DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 13 de abril de 2005 Páx. 6.022

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

ORDE do 7 de abril de 2005 pola que se convocan bolsas de prácticas para estudantes que realizan ensinanzas de formación profesional agraria.

A normativa vixente en materia de ensinanzas de formación profesional específica contempla a obligatoriedade de realizar prácticas na especialidade que se curse para que os alumnos adquiran e melloren os coñecementos prácticos desta.

Co fin de facilitar aos alumnos que cursen ensinanzas de formación profesional da familia agraria a Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, no uso das súas competencias, convoca bolsas para a realización de prácticas nas explotacións dos seus centros de formación e experimentación agraria coa finalidade de que os estudantes que realizan ciclos formativos da familia profesional agraria adquiran e melloren os coñecementos prácticos nos temas propios dos seus estudos, que lles permitan unha máis fácil incorporación ao mundo laboral. Estas prácticas realizaranse en centros en que a súa orientación responda á especialidade cursada.

En consecuencia e de acordo co disposto no artigo 30.I.1 e 3 do Estatuto de autonomía de Galicia e en uso das facultades que me confire a Lei 1/1983, do 23 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente.

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

Estas bolsas teñen por obxectivo paliar os gastos ocasionados aos alumnos que realizan estudos de formación profesional agraria, polo desprazamento e manutención, durante as xornadas correspondentes á realización das prácticas nas explotacións dos centros de formación e experimentación agraria.

Artigo 2º.-Finalidade.

Realización de traballos prácticos supervisados nas explotacións agrarias dos centros de formación e experimentación agraria ofertados, para ampliar os seus coñecementos e mellorar o seu adestramento en materias propias dos seus estudos.

Artigo 3º.-Beneficiarios.

As bolsas reguladas por esta orde poderán ser solicitadas por alumnos que durante este curso 2004-2005 estean cursando ensinanzas profesionais

de grao medio ou superior nas especialidades da familia agraria nos centros de formación e experimentación agraria da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural ou nos centros dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Artigo 4º.-Carácter das bolsas.

As bolsas terán carácter de prácticas á formación recibida, e non implican relación laboral nin administrativa entre os beneficiarios e a Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural aínda que si a necesaria dependencia administrativa en relación co horario, normas de réxime interno e funcionamento da unidade administrativa onde se realicen as prácticas.

As bolsas tampouco darán lugar á súa inclusión na Seguridade Social; no entanto suscribiráselles unha poliza colectiva de seguro de accidentes durante o período de prácticas, que cubrirá os accidentes de traballo e responsabilidade civil correspondente.

Artigo 5º.-Tipo de bolsas.

Convócanse dous (2) tipos de bolsas, en función das horas de prácticas e número de xornadas nas que estas se realizan.

Tipo A: 25 bolsas, para a realización de 300 horas de prácticas cada unha, durante 40 xornadas mínimas, nos meses de xullo a decembro, para alumnos que conclúan os seus estudios no curso 2004/2005.

Tipo B: 28 bolsas, para a realización de 150 horas de prácticas cada unha, durante 20 xornadas mínimas, nos meses de xullo, agosto e setembro, para alumnos que acabaron o primeiro curso do ciclo formativo correspondente.

As bolsas poden ser reconvertidas nun ou noutro tipo, en función das solicitudes e sempre que non se modifique o montante global orzado.

Artigo 6º.-Requisitos.

Serán requisitos indispensables para solicitar estas axudas:

-Que os alumnos solicitantes estean matriculados de 1º ou 2º curso, da especialidade correspondente ás prácticas que solicitan, nalgún dos centros de formación e experimentación agraria da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural ou en centros dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

-Que os alumnos solicitantes presenten un certificado do expediente académico correspondente á última evaluación do curso 2004-2005.

-Que os solicitantes reciban informe do director do centro de formación e experimentación agraria en que soliciten facer as prácticas.

Artigo 7º.-Contía das axudas.

A contía das axudas establécese en función do número de horas prácticas.

Axudas tipo A: 1.100 euros para a realización de 300 horas de prácticas, durante 40 xornadas mínimas.

Axudas tipo B: 550 euros para a realización de 150 horas de prácticas, durante 20 xornadas mínimas.

Artigo 8º.-Obriga de reintegro.

O incumplimento das obrigas sinaladas ou de calquera das condicións establecidas para a concesión das bolsas reguladas nesta orde, dará lugar ao reintegro total ou parcial destas.

Artigo 9º.-Oferta de prazas.

Os centros de formación e experimentación agraria que se relacionan ofertan as seguintes prazas para a realización de prácticas, en función do número de alumnos que poidan acoller para darlles adecuado tratamento formativo.

As prazas convocadas poderán transferirse dun centro para outro en caso de necesidade xustificada.

Centro de Formación

e Experimentación

Agraria

Especialidades

prazas

tipo A

prazas

tipo B

Guísamo

(A Coruña)

Explotacións intensivas.

Xardinaría.

44

Sergude

(A Coruña)

Explotacións extensivas.

Traballos forestais.

Xestión e organización de empresas agropecuarias.

48

Becerreá

(Lugo)

Traballos forestais.

Explotacións intensivas.

