DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 12 de abril de 2005 Páx. 5.919

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

ORDE do 1 de abril de 2005 pola que se desenvolve o Decreto 146/1997, do 22 de maio, polo que se aproba o Regulamento de asistencia xurídica gratuíta da Comunidade Autónoma de Galicia.

O Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, establece no seu artigo 20.1º que lle corresponde á Comunidade Autónoma de Galicia exercer todas as facultades que a Lei orgánica do poder xudicial e a Lei orgánica do Consello Xeral do Poder Xudicial lle recoñezan ou atribúan ao Goberno do Estado.

Neste sentido, o Real decreto 2.166/1994, do 4 de novembro, transferiulle á Comunidade Autónoma

de Galicia as funcións e servizos en materia de provisión de medios materiais e económicos para o funcionamento da Administración de xustiza.

No exercicio desas competencias, a Xunta de Galicia estableceu un marco normativo axeitado ás peculiaridades da nosa comunidade autónoma, a través do Decreto 146/1997, do 22 de maio, polo que se aproba o Regulamento de asistencia xurídica gratuíta da Comunidade Autónoma de Galicia, que na súa disposición derradeira primeira autoriza o conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local para ditar as disposicións precisas para o seu desenvolvemento e aplicación. Por outra banda, no seu artigo 39 establécese o procedemento para a actualización das cantidades fixadas para compensar economicamente as actuacións dos avogados e procuradores en materia de asistencia xurídica gratuíta.

Neste contexto a entrada en vigor da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integal contra a violencia de xénero, exixe a adaptación do baremo regulador das compensacións económicas a avogacía para recoller a compensación da defensa inmediata das mulleres vítimas de violencia doméstica en todos os procesos e procedementos administrativos que traian causa directa ou indirecta da violencia padecida.

Coa finalidade de proceder á actualización dos módulos e bases de compensación económica pola prestación do servizo de representación gratuíta, faise necesario adaptar o devandito anexo II do decreto.

Na súa virtude, de acordo cos colexios de avogados e procuradores, e consultada a Consellería de Economía e Facenda,

DISPOÑO:

Artigo único.-Actualízanse os módulos e bases de compensación pola prestación dos servizos de asistencia letrada e de defensa e representación gratuítas aplicables durante o ano 2005 e que se determinan no anexo II do decreto, modificado pola Orde do 9 de decembro de 2003.

Disposición derradeira

Esta orde produce efectos desde o día 1 de xaneiro de 2005.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2005.

Jesús C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior

e Administración Local

ANEXO QUE SE CITA

ANEXO II

MÓDULOS E BASES DA COMPENSACIÓN ECONÓMICA BAREMOS PARA O ANO 2005

AVOGADOS/TIPOLOXÍA

Módulo

Asistencia ao detido ou preso

Asistencia individualizada 88 A

Módulo

Xurisdición penal

Procedemento ante o Tribunal do Xurado 400 A
Asistencia diaria á vista ante o Tribunal do Xurado a partir do segundo día 100 A
Procedemento ordinario por delito 390 A
Procedemento abreviado de especial complexidade (causa de máis de 1.000 folios) 390 A
Procedemento por delito contra a seguridade do tráfico (alcoholemias) 200 A
Procedemento penal abreviado 290 A
Proc. axuizamento rápido de delitos sen conformidade 300 A
Proc. axuizamento rápido de delitos con conformidade 200 A
Xuízo de faltas 130 A
Menores. Proceso terminado con sentenza 200 A
Menores. Proceso con outras formas de terminación 150 A
Recurso ante o xulgado de vixilancia penitenciaria con intervención preceptiva ou designación de avogado por requirimento xudicial, conforme o artigo 21 da Lei de asistencia xurídica gratuíta 135 A
Saídas a centros de prisión (máximo dúas saídas por proceso)17 A
Desprazamentos para a asistencia a xuízo oral (avogados con despacho oficial nun partido xudicial distinto do da sede do xulgado do penal ou da audiencia provincial) 35 A
Recursos de apelación. Proceso por delito 135 A
Recursos de apelación. Xuízo de faltas 110 A
Defensa xurídica inmediata da muller en dilixencias policiais, tramitación da orde de protección e procedementos administrativos que traian causa directa ou indirecta de violencia doméstica 88 A

Xurisdición civil

Procedemento ordinario 300 A
Xuízo verbal 200 A
Proceso matrimonial contencioso completo 300 A
Proceso matrimonial de mutuo acordo 150 A
Medidas provisionais previas á demanda 80 A
Modificación de medidas 280 A
Proceso sobre filiación, paternidade ou capacidade, agás expedientes do artigo 763 da LAC 200 A
Monitorio 100 A
Actuación nun proceso como contador partidor 210 A
Proceso de división xudicial de patrimonios 150 A
Execucións de títulos xudiciais con oposición e posteriores a dous anos 150 A
Cambiario e execución de títulos non xudiciais 150 A
Expedientes de xurisdición voluntaria e expedientes de internamento non voluntario por razón dun trastorno psíquico 150 A
Recursos de apelación 135 A

Xurisdición contencioso-administrativa

Recurso contencioso-administrativo290 A
Recurso contencioso-administrativo. Proc. abreviado200 A
Vía administrativa (estranxeiría e asilo)100 A
Recursos de apelación135 A

Xurisdición social

Procesos laborais (ordinario e especiais) 200 A
Recursos de suplicación 135 A

Xurisdición militar

Proceso íntegro 190 A

Recursos de casación e amparo

Recurso de casación 300 A
Recurso de casación cando non se formaliza e hai só anuncio 42,07 A
Recurso de amparo 300 A

Actuacións extraprocesuais

Transaccións extraxudiciais (*) 75%
Informe motivado da insostibilidade da pretensión 65 A
Desistencia previa ao proceso por pasividade da persoa axuizable, estudo e preparación do asunto, previa á presentación da demanda (*) 30%

Normas xerais

Sometemento (*) 30%
Execución da sentenza posterior aos dous anos de recaída a resolución xudicial, agás na xurisdición civil (*) 30%
(*) Sobre o módulo aplicable ao procedemento

PROCURADORES/TIPOLOXÍA

Xurisdición penal

Procedemento ante o xulgado de instrución en sumarios ou causas perante o Tribunal do Xurado 22 A

Módulo

Intervención ante o xulgado de instrución en procedementos abreviados de especial complexidade (actuacións de máis de 1.000 folios) 22 A
Intervención ante o xulgado de instrución en procedementos abreviados 12 A
Intervención ante o xulgado de instrución en xuízos rápidos22 A
Xuízo oral ante a audiencia provincial 18 A
Xuízo oral ante o xulgado do penal 18 A
Xuízo de faltas (*) 24 A
Recurso de apelación 27 A
Procedemento ante o xulgado de vixilancia penitenciaria (*) 20 A

Xurisdición civil

Procedemento ordinario 38 A
Xuízo verbal e procesos especiais 30 A
Proceso matrimonial contencioso (completo) 45 A
Proceso matrimonial de mutuo acordo 30 A
Medidas provisionais previas 12 A
Modificación de medidas definitivas 42 A
Recurso de apelación 27 A

Xurisdición contencioso-administrativa

Recurso contencioso-administrativo (*) 30 A
Recurso de apelación (*) 27 A

Xurisdición social

Proceso laboral (*) 30 A
Recurso de suplicación (*) 27 A

Xurisdición militar

Proceso íntegro 30 A

Recursos de casación e amparo

Recurso de casación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia 30 A
(*) Cando a intervención do procurador sexa requirida expresamente pola autoridade xudicial de conformidade co artigo 6.3º da Lei 1/1996, de asistencia xurídica gratuíta