DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 07 de abril de 2005 Páx. 5.679

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2005, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo adoptado pola comisión paritaria do convenio colectivo da empresa Antonio Gallego Cid, S.L.

Visto o acordo acadado pola comisión paritaria do convenio colectivo da empresa Antonio Gallego

Cid, S.L., na reunión que tivo lugar o 28 de xaneiro de 2005, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, a Dirección Xeral de Relacións Laborais

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a inscrición do devandito acordo no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remitirlle o texto orixinal ao correspondente servizo deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2005.

Antonio de la Hera Roldán

Director xeral de Relacións Laborais

ANEXO

Acta da reunión da comisión paritaria do convenio colectivo da empresa Antonio Gallego Cid, S.L.

En Vigo, ás 17.00 horas do día 28 de xaneiro de 2005, xúntase a comisión paritaria do convenio colectivo para os/as traballadores/as da cociña dos centros residencias docentes de Galicia, para corrixir os erros cometidos na transcrición do convenio o día do seu asinamento:

Engadir no artigo 24º, no seu último parágrafo, o seguinte texto:

«2. No momento da xubilación, o persoal suxeito a este convenio percibirá unha gratificación consistente en tres mensualidades do salario base máis antigüidade máis rateo de pagas aboadas na última nómina».

Cambiar os nomes dos asinantes do convenio no seu artigo 43º:

«Artigo 43º.-Partes asinantes.

Asinan este convenio colectivo de empresa o representante da empresa Antonio Gallego Cid, S.L., José Gallego Viéitez, e pola parte social Humildad Romero, como delegada pola Confederación Intersindical Galega».

Rectificar a categoría e salario da cociñeira/o:

Cociñeira/oGrupo IVCategoría 5

Salario anoSalario mes

Retribucións Adicional Total Salario base Adicional

brutas anuais xullo/Nadalxullo/Nadal

Cociñeira

13.499,88 (*) 197,74 (*) 13.697,62 (*) 964,28 (*) 98,87 (*)