DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 13 de abril de 2005 Páx. 6.026

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE E VOLUNTARIADO

ORDE do 22 de marzo de 2005 pola que se fixan os prezos de venda ao público de diversas publicacións desta consellería.

A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 51, sinala a obriga de que os prezos privados sexan publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandado e despois de emitido o preceptivo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.

1. Quedan aprobados os prezos de venda ao público das publicacións que se relacionan no anexo.

2. Estes prezos entenderanse con IVE incluído.

Disposicións derradeiras

Única.

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2005.

Pilar Rojo Noguera

Conselleira de Familia, Xuventude, Deporte

e Voluntariado

ANEXO

-I Plan Integral de Apoio ao Menor: 17 A.-Guía de literatura infantil e xuvenil non discriminatoria: 4 A.-Na Vangarda 2004. Certame Galego de Novos Creadores. Banda Deseñada: 13 A.-Cordura ou martelos e catro contos máis: 3 A.