DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 11 de abril de 2005 Páx. 5.839

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE E VOLUNTARIADO

ORDE do 1 de abril de 2005 pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña Verán-2005 e se procede á súa convocatoria.

A Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, a través da Dirección Xeral de Xuventude, leva a cabo a promoción e organización de actividades de animación sociocultural destinadas á xuventude no ámbito do ocio e o tempo libre.

Asumidas as competencias neste eido polo Decreto 146/1982, do 1 de decembro, e consciente esta consellería da importancia que ten facilitar canles polos que a xuventude poida participar neste tipo de actividades, é polo que este ano, ao igual que en anos anteriores, se convoca a Campaña Verán-2005.

A oferta da Campaña Verán-2005 comprende, ademais daquelas que se desenvolven na Comunidade Autónoma galega, actividades de ámbito nacional, tendo lugar a súa celebración noutras comunidades autónomas de España.

A Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, a través da Dirección Xeral de Xuventude, pretende desta forma atender a demanda individual, cada día máis crecente, de mozos e mozas no eido do ocio e o tempo libre.

Por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

1. Co obxectivo de facilitarlle á xuventude a participación en actividades de tempo libre, a Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, a través da Dirección Xeral de Xuventude, oferta un plan xeral de actividades que se detalla no anexo I desta orde.

As diferentes actividades que integran esta oferta xeral levaranse a cabo tanto en Galicia como nas comunidades autónomas de España, en diferentes quendas de entre unha semana e quince días de duración durante os meses de xullo e agosto.

2. A información sobre a convocatoria desta campaña, así como de cada actividade e instalación xuvenil onde se desenvolverá, atoparase detallada na páxina web da Rede de Información Xuvenil (www.rix.org). Ademais os interesados poden solicitar folletos informativos da convocatoria na Dirección Xeral de Xuventude, nos servizos e oficinas locais de xuventude das delegacións provinciais da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, nas oficinas e puntos de información xuvenil da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil, no Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil, nas oficinas de información administrativa e atención ao cidadán e no teléfono xove (902 15 25 35).

Artigo 2º.-Servizos ofertados.

1. A participación na oferta da Campaña Verán-2005 realizarase a través de inscrición indi

vidual ou dobre. Os participantes disporán dos seguintes servizos:

a) Un programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial, que posibilite a participación do mozo/a.

b) Aloxamento en albergue xuvenil, residencia xuvenil ou campamento xuvenil.

c) Manutención en réxime de pensión completa.

d) O material necesario para a actividade.

e) Un equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre e actividades náuticas, se é o caso.

f) Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.

g) Nas actividades desenvolvidas noutras comunidades autónomas inclúese o transporte desde Santiago de Compostela ata o lugar de destino así como o retorno ata Santiago de Compostela.

2. A incorporación aos campamentos e albergues de Galicia será por conta do interesado o día de inicio da quenda correspondente, entre as 16.00 e as 19.00 horas. Non se admitirá ningún participante despois deste límite.

Cabe destacar que nas actividades que se leven a cabo noutras comunidades autónomas, será por conta do interesado o traslado desde o seu domicilio ata Santiago de Compostela, tanto o día de saída para a actividade como o día de chegada desta.

Artigo 3º.-Participantes.

1. Poden solicitar a súa participación nas actividades ofertadas nesta convocatoria os mozos e mozas con idades comprendidas nos tramos de idades que se especifican para cada actividade no anexo I.

2. En canto á marxe de idade mínima e máxima que se especifica para cada actividade, deberase manter desde o inicio ata a finalización do campamento.

3. O incumprimento destas normas dará lugar á non admisión da solicitude.

Artigo 4º.-Solicitude.

1. As solicitudes poden ser individuais ou dobres. Cabe destacar que no caso de solicitudes dobres, a renuncia dun dos participantes á praza obtida no sorteo, implicará tamén a renuncia á praza do outro participante.

A solicitude dobre só se poderá empregar para o suposto de solicitude de irmáns que vaian á mesma instalación e á mesma quenda. Estas solicitudes dobres teñen efecto durante o sorteo para a adxudicación da praza e para xerar as listas de espera, pero no momento das adxudicacións desde a lista de espera xa se teñen en conta como individuais.

2. As solicitudes deberán formularse no impreso que se indica no anexo II desta orde, que poderá solicitar nos servizos que especifica o artigo 1.2º ou ben descargar e cubrir directamente desde a páxina web www.rix.org.

Os impresos de solicitude deben ser cubertos de acordo coas seguintes normas:

a) Cada mozo ou moza só poderá cubrir unha solicitude elixindo, por orde de prioridade, un máximo de cinco quendas ou actividades. (Cada quenda ou actividade vai identificada cun código no anexo I desta orde).

b) Os datos do solicitante deben ser os do mozo ou moza que opta a participar nas actividades. No caso de solicitude dobre deberán cubrirse os datos de ambos os dous irmáns.

c) As solicitudes deberanas asinar os solicitantes e os seus pais/nais ou titores.

d) Se o solicitante é galego non residente en Galicia, na súa solicitude debe figurar, para as comunicacións, un enderezo nesta comunidade autónoma.

e) A duplicidade dunha solicitude dará lugar á inadmisión de ambas, por incumprimento do artigo 4.1º a), quedando o solicitante fóra do sorteo.

2. As solicitudes dirixiranse á directora xeral de Xuventude, e poderán presentarse no rexistro xeral da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, nos rexistros das súas delegacións provinciais ou por calquera dos medios establecidos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O interesado poderá comprobar a recepción da súa solicitude a partir do 2 de maio no teléfono xove (902 15 25 35) e na páxina web www.rix.org

Artigo 5º.-Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes iniciarase ao día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 26 de abril de 2005.

Artigo 6º.-Adxudicación de prazas.

A adxudicación das prazas realizarase da seguinte forma:

1. Por adxudicación directa, no caso de que a demanda non supere o número de prazas dispoñibles.

2. Por sorteo, por medios informáticos, no suposto de que o número de solicitudes supere o número de prazas dispoñibles.

Neste caso o sorteo realizarase, ante notario, o día 10 de maio de 2005, ás 12 horas, nas dependencias da Secretaría Xeral da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado en Santiago de Compostela.

Mediante este sorteo, cubriranse as prazas nas distintas actividades que especifica o anexo I desta orde. Destacar que se lle dará prioridade no sorteo

a aqueles solicitantes que non obtiveron praza nas actividades do ano pasado.

Así mesmo, dará lugar a unha lista de espera para cada unha das actividades. Esta lista xerarase dunha forma aleatoria, mediante sistema informático, unha vez realizado o sorteo e colocando a cada participante unicamente nunha lista de espera para un campamento concreto, de entre os que solicitou entre as cinco opcións. O número de reservas en cada actividade, será do 50% das prazas convocadas.

2. A Dirección Xeral de Xuventude fará público o resultado do sorteo, incluídas as listas de espera, e confeccionará a correspondente lista de admitidos para cada quenda e actividade. A comunicación do resultado do sorteo para os participantes seleccionados levarase a cabo vía sms e correo electrónico ao número de teléfono e conta de correo especificados na solicitude, e a lista de admitidos será exposta a partir do día 11 de maio de 2005 na Dirección Xeral de Xuventude, no rexistro xeral da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, nos rexistros e servizos de Xuventude das súas delegacións provinciais, no Centro de Información Administrativa e Atención ao Cidadán de Santiago de Compostela, no teléfono xove (902 15 25 35) e na páxina web www.rix.org

Artigo 7º.-Documentación.

Os participantes seleccionados deberán presentar, desde o día seguinte ao da data de exposición das listas e ata o día 19 de maio de 2005, na delegación provincial da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado da provincia onde se vai desenvolver a actividade, ou na Dirección Xeral de Xuventude, no caso das actividades pluriprovinciais (que se desenvolven en dúas ou tres instalacións de diferentes provincias) ou actividades que se realicen fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, a seguinte documentación:

-Xustificación de pagamento (impreso oficial).

-Fotocopia do DNI ou da folla correspondente do libro de familia.

-Fotocopia do documento de afiliación á Seguridade Social ou seguro médico privado.

-Cuestionario médico-sanitario (anexo III).

-Certificado médico de non padecer ningunha enfermidade ou discapacidade que lle impida participar na actividade con normalidade.

-Declaración responsable de que sabe nadar.

-Fotocopia compulsada do título de familia numerosa, de ser o caso.

-Fotocopia compulsada do Carné Xove ou Carné Máis, de ser o caso.

Artigo 8º.-Adxudicación de prazas ás listas de espera.

1. As vacantes que se produzan por non presentar a documentación, por presentala fóra do prazo esta

blecido ou por renunciar á praza obtida no sorteo, serán ofrecidas desde o día 26 de maio, aos solicitantes que figuran nas listas de espera correspondentes. No caso de que se produzan baixas a Dirección Xeral de Xuventude ou o servizo de xuventude correspondente contactarán, seguindo a orde de lista, cos suplentes mediante chamada telefónica. Realizaranse 3 chamadas entre as 9.00 e 15.00 horas que quedarán rexistradas para a súa constancia. De non contactar co interesado, este será dado de baixa e procederase a chamar ao seguinte na lista de espera. Unha vez recibida a comunicación e aceptada a praza ofrecida deberán presentar a documentación sinalada no artigo 7º nun prazo de 48 horas.

2. No caso de non presentar a mencionada documentación no prazo indicado a praza será ofertada ao seguinte da lista de espera.

Artigo 9º.-Adxudicación das prazas de resultas.

1. As prazas vacantes que non se cubrisen polos procedementos de adxudicación establecidos nos artigos 6º e 8º desta orde, serán ofertadas a partir do día 9 de xuño. Estas prazas estarán expostas na páxina web www.rix.org

Para estes efectos, poderán solicitar as prazas vacantes toda persoa que cumpra as limitacións de idade ás que se fai mención no artigo 3º desta orde.

2. Para solicitar as prazas de resultas, o interesado poderá efectuar a oportuna reserva da praza, no caso de que existan vacantes, por teléfono a través de calquera servizo de Xuventude das delegacións provinciais da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, ou da Dirección Xeral de Xuventude.

Cada persoa só poderá facer a reserva, como máximo, de catro prazas para catro participantes.

A reserva de prazas poderase efectuar en horario de 9.00 a 14.00 horas, en días laborables agás os sábados.

3. Unha vez efectuada a reserva de praza, o interesado disporá dun prazo máximo de 48 horas para presentar o impreso que se indica no anexo II desta orde debidamente cuberto, e a documentación relacionada no artigo 7º.

Esta documentación poderá presentala en calquera das oficinas anteriormente relacionadas. En caso contrario, perderá o dereito á praza reservada.

4. No anexo IV indícanse os enderezos e teléfonos das oficinas administrativas a través das que pode efectuar a oportuna reserva de praza, para os efectos do disposto neste artigo.

Artigo 10º.-Prezos.

1. Os prezos de aplicación para cada actividade e quenda aparecen detallados no anexo I desta orde, de acordo co sinalado na Orde do 30 de decembro de 2004 (DOG nº 174, do 7 de xaneiro de 2005).

2. Os membros de familia que teñan o título de numerosa terán un desconto do 50% sobre os prezos que aparecen detallados no anexo I desta orde. Circunstancia que debe ser acreditada coa presentación dunha fotocopia compulsada do título de familia numerosa vixente.

3. Os usuarios do Carné Xove ou do Carné Máis gozarán dun desconto do 25% sobre os prezos que aparecen detallados no anexo I desta orde. Circunstancia que debe ser acreditada coa presentación dunha fotocopia compulsada do Carné Xove ou Máis, vixente.

4. Os descontos citados nos dous apartados anteriores en ningún caso serán acumulables.

Artigo 11º.-Devolucións de cotas.

1. Se unha vez obtida a praza e aboado o prezo correspondente o interesado non puidese asistir á actividade, só terá dereito á devolución deste no caso de que comunique a renuncia á praza por escrito e solicite a devolución da cantidade aboada polo menos vinte días antes do inicio da actividade, ou cando por causas non imputables ao interesado non se preste o servizo ou a Administración anule a actividade (Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia e Decreto lexislativo 172/1992, do 26 de xuño, polo que se ditan normas para a xestión da liquidación e recadación das taxas e prezos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia).

2. Para estes efectos os interesados dispoñen dun modelo normalizado de solicitude de devolución de cota de participación anexo a esta orde (anexo V), que tamén poderán solicitar na Dirección Xeral de Xuventude e nos servizos de xuventude das delegacións provinciais da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.

3. A solicitude deberá dirixirse ao delegado/a provincial da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado da provincia onde se vai desenvolver a actividade, ou á directora xeral de Xuventude no caso das actividades que se desenvolvan en máis dunha provincia ou fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, que serán os órganos encargados de resolver en cada caso.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase a directora xeral de Xuventude para ditar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda. Esta orde entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2005.

Pilar Rojo Noguera

Conselleira de Familia, Xuventude,

Deporte e Voluntariado

ANEXO I

Campamentos de verán 2005

Instalación xuvenilActividadeDataIdadeImporte prazaNº código

Res. Xuv. Eijo Garay

Res. Xuv. Altamar

Alb. Xuv. Gandarío

Rotas Coñece Galicia

17-31/7/2005

15-17

176 A

150001

Alb. Xuv. Gandarío

Camp. Xuv. Os Chacotes

Mar e natureza1-15/7/200515-17133 A150003

Camp. Xuv. A Devesa

Camp. Xuv. Os Chacotes

Mar e natureza16-30/7/200513-15133 A150004

Alb. Xuv. Marina Española*A miña primeira aventura xogando co inglés3-10/7/20059-1083 A150102

10-17/7/20059-1083 A150103

17-24/7/20059-1083 A150104

24-31/7/20059-1083 A150105

Deporte e recreación17-31/8/200511-12161 A150106

Alb. Xuv. Gandarío*Actividades no mar1-15/7/200512-14176 A150201

Vela e táboa (actividade complementaria: navegación en cruceiro)1-15/7/200515-17176 A150202

Actividades no mar16-30/7/200512-14176 A150203

Actividades no mar1-15/8/200512-14176 A150204

Vela e táboa (actividade complementaria: navegación en cruceiro)1-15/8/200515-17176 A150205

Actividades no mar17-31/8/200512-14176 A150206

Vela e táboa (actividade complementaria: navegación en cruceiro)17-31/8/200515-17176 A150207

En canoa pola ría de Ares e Betanzos17-31/7/200515-17161 A150211

Camp. Xuv. FurelosEn bicicleta e cabalo pola natureza1-15/7/200513-14158 A150301

16-30/7/200515-17158 A150302

1-15/8/200513-14158 A150303

Camp. Xuv.Virxe de LoretoAventura-T17-31/8/200515-17133 A150406

Natureza xunto ao mar1-15/7/200513-15133 A150401

16-30/7/200513-15133 A150403

1-15/8/200515-17133 A150402

Camp. Xuv. EspiñeiraCampamento de teatro1-15/7/200511-12133 A150501

Campamento de teatro16-30/7/200511-12133 A150502

Alb. Xuv. AreaActividades no mar: vela e táboa, esquí acuático1-15/7/200515-17209 A270101

e aula natureza mariña17-31/7/200514-15209 A270102

1-15/8/200515-17209 A270103

17-31/8/200512-14209 A270104

Alb. Xuv. Benigno Quiroga*A nosa aventura: iniciación ao deporte da vela3-9/7/20059-1183 A270202

e do piragüismo (actividade complementaria:10-16/7/20059-1183 A270203

paseos a cabalo)17-23/7/20059-1183 A270204

24-30/7/20059-1183 A270205

A miña primeira aventura xogando co inglés31/7-6/8/20059-1183 A270206

7-13/8/20059-1183 A270207

Camp. Xuv. A DevesaMultiaventura, medio ambiente e mar1-15/7/200515-17133 A270301

Mar e deporte actividade complementaria: clases3-9/7/200510-1267 A270302

de mar10-16/7/200510-1267 A270303

Unha viaxe a través do tempo17-24/7/200510-1267 A270304

Camp. Xuv. Os ChacotesAventura-T1-13/8/200515-17133 A270503

Res. Xuv. Eijo GarayCampamento de teatro6-15/8/200515-17169 A270901

Campamento de vídeo1-15/8/200515-17169 A270902

Camp. Xuv. P. de XacintoAventura e deporte1-15/7/20059-11133 A320101

16-30/7/200512-14133 A320102

1-15/8/200513-15133 A320103

Res. Colexio Pablo VIPiragüismo1-15/7/200512-13176 A320201

16-30/7/200514-15176 A320202

Alb. Escola Vilamarín*Granxa agro-gandeira1-15/7/20059-11169 A320301

16-30/7/200511-13169 A320302

1-15/8/20059-11169 A320303

Alb. Xuv. O CorgoPiragüismo e remo1-15/7/200514-15176 A320401

16-30/7/200513-15176 A320402

1-15/8/200514-15176 A320403

Alb. Xuv. GrixóMultiaventura11-20/7/200513-15176 A321001

Instalación xuvenilActividadeDataIdadeImporte prazaNº código

Alb. Xuv. Os Biocos de San XoánAire libre1-15/7/200511-13169 A320901

de Río*Medio ambiente16-30/7/200514-15169 A320902

1-15/8/200513-15169 A320903

Centro de Educación Ambiental EQUALCampamento temático de inglés1-15/8/20059-12169 A321101

Campamento temático de astronomía16-30/8/200513-15169 A321102

Alb. Xuv. As Sinas*Actividades no mar: vela, dorna, táboa, pira-1-15/7/200513-15176 A360101

güismo, kaiak polo e aula natureza mariña (na16-30/7/200513-15176 A360102

2ª quincena de xullo cámbiase a dorna por1-15/8/200513-15176 A360103

unha actividade de navegación en cruceiro)17-31/8/200515-17176 A360104

Camp. Xuv. PontemarilA miña primeira aventura xogando co inglés1-8/7/20059-1083 A360208

9-16/7/20059-1083 A360209

Aventura na natureza1-15/7/200510-12133 A360201

Natureza fotográfica16-30/7/200512-14133 A360202

Aventura na natureza1-8/8/20059-1167 A360203

9-16/8/20059-1167 A360204

17-31/8/200512-14133 A360207

Camp. Xuv. A Illa de OnsAventura na illa1-15/7/200511-13128 A360301

16-30/7/200510-12128 A360302

1-15/8/200513-14128 A360303

* Actividade complementaria: informática.

Campamentos noutras comunidades autónomas. Ano 2005-Campaña Verán.

Comunidade autónoma

Instalación xuvenil

Modalidade

Idade

Data

Prezo

Código

ÁlavaIsla de ZuatzaNáutica12-1311-20/7/2005200 A501402

Alb. EspejoTempo libre-inglés13-1520/7-1/8/2005200 A501403

AndalucíaCamp. Xuv. AguadulceTempo libre con actividades acuáticas13-1420-30/7/2005200 A501501

Camp. Xuv. MazagónTempo libre con actividades acuáticas15-1720-30/7/2005200 A501502

AragónAlb. Xuv. Nsa. Sra. Pilar-VillanúaMultiaventura14-172-16/7/2005215 A501305

Aula natureza de PinetaCampus montaña14-172-16/8/2005200 A501301

Alb. Xuv. Ntra. Sra. Pilar-VillanúaMultiaventura14-172-16/8/2005215 A501303

Camp. Xuv. Camfranc.Multiaventura14-172-16/7/2005200 A501306

CantabriaCamp. LoredoNáutica14-171-15/7/2005225 A500301

Alb.Xuv.Loredo e Alb.Xuv. Braña ViejaPraia-montaña15-1717-31/7/2005210 A500302

Camp. Xuv. Picos de EuropaMontaña13-1517-31/7/2005200 A500303

Alb. Xuv. SolórzanoIniciación inglés14-152-16/8/2005210 A500306

Alb. Xuv. TamaAlta montaña15-172-16/8/2005215 A500307

Castilla-La ManchaAlb. Xuv. RioparMultiaventura15-1717-31/7/2005215 A500507

Castilla y LeónCamp. Xuv. Alto de LeónMultiaventura13-141-15/7/2005200 A 500403

Alb. Xuv. Soncillo (León)Multiaventura14-171-15/8/2005215 A500402

Alb. Xuv. Espinosa de los MonterosMultiaventura15-171-15/7/2005215 A500406

Alb. Xuv. Navarredonda de GredosMultiaventura14-1716-30/7/2005215 A500401

Camp. Xuv. Puente Viejo Boñar (León)Náutica15-171-15/7/2005225 A500412

ExtremaduraCamp. Emperador Carlos VSendeirismo15-172-16/8/2005200 A500603

MurciaAlb. Xuv. CalarreonaMar e natureza14-1716-30/7/2005225 A500701

Clube Náutico de ÁguilasNáutica14-17225 A500704

NavarraAlb. Xuv. UrbasaMultiaventura15-1711-20/7/2005200 A500809

Alb. Xuv. Murillo del GállegoRafting, hidroespeed e sendeirismo15-17200 A500810

A RioxaCamp. Xuvenil Molino Viejo - EzcarayMultiaventura13-142-16/7/2005200 A500901

Alb. Xuv. Hospital San JoséMontaña, escalada15-17215 A500902