Examinado o expediente presentado polo centro privado Junior's de Santiago de Compostela (A Coruña), no que solicita autorización para impartir os ciclos formativos de grao superior de información e comercialización turísticas e o de administración de sistemas informáticos en quenda de mañá; tamén solicita a supresión dos ciclos formativos de grao superior de secretariado e o de desenvolvemento de aplicacións informáticas, autorizados en quenda de mañá.
Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4 de outubro), de ordenación xeral do sistema educativo; a Lei orgánica 10/2002, de 23 de decembro, de calidade da educación (BOE do 24 de decembro); o Real decreto 1537/2003, de 5 de decembro, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que impartan ensinanzas escolares de réxime xeral (BOE do 10 de decembro); o Real decreto 777/1998 (BOE do 8 de maio) polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación pro
fesional no ámbito do sistema educativo; a Orde do 21 de decembro de 1999 (DOG do 31-1-2000) pola que se regulan determinados aspectos relativos a autorización de centros privados exclusivos de formación profesional específica; o Decreto 296/1999 (DOG do 18 de novembro) polo que se desenvolven determinados aspectos dos currículos dos ciclos formativos de formación profesional específica na Comunidade Autónoma de Galicia; o Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22 de maio), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.
Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa,
DISPÓN:
Primeiro.-Autorizar o centro privado Junior's de Santiago de Compostela para impartir os ciclos formativos de grao superior de información e comercialización turísticas e o de administración de sistemas informáticos, en quenda de mañá.
Segundo.-Suprimir os ciclos formativos de grao superior de secretariado e o de desenvolvemento de aplicacións informáticas, quedando a composición resultante segundo se especifica no anexo.
Terceiro.-Antes da posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, despois do informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento adecuado.
Cuarto.-Queda o centro obrigado ao cumprimento da lexislación vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2005.
Celso Currás Fernández
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria
ANEXO
Provincia: A Coruña.
Localidade: Santiago de Compostela.
Concello: Santiago de Compostela.
Enderezo: A Silvouta-Roxos
Código do centro: 15016449.
Denominación: Centro privado Junior's.
Titular: Colegio Junior's, S.A.
Composición resultante:
a) Centro de educación infantil: 3 unidades.
b) Centro de educación primaria: 6 unidades.
c) Centro de educación secundaria:
6 unidades de educación secundaria obrigatoria.
6 unidades de bacharelato das modalidades de ciencias da natureza e da saúde; humanidades e ciencias sociais e a de tecnoloxía.
d) Centro de formación profesional específica:
* Quenda de mañá:
Familia profesional: hostalaría e turismo.
1 ciclo formativo de grao superior de información e comercialización turísticas (1 unidade para 20 alumnos).
Familia profesional: informática.
1 ciclo formativo de grao superior de administración de sistemas informáticos (2 unidades para 30 alumnos/unidade).
*Quenda de tarde-noite:
Familia profesional: administración.
1 ciclo formativo de grao superior de administración e finanzas (2 unidades para 20 alumnos/unidade).
Familia profesional: comercio e marketing.
1 ciclo formativo de grao superior de comercio internacional (2 unidades para 20 alumnos/unidade).
1 ciclo formativo de grao superior de xestión comercial e marketing (1 unidade para 20 alumnos).
Familia profesional: electricidade e electrónica.
1 ciclo formativo de grao superior de sistemas de telecomunicación e informáticos ( 2 unidades para 20 alumnos/unidade).
Familia profesional: informática.
1 ciclo formativo de grao superior de desenvolvemento de aplicacións informáticas (2 unidades para 30 alumnos/unidade).
CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL
E TURISMO