DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 12 de abril de 2005 Páx. 5.918

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 31 de marzo de 2005, conxunta das consellerías de Medio Ambiente e de Innovación, Industria e Comercio, pola que se modifica a do 14 de setembro de 2004, pola que se regula o procedemento para a obtención da autorización de emisión de gases de efecto invernadoiro.

O Real decreto lei 5/2005, do 11 de marzo, de reformas urxentes para o impulso da produtividade e para a mellora da contratación pública no seu título III aborda algunhas reformas en materia do réxime de comercio de dereitos de emisión de gases de efecto invernadoiro.

Estas reformas teñen por obxectivo completar o marco xurídico vixente con aquelas novidades que se derivan de dúas recentes decisións comunitarias: a Decisión da Comisión Europea do 27 de decembro de 2004, relativa ao Plan Nacional de Asignación de Dereitos de Emisión presentado por España e o Regulamento (CE) nº 2216/2004, da Comisión, do 21 de decembro de 2004, relativo a un réxime normalizado e garantido de rexistros de conformidade coa Directiva 2003/87/CE do Parlamento e do Consello e a Decisión 280/2004/CE do Parlamento Europeo e do Consello.

A Decisión do 27 de decembro de 2004, relativa ao Plan Nacional de Asignación de Dereitos de Emisión presentado por España, determina que, para consideralo conforme o dereito comunitario, resulta imprescindible incorporar ao ámbito de aplicación da lei española todas as instalacións de combustión de máis de 20 MW non incluídas de acordo coa interpretación inicialmente adoptada por España.

O calendario previsto para poder levar a efecto o contido da decisión permite establecer a paulatina incorporación de todas as instalacións, ben que a definitiva incorporación destas instalacións ao sistema debe producirse como moi tarde o 1 de xaneiro de 2006.

Isto implica a necesidade de abrir un novo prazo para a solicitude de autorización e dereitos para estas instalacións e para modificar o plan vixente mediante o establecemento de novos dereitos para poder asignalos a aquelas, loxicamente eximíndoas das restantes obrigas establecidas pola lei ata a data estimada -1 de xaneiro de 2006.

Polo exposto, a Lei 1/2005, de 9 de marzo, pola que se regula o réxime do comercio de dereitos de emisión de gases de efecto invernadoiro, modifícase no Real decreto lei 5/2005 e implica tamén a adecuación da nosa normativa para adaptala a esas modificacións.

Na súa virtude,

DISPOÑEMOS:

Artigo 1º

O artigo 1º da orde conxunta do 14 de setembro de 2004 queda redactado da seguinte forma:

Esta orde será de aplicación a todas as instalacións que desenvolvan algunha das actividades e que xera as emisións especificadas no anexo I da Lei 1/2005, do 9 de marzo, modificada polo Real decreto lei 5/2005, do 14 de marzo.

Artigo 2º

Engádese un segundo parágrafo ao artigo 4º da orde conxunta do 14 de setembro de 2004 queda redactado da seguinte forma:

De conformidade co previsto no artigo 19 de la Lei 1/2005, a solicitude de asignación de dereitos de emisión deberá presentarse ante a Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible da Consellería de Medio Ambiente, que a remitirá ao Ministerio de Medio Ambiente para a sua tramitación.

Artigo 3º

1. A disposición transitoria única da orde conxunta do 14 de setembro de 2004, pasa a ser a disposición transitoria primeira.

2. Engádese unha nova disposición transitoria segunda á orde conxunta do 14 de setembro de 2004, coa seguinte redacción:

Disposición transitoria segunda.

1. As instalacións existentes incluídas nos puntos 1 b) y c) do anexo I da Lei 1/2005, modificado polo Real decreto lei 5/2005 que non recibisen asignación de dereitos con anterioridade ao 11 de marzo de 2004 deberán solicitar autorización de emisión de gases de efecto invernadoiro ante a Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible da Consellería de Medio Ambiente antes do 16 de maio de 2005. Esta solicitude rexerase polo previsto nesta orde conxunta.

Así mesmo, estas instalacións poderán solicitar asignación gratuíta de dereitos de emisión antes do 16 de maio de 2005. A solicitude de asignación gratuíta de dereitos de emisión deberá presentarse ante a Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible da Consellería de Medio Ambiente que lla remitirá ao Ministerio de Medio Ambiente para a súa tramitación.

Esta solicitude de asignación gratuíta de dereitos deberá ir acompañado da seguinte documentación:

a) Acreditación de ter solicitado a autorización de emisión de gases de efecto invernadoiro.

b) Estimación da evolución na instalación da produción, os consumos de combustible e materias primas, así como das emisións de gases de efecto invernadoiro para o período comprendido no Plan Nacional de Asignación.

c) Datos da instalación, referidos aos anos 2000 a 2002, ambos inclusive, sobre:

1º Emisións dos gases de efecto invernadoiro incluídos no anexo I, por combustión e por proceso.

2º Consumo de combustible, clasificado segundo tipo de combustible.

A fiabilidade dos datos a que se refire esta letra c) será acreditada, alternativamente, mediante:

I) Informe de verificador ambiental acreditado conforme o disposto no Real decreto 85/1996, do 26 de xaneiro, polo que se establecen normas para a aplicación do Regulamento (CEE) 1836/93, do Consello, do 29 de xuño, polo que se permite que as empresas do sector industrial se adhiran con carácter voluntario a un sistema comunitario de xestión e auditoría ambientais.

II) Certificado da Comunidade Autónoma en cuxo territorio se asente a instalación.

III) Declaración xurada ou promesa do titular da instalación.

A ocultación ou alteración intencionada da información contida na declaración xurada ou promesa entenderase equivalente á infracción tipificada no artigo 29.2º d) da Lei 1/2005.

2. As demais obrigas contidas nesta orde serán exixibles a estas instalacións a partir do 1 de xaneiro de 2006.

Disposición derradeira

Única.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2005.

José Manuel Barreiro FernándezJuan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Medio AmbienteConselleiro de Innovación,

Industria e Comercio

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL