DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 11 de abril de 2005 Páx. 5.823

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 23 de febreiro de 2005 de aprobación definitiva da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento do concello de Malpica (A Coruña) na Camposa. (Expediente AC 04/026 AD).

O planeamento urbanístico vixente no municipio de Malpica son as normas subsidiarias municipais de planeamento, aprobadas definitivamente pola Comisión Provincial de Urbanismo da Coruña o 23-2-1995 (texto refundido do 4-5-1995).

O concello de Malpica formula unha modificación das normas subsidiarias vixentes que ten por obxecto a modificación e o cambio de cualificación urbanística dun ámbito de 15.096,24 m de solo, clasificado como solo apto para urbanizar SAU industrial (ao que se aplica o réxime do solo urbanizable non delimitado conforme a disposición transitoria 1ª.1.d) da Lei 9/2002). Os terreos comprendidos no ámbito son de titularidade pública, 5.509 m da Xunta de Galicia e 9.587,24 m do concello, e proponse a súa cualificación como sistema xeral de equipamentos públicos para uso educativo, cultural, sani

tario e asistencial, ao tempo que se establece a ordenación detallada do ámbito.

De conformidade co disposto na disposición transitoria primeira 1.g) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, as modificacións do planeamento vixente á entrada en vigor desta lei deben axustarse ao disposto nela, polo que consonte o sinalado no seu artigo 93.4º, as modificacións de calquera dos elementos dos plans, proxectos, normas e ordenanzas suxeitaranse ás mesmas disposicións enunciadas para a súa tramitación e aprobación.

Terminada a fase de elaboración da modificación puntual, e inmediatamente antes da súa aprobación inicial, o concello remitiu o expediente ao informe preceptivo desta consellería, que foi emitido pola Dirección Xeral de Urbanismo o 30 de agosto de 2004, de conformidade co disposto no artigo 85.1º da Lei 9/2002, con observacións ao proxecto daquela presentado.

O Pleno da Corporación, en sesión do 27 de setembro de 2004, aprobou inicialmente a modificación, que posteriormente foi sometida a información pública polo prazo dun mes mediante anuncios publicados no Diario Oficial de Galicia do 7 de outubro de 2004 e nos xornais El Ideal Gallego e La Voz de Galicia con datas do 29 e 30 de setembro de 2004. Segundo o certificado incluído para o efecto no expediente, non foron presentadas alegacións.

No expediente constan os informes favorables da arquitecta técnica municipal do 29 de outubro de 2004, da secretaria do concello do 9 de novembro de 2004 e da Dirección Xeral de Obras Públicas do 16 de novembro do 2004.

O Pleno da Corporación, en sesión do 29 de novembro de 2004, acordou aprobar provisionalmente o proxecto de modificación, remitíndoo a esta consellería para a súa aprobación definitiva.

Examinada a documentación, o Servizo Provincial de Urbanismo e Inspección Territorial da Coruña requiriu a emenda das deficiencias observadas mediante escrito do 10-12-2004. O concello remitiu a documentación correspondente mediante oficio nº 4785 que tivo entrada no rexistro da Delegación Provincial da Consellería de Presidencia e Administración Pública o 29-12-2004 e no do servizo provincial o 4-1-2005.

No proxecto aprobado provisionalmente cumpríronse as observacións sinaladas no informe da consellería previo á aprobación inicial.

A competencia para adoptar a presente decisión correspóndelle ao conselleiro competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio de conformidade co disposto no artigo 85.5º da Lei 9/2002.

En mérito do predito, de conformidade co establecido na Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e por proposta da Dirección Xeral de Urbanismo, desta mesma data,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Aprobar definitivamente a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento do concello

de Malpica (A Coruña), na Camposa, para a cualificación urbanística dun ámbito de 15.096,24 m de solo, clasificado como solo apto para urbanizar SAU industrial, como sistema xeral de equipamentos públicos, para uso educativo, cultural, sanitario e asistencial.

Artigo 2º

De conformidade co disposto polos artigos 92 da Lei 9/2002 e 70 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, o concello deberá publicar a normativa e ordenanzas da modificación aprobada definitivamente no BOP posteriormente a que dea cumprimento á condición recollida no artigo anterior.

Disposición derradeira

Segundo o disposto no artigo 85.9º da citada Lei 9/2002, contra esta orde non cabe recurso en vía administrativa; non obstante, contra ela poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2005.

Alberto Núñez Feijoo

Vicepresidente primeiro e conselleiro de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda