signos e os síntomas.

* Comprobar que non existan contraindicacións na persoa que desaconsellen a aplicación dalgunha das técnicas de masaxe e drenaxe e, en caso necesario, remitila á consulta especializada.

* Reflectir na ficha técnica ou no informe da persoa todos os datos relevantes para a aplicación de técnicas de masaxe e drenaxe.

* Elaborar a proposta de tratamento onde se integren as técnicas de masaxe e/ou drenaxe que se vaian aplicar, segundo os datos obtidos na exploración, e relacionar as posibles alteracións estéticas

das persoas coas técnicas más apropiadas para cada alteración.

* Analizar os procesos de aplicación de técnicas de masaxe e drenaxe, comprender a súa lóxica e os seus fundamentos, e relacionar as operacións, os equipamentos e os produtos cos seus requisitos de utilización e cos efectos pretendidos.

* Seleccionar as técnicas idóneas de masaxe e/ou drenaxe e explicar os criterios utilizados e os efectos que se vaian producir.

* Describir as fases da aplicación das técnicas de masaxe e/ou drenaxe facial e corporal, relacionar cada fase do proceso coas manobras que se van realizar e cos produtos e os materiais que se van utilizar, e explicar os criterios para a súa selección.

* Protocolizar cada técnica conxugando as variables que interveñen na obtención dun determinado efecto, definindo o valor dos parámetros que interveñen na execución (tempo, presión e ritmo), dos produtos cosméticos e da zona anatómica que se vaia tratar, así como a temporalización do tratamento.

* Avaliar os riscos potenciais da aplicación de técnicas de masaxe e drenaxe, e relacionalas coas condicións e as características das persoas, cos requisitos técnicos e coas condicións de seguridade e hixiene necesarias para a súa correcta aplicación.

* Aplicar as medidas de protección persoal do profesional e da clientela necesarias na execución de técnicas de masaxe e drenaxe.

* Informar a clientela sobre o proceso que se vai seguir na aplicación das técnicas de masaxe e/ou drenaxe, así como sobre as distintas sensacións que poderá percibir.

* Realizar destramente tratamentos estéticos baseados na aplicación de manobras e técnicas de masaxe e drenaxe facial e corporal en condicións de seguridade e hixiene axeitadas, operando, en caso necesario, cos medios técnicos precisos.

* Avaliar os procesos e os resultados da aplicación de tratamentos e de técnicas de masaxe e drenaxe en función dos resultados desexados, e analizar as causas de tipo técnico e de atención á clientela que puideran dar lugar a deficiencias no servizo prestado.

* Determinar o grao de satisfacción da clientela, tanto polo resultado final obtido como pola atención persoal recibida.

* Propor medidas que melloren a prestación e a calidade do servizo, mediante a relación dos resultados obtidos cos resultados esperados na aplicación de tratamentos ou técnicas de masaxe e/ou drenaxe.

* Informar e asesorar a clientela sobre as medidas ou os produtos cosméticos que permitan manter e mellorar os resultados obtidos, así como sobre hábitos de vida saudables.

* Manter os medios técnicos e os equipamentos auxiliares en condicións de conservación, de manipulación e de seguridade e hixiene idóneas.

Contidos (duración 200 horas)

Contidos procedementais

Avaliación das condicións, as características e os riscos do cliente.

* Aplicación de técnicas de entrevista e observación para a obtención de datos relevantes do cliente.

* Identificación das demandas e as necesidades da clientela.

* Identificación de posibles signos de patoloxía ou de alteracións estéticas que contraindiquen a aplicación de técnicas de masaxe e/ou drenaxe e, de ser o caso, remisión a consulta médica.

* Valoración da información obtida e rexistro na ficha técnica.

Introdución á masaxe e á drenaxe.

* Análise das diferenzas entre a masaxe con fins estéticos e a masaxe con fins terapéuticos.

* Análise e estudo dos efectos da drenaxe linfática sobre o corpo humano.

Técnicas de masaxe.

* Clasificación das técnicas de masaxe segundo os efectos que produce, a técnica utilizada e a rexión anatómica na que se aplica.

* Descrición dos efectos e dos percorridos das manobras de masaxe segundo a rexión anatómica na que se aplican.

* Descrición das indicacións e das contraindicacións de cada unha das técnicas.

* Selección da técnica para aplicar incorporando as manobras correspondentes, e explicación dos criterios utilizados e dos efectos que se vaian producir.

* Protocolización de cada técnica e definición do valor dos parámetros que interveñen na execución (tempo, presión e ritmo), tendo en conta a zona anatómica que se vaia tratar e a temporalización do tratamento.

* Selección e preparación dos cosméticos e dos medios técnicos auxiliares, cumprindo as normas de seguridade e hixiene.

* Aplicación de técnicas de masaxe en condicións de seguridade e hixiene, en función do protocolo establecido e das características e as condicións do cliente, integrándoas nun tratamento estético.

Técnicas de drenaxe linfática.

* Descrición dos efectos e dos percorridos das manobras de drenaxe segundo a rexión anatómica na que se apliquen.

* Descrición das indicacións e das contraindicacións da drenaxe linfática.

* Selección das manobras que se vaian aplicar e explicación dos criterios utilizados e dos efectos que se vaian producir.

* Protocolización de cada técnica e definición do valor dos parámetros que interveñen na execución (tempo, presión e ritmo), tendo en conta a zona anatómica que se vaia tratar e a temporalización do tratamento.

* Execución da drenaxe linfática en condicións de seguridade e hixiene, en función do protocolo establecido e das características e as condicións do cliente.

Seguridade e hixiene na aplicación de masaxes e drenaxes.

* Análise e estudo das precaucións que se deben tomar na aplicación de masaxes e drenaxes.

* Aplicación de técnicas de hixiene, desinfección e/ou esterilización adecuadas para a execución de masaxes e drenaxes.

* Aplicación de medidas de protección persoal do profesional e prevención de doenzas profesionais derivadas da actividade profesional.

* Aplicación de medidas de protección da clientela e indicación das posturas anatómicas axeitadas para a execución das masaxes e/ou drenaxes.

* Análise das condición ambientais axeitadas para a aplicación de masaxes e drenaxes: aireación, temperatura, cor, son, luz, etc.

* Identificación de signos e síntomas que contraindiquen a aplicación de técnicas de masaxe e drenaxe, e remisión á consulta especializada, de ser necesario, co informe correspondente.

Control de calidade nos procesos de aplicación de masaxes e drenaxes.

* Identificación dos aspectos máis importantes para avaliar a calidade do proceso e do servizo.

* Establecemento de métodos que permitan avaliar o grao de satisfacción da clientela.

* Aplicación de técnicas que permitan valorar os resultados obtidos, e establecemento dos mecanismos de corrección en caso necesario.

* Asesoramento á clientela sobre as medidas que permitan mellorar os tratamentos.

Contidos conceptuais

Avaliación das condicións, as características e os riscos do cliente.

* Diagnóstico previo á aplicación de técnicas de masaxe e drenaxe.

-Condicións e características do cliente.

-Riscos potenciais: signos, síntomas, situacións anómalas, etc.

-Precaucións que se deben ter en conta.

-Ficha técnica. Datos relevantes.

Introdución á masaxe e á drenaxe.

* Concepto de masaxe. Diferenzas e semellanzas entre masaxe con fins estéticos e con fins terapéuticos.

* Concepto de drenaxe linfática. Efectos.

Técnicas de masaxe e drenaxe.

* Clasificación das masaxes: polos efectos que producen, pola técnica utilizada e pola rexión anatómica en que se aplican.

* Manobras de masaxe: descrición, efectos e percorridos segundo a rexión anatómica en que se apliquen. Relación entre masaxe, anatomía e fisioloxía humanas.

* Indicacións e contraindicacións das técnicas e manobras da masaxe.

* Accesorios e aparellos utilizados na masaxe.

* Execución das masaxes nas distintas rexións anatómicas.

* Introdución ás técnicas de masaxe oriental.

Técnicas de drenaxe linfática.

* Drenaxe linfática.

-Descrición das manobras de bombeo e arrastre.

-Indicacións e contraindicacións.

* Execución da drenaxe linfática segundo as distintas rexións anatómicas

Seguridade e hixiene na aplicación de masaxes e drenaxes

* Precaucións na aplicación de masaxes e drenaxes.

* Medidas de protección persoal do profesional na execución de masaxes e drenaxes: posicións anatómicas axeitadas recomendadas para o traballo.

* Doenzas profesionais relacionadas coa execución de masaxes e drenaxes.

* Medidas de protección da clientela: posicións anatómicas apropiadas para a aplicación de masaxes e drenaxes.

* Medidas de hixiene, desinfección e/ou esterilización.

* Condicións ambientais: aireación, temperatura, cor, luz, son, etc.

* Colaboración con profesionais da medicina e outros. Pautas de actuación.

Cosmética específica para a masaxe.

* Criterios de selección.

* Pautas para a súa correcta preparación, manipulación, aplicación e conservación.

Control de calidade nos procesos de aplicación de masaxes e drenaxes.

* Elementos de calidade.

* Pautas para efectuar o control de calidade. Medidas de análise. Medidas correctoras.

Contidos actitudinais

Avaliación das condicións, características ou riscos do cliente.

* Habilidade para comunicarse coa clientela cun trato axeitado, con atención e con empatía.

* Valoración das opinións e das suxestións da clientela canto a demandas e preferencias.

* Recoñecemento da importancia dunha correcta detección de signos e síntomas que indiquen contraindicación de técnicas ou manobras de masaxe ou drenaxe.

Introdución á masaxe e á drenaxe.

* Consideración das diferenzas existentes entre as finalidades da masaxe estética e da masaxe terapéutica.

Técnicas de masaxe.

* Toma de decisións na selección das técnicas e das manobras de masaxe en función do diagnóstico establecido e do tratamento proposto.

* Valoración da relación entre a masaxe e as bases anatómicas e fisiolóxicas sobre as que se sustenta.

* Conciencia da importancia de detectar signos e síntomas que contraindiquen a aplicación de técnicas ou manobras de masaxe.

* Rigor na execución de técnicas de masaxe e na selección de aparellos, accesorios e produtos cosméticos.

Técnicas de drenaxe linfática.

* Conciencia da importancia de detectar signos e síntomas que contraindiquen a aplicación de técnicas ou manobras de drenaxe.

* Rigor na execución de técnicas de drenaxe.

Seguridade e hixiene na aplicación de masaxes e drenaxes.

* Rigor no cumprimento das normas de seguridade e hixiene na aplicación de técnicas de masaxe e drenaxe.

* Estimación da importancia de manter unhas condicións ambientais axeitadas.

Cosmética específica para masaxe.

* Recoñecemento da importancia dunha axeitada selección e manipulación de cosméticos segundo a técnica e os efectos pretendidos.

Control de calidade nos procesos de aplicación de masaxes e drenaxes.

* Recoñecemento da importancia dunha axeitada atención á clientela como parámetro determinante na calidade do servizo.

* Hábito de operar con orde, pulcritude, precisión e destreza na aplicación das técnicas de masaxe e drenaxe.

3.2.4. Módulo profesional 4: estética hidrotermal.

Asociado á unidade de competencia 4: personalizar, supervisar e/ou aplicar técnicas hidrotermais e complementarias integrándoas nun tratamento estético.

Capacidades terminais elementais

* Analizar as técnicas hidrotermais e relacionalas coas características e as condicións do usuario para as integrar nun programa personalizado de tratamento.

* Clasificar os axentes hidrotermais (augas e peloides) explicando os tipos, os efectos e as indicacións.

* Avaliar as condicións e as características do cliente, e as posibles alteracións estéticas, aplicando técnicas de observación e exploración, así como os datos do informe médico e doutros profesionais.

* Analizar os efectos da aplicación das técnicas hidrotermais no cliente en función dos elementos ou os parámetros responsables do mecanismo de acción.

* Relacionar as técnicas hidrotermais coas características e as condicións do cliente, así como cos efectos que producen sobre o corpo humano, en función da composición da auga, a presión e a temperatura.

* Interpretar os datos do protocolo establecido, xa sexa médico ou xa estético, para seleccionar os medios técnicos.

* Avaliar os riscos potenciais da aplicación de técnicas hidrotermais en función das características e das condicións do cliente.

* Determinar situacións ou circunstancias que fan necesaria a colaboración con outros profesionais.

* Rexistrar no informe do cliente os efectos máis relevantes obtidos na aplicación das técnicas hidrotermais, así como as condicións e os parámetros de aplicación.

* Analizar os procesos de aplicación de técnicas hidrotermais, comprender a súa lóxica e os seus fundamentos, e relacionar as operacións, os equipamentos e os produtos cos seus requisitos de utilización e cos efectos pretendidos.

* Relacionar as técnicas hidrotermais coas características e as condicións do cliente, así como coas operacións, os equipamentos e os parámetros para aplicar.

* Interpretar a normativa legal vixente aplicable aos centros e ás instalacións hidrotermais, a normativa sobre condición de hixiene e seguridade óptimas na aplicación das técnicas hidrotermais e as medidas de protección persoal que deben adoptar os profesionais e os usuarios na utilización dos medios técnicos.

* Establecer o protocolo de tratamento estético hidrotermal, combinando técnicas hidroterápicas e outras técnicas estéticas, en función das condicións e das características do cliente.

* Seleccionar as técnicas de estética hidrotermal segundo o protocolo establecido.

* Preparar as instalacións, os elementos técnicos e os produtos auxiliares en función do protocolo establecido.

* Informar e asesorar o cliente sobre as técnicas que se van aplicar, a periodicidade, a duración, a indumentaria e as condicións orgánicas, as posturas, os movementos e as actitudes para se someter ao tratamento hidrotermal establecido, así como sobre os mecanismos de aviso e alarma.

* Aplicar con destreza as técnicas hidrotermais seleccionadas e/ou prescritas, comprobando que as instalacións, os medios técnicos, os accesorios e a roupa estean en correctas condicións de seguridade e hixiene, e que as condicións de temperatura ambiental, grao de humidade, temperatura e presión da auga sexan as adecuadas.

* Participar na avaliación de procesos e resultados dos tratamentos hidrotermais, e propor medidas que melloren a prestación e a calidade do servizo.

Contidos (duración 135 horas)

Contidos procedementais

Termalismo: a súa aplicación nos tratamentos ou procesos de estética integral.

* Definición de conceptos básicos relacionados co termalismo e outras técnicas de hidroterapia.

* Avaliación das condicións, as características ou os riscos do cliente para a realización do diagnóstico previo á aplicación de técnicas hidrotermais.

* Rexistro da información obtida na ficha técnica ou informe do cliente.

Axentes hidrotermais.

* Análise dos efectos xerais da auga sobre o organismo en relación cos distintos mecanismos que interveñen.

* Clasificación das augas segundo a composición e a orixe.

* Análise da composición das augas mineromedicinais en relación cos efectos e as indicacións.

* Descrición e clasificación dos peloides segundo a orixe e a composición.

* Identificación das técnicas de preparación e manipulación de peloides e parapeloides, en relación coas súas indicacións.

* Análise da composición das arxilas en relación cos seus efectos e as súas indicacións.

* Identificación das técnicas de preparación, manipulación e aplicación de arxilas en relación coas súas indicacións.

* Análise e estudo dos tipos de algas en relación cos seus efectos e as súas indicacións.

Técnicas hidrotermais e complementarias.

* Descrición e análise das técnicas de balneación en relación con efectos, indicacións e contraindicacións.

* Descrición e análise das técnicas de balneación con aditivos en relación con efectos, indicacións e contraindicacións.

* Análise e estudo das técnicas de aplicación de auga con presión en relación con efectos, indicacións e contraindicacións.

* Identificación e descrición de técnicas hidrotermais combinadas con masaxe.

* Clasificación e descrición das técnicas de aplicación de peloides, arxilas, algas e soportes impregnados en relación cos seus efectos, as súas indicacións e as súas contraindicacións.

* Análise e estudo de saunas e baños de vapor tendo en conta os seus efectos, as súas indicacións e as súas contraindicacións.

* Descrición doutras técnicas hidroestéticas: vendas frías, compresas, envolturas e pulverizacións.

* Análise dos efectos, indicacións e contraindicacións da helioterapia.

* Relación das distintas técnicas hidrotermais para aplicar e os seus efectos coas características e condicións presentadas polo cliente.

* Interpretación dos datos obtidos no diagnóstico estético ou, de ser o caso, da prescrición médica, para a aplicación de técnicas hidrotermais.

* Elaboración de protocolos de tratamento estético hidrotermal combinando técnicas hidroterápicas e outras técnicas estéticas, en función das condicións e características do cliente.

* Aplicación de técnicas ou tratamentos hidrotermais segundo o protocolo establecido, aplicando as condicións de seguridade e hixiene prescritas.

Medios técnicos e equipamentos para o termalismo.

* Descrición dos equipamentos e medios técnicos usados no termalismo, explicando as funcións de cada un deles.

* Análise e identificación das condicións de uso, mantemento e seguridade e hixiene dos equipamentos usados en termalismo.

Cosmética específica para a estética hidrotermal.

* Descrición dos cosméticos utilizados en estética hidrotermal, sinalando os criterios para a súa selección e manipulación.

* Combinación de técnicas hidrotermais con cosméticos aplicados a un tratamento de estética hidrotermal.

Seguridade e hixiene.

* Identificación e aplicación de medidas de protección persoal do profesional e da clientela na execución de técnicas hidrotermais.

* Análise e estudo da normativa legal vixente sobre instalacións hidrotermais.

* Identificación dos mecanismos de aviso e alarma aplicables nas instalacións hidrotermais.

Control de calidade.

* Identificación dos aspectos máis importantes para avaliar a calidade do proceso e do servizo.

* Establecemento de métodos que permitan avaliar o grao de satisfacción da clientela.

* Aplicación de técnicas que permitan valorar os resultados obtidos, establecendo os mecanismos de corrección, en caso necesario.

* Asesoramento á clientela sobre as medidas que permitan mellorar os tratamentos.

Contidos conceptuais

Termalismo: a súa aplicación nos tratamentos ou procesos de estética integral.

* Conceptos de termalismo, hidroterapia, crenoterapia, talasoterapia, peloterapia, fitoaromoterapia, helioterapia, termoterapia e crioterapia.

* Avaliación das condicións, as características ou os riscos do cliente: diagnóstico previo.

-Condicións e características do cliente.

-Riscos potenciais: signos, síntomas, situacións anómalas, etc.

-Precaucións para ter en conta.

-Ficha técnica. Datos relevantes.

Axentes hidrotermais.

* Efectos da auga sobre o organismo: mecanismos de acción mecánica, química, térmica e xeral inespecífica.

* Augas: clasificación, composición, efectos e indicacións.

* Peloides: concepto, composición, efectos, indicacións e preparación.

* Arxilas: concepto, composición, efectos, indicacións e preparación.

* Algoterapia: tipos de algas. Indicacións, efectos e preparación.

Técnicas hidrotermais e complementarias.

* Técnicas de aplicación de auga sen presión: balneación. Requisitos técnicos, efectos, indicacións e contraindicacións. Execución.

* Baños con aditivos. Requisitos técnicos, efectos, indicacións e contraindicacións. Execución.

* Técnicas de aplicación de auga con presión: chorros e duchas. Efectos e execución técnica. Indicacións e contraindicacións.

* Combinación de técnicas hidrotermais con masaxe: masaxe baixo ducha e chorro manual subacuático.

* Técnica de aplicación de peloides, arxilas, algas e soportes impregnados: efectos, execución, indicacións e contraindicacións.

* Saunas e baños de vapor: descrición, efectos, indicacións e contraindicacións.

* Outras técnicas hidroestéticas: vendas frías, compresas, envolturas e pulverizacións.

* Helioterapia: efectos, indicacións e contraindicacións.

Medios técnicos e equipamentos para o termalismo.

* Descrición dos equipamentos e as súas funcións.

* Mantemento de uso.

Cosmética específica para a estética hidrotermal.

* Criterios de selección.

* Pautas para a súa correcta preparación, manipulación, aplicación e conservación.

Seguridade e hixiene.

* Medidas de protección persoal do profesional e da clientela na aplicación de técnicas hidrotermais. Ergonomía.

* Normativa legal vixente sobre instalacións hidrotermais.

* Mecanismos de aviso e alarma.

Control de calidade.

* Variables que interveñen na calidade do proceso.

Contidos actitudinais

Termalismo: a súa aplicación nos tratamentos ou procesos de estética integral.

* Habilidade para comunicarse coa clientela cun trato axeitado, con atención e con empatía.

* Valoración das opinións e suxestións da clientela canto a demandas e preferencias.

* Recoñecemento da importancia dunha correcta detección de signos e síntomas que indiquen contraindicación de técnicas hidrotermais.

Axentes hidrotermais.

* Valoración dos efectos da auga sobre o organismo en aplicacións hidrotermais, considerando as posibles contraindicacións.

* Apreciación da utilización doutros axentes hidrotermais, como peloides, algas e arxilas, dentro dos tratamentos hidrotermais.

Técnicas hidrotermais e complementarias.

* Recoñecemento da importancia dunha correcta aplicación das técnicas hidrotermais, respectando as indicacións e tendo en conta as posibles contraindicacións.

* Conciencia da importancia de detectar signos e síntomas que contraindiquen a aplicación de técnicas hidrotermais.

* Rigor na execución de técnicas hidrotermais e complementarias.

Medios técnicos e equipamentos para o termalismo.

* Interese pola conservación do medios técnicos e equipamentos utilizados no termalismo.

* Rigor na utilización de medios técnicos e equipamentos respectando as normas de seguridade e hixiene.

Cosmética específica para a estética hidrotermal.

* Recoñecemento da importancia dunha axeitada selección e manipulación de cosméticos segundo a técnica e os efectos pretendidos.

Seguridade e hixiene.

* Rigor no cumprimento das normas de seguridade e hixiene na aplicación de técnicas hidrotermais e complementarias.

* Estimación da importancia de manter unhas condicións ambientais axeitadas.

Control de calidade.

* Recoñecemento da importancia dunha axeitada atención á clientela como parámetro determinante na calidade do servizo.

* Hábito de operar con orde, pulcritude, precisión e destreza na aplicación das técnicas e os axentes hidrotermais.

3.2.5. Módulo profesional 5: depilación.

Asociado á unidade de competencia 5: personalizar, supervisar e/ou aplicar técnicas de eliminación da peluxe corporal por procedementos mecánicos, eléctricos e radioeléctricos.

Capacidades terminais elementais

* Analizar as características da zona pilosa que se vai tratar e relacionalas coas posibles demandas de depilación para determinar a conveniencia de aplicar técnicas de depilación mecánica ou eléctrica.

* Identificar signos e síntomas de patoloxías ou alteracións que contraindiquen a aplicación de técnicas de depilación mecánica ou eléctrica.

* Explicar os criterios que permiten discernir en que casos cómpre remitir a persoa á consulta especializada.

* Rexistrar os datos obtidos na observación e na análise da pel e do pelo, e/ou informes doutros profesionais, no informe ou ficha do cliente.

* Avaliar a idoneidade da técnica de depilación que se vai utilizar en funcións das características, as demandas e as necesidades da clientela.

* Avaliar os riscos potenciais da aplicación de técnicas de depilación mecánica e eléctrica, e rela

cionalos coas condicións e as características das persoas, cos requisitos técnicas e coas condicións de seguridade e hixiene para a súa aplicación.

* Explicar as medidas de protección persoal que terán que adoptar os profesionais e os usuarios na aplicación das técnicas de depilación mecánica e eléctrica.

* Explicar os aspectos máis significativos da normativa legal vixente aplicable aos centros e ás instalacións de estética, e relacionalos coas características dos medios técnicos utilizados.

* Describir as contraindicacións na aplicación de técnicas de depilación mecánica e eléctrica, así como as precaucións que se terán que tomar.

* Analizar os procesos de depilación mecánica e eléctrica, comprender a súa lóxica e os seus fundamentos e relacionar as operacións, os equipamentos e os produtos cos seus requisitos de utilización e os efectos pretendidos.

* Describir as distintas técnicas de depilación mecánica e eléctrica, e relacionar cada fase do proceso cos produtos, os equipamentos e os materiais que se terán que utilizar.

* Describir os equipamentos necesarios para a depilación mecánica e eléctrica, e explicar os parámetros que se terán en conta para a programación de aparellos de depilación eléctrica.

* Seleccionar a técnica de depilación que se vai aplicar en función das demandas ou as necesidades da clientela, e das características do pelo e da pel observadas.

* Protocolizar as técnicas de depilación seleccionadas en función das condicións xerais de aplicación.

* Describir as operacións previas aos procesos de depilación mecánica e de depilación eléctrica.

* Seleccionar os medios técnicos e os produtos cosméticos necesarios en función da técnica e das condicións e as características da pel e do pelo.

* Informar o cliente sobre a técnica seleccionada e os procesos que se van aplicar, sobre as sensacións que percibirá, así como sobre os resultados esperados, a periodicidade de aplicación das técnicas e os coidados posteriores.

* Acomodar o cliente na posición anatómica axeitada en función da zona que se vai depilar, aplicando as medidas de seguridade e hixiene necesarias.

* Executar destramente as técnicas de depilación mecánica e/ou eléctrica en función do protocolo establecido e en condicións de seguridade e hixiene óptimas.

* Avaliar o proceso de depilación mecánica e eléctrica, e os resultados obtidos, para propor, en caso necesario, as medidas que melloren o nivel de calidade.

* Identificar os indicadores de calidade nos procesos de depilación para detectar as desviacións producidas, determinando as causas que as producen, así como propor medidas que permitan mellorar os resultados.

Contidos (duración 130 horas)

Contidos procedementais

Avaliación das condicións, as características e os riscos do cliente.

* Aplicación de técnicas de entrevista e observación para a obtención de datos relevantes do cliente.

* Identificación das demandas ou as necesidades da clientela.

* Identificación, de ser o caso, de signos de patoloxía ou de alteracións estéticas que contraindiquen a aplicación de técnicas de depilación, ou remisión á consulta médica de ser necesario.

* Valoración da información obtida e rexistro na ficha técnica.

Procesos de depilación: técnicas e fases.

* Análise das características e das condicións da zona pilosa que se vai tratar en relación coas posibles demandas ou necesidades do cliente, identificando as posibles contraindicacións.

* Rexistro dos datos obtidos na observación e na análise da pel e do pelo na ficha técnica ou no informe do cliente.

* Análise e estudo das técnicas de depilación mecánica, explicando os distintos métodos e materiais utilizados, as indicacións e as contraindicacións.

* Análise e estudo do fundamento científico da depilación eléctrica, explicando as indicacións, as contraindicacións e as precaucións na execución.

* Selección da técnica de depilación en función das características da zona que se trate e das demandas ou necesidades da clientela.

* Execución de casos prácticos de depilación mecánica e eléctrica, e realización das operacións previas necesarias.

Cosmética específica para a depilación.

* Estudo dos diferentes cosméticos empregados na depilación mecánica.

* Estudo dos cosméticos usados para retardar o crecemento da peluxe.

* Identificación dos criterios e das pautas para a selección, a preparación, a manipulación, a aplicación e a conservación dos cosméticos usados na depilación.

Medios e equipamentos utilizados nos procesos de depilación.

* Estudo dos diferentes aparellos empregados na depilación mecánica, e determinación das condicións de uso.

* Diferenciación dos distintos produtos, equipamentos e materiais que se van empregar en cada técnica.

* Análise dos tipos de correntes utilizadas na depilación eléctrica e descrición dos seus efectos.

* Descrición dos aparellos usados na depilación eléctrica, identificando as pautas de aplicación e as condicións de uso.

Seguridade e hixiene nos procesos de depilación mecánica e eléctrica.

* Aplicación de medidas de protección persoal do profesional e da clientela.

* Determinación das posicións anatómicas axeitadas para a aplicación de técnicas de depilación.

* Identificación e aplicación das medidas de seguridade e hixiene necesarias para a aplicación de técnicas de depilación, empregando materiais dun só uso sempre que cumpra.

Control de calidade.

* Interpretación dos parámetros que determinan a calidade do proceso.

* Avaliación dos resultados obtidos para propor medidas que melloren o nivel de calidade.

* Avaliación do grao de satisfacción da clientela.

Contidos conceptuais

Avaliación das condicións, as características e os riscos do cliente.

* Diagnóstico previo á aplicación de técnicas de depilación.

-Condicións e características do cliente.

-Riscos potenciais: signos, síntomas, situacións anómalas, etc.

-Precaucións para ter en conta.

-Ficha técnica. Datos relevantes.

Procesos de depilación: técnicas e fases.

* Características e condicións da zona pilosa que se vai tratar. Ficha técnica.

* Técnicas de depilación mecánica.

-Indicacións e contraindicacións.

-Operacións previas e execución.

* Técnicas de depilación eléctrica.

-Fundamento científico. Tipos.

-Indicacións e contraindicacións.

-Operacións previas e execución.

Cosmética específica para a depilación.

* Cosmética específica para a depilación mecánica.

* Cosmética retardadora do crecemento da peluxe.

* Criterios de selección e pautas para a súa correcta preparación, manipulación, aplicación e conservación.

Medios e equipamentos utilizados nos procesos de depilación.

* Aparellos para a depilación mecánica: descrición, pautas de utilización e mantemento de uso.

* Aparellos para a depilación eléctrica: descrición, pautas de utilización e mantemento de uso.

Seguridade e hixiene nos procesos de depilación mecánica e eléctrica.

* Medidas de protección persoal do profesional e da clientela.

* Ergonomía.

Control de calidade.

* Parámetros que determinan a calidade do proceso.

* Técnicas de avaliación do grao de satisfacción da clientela.

Contidos actitudinais

Avaliación das condicións, características ou riscos do cliente.

* Habilidade para comunicarse coa clientela cun trato axeitado, con atención e con empatía.

* Valoración das opinións e das suxestións da clientela canto a demandas e preferencias.

Procesos de depilación: técnicas e fases.

* Recoñecemento da importancia dunha correcta avaliación das características da zona pilosa que se vaia tratar.

* Rigor na selección das técnicas de depilación e eficacia na súa execución.

* Destreza no manexo de equipamentos de depilación mecánica e eléctrica.

Cosmética específica para a depilación.

* Valoración da importancia dunha correcta manipulación dos cosméticos usados na depilación mecánica, para evitar efectos non desexados.

Medios e equipamentos utilizados nos procesos de depilación.

* Responsabilidade e rigor na programación e na utilización de equipamentos de depilación mecánica e eléctrica.

* Comprobación das normas de seguridade e de manexo dos equipamentos usados na depilación.

Seguridade e hixiene no proceso de depilación mecánica e eléctrica.

* Rigor na aplicación de medidas de seguridade e hixiene nos procesos de depilación eléctrica.

* Interese pola conservación e o mantemento de equipamentos, útiles e accesorios usados na aplicación de técnicas de depilación.

Control de calidade.

* Recoñecemento da importancia dunha axeitada atención á clientela como parámetro determinante na calidade do servizo.

* Hábito de operar con orde, pulcritude, precisión e destreza na aplicación das técnicas de depilación.

3.2.6. Módulo profesional 6: microimplantación de pigmentos.

Asociado á unidade de competencia 6: supervisar e/ou efectuar cambios no aspecto físico da persoa mediante a microimplantación de pigmentos segundo deseño previo.

Capacidades terminais elementais

* Analizar as características físicas das persoas e relacionalas coas súas posibles demandas e coas distintas correccións e outros efectos ópticos que se poidan conseguir coa microimplantación de pigmentos, para determinar as técnicas máis axeitadas.

* Explicar os principios científico-técnicos da microimplantación, describindo as técnicas empregadas e relacionándoas cos efectos ópticos que producen.

* Establecer criterios que permitan seleccionar as técnicas de microimplantación de pigmentos en función da súa finalidade e o campo de aplicación, así como da alteración estética que se vaia tratar.

* Describir as indicacións e as contraindicacións da microimplantación de pigmentos, explicando os criterios utilizados para a súa valoración.

* Avaliar os riscos potenciais da aplicación de técnicas de microimplantación de pigmentos, e relacionalos coas condicións e as características das persoas, cos requisitos técnicos e coas condicións de seguridade e hixiene para a súa aplicación.

* Determinar as medidas de protección persoal do profesional e da clientela na aplicación das técnicas de microimplantación de pigmentos, así como a normativa legal aplicable ao centro ou á instalación.

* Identificar as posibles interaccións entre os produtos para a microimplantación de cosméticos e outros produtos cosméticos ou procesos de estética integral.

* Analizar os procesos de microimplantación de pigmentos para determinar os requisitos técnicos canto a medios, materiais e produtos, e relacionalos coas fases do proceso nas que interveñen.

* Protocolizar a técnica de microimplantación de pigmentos en función das condicións xerais de aplicación e das características e das condicións que presente o cliente.

* Seleccionar os medios técnicos necesarios e os produtos cosméticos en función da técnica que se vaia utilizar.

* Informar ou asesorar o cliente sobre o proceso que se van realizar, as sensacións que vai recibir e os resultados pretendidos, así como das reaccións que se poidan producir como consecuencia desta aplicación.

* Aplicar as medidas de protección persoal do profesional e da clientela necesarias para garantir a microimplantación en condicións de seguridade e hixiene, adoptando a posición anatómica axeitada segundo a zona que se trate.

* Executar destramente as técnicas de microimplantación de pigmentos, preparando os produtos necesarios e operando cos medios técnicos precisos en función dos requisitos do proceso e das características e as condicións individuais do cliente.

* Avaliar os procesos e os resultados obtidos na aplicación das técnicas de microimplantación de pigmentos para propor, en caso necesario, as medidas oportunas que melloren o nivel de calidade.

Contidos (duración 90 horas)

Contidos procedementais

Introdución á microimplantación de pigmentos.

* Análise e estudo da teoría da cor e a súa relación cos procesos de microimplantación de pigmentos.

* Identificación da morfoloxía facial e as posibles correccións para realizar mediante as técnicas de microimplantación de pigmentos.

* Explicación do fundamento científico da microimplantación de pigmentos e da evolución do pigmento na pel.

* Descrición dos efectos da microimplantación de pigmentos na pel.

Proceso de microimplantación de pigmentos.

* Identificación de casos susceptibles de microimplantación de pigmentos e determinación das posibles contraindicacións.

* Análise e estudo das técnicas de microimplantación de pigmentos en relación coa zona que se trate e co tipo de corrección ou modificación estética que se vaia realizar.

* Protocolización das técnicas en función das características e das demandas ou necesidades do cliente.

* Selección das técnicas para utilizar segundo o protocolo establecido e o deseño previo.

* Execución de distintos casos prácticos de microimplantación de pigmentos segundo o protocolo establecido, asegurando as condicións máximas de seguridade e hixiene.

Medios técnicos e equipamentos utilizados para a microimplantación.

* Descrición dos aparellos usados para la microimplantación e identificación dos accesorios utilizados segundo a técnica.

* Determinación das condicións de uso e das pautas de aplicación dos equipamentos usados para a microimplantación.

Pigmentos e produtos utilizados nos procesos de microimplantación de pigmentos.

* Descrición dos tipos de pigmentos usados na microimplantación de pigmentos, as súas características e as súas propiedades.

* Determinación dos criterios de selección e das pautas para a súa correcta preparación, manipulación, aplicación e conservación.

* Descrición dos produtos auxiliares usados na microimplantación de pigmentos e determinación dos criterios de selección.

* Identificación das pautas para a correcta preparación, manipulación, aplicación e conservación dos produtos auxiliares.

Seguridade e hixiene nos procesos de microimplantación de pigmentos.

* Aplicación de medidas de protección persoal do profesional e do cliente para reducir o risco de aparición de reaccións non desexadas.

* Aplicación de medidas de seguridade e hixiene aos utensilios e aos accesorios usados nos procesos de microimplantación de pigmentos

Control de calidade.

* Identificación dos parámetros que determinan a calidade do proceso.

* Avaliación do grao de satisfacción da clientela e aplicación de mecanismos de corrección, de ser necesario.

Contidos conceptuais

Introdución á microimplantación de pigmentos.

* Luz, cor e forma: teoría da cor, teoría da percepción (ilusión óptica nas correccións) e técnicas ligadas á cor para a preparación de pigmentos (síntese aditiva, subtractiva e mixta).

* Harmonía e contraste.

* Fundamento científico da microimplantación e evolución da cor dos pigmentos.

* Efectos da microimplantación na pel.

Proceso de microimplantación de pigmentos.

* Aplicacións: pigmentación e despigmentación.

* Características e condicións do cliente e da zona que se vaia tratar.

* Técnicas de microimplantación de pigmentos: execución nas distintas rexións anatómicas para obter efectos de pigmentación.

Medios técnicos e equipamentos utilizados para a microimplantación de pigmentos.

* Aparellos e accesorios para a microimplantación: descrición, funcionamento e pautas de utilización.

Pigmentos e outros produtos utilizados nos procesos de microimplantación de pigmentos.

* Pigmentos específicos: características e propiedades, criterios de selección e pautas para a súa correcta preparación, manipulación, aplicación e conservación.

* Produtos auxiliares para a microimplantación de pigmentos: criterios de selección e pautas para a súa correcta preparación, manipulación, aplicación e conservación.

Seguridade e hixiene nos procesos de microimplantación de pigmentos.

* Medidas de protección persoal do profesional e do cliente que reduzan os riscos de aparición de reaccións non desexadas.

* Medidas de seguridade e hixiene aplicables aos utensilios e accesorios utilizados no proceso de microimplantación de pigmentos.

Control de calidade.

* Parámetros que determinan a calidade de proceso.

* Grao de satisfacción da clientela. Resultados obtidos e a súa valoración.

Contidos actitudinais

Introdución á microimplantación de pigmentos.

* Valoración de la importancia dunha correcta interpretación e aplicación da teoría da cor nos procesos de microimplantación de pigmentos.

* Estimación da necesidade de aplicar criterios harmónicos no deseño e na aplicación de microimplantación de pigmentos.

Proceso de microimplantación de pigmentos.

* Recoñecemento da importancia dunha correcta avaliación das características e das condicións da zona que se vaia tratar.

* Rigor na selección das técnicas de microimplantación de pigmentos, e eficacia na súa execución.

* Destreza no manexo de equipamentos de microimplantación de pigmentos.

Medios técnicos e equipamentos utilizados na microimplantación de pigmentos.

* Responsabilidade e rigor na preparación e na utilización de equipamentos de microimplantación de pigmentos.

* Comprobación das normas de seguridade e de manexo dos equipamentos usados na microimplantación de pigmentos.

Pigmentos e outros produtos utilizados nos procesos de microimplantación de pigmentos.

* Valoración da importancia dunha correcta manipulación dos pigmentos usados na microimplantación de pigmentos, para evitar efectos non desexados.

* Rigor na selección dos pigmentos seguindo os criterios establecidos no protocolo, en función do deseño previo.

Seguridade e hixiene no proceso de microimplantación de pigmentos.

* Rigor na aplicación de medidas de seguridade e hixiene nos procesos de microimplantación de pigmentos.

* Interese pola conservación e o mantemento de equipamentos, útiles e accesorios usados na aplicación de técnicas de microimplantación de pigmentos.

Control de calidade.

* Recoñecemento da importancia dunha axeitada atención á clientela como parámetro determinante na calidade do servizo.

* Hábito de operar con orde, pulcritude, precisión e destreza na aplicación das técnicas de microimplantación de pigmentos.

3.2.7. Módulo profesional 7: técnicas de maquillaxe previas á microimplantación de pigmentos.

Asociado á unidade de competencia 6: supervisar e/ou efectuar cambios no aspecto físico da persoa mediante a microimplantación de pigmentos segundo deseño previo.

Capacidades terminais elementais

* Analizar as características físicas das persoas e relacionalas coas distintas correccións e outros efectos ópticos que se poden conseguir coa maquillaxe, para determinar as técnicas que se terán que aplicar e a harmonía cromática que vaia rexer a maquillaxe.

* Identificar o tipo de óvalo facial e as faccións (ollos, cellas, nariz e beizos), explicando as discordancias estéticas e as posibles correccións mediante a maquillaxe.

* Analizar o proceso de maquillaxe de correccións e outros efectos ópticos, relacionando cada unha das súas fases coas técnicas que se terán que aplicar e cos produtos e os útiles necesarios para obter os efectos pretendidos.

* Clasificar e seleccionar o tipo de maquillaxe para realizar en función da fisionomía do cliente e das súas alteracións, as súas características sociolaborais e as súas necesidades ou demandas.

* Protocolizar os diferentes tipos de maquillaxe de xeito personalizado, tendo en conta as condicións xerais de aplicación.

* Determinar e seleccionar os útiles, os produtos cosméticos e os accesorios necesarios en función da maquillaxe seleccionada e do protocolo establecido.

* Aplicar as técnicas de maquillaxe personalizadas para realizar o deseño á microimplantación utilizando destramente os medios técnicos necesarios para iso e en condicións de seguridade e hixiene.

* Avaliar os procesos de maquillaxe de correccións e outros efectos ópticos e propor, en caso necesario, as medidas que melloren o nivel de calidade.

Contidos (duración 135 horas)

Contidos procedementais

Visaxismo.

* Clasificación dos distintos tipos de óvalos faciais e faccións (ollos, cellas, fronte, nariz, etc.), e explicación das correccións necesarias.

* Estudo do óvalo facial e identificación das discordancias estéticas canto a:

-Nitidez de contornos.

-Topografía da pel.

-Coloración do rostro.

-Simetría nos planos horizontal e vertical.

* Determinación da harmonía entre as cores dos produtos cosméticos decorativos, ton de pel, cabelo, ollos e indumentaria.

Maquillaxe de correccións como deseño previo ao proceso de microimplantación de pigmentos.

* Análise e estudo das distintas técnicas de aplicación de produtos cosméticos para a maquillaxe.

* Clasificación e identificación das técnicas de maquillaxe para efectuar correccións.

* Deseño da maquillaxe correctora atendendo ao estilo persoal, á harmonía das cores e ás preferencias do cliente. Determinación das fases do protocolo.

* Selección de útiles, produtos e medios técnicos necesarios para a maquillaxe, segundo o estudo previo.

* Execución das correccións segundo o protocolo establecido, en condicións de seguridade e hixiene.

Cosmética específica para a maquillaxe.

* Descrición dos tipos de cosméticos usados na maquillaxe, as súas características e as súas propiedades.

* Determinación dos criterios de selección e das pautas para a súa correcta preparación, manipulación, aplicación e conservación.

* Identificación das pautas para a correcta preparación, manipulación, aplicación e conservación dos cosméticos para a maquillaxe.

Seguridade e hixiene nos procesos de microimplantación de pigmentos.

* Aplicación de medidas de protección persoal do profesional e do cliente para reducir o risco de aparición de reaccións non desexadas.

* Aplicación de medidas de seguridade e hixiene aos utensilios e aos accesorios usados na maquillaxe.

Control de calidade.

* Identificación dos parámetros que determinan a calidade do proceso.

* Avaliación do grao de satisfacción da clientela e aplicación de mecanismos de corrección, de ser necesario.

Contidos conceptuais

Visaxismo.

* Tipos de óvalos e faccións: representación gráfica.

* Correccións das discordancias estéticas nos distintos tipos de óvalos e faccións.

* Harmonía na maquillaxe: criterios.

* Outras consideracións: estilo persoal, idade, iluminación, moda, etc.

Maquillaxe de correccións como deseño previo ao proceso de microimplantación de pigmentos.

* Técnicas de aplicación de produtos cosméticos.

* Técnicas de maquillaxe para efectuar correccións.

Cosmética específica para a maquillaxe.

* Criterios de selección.

* Pautas para a súa correcta preparación, manipulación, aplicación e conservación.

* Interaccións. Cambios na coloración.

Útiles e materiais para a maquillaxe.

* Criterios de selección.

* Funcións.

* Pautas para a súa correcta manipulación e conservación.

Seguridade e hixiene nos procesos de maquillaxe.

* Medios de protección persoal do profesional e da clientela nos procesos de maquillaxe.

* Métodos de limpeza, desinfección e esterilización de útiles e materiais segundo a natureza e uso.

Control de calidade nos procesos de maquillaxe.

* Parámetros que definen a calidade dos procesos de maquillaxe.

* Medidas para avaliar o grao de satisfacción da clientela.

Contidos actitudinais

Visaxismo.

* Consideración da importancia dunha correcta identificación do tipo de óvalo, faccións e discor

dancias estéticas para a súa corrección mediante a maquillaxe.

* Valoración das características e das condicións da persoa e da circunstancia social para a que vai dirixida a maquillaxe.

Maquillaxe de correccións como deseño previo ao proceso de microimplantación de pigmentos.

* Estimación da necesidade de aplicar criterios harmónicos no deseño e na aplicación de maquillaxe para efectuar correccións estéticas.

* Rigor na selección das técnicas de aplicación de maquillaxe para efectuar correccións estéticas, e eficacia na súa execución.

* Destreza no manexo de útiles e materiais para a maquillaxe de correccións.

Cosmética específica para a maquillaxe.

* Valoración da importancia dunha correcta manipulación dos produtos cosméticos usados na maquillaxe de correccións, para evitar efectos non desexados.

* Rigor na selección dos cosméticos para a maquillaxe seguindo os criterios establecidos no protocolo en función do diagnóstico previo.

Seguridade e hixiene no proceso de microimplantación de pigmentos.

* Rigor na aplicación de medidas de seguridade e hixiene nos procesos de maquillaxe de correccións.

* Interese pola conservación e o mantemento de útiles, materiais e accesorios usados na aplicación de técnicas de maquillaxe de corrección.

Control de calidade.

* Recoñecemento da importancia dunha axeitada atención á clientela como parámetro determinante na calidade do servizo.

* Hábito de operar con orde, pulcritude, precisión e destreza na aplicación das técnicas de maquillaxe de correccións.

3.2.8. Módulo profesional 8: administración, xestión e comercialización na pequena empresa.

Asociado á unidade de competencia 5: realizar a administración, xestión e comercialización nunha pequena empresa ou taller.

Capacidades terminais elementais

* Analizar as diferentes formas xurídicas vixentes de constitución dunha empresa.

* Identificar a forma xurídica máis idónea segundo os obxectivos, os recursos dispoñibles e as características da actividade económica da empresa.

* Determinar a localización, o ámbito de actuación, a demanda potencial, a estrutura organizativa e a rendibilidade do proxecto empresarial segundo o estudo de mercado existente, así como as normas urbanísticas e ambientais que regulan a actividade.

* Identificar os trámites administrativos e os requisitos formais que se exixen para a constitución dunha empresa, segundo a forma xurídica.

* Identificar as fontes de financiamento propias e alleas, así como as subvencións e as axudas ofrecidas polas diferentes administracións públicas.

* Determinar as necesidades de formación do persoal e as formas de contratación máis adecuadas segundo as características da empresa e o tipo de actividade.

* Formalizar a documentación necesaria para a constitución dunha empresa e a documentación básica para o desenvolvemento da súa actividade económica.

* Definir as obrigas mercantís, fiscais e laborais exixidas a unha empresa no desenvolvemento da súa actividade.

* Identificar os impostos indirectos, os directos e os municipais que afectan a unha empresa.

* Aplicar as técnicas básicas da negociación con clientes e provedores.

* Identificar as ofertas de produtos ou servizos máis vantaxosas con relación ao prezo de mercado, o prazo de entrega, a calidade, o transporte, o desconto, o volume de pedido, as condicións de pagamento, a garantía e a atención posvenda.

* Describir as formas máis habituais de promoción de vendas en función do tipo de produto ou servizo.

* Elaborar un proxecto de creación dunha pequena empresa que inclúa os obxectivos, a organización, a localización, os plans de investimento, de financiamento e comercialización, e a rendibilidade do proxecto.

Contidos (duración 80 horas)

Contidos procedementais

* Identificación dos distintos tipos de empresas.

* Descrición dos requisitos legais mínimos exixidos para a constitución da empresa, segundo a súa forma xurídica.

* Selección da forma xurídica máis adecuada para unha empresa, explicando vantaxes e inconvenientes, a partir duns datos supostos sobre capital dispoñible, riscos que se van asumir, tamaño da empresa e número de socios.

* Identificación dos requisitos necesarios para a constitución dunha empresa: obrigas formais, trámites administrativos, documentación legal e organismos con competencia.

* Comparación e clasificación das diferentes fontes de financiamento da empresa.

* Determinación das características básicas dos distintos tipos de contratos laborais, establecendo as súas diferenzas respecto á duración do contrato, tipo de xornada, subvencións e exencións.

* A partir duns datos concretos, formalización dos seguintes documentos e explicación da finalidade de cada un deles: factura, albará, nota de pedido, letra de cambio, cheque e recibo.

* Interpretación dos diferentes documentos contables.

* Determinación da oferta máis vantaxosa de produtos ou servizos existentes no mercado, en función de prezo, prazo de entrega, calidade, transporte, desconto, volume de pedido, condicións de pagamento, garantía e atención posvenda.

* Descrición dos medios máis habituais de promoción de vendas en función do tipo de produto ou servizo.

* Recoñecemento das diferentes técnicas de vendas.

* Formalización da folla de salario e de liquidación da Seguridade Social.

* Identificación dos distintos impostos que afectan á empresa.

* Definición dun proxecto de creación dunha empresa.

-Descrición dos obxectivos empresariais.

-Estudo económico do mercado.

-Selección da forma xurídica.

-Determinación das xestións de constitución.

-Xustificación da localización.

-Definición da organización e dos recursos económicos, financeiros e humanos.

-Valoración da viabilidade.

Contidos conceptuais

A empresa e o seu contorno.

* Estrutura básica da empresa e as súas distintas formas de organización.

* Proceso de creación dunha empresa: localización e dimensión legal.

Formas xurídicas das empresas.

* Forma xurídica da empresa: empresario individual, sociedades mercantís e cooperativas.

Xestión de constitución dunha empresa.

* Financiamento da empresa: financiamento con fondos propios, financiamento con recursos alleos e subvencións. Custo da empresa.

Xestión do persoal.

* Tipos de contratos laborais.

* Réxime de autónomos.

* Retribución salarial.

* Cotizacións á Seguridade Social.

Xestión administrativa.

* Documentación mercantil: pedido, albará, factura, recibo, cheque e letra de cambio.

* Libros contables e contas anuais.

* Cálculo do custo, o beneficio e o prezo de venda.

Xestión comercial.

* Produto ou servizo: características e requisitos.

* Función de compras: prezo, prazo e xeito de entrega.

* Función de vendas: técnicas de vendas, política de prezos, bonificacións e descontos.

* Distribución do produto: canles e modalidades.

* Comunicación: publicidade e promoción de vendas, atención ao cliente e servizos posvenda.

Obrigas fiscais.

* Calendario fiscal.

* Principais impostos que afectan á actividade empresarial: directos, indirectos e municipais.

* Liquidación do IVE.

* Liquidación do IRPF.

Contidos actitudinais

* Valoración e cumprimento das normas legais nos procesos de constitución e xestión da empresa.

* Argumentación sobre o tipo de empresa, recursos humanos, fontes de financiamento, investimentos e estrutura organizativa e funcional.

* Rigor na formalización dos documentos relacionados coa actividade empresarial.

* Autosuficiencia na procura e no tratamento da información para a creación do proxecto empresarial.

* Cordialidade no trato coas persoas que se relacionan coa empresa.

* Interese polos novos métodos de traballo que se propoñen na xestión dunha empresa.

* Valoración da mentalidade emprendedora e creativa na empresa.

* Achega de solucións axeitadas na procura das formas de actuación e de organización das tarefas, así como nas accións relacionadas co proxecto de creación dunha empresa.

* Motivación no establecemento do plan de promoción da empresa e do produto ou servizo.

3.3. Módulos profesionais transversais.

3.3.1. Módulo profesional 9: anatomía, fisioloxía e patoloxía humanas aplicadas á estética integral.

Capacidades terminais elementais

* Analizar os métodos de desinfección, esterilización e limpeza en relación cos materiais aos que se poden aplicar, para determinar o método e a técnica que se deben aplicar, en función da utilización do material en cuestión.

* Aplicar os métodos e as técnicas de desinfección, esterilización e limpeza de material, operando destramente cos medios técnicos necesarios e en condicións de seguridade e hixiene óptimas.

* Analizar as estruturas corporais e relacionalas coas funcións dos elementos constituíntes do corpo humano, para a correcta aplicación das técnicas de beleza.

* Describir as unidades estruturais e a organización corporal, clasificar os tecidos segundo a súa morfoloxía e funcións, e explicar as características histolóxicas.

* Describir, localizar e recoñecer todos os órganos, aparellos e sistemas que constitúen a estrutura corporal, explicar a súa fisioloxía e relacionalos coas posibles alteracións estéticas de interese.

* Describir os principais procesos fisiolóxicos de regulación das funcións vitais e relacionalos coas posibles alteracións patolóxicas e non patolóxicas.

* Analizar a estrutura do órgano cutáneo e a súa importancia como substrato sobre o que se aplican e realizan as técnicas de estética integral, valorando as alteracións estéticas da pel e dos seus anexos para conservar, restituír e acrecentar a beleza cutánea mediante recursos hixiénico-cosméticos que favorezan o equilibrio das estruturas e das funcións, e, xa que logo, as calidades estéticas fisiolóxicas da pel.

* Analizar a estrutura da pel e anexos, e relacionalas coas funcións que realizan no corpo humano e cos procesos de estética integral.

* Relacionar a estrutura dos anexos cutáneos glandulares coa súa actividade secretora, cos factores que desencadean a súa actividade e coa composición e as funcións da súa secreción.

* Describir a estrutura do pelo, explicar a distribución sobre a superficie cutánea e relacionala coas posibles alteracións patolóxicas ou estéticas.

* Analizar as funcións da pel e relacionalas coas estruturas histolóxicas responsables, así como estudar a permeabilidade cutánea e a súa relación coa penetración de cosméticos.

* Analizar os tipos de pel, clasificalos segundo a súa secreción e relacionalos coas alteracións máis frecuentes da pel con repercusión estética.

* Describir e identificar as principais alteracións estéticas da pel e establecer criterios que permitan remitir á consulta especializada cando cumpra, así como explicar signos e síntomas, causas, características e graos, para definir criterios que permitan seleccionar entre os diferentes tratamentos e coidados os máis axeitados.

* Describir a anatomía, a fisioloxía e a patoloxía de mans e pés; identificar as posibles alteracións de tipo estético e relacionalas cos coidados de mans e pés.

* Valorar a incidencia da alimentación na imaxe persoal para fomentar hábitos de vida saudable.

* Analizar os tipos de accidentes máis frecuentes que poden ter lugar en centros de estética, describir signos e síntomas, e relacionalos coas causas que os producen.

* Determinar as medidas de primeiros auxilios que se deberán adoptar para reducir as consecuencias dos accidentes máis frecuentes nos establecementos de estética.

Contidos (duración 160 horas)

Contidos procedementais

Hixiene e desinfección.

* Análise dos sistemas de descontaminación usados nos procesos de estética integral.

* Aplicación de métodos de hixiene, desinfección e esterilización segundo o tipo de materiais e o seu grao de contaminación.

Sistemas e aparellos do corpo humano. Control e regulación das funcións vitais.

* Percepción do corpo humano como un todo, relacionando as súas estruturas coas funcións que realizan.

* Descrición dos termos que se empregan para denominar as rexións corporais e os principais movementos.

* Clasificación dos principais tipos de tecidos e descrición das súas características.

* Análise dos aparellos e dos sistemas que compoñen o corpo humano, e descrición da súa estrutura macroscópica e microscópica, así como das funcións de cada un dos órganos que os compoñen.

* Identificación dos ósos e dos músculos do corpo mediante láminas histolóxicas e diapositivas.

* Identificación dos órganos que compoñen os distintos aparellos e sistemas do corpo humano empregando modelos anatómicos.

O órgano cutáneo.

* Análise e estudo das estruturas que constitúen o órgano cutáneo en relación coas funcións e coas modificacións estéticas que sobre elas se producen.

* Descrición dos anexos glandulares e córneos cutáneos en relación coas modificacións estéticas e cos procesos de estética integral que sobre eles se producen ou actúan.

* Clasificación das funcións da pel en relación coa permeabilidade cutánea e cos tipo de pel.

* Identificación dos tipos de pel, clasificados segundo os caracteres secretorios.

* Representación da anatomía e da fisioloxía dos seos relacionando os aspectos estéticos cos procesos de estética integral que se utilizan para os seus coidados estéticos.

Alteracións patolóxicas e non patolóxicas con incidencia nos procesos de estética integral.

* Análise e estudo das alteracións cutáneas de interese estético: avellentamento cutáneo; alteracións da queratinización, da pigmentación, da vascularización, dos anexos cutáneos (glándulas sebáceas e sudoríparas), do sistema piloso e do tecido subcutáneo e conxuntivo; infeccións e infestacións cutáneas; tumores malignos da pel, etc.

* Manexo de documentación bibliográfica relacionada coas alteracións da pel e anexos.

* Identificación de alteracións da pel sobre láminas ou diapositivas.

* Determinación de criterios para remitir a clientela á consulta médica.

Anatomía descritiva, fisioloxía e patoloxía de mans e pés, e a súa relación cos procesos de manicura.

* Análise e estudo das alteracións das unllas para a súa prevención ou remisión á consulta especializada.

* Análise e estudo das alteracións de mans e pés de interese estético.

* Manexo de documentación bibliográfica relacionada coas alteracións das unllas.

* Identificación de alteracións das unllas mediante axudas audiovisuais.

Primeiros auxilios.

* Planificación das medidas que cómpre levar a cabo para previr accidentes nos salóns de perrucaría e estética.

* Clasificación dos accidentes máis frecuentes nos salóns de perrucaría e estética.

* Establecemento de pautas de actuación en supostos de accidentes nos salóns de perrucaría e estética.

* Simulación de situacións determinadas de accidentes e aplicación dos correspondentes primeiros auxilios.

A dieta e a súa influencia no corpo humano.

* Estudo de conceptos básicos de nutrición: dieta, alimentos e nutrientes.

* Análise do metabolismo basal e das necesidades enerxéticas e de nutrientes do organismo humano.

* Manexo de táboas de alimentos para avaliar dietas tipo.

* Procura de información bibliográfica sobre trastornos da alimentación.

Doenzas profesionais.

* Descrición das principais alteracións que poden sufrir as persoas que traballan nun salón de estética.

* Determinación de medidas para prever a aparición de doenzas profesionais.

Contidos conceptuais

Hixiene e desinfección.

* Sistemas de descontaminación. Métodos de desinfección e esterilización.

* Saúde e hixiene persoal.

* Medidas de hixiene e desinfección de equipamentos e instalacións.

Sistemas e aparellos do corpo humano. Control e regulación das funcións vitais.

* Organización do corpo humano. Posición anatómica. Rexións do corpo. Planos e seccións.

* Estrutura macroscópica e microscópica de cada sistema e aparello. Funcións de cada un dos órganos que os compoñen:

-Aparello circulatorio: circulación sanguínea e linfática.

-Aparello urinario.

-Aparello respiratorio.

-Aparello dixestivo.

-Sistema nervioso.

-Aparello sensorial: órganos dos sentidos.

-Sistema inmunitario.

-Sistema endócrino.

-Aparello reprodutor.

-Aparello locomotor: sistemas esquelético e muscular.

* Regulación e control nervioso.

* Regulación e control endócrino.

O órgano cutáneo.

* A pel: descrición macroscópica e microscópica.

-Epiderme: estrutura e fisioloxía (queratoxénese e melanoxénese).

-Derme: estrutura e funcións.

-Tecido graxo subcutáneo.

-Vascularización e nervación.

* Anexos cutáneos:

-Anexos glandulares: glándulas sebáceas e sudoríparas. Estrutura e función.

-Anexos córneos: pelo e unllas. Estrutura e función.

* Funcións da pel. Manto cutáneo de superficie. Permeabilidade cutánea.

* Tipos de pel: características.

* Os seos: anatomía e fisioloxía. Aspectos estéticos.

Alteracións patolóxicas e non patolóxicas con incidencia nos procesos de estética integral.

* Lesións elementais cutáneas.

* Avellentamento cutáneo.

* Alteracións da queratinización.

* Alteracións da pigmentación.

* Alteracións da vascularización cutánea.

* Alteracións dos anexos cutáneos: glándulas sebáceas e sudoríparas. Seborrea, acne e rosácea.

* Alteracións do sistema piloso.

* Alteracións do tecido subcutáneo e conxuntivo: celulite, estrías, flaccidez e elastose.

* Infeccións e infestacións cutáneas.

* Tumores malignos da pel.

* Cirurxía estética e papel da esteticista nos tratamentos pre e poscirúrxicos.

Anatomía descritiva, fisioloxía e patoloxía de mans e pés, e a súa relación cos procesos de manicura.

* Anatomía e fisioloxía de mans e pés. As unllas: coidados estéticos.

* Trastornos nas unllas das mans e dos pés.

* Alteracións patolóxicas e non patolóxicas máis frecuentes de mans e pés de interese estético.

Primeiros auxilios.

* Accidentes máis frecuentes nos salóns de perrucaría e beleza.

* Técnicas de primeiros auxilios aplicables aos accidentes máis frecuentes.

* Pautas de actuación.

A dieta e a súa influencia no corpo humano.

* Dieta, alimentos e nutrientes.

* Concepto de metabolismo basal. Anabolismo e catabolismo.

* Recomendacións dietéticas e requisitos nutritivos. Dieta equilibrada. Influencia na saúde.

* Influencia da dieta no cabelo, na pel e na silueta: aspectos estéticos.

* Peso corporal: desequilibrios.

Doenzas profesionais.

* Doenzas profesionais máis frecuentes das persoas que traballan no salón de estética. Clasificación e características.

Contidos actitudinais

Hixiene e desinfección.

* Recoñecemento da importancia dunhas boas medidas de hixiene e desinfección para evitar a transmisión de doenzas e a contaminación de equipamentos e útiles na aplicación dos procesos de estética integral.

* Rigor na realización das técnicas de limpeza, desinfección e/ou esterilización, e na avaliación dos resultados dos controis de desinfección e esterili

zación, así como na aplicación dos protocolos de eliminación de refugallos.

Sistemas e aparellos do corpo humano. Control e regulación das funcións vitais.

* Recoñecemento e valoración das particularidades do corpo humano e da constitución humana como organismo.

* Respecto pola individualidade biolóxica, entendendo que todas as persoas somos iguais no fundamental.

* Tolerancia e respecto polas diferenzas individuais que teñan a súa orixe nas características corporais físicas.

* Valoración da importancia do xeito no que o ser humano se relaciona co medio externo e cos seus semellantes.

O órgano cutáneo.

* Interese polo estudo do órgano cutáneo e a súa importancia como substrato sobre o que actúan todos os procesos de estética integral.

* Actitude crítica fronte ás fontes de información e a propaganda dos medios de comunicación en relación aos coidados e ás técnicas de embelecemento estético.

* Predisposición e interese por reunir información e dedicar esforzo persoal e iniciativa ás actividades de formación relacionadas co estudo da pel e os seus anexos, e os procesos de estética integral relacionados.

* Eficacia e eficiencia na identificación de lesións elementais da pel e dos seus anexos, e as principais alteracións estéticas, así como as posibles reaccións de sensibilidade aos produtos cosméticos.

* Colaboración con profesionais do ámbito sanitario.

Alteracións patolóxicas e non patolóxicas con incidencia nos procesos de estética integral.

* Valoración da importancia da correcta interpretación de signos e síntomas das alteracións da pel que poidan constituír unha patoloxía ou ser indicio dela, para a súa remisión á consulta médica.

* Interese por coñecer os hábitos de vida saudable que repercutan nas condicións da pel e anexos, así como as medidas para previr as alteracións estéticas.

* Responsabilidade para manter actualizados os coñecementos necesarios para o diagnóstico de alteracións estéticas.

Anatomía descritiva, fisioloxía e patoloxía das mans e dos pés, e a súa relación cos procesos de manicura.

* Valoración da importancia da correcta interpretación de signos e síntomas das alteracións das unllas que poidan constituír unha patoloxía ou ser indicio dela, para a súa remisión á consulta médica.

* Actitude rigorosa no cumprimento das normas de hixiene nos tratamentos estéticos das mans e dos pés.

Primeiros auxilios.

* Precaución ante a nocividade de certos materiais e coidado no manexo e na utilización de aparellos eléctricos.

* Rigor no establecemento e na aplicación de pautas de actuación ante accidentes na práctica profesional.

* Observación das normas de seguridade e saúde no ámbito laboral.

* Aceptación e consideración da importancia de dispor dun contorno equilibrado, seguro e saudable, para previr accidentes no salón de beleza.

A dieta e a súa influencia no corpo humano.

* Interese polo coidado do propio corpo e o dos demais, atendendo ás particularidades e á constitución anatomofisiolóxicas básicas de cada persoa.

* Valoración dos efectos que teñen sobre a saúde os hábitos de alimentación, de hixiene e de coidado corporal.

* Recoñecemento dos efectos dunha dieta equilibrada sobre a pel, o cabelo e a imaxe física das persoas.

Doenzas profesionais.

* Valoración da importancia de tomar precaucións no manexo de produtos químicos e cando se utilizan medios técnicos requiridos na profesión de estética.

* Seguridade na determinación dos signos e síntomas de reaccións de sensibilidade e/ou intolerancia aos produtos cosméticos tanto na clientela como no profesional.

* Recoñecemento da importancia das medidas preventivas, hixiénicas, de postura, etc., destinadas a evitar a aparición de doenzas profesionais.

3.3.2. Módulo profesional 10: cosmetoloxía aplicada á estética integral.

Capacidades terminais elementais

* Analizar os mecanismos de actuación dos produtos cosméticos sobre o corpo humano en función da súa composición cualitativa, e relacionalos cos efectos que producen e coas reaccións adversas que se poidan desencadear.

* Analizar os factores que poidan producir alteracións na composición dos cosméticos, e establecer pautas de almacenaxe e de manipulación dos ditos produtos para os manter en condicións óptimas.

* Determinar as pautas de conservación e manipulación de produtos cosméticos en función da súa composición.

* Detectar alteracións nas características organolépticas e nas propiedades físico-químicas de produtos cosméticos, e indicar as posibles causas.

* Determinar os criterios de localización de produtos cosméticos e outros produtos de uso habitual para a correcta organización do almacén.

* Analizar as interaccións que se poidan producir entre produtos cosméticos, entre cosméticos e tratamentos medicamentosos e no uso de cosméticos asociados á aplicación de correntes, e deducir as precaucións necesarias para evitar que as ditas alteracións se produzan.

* Establecer criterios para secuenciar as fases dos procesos de hixiene facial e corporal, maquillaxe, depilación mecánica, tratamentos específicos faciais e corporais, para previr interaccións entre produtos cosméticos e outros medios técnicos que se vaian utilizar.

* Analizar os efectos dos produtos cosméticos sobre o cabelo e o coiro cabeludo en relación cos requisitos das técnicas e dos tratamentos capilares, e deducir criterios que permitan avaliar os resultados obtidos.

Contidos (duración 185 horas)

Contidos procedementais

Introdución á química cosmética.

* Descrición das características e as propiedades das substancias de uso frecuente en estética.

* Descrición e estudo da composición e das propiedades de disolucións e sistemas dispersos de uso en estética.

* Revisión de conceptos básicos de química orgánica con aplicación en cosmética.

Cosmetoloxía xeral.

* Clasificación dos cosméticos segundo a forma cosmética, o lugar de aplicación e a función principal.

* Análise dos mecanismos de actuación dos cosméticos.

* Análise e estudo dos factores que afectan a permeabilidade da pel e a penetración de cosméticos.

Lexislación sobre produtos cosméticos.

* Interpretación da lexislación sobre cosméticos.

Deontoloxía profesional.

* Análise das normas de deontoloxía profesional aplicables á estética integral.

* Debate sobre as normas para a delimitación do campo profesional e de pautas para a colaboración con outras profesións.

Cosmética específica para o cabelo.

* Análise da composición dos distintos cosméticos específicos para o cabelo en relación coa súa función e cos efectos que producen.

* Clasificación dos principais cosméticos para o cabelo segundo a función e segundo a forma cosmética.

Cosmética de hixiene para a pel do rostro e do corpo.

* Análise da composición dos distintos cosméticos de hixiene para a pel do rostro e do corpo en relación coa súa función e cos efectos que producen.

* Clasificación dos principais cosméticos de hixiene para a pel do rostro e do corpo segundo a función e segundo a forma cosmética.

Cosmética para o mantemento e a protección da pel.

* Análise e estudo da composición dos cosméticos para o mantemento e a protección da pel en relación coa súa función e cos efectos que producen.

* Clasificación dos principais cosméticos de mantemento e protección da pel segundo a función e segundo a forma cosmética.

Cosmética para tratamentos estéticos específicos.

* Análise da composición dos cosméticos específicos para os tratamentos corporais (anticelulíticos, reafirmantes, redutores do volume con efecto local, etc.) en relación coa súa función e cos efectos que producen.

* Análise da composición dos cosméticos específicos para os tratamentos faciais (antiengurras, reparadores e rexeneradores) en relación coa súa función e cos efectos que producen.

* Clasificación dos principais cosméticos para tratamentos estéticos específicos segundo a función e segundo a forma cosmética.

Cosméticos depilatorios e complementarios.

* Interpretación da composición dos cosméticos depilatorios e complementarios en relación coa súa función e cos efectos que producen.

* Clasificación dos tipos de cosméticos depilatorios segundo a composición e as formas de uso.

* Análise da composición de descolorantes para a peluxe e explicación do mecanismo de acción e dos xeitos de uso.

Cosmética para a maquillaxe.

* Identificación dos compoñentes dos cosméticos para a maquillaxe en relación coa súa función.

* Clasificación dos cosméticos para a maquillaxe segundo a forma cosmética e a zona de aplicación.

Cosmética para a protección contra o sol e para o bronceado natural ou artificial.

* Descrición e identificación dos compoñentes dos cosméticos para a protección solar en relación coa súa función e cos efectos que producen.

* Análise e estudo da composición dos cosméticos para bronceado en relación coa súa función e cos efectos que producen.

* Clasificación dos cosméticos para a protección solar e o bronceado segundo a función e a forma cosmética.

Fitocosmética e aromaterapia.

* Identificación dos principios activos usados en aromaterapia e fitoterapia en relación cos seus efectos.

* Clasificación dos principais aceites esenciais usados en cosmética segundo os efectos e as formas de uso.

Perfumes.

* Identificación dos compoñentes básicos dun perfume.

Innovacións no campo da cosmética.

* Revisión de bibliografía especializada e publicacións periódicas que permitan unha actualización permanente en cosmética.

Operacións físico-químicas para a preparación e o uso dos produtos cosméticos e substancias de uso frecuente en estética integral.

* Execución de prácticas de medicións de peso e volume de substancias e produtos con aplicación en cosmética.

* Realización práctica de operacións sinxelas de filtración, decantación, homoxeneización, extracción, etc., de substancias ou produtos de uso en cosmética.

* Elaboración de cosméticos sinxelos de uso en estética integral realizando as operacións físico-químicas necesarias.

Seguridade e hixiene na manipulación e na aplicación de produtos cosméticos.

* Establecemento de pautas para a manipulación, a aplicación e a conservación de produtos cosméticos.

* Descrición das precaucións que se deben observar nas operacións de preparación e manipulación de produtos cosméticos.

* Identificación das principais reaccións adversas e doenzas profesionais que se producen por manipulación de cosméticos.

Contidos conceptuais

Introdución á química cosmética.

* Concepto de ácido e base.

* Características e propiedades das substancias de uso frecuente en estética.

* Disolucións: características e propiedades. Aplicacións en cosmética.

* Sistemas dispersos.

-Suspensións: aplicación en cosmética.

-Emulsións: composición das fases; aplicacións en cosmética.

-Dispersións coloidais: características e propiedades; aplicacións en cosmética.

* Conceptos básicos de química orgánica con aplicación en cosmética: propiedades que lles confiren ás substancias os grupos funcionais máis característicos.

* Iontoforese: fundamento científico.

Cosmetoloxía xeral.

* Definición de produto cosmético. Composición xeral de cosméticos.

* Clasificación dos cosméticos. Formas cosméticas.

* Penetración e mecanismos de actuación dos cosméticos.

Lexislación sobre produtos cosméticos.

* Lexislación española.

* Lexislación da Unión Europea.

Deontoloxía profesional.

Cosmética específica para o cabelo.

* Composición, función, formas cosméticas, mecanismos de actuación e clasificación.

Cosmética para a hixiene da pel do rostro e do corpo.

* Composición, función, formas cosméticas, mecanismos de actuación e clasificación.

Cosmética para o mantemento e a protección da pel.

* Produtos específicos para o mantemento e a protección dos distintos tipos de pel.

Cosmética para tratamentos estéticos específicos.

* Produtos anticelulíticos.

* Produtos cosméticos reafirmantes.

* Produtos cosméticos antiengurras.

* Produtos cosméticos redutores do volume corporal con efecto local.

* Produtos reparadores e rexeneradores celulares.

Cosméticos depilatorios e complementarios.

* Cera depilatoria: tipos, composición, formas e uso.

* Retardadores do crecemento da peluxe: tipos, composición, formas e uso.

* Descolorantes para a peluxe.

Cosmética para a maquillaxe.

* Tipos, composición, formas cosméticas e utilización.

Cosmética para a protección contra o sol e para o bronceado natural ou artificial.

* Composición, formas cosméticas, mecanismo de acción, efectos e usos de:

-Produtos cosméticos para protección antes da exposición ao sol.

-Produtos cosméticos protectores dos raios solares.

-Produtos cosméticos para despois do sol.

-Bronceadores sen sol.

Fitocosmética e aromaterapia.

* Definición de fitocosmética e aromaterapia.

* Principais principios activos de orixe vexetal utilizados en cosmética.

* Aceites esenciais aromáticos.

Perfumes.

* Orixe e concepto, tipos, notas, composición xeral, forma cosmética e utilización.

Innovacións no campo da cosmética.

* Vectores cosméticos. Actualización en principios activos.

Operacións físico-químicas para a preparación e o uso dos produtos cosméticos e das substancias de uso frecuente en estética integral.

* Medidas de peso e volume: expresión e execución práctica de medicións.

* Operacións de separación de compoñentes por procedementos físicos: filtración e decantación.

* Homoxeneización.

* Operacións para a extracción de substancias activas: infusións.

* Preparación de produtos cosméticos sinxelos de uso inmediato.

Seguridade e hixiene na manipulación e na aplicación de produtos cosméticos.

* Conservación dos produtos cosméticos.

* Factores que inciden negativamente na conservación de produtos cosméticos.

* Manifestación e detección das alteracións producidas nos produtos cosméticos.

* Precaucións nas operacións de preparación e manipulación de produtos cosméticos.

* Accidentes cosméticos: causas e consecuencias.

* Doenzas profesionais relacionadas coa manipulación de produtos cosméticos e substancias de uso frecuente en estética integral.

Contidos actitudinais

Introdución á química cosmética.

* Interese polo estudo dos conceptos básicos de química con aplicación en cosmética, con recoñecemento da súa importancia para o coñecemento da cosmetoloxía.

Cosmetoloxía xeral.

* Valoración da importancia do coñecemento da composición básica de cosméticos para a profesión de estética.

Lexislación sobre produtos cosméticos.

* Recoñecemento da importancia de posuír coñecementos básicos da lexislación galega, española e europea sobre produtos cosméticos na profesión de estética.

Deontoloxía profesional.

* Respecto polas normas deontolóxicas profesionais e polo cumprimento dos dereitos e deberes dos traballadores da profesión de estética.

Cosmética específica para o cabelo.

* Espírito crítico nas informacións recollidas sobre os efectos dos cosméticos.

* Interese polo estudo dos cosméticos para o cabelo en relación coa súa composición e coas súas funcións e usos.

Cosmética para a hixiene da pel do rostro e do corpo.

* Interese pola procura de información técnica sobre a composición de cosméticos para coñecer os seus mecanismos de acción.

* Predisposición polo estudo dos cosméticos para a hixiene da pel, para coñecer os seus efectos e aplicacións.

Cosmética para o mantemento e a protección da pel.

* Interese polo estudo dos cosméticos para o mantemento e a protección da pel para coñecer os seus efectos e as súas aplicacións.

Cosmética para tratamentos estéticos específicos.

* Interese polo estudo dos cosméticos para tratamentos estéticos específicos, para coñecer os seus efectos e as súas aplicacións.

* Espírito crítico ante a información recollida sobre os efectos dos cosméticos.

Cosméticos depilatorios e complementarios.

* Interese polo estudo dos cosméticos para tratamentos estéticos específicos, para coñecer os seus efectos e as súas aplicacións.

Cosmética para a maquillaxe.

* Interese polo estudo dos cosméticos para a maquillaxe.

Cosmética para a protección contra o sol e para o bronceado natural ou artificial.

* Interese polo estudo dos cosméticos para a protección contra o sol e para o bronceado.

Fitocosmética e aromaterapia.

* Recoñecemento da importancia do uso de substancias fitocosméticas nos procesos e nos tratamentos de estética pola súa escasa toxicidade e como parte dos tratamentos naturais e integrais que se poden realizar no salón de estética integral.

Perfumes.

* Interese polo estudo dos perfumes e a súa influencia na estética.

Innovacións no campo da cosmética.

* Interese pola actualización en cosmética para obter información sobre novas substancias activas e vehículos cosméticos que se poidan incorporar aos tratamentos estéticos.

Operacións físico-químicas para a preparación e o uso dos produtos cosméticos e substancias de uso frecuente en estética integral.

* Interese pola preparación de produtos cosméticos sinxelos, non só como parte integrante das operacións necesarias para a súa manipulación e aplicación, senón como unha forma de estudo e comprensión da súa composición.

* Respecto polas normas de manipulación de produtos químicos e de uso de materiais no laboratorio.

* Preocupación pola hixiene e o coidado dos materias usados na preparación e na manipulación de produtos cosméticos.

Seguridade e hixiene na manipulación e aplicación de produtos cosméticos.

* Recoñecemento da importancia dunha boa almacenaxe e conservación de produtos cosméticos para evitar alteracións neles.

* Responsabilidade na manipulación e no uso de produtos cosméticos para evitar accidentes, reaccións adversas e doenzas profesionais.

* Conciencia da importancia de coñecer e detectar as reaccións adversas producidas por produtos cosméticos, para actuar en caso necesario.

* Preocupación por previr as doenzas profesionais adoptando as medidas e posturas ergonómicas necesarias.

3.3.3. Módulo profesional de proxecto integrado.

Duración: 90 horas.

Capacidades terminais

elementais

Actividades formativas e

referencia

1.Analizar os procesos de estética integral relacionando entre si os diferentes tipos de tratamentos e identificando as distintas etapas de organización, programación e control de calidade.* Elixir o centro de estética tipo para o proxecto, e identificar o tipo de clientela á que vai dirixido.

* Determinar a localización do centro de estética segundo o tipo de clientela á que vai dirixido, realizando un estudo de mercado.

* Seleccionar os procesos obxectivos do proxecto.
* Elaborar un diagrama do proceso que se vai realizar.
* Identificar espazos, áreas de traballo, medios técnicos, equipamentos e persoal necesarios para a execución dos procesos seleccionados.
* Identificar as etapas de organización segundo as áreas de traballo, os horarios e o persoal necesario.
* Identificar os parámetros necesarios para establecer un plan de calidade segundo os procesos seleccionados.
* Elaborar un estudo de viabilidade económica, analizando os custos iniciais e a posible rendibilidade.

Capacidades terminais

elementais

Actividades formativas e

referencia

* Realizar a tramitación de permisos de apertura e posibles axudas institucionais.

2.Determinar os tipos de tratamentos para realizar e o seu protocolo, identificando as técnicas, os medios, os equipamentos e os produtos necesarios, así como as medidas de atención á clientela.* Definir os tipos de tratamentos que se van realizar e identificar a clientela á que van dirixidos.

* Identificar os medios técnicos, os equipamentos e os produtos necesarios.

* Deseñar os tratamentos propostos.

* Describir as principais técnicas utilizadas.

* Determinar os posibles provedores de equipamentos e produtos.

* Elaborar os protocolos de tratamento e describir cada unha das fases.
* Elaborar o material informático ou outro soporte para o rexistro dos datos da clientela, fichas para o diagnóstico e fichas de tratamentos, e o seu seguimento.
* Elaborar os modelos de fichas para realizar informes aos superiores ou a outros profesionais.

3.Organizar o plan de traballo, tendo en conta os medios materiais e persoais dispoñibles.* Elaborar propostas de organización do traballo en equipo, distribuíndo posibles horarios e quendas.

* Planificar o procedemento de atención á clientela.

* Elaborar propostas de información á clientela, así como de publicidade e márketing de servizos e de produtos.
* Deseñar propostas de imaxe comercial da empresa.
* Establecer un plan de organización de compra e venda de produtos.

4.Establecer un plan de control de calidade dos procesos e dos tratamentos realizados segundo os protocolos de traballo establecidos.* Elaborar instrucións para execución das distintas fases dos procesos seleccionados, identificando os puntos máis débiles do proceso.

* Deseñar e aplicar as medidas de seguridade e hixiene necesarias para cada fase do proceso, tendo en conta os medios técnicos e os equipamentos dispoñibles.

* Identificar as fases do proceso que se deben avaliar para establecer un plan de calidade.
* Determinar os métodos de avaliación que se van seguir.

3.4. Módulo de formación en centros de traballo.

Duración: 380 horas

Capacidades terminais

elementais

Actividades formativas de

referencia

1.Participar nas actividades de recepción e atención xeral á clientela, control de axenda e de stock, de acordo cos procedementos establecidos na empresa.* Recibir e atender debidamente a clientela, amosando unha actitude correcta e segura.

* Realizar reservas de servizos no establecemento, persoal e telefonicamente, e confeccionar a axenda de servizos en función da planificación do establecemento e das demandas da clientela.

* Preparar e protexer a clientela coa indumentaria apropiada para a prestación do servizo, custodiando as pezas de roupa de vestir durante o tempo que permaneza no establecemento.
* Ordenar o almacén atendendo aos criterios establecidos na empresa e observando as normas de seguridade e hixiene na conservación dos produtos cosméticos.
* Rexistrar no soporte habitual (ficha técnica ou informe do cliente) a información técnica necesaria para a prestación do servizo.
* En situacións de accidente, comunicarlle inmediatamente ao superior xerárquico a situación producida.

2.Participar nas operacións de estudo da clientela, detección de subdemandas, diagnóstico de alteracións estéticas e protocolización dos tratamentos ou procesos de estética integral prescritos.* Participar no diagnóstico e na detección de demandas e necesidades da clientela aplicando técnicas de observación e entrevista.

* Propor, en ausencia do cliente, solucións para responder ás demandas formuladas e ás necesidades detectadas.

* Asistir coa actitude adecuada á entrevista co cliente.

* Elaborar protocolos de tratamentos ou procesos de estética integral que respondan ás demandas ou ás necesidades detectadas, tendo en conta os recursos humanos e materiais dispoñibles.
* Rexistrar os datos relevantes do cliente no soporte habitual: ficha técnica ou informe.

Capacidades terminais

elementais

Actividades formativas de

referencia

3.Aplicar, baixo supervisión, tratamentos e procesos de estética integral protocolizados nos que se apliquen técnicas de depilación, hidrotermais, masaxes e de electroestética.* Dispor para o seu uso os medios técnicos necesarios para a aplicación do tratamento.

* Propor e aplicar os produtos cosméticos necesarios para o tratamento ou proceso.

* Utilizar destramente os medios e os equipamentos en función dos requisitos técnicos.

* Aplicar técnicas de masaxe facial e/ou corporal e de drenaxe linfática, de depilación, de electroestética, hidrotermais e, de ser o caso, de microimplantación de pigmentos.

* Aplicar as medidas de protección persoal e de protección á clientela, así como as medidas de hixiene, en función do establecido na empresa.
* Aplicar os procedementos habituais para a eliminación de refugallos e de material dun só uso e para garantir as óptimas condicións hixiénico-sanitarias dos accesorios e dos utensilios.

4.Participar no asesoramento á clientela sobre os servizos prestados e os cosméticos e hábitos de vida saudable que permitan mellorar as condicións da súa imaxe persoal.* Asesorar a clientela sobre os efectos que producen os distintos procesos de estética integral.

* Asesorar a clientela sobre o xeito de mellorar os resultados nos procesos de estética integral.

* Informar e asesorar a clientela sobre servizos e produtos cosméticos axeitados ás súas necesidades ou demandas, e propor pautas de vida saudable para manter e mellorar os resultados obtidos.

5.Participar no seguimento e na avaliación dos tratamentos e dos procesos de estética integral e da calidade dos servizos prestados.* Propor parámetros que interveñan na avaliación do tratamento ou proceso que se trata de avaliar.

* Avaliar os resultados obtidos en relación aos previstos, e determinar se se corresponden coas expectativas.

* Propor modificacións no protocolo inicial para mellorar os resultados do tratamento ou proceso.
* Participar no seguimento do cliente para avaliar o grao de eficacia do tratamento ou proceso, e propor medidas para manter e mellorar os resultados obtidos.

6.Actuar de xeito responsable no centro de traballo e integrarse no sistema de relacións técnico-sociais da empresa.* Interpretar e executar con dilixencia as instrucións recibidas e responsabilizarse do traballo desenvolvido, comunicándose eficazmente coa persoa axeitada en cada momento.

* Aplicar e cumprir as normas de uso das instalacións, demostrando un bo facer profesional e rematando o seu traballo no tempo establecido.

* Organizar o propio traballo de acordo coas instrucións e cos procedementos establecidos, cumprindo as tarefas en orde de prioridade, e actuando baixo criterios de seguridade e calidade nas intervencións.
* Aplicar medidas para manter a súa área de traballo con orde e limpeza.
* Coordinar a súa actividade co resto do persoal, informando de calquera cambio, necesidade relevante ou continxencia non prevista.
* Establecer as medidas necesarias para manter unha imaxe persoal axeitada segundo as normas establecidas pola empresa.

3.5. Módulo profesional de formación e orientación laboral.

Capacidades terminais elementais

* Analizar as situacións de risco máis habituais no ámbito laboral que poidan afectar á saúde.

* Aplicar, no ámbito laboral, as medidas de protección e prevención que correspondan ás situacións de risco existentes.

* Analizar as actuacións para seguir en caso de accidentes de traballo.

* Aplicar as medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente en situacións simuladas.

* Analizar as formas e os procedementos de inserción na realidade laboral como traballador por conta propia ou por conta allea.

* Analizar as propias capacidades e os intereses, así como os itinerarios profesionais máis idóneos.

* Identificar o proceso para unha boa orientación e integración do traballador na empresa.

* Identificar as ofertas de traballo no sector produtivo referido aos seus intereses.

* Analizar os dereitos e obrigas que se derivan das relacións laborais.

* Describir o sistema de protección social.

* Interpretar os datos da estrutura socioeconómica de Galicia, e identificar as diferentes variables implicadas e as consecuencias das súas posibles variacións.

* Analizar a organización e a situación económica dunha empresa do sector, e interpretar os parámetros económicos que a determinan.

* Analizar o tecido empresarial de Galicia e comparalo co doutras comunidades autónomas.

* Analizar a evolución socio-económica do sector produtivo en Galicia.

Contidos (duración: 55 horas)

Contidos procedementais

Saúde laboral.

* Localización da normativa aplicable en materia de seguridade, tanto para a empresa como para os traballadores.

* Aplicación das medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente nunha situación simulada.

* Identificación dos factores de risco nun contexto concreto.

* Determinación das formas de actuación ante os riscos atopados.

* Identificación de anomalías nas máquinas e nas ferramentas do taller.

* Determinación dos equipamentos de protección individual.

Lexislación e relacións laborais.

* Identificación das distintas modalidades de contratación.

* Identificación dos dereitos e as obrigas dos empresarios e dos traballadores.

* Interpretación dun convenio colectivo, relacionándoo coas normas do Estatuto dos traballadores.

* Elaboración dunha folla de salario.

* Aplicación da normativa da Seguridade Social en cada caso concreto.

Orientación e inserción sociolaboral.

* Elaboración do curriculum vitae e actividades complementarias del.

* Identificación e definición de actividades profesionais.

* Localización de institucións formativas, así como investigación e temporalización dos seus plans de estudos.

Principios de economía.

* Lectura e interpretación de diferentes artigos de prensa e de textos técnicos, sobre diferentes temas económicos.

* Manexo e interpretación de táboas económicas.

* Análise das causas ou variables que poden influír no investimento, no consumo e no aforro, tanto nas economías domésticas como nas empresas.

Economía e organización da empresa.

* Análise das empresas da localidade onde estea situado o instituto para estudar as características xerais, comerciais, financeiras, etc.

* Confección de organigramas de diferentes empresas e estudo das necesidades específicas de cada unha.

O sector produtivo en Galicia.

* Análise dunha empresa do sector.

* Comparación e clasificación das distintas empresas do sector.

* Lectura e análise dun convenio colectivo do sector.

Contidos conceptuais

Saúde laboral.

* Condicións de traballo e seguridade.

* Factores de risco: físicos, químicos, biolóxicos e organizativos.

* Danos profesionais.

* Medidas de prevención e protección.

* Marco legal de prevención laboral.

* Notificación e investigación de accidentes.

* Estatística para a seguridade.

* Primeiros auxilios.

Lexislación e relacións laborais.

* Dereito laboral estatal e comunitario.

* Contrato de traballo.

* Modalidades de contratación.

* Modificación, suspensión e extinción da relación laboral.

* Órganos de representación dos traballadores.

* Convenios colectivos.

* Conflitos colectivos.

* Seguridade Social e outras prestacións.

Orientación e inserción sociolaboral.

* Mercado de traballo.

* Autoorientación profesional.

* Proceso de procura de emprego. Fontes de información e emprego.

* Traballo asalariado, na Administración e por conta propia. A empresa social.

* Análise e avaliación do propio potencial profesional e dos intereses persoais.

* Itinerarios formativos e profesionalizadores.

Principios de economía.

* Variables macroeconómicas e indicadores socioeconómicos.

* Relacións socioeconómicas internacionais.

Economía e organización da empresa.

* Empresa: tipos de modelos organizativos; áreas funcionais; organigramas.

* Funcionamento económico da empresa:

-Patrimonio da empresa.

-Obtención de recursos: financiamento propio e alleo.

-Interpretación de estados de contas anuais.

-Custos fixos e variables.

O sector produtivo en Galicia.

* Tipoloxía e funcionamento das empresas.

* Evolución socio-económica do sector.

* Situación e tendencia do mercado de traballo.

Contidos actitudinais

* Respecto pola saúde persoal e colectiva.

* Interese polas condicións de saúde no traballo.

* Valoración do medio como patrimonio común.

* Interese por coñecer e respectar as disposicións legais polas que se rexen os contratos laborais.

* Valoración e cumprimento da normativa laboral.

* Igualdade ante as diferenzas socio-culturais e trato non discriminatorio en todos os aspectos inherentes á relación laboral.

* Toma de conciencia dos valores persoais.

* Actitude emprendedora e creativa para se adaptar ás propias necesidades e aspiracións.

* Preocupación polo mantemento da ética profesional.

* Valoración da importancia da utilización dos bens de uso común e público, así como bens libres de uso cotián como, por exemplo, a auga.

* Valoración crítica dunha economía de mercado.

* Valoración da actuación do traballo en equipo.

* Toma de consciencia de que as cooperativas se están constituíndo coa finalidade fundamental de crear emprego.

4. Ordenación académica e impartición.

4.1. Criterios de prioridade na admisión de alumnado para acceder a este ciclo formativo.

Na admisión de alumnos en centros sostidos con fondos públicos a este ciclo formativo, cando non existan prazas suficientes, aplicaranse sucesivamente os seguintes criterios de prioridade:

* Ter cursada algunha das seguintes modalidades de bacharelato:

-Ciencias da natureza e da saúde.

-Humanidades e ciencias sociais.

* O expediente académico do alumno, no que se valorará sucesivamente a nota media e ter cursada a seguinte materia de bacharelato:

-Bioloxía.

4.2. Profesorado.

4.2.1. Especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos profesionais do ciclo formativo de estética.

Módulo profesionalEspecialidade

do profesorado

Corpo

1Diagnóstico e protocolo de procesos de estética integralAsesoría e procesos de imaxe persoalProfesorado de ensino secundario

2ElectroestéticaEstéticaProfesorado técnico de FP

3MasaxeEstéticaProfesorado técnico de FP

4Estética hidrotermalAsesoría e procesos de imaxe persoalProfesorado de ensino secundario

5DepilaciónEstéticaProfesorado técnico de FP

6Microimplantación de pigmentosEstéticaProfesorado técnico de FP

7Técnicas de maquillaxe previas á microimplantación de pigmentosEstéticaProfesorado técnico de FP

8Administración xestión e comercialización na pequena empresaFormación e orientación laboralProfesorado de ensino secundario

9Anatomía, fisioloxía e patoloxía humanas aplicadas á estética integralAsesoría e procesos de imaxe persoalProfesorado de ensino secundario

10Cosmetoloxía aplicada á estética integralAsesoría e procesos de imaxe persoalProfesorado de ensino secundario

11Formación e orientación laboralFormación e orientación laboralProfesorado de ensino secundario

4.2.2. Materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas neste decreto.

MateriasEspecialidade

do profesorado

Corpo

EconomíaFormación e orientación

laboral (1)

Profesorado de ensino

secundario

Economía e organización

de empresas

Formación e orientación

laboral (1)

Profesorado de ensino

secundario

(1) Licenciatura en administración e dirección de empresas, licenciatura en ciencias empresariais, licenciatura en ciencias actuariais e financeiras, licenciatura en economía, licenciatura en investigación e técnicas de mercado, diplomatura en ciencias empresariais e diplomatura en xestión e administración pública.

4.2.3. Titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia.

* As titulacións declaradas equivalentes, para efectos de docencia, para o ingreso nas especialidades do corpo de profesorado de ensino secundario deste título son as que figuran na táboa. Tamén son equivalentes para efectos de docencia as titulacións homólogas ás especificadas segundo o Real decreto 1954/1994, do 30 de setembro.

Especialidade do profesorado

Titulación declarada equivalente

para efectos de docencia

Formación e orientación laboral-Diplomatura en ciencias empresariais.-Diplomatura en relacións laborais.-Diplomatura en traballo social.-Diplomatura en educación social.-Diplomatura en xestión e administración pública.

* As titulacións declaradas equivalentes, para efectos de docencia, para o ingreso nas especialidades do corpo de profesorado técnico de formación profesional deste título son as que figuran na táboa.

Especialidade do profesorado

Titulación declarada equivalente

para efectos de docencia

EstéticaTécnico superior en estética.

Técnico especialista en estética.

4.3. Requisitos mínimos de espazos e instalacións para impartir estas ensinanzas.

De conformidade co establecido no Real decreto 777/1998, do 30 de abril, o ciclo formativo de formación profesional de grao superior de estética require, para a impartición das ensinanzas relacionadas neste decreto, os seguintes espazos mínimos:

Espazo formativo

Superficie

(30 alumnos)

Superficie

(20 alumnos)

Grao de

utilización

Aula polivalente60 m40 m40%

Taller de estética120 m90 m60%

* A superficie indicada na segunda columna da táboa corresponde ao número de postos escolares establecido no artigo 27.1º do Real decreto 1537/2003, do 5 de decembro. Poderanse autorizar unidades para menos de trinta postos escolares, polo que será posible reducir os espazos formativos proporcionalmente ao número de alumnos, tomando como referencia para a determinación das superficies necesarias as cifras indicadas nas columnas segunda e terceira da táboa.

* O grao de utilización expresa en tanto por cento a ocupación en horas do espazo prevista para a impartición das ensinanzas, por un grupo de alumnos, respecto á duración total destas ensinanzas.

* Na marxe permitida polo grao de utilización, os espazos formativos establecidos poden ser ocupados por outros grupos de alumnos que cursen o mesmo ou outros ciclos formativos, ou outras etapas educativas.

* En todo caso, as actividades de aprendizaxe asociadas aos espazos formativos (coa ocupación expresada polo grao de utilización) poderán realizarse en superficies utilizadas tamén para outras actividades formativas afíns.

* Non se debe interpretar que os diversos espazos formativos identificados se deban diferenciar necesariamente mediante pechamentos.

4.4. Validacións, correspondencias e acceso a estudos universitarios.

4.4.1. Módulos profesionais que poden ser obxecto de validación coa formación profesional ocupacional.

* Diagnóstico e protocolo de procesos de estética integral.

* Electroestética.

* Masaxe.

* Estética hidrotermal.

* Depilación.

* Microimplantación de pigmentos.

* Técnicas de maquillaxe previas á microimplantación de pigmentos.

* Administración, xestión e comercialización na pequena empresa.

4.4.2. Módulos profesionais que poden ser obxecto de correspondencia coa práctica laboral.

* Diagnóstico e protocolo de procesos de estética integral.

* Electroestética.

* Masaxe.

* Estética hidrotermal.

* Depilación.

* Microimplantación de pigmentos.

* Técnicas de maquillaxe previas á microimplantación de pigmentos.

* Formación e orientación laboral.

* Formación en centro de traballo.

4.4.3. Acceso a estudos universitarios.

* Diplomatura universitaria en enfermaría.

* Diplomatura universitaria en fisioterapia.

* Diplomatura universitaria en podoloxía.

* Diplomatura universitaria en logopedia.

* Diplomatura universitaria en terapia ocupacional.

* Enxeñaría técnica industrial (todas as especialidades).

4.5. Distribución horaria.

* Os módulos profesionais deste ciclo formativo organízanse do seguinte xeito:

Horas totaisDenominación dos módulos

1º, 2º e 3º trimestre

135Electroestética

135Estética hidrotermal

135Técnicas de maquillaxe previas á microimplantación de pigmentos

160Anatomía, fisioloxía e patoloxía humanas aplicadas á estética integral

185Cosmetoloxía aplicada á estética integral

80Administración, xestión e comercialización na pequena empresa

55Formación e orientación laboral

4º, 5º e 6º trimestre

150Diagnóstico e protocolo de procesos de estética integral

200Masaxe

130Depilación

90Microimplantación de pigmentos

90Proxecto integrado

380Formación en centros de traballo

* As horas de libre disposición do centro neste ciclo formativo son 75, que se utilizarán nos tres primeiros trimestres.