DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 11 de abril de 2005 Páx. 5.851

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2005, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo do sector de tinturarías.

Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo do sector tinturarías, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 11-3-2005 e subscrito pola comisión paritaria do convenio o día 4-3-2005, de confomidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscripción no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o depósito do citado acordo no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 15 de marzo de 2005.

Cristina Azpilcueta González

Delegada provincial da Coruña

Acta de recunión da comisión paritaria do convenio colectivo de tinturarias e lavandarías da provincia da Coruña (día 4-3-2005)

Asistentes:

Pola parte empresarial: José Antonio Bello, Francisco Oliveira Lago, Lureano Míguez (Asociación Provincial de Empresarios de Tintorerías da provincia da Coruña), Marina Grafía Bermúdez (secretaria xeral C.E.C.).

Pola parte social: Carmen Brea (UXT), Luis Soto (CIG), Francisco Gil Sánchez (CC.OO.).

Na Coruña, ás 11.30 horas do día 4 de marzo de 2005, nos locais da Confederación de Empresarios da Coruña, reúnense as partes arriba indicadas co obxecto de levar a cabo a aplicación da cláusula de revisión salarial establecida no artigo 9 do convenio colectivo de tinturarías e lavanderías da provincia da Coruña vixencia no ano 2004.

Por iso se procede a levar a cabo a revisión salarial que establece o citado artigo 9, polo exceso do IPC do ano 2004, recalculándose as táboas do ano 2004, que serán o resultado de aplicar un incremento do 5,2% sobre as táboas do ano 2003 (IPC real do ano 2004 máis 2 puntos). As táboas salariais resultantes, que no xerna efectos retroactivos, servirán de base para calcular as táboas salariais do ano 2005.

Así mesmo, e debido a que non se levou a cabo por ningunha das partes a denuncia do convenio colectivo do ano 2004, segundo o establecido no artigo 4 do citado convenio o convenio prorrogarase tacitamente de ano en ano, se ningunha das partes o denunciase á súa finalización o á dalgunha de súas prórrogas. No caso de prorrogarse, efectuarase un incremento salarial equivalente ao incremento porcentual do IPC previsto polo Goberno para ese ano, máis un punto. Para evitar diferenzas nos cálculos que cada empresa poida facer para fixar as táboas salariais para o ano 2005, acórdase que sexan elaboradas por esta comisión paritaria unhas táboas salariais e que se manden a publicación.

Procédese deste modo á aplicación do incremento salarial correspondente ao ano 2005, por aplicación da prórroga, que supón un 3% (IPC previsto polo Goberno para o ano 2005 máis 1 punto), que figuran como anexo desta acta.

Acórdase facultar a Marina Graña Bermúdez (secretaria xeral da CEC) para a presentación da documentación necesaria ante a delegación da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, para o rexistro e publicación desta acta e táboas salariais do ano 2005.

E non habendo máis asuntos que tratar levántase a reunión, ás 13.30 horas da data arriba indicada.

ANEXO

Táboas salariais tinturarías e lavandarías

Ano 2005

Categorías

SB 2004

(efec. infor.)

SB mensual

2005

SB anual

2005

Persoal técnico
Director706,39 A727,58 A10.186,12 A
Técnico665,3 A685,26 A9.593,64 A
Encargado xeral624,25 A642,98 A9.001,72 A
Xefe de sección583,18 A600,68 A8.409,52 A

Persoal administrativo
Xefe administrativo583,18 A600,68 A8.409,52 A
Oficial administrativo566,74 A583,74 A8.172,36 A
Auxiliar administrativo558,53 A575,29 A8.054 A

Persoal obreiro e de recibo e entrega
Encargado583,18 A600,68 A8.409,52 A
Oficial de primeira566,74 A583,74 A8.172,36 A
Oficial de segunda558,53 A575,29 A8.054,06 A
Especialista550,3 A566,81 A7.935,34 A
Mozo de repartición550,3 A566,81 A7.935,34 A

Persoal subalterno e de servizo auxiliar
Limpador550,3 A566,81 A7.935,34 A

Nota: os salarios do ano 2004 reflíctense para os efectos informativos non xerando atrasos.

Complemento de asistencia por día efectivo: 1,63 A.

Complemento de asistencia sábados, domingos e festivos: 4,88 A.

Complemento de transporte por día efectivo: 1,07 A.

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA