DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 11 de abril de 2005 Páx. 5.848

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 16 de marzo de 2005 pola que se establecen axudas para a prevención e defensa contra os incendios forestais en montes veciñais en man común.

Advertidos erros na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 59, do martes, 29 de marzo de 2005, cómpre realizar as seguintes correccións:

-Na páxina 5.163, no artigo 1º.-Obxecto, onde di: «Esta orde ten por obxecto establecer as axudas que os titulares de montes veciñais en man común e as súas agrupacións poderán percibir para a prevención e defensa contra os incendios forestais», debe dicir: «Esta orde ten por obxecto establecer as axudas que os titulares de montes veciñais en man común e as súas agrupacións poden percibir para a prevención e defensa contra os incendios forestais».

- Na páxina 5.165, no artigo 7º.-Superficies forestais mínimas para solicitar axudas, onde di: «A superficie forestal mínima do monte ou montes veciñais...», debe dicir: «A superficie forestal mínima do monte veciñal ou do conxunto das agrupacións de montes veciñais...».