Xestión e organización dos recursos naturais e paisaxísticos.

44

Monforte de Lemos

(Lugo)

Explotacións extensivas.

Explotacións intensivas.

35

Pedro Murias

(Lugo)

Explotacións extensivas.

Explotacións intensivas.

12

Lourizán

(Pontevedra)

Xestión e organización dos recursos naturais e paisaxísticos.

Traballos forestais.

66

Total2229

Artigo 10º.-Formalización e tramitación de solicitudes.

As solicitudes irán dirixidas ao conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural e

poderán ser presentadas polos interesados nos centros onde estean matriculados, ou ben no rexistro xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, nas súas delegacións provinciais ou da forma prevista no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedimento administrativo común, segundo modelo do anexo I.

O prazo de presentación de solicitudes será de 40 días naturais contados desde o día seguiente ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

De acordo co artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro, unha vez recibidas as solicitudes dentro do prazo establecido, o conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural resolverá no prazo de vinte días.

Transcorrido o prazo máximo para emitir resolución sen que a Administración a adoptase, os interesados poderán entender denegada a súa solicitude por silencio administrativo.

Contra a resolución pola que se aprobe ou denegue a solicitude da bolsa, poderá interporse recurso de reposición ante o conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural no prazo dun mes se o acto fose expreso, ou de tres meses se non o fose, ou ben impugnar directamente o acto ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa.

Artigo 11º.-Documentación.

As solicitudes presentaranse segundo o modelo do anexo que se xunta, coa seguinte documentación:

-Tipo de bolsa á que se aspira.

-Fotocopia do DNI do interesado.

-Declaración do interesado en que faga constar que cumpre cos requisitos sinalados no artigo 6º da convocatoria.

-Declaración do conxunto de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas para o mesmo curso polas distintas administracións públicas.

-Certificación das cualificacións do último curso ou última avaliación no curso matriculado.

Os directores de centros que teñan ofertado prazas para a realización de prácticas presentarán no Centro de Formación, Investigación e Tecnoloxía Agraria de Galicia un expediente coa relación detallada de todas as solicitudes presentadas para a realización

de prácticas nel, acompañada das solicitudes e do resto da documentación exixida nesta convocatoria de cada un dos solicitantes.

Artigo 12º.-Selección e baremo da puntuación.

1. Selección.

O estudo e proposta de aprobación de solicitudes será realizada por unha comisión de valoración presidida polo director do Centro de Formación, Investigación e Tecnoloxía Agraria de Galicia, e na que se integrarán como secretario e vogais:

-O xefe do Servizo de Formación Agraria.

-Dous directores de centros onde se imparten ensinanzas de formación agraria, propostos polo secretario xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

-Como secretario actuará un funcionario do Servizo de Formación Agraria.

2. A selección realizarase de acordo coa puntuación obtida, unha vez aplicados os baremos que se indican en cada liña:

a) Por expediente académico correspondente á última avaliación realizada (media da avaliación):

Sobresaliente: 5 puntos.

Notable: 3 puntos.

Aprobado: 2 puntos.

b) Por traballos de prácticas realizados de forma voluntaria durante o curso 2003-2004 nos centros de formación e experimentación agraria e non remunerados economicamente:

Por cada xornada de traballo en prácticas: 1 punto.

c) Por curso terminado:

1º curso: 5 puntos.

2º curso: 10 puntos.

Artigo 13º.-Adxudicación e pagamento.

A comisión de valoración, vistas as solicitudes presentadas e o crédito dispoñible, fará chegar a correspondente proposta de adxudicación e listaxe de suplentes ao secretario xeral.

1. As bolsas serán adxudicadas polo conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural por proposta do secretario xeral.

2. A secretaría xeral comunicaralles aos/ás interesados/as e aos centros a concesión ou denegación

das axudas e, se é o caso, a modificación da contía solicitada, segundo establece o artigo 5º.

3. A bolsa de prácticas establecida nesta orde será incompatible con calquera outra destinada aos mesmos fins.

4. O pagamento farase nunha única entrega, unha vez recibido o informe do xefe da unidade correspondente sobre o bo desenvolvemento das prácticas.

5. No caso de que o adxudicatario deixe de levar a cabo a asistencia á unidade onde realice as prácticas, deixará de percibir a cantidade correspondente.

En todo caso, ao finalizar o período de prácticas o director do centro certificará ante a secretaría xeral a total realización desta actividade.

Artigo 14º

O importe destas bolsas sufragarase con cargo á aplicación orzamentaria 09.01.322.L.480.0, de axudas á formación agraria, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2005, e por un importe de 40.150 euros.

Cada centro cubrirá unha póliza colectiva de seguro de accidentes e responsabilidade civil para os alumnos que realicen prácticas nel.

Os beneficiarios están obrigados a facilitar toda a información que lle requira a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da bolsa e, en todo caso, a obtención concorrente de bolsas ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución da concesión.

Disposición derradeira

Facúltase ao secretario xeral para ditar as resolucións necesarias para o mellor cumprimento desta orde, que entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2005.

José Antonio Santiso Miramontes

Conselleiro de Política Agroalimentaria

e Desenvolvemento Rural

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE

E VOLUNTARIADO