DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 07 de abril de 2005 Páx. 5.665

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 16 de marzo de 2005 pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas para a contratación de doutores en organismos públicos de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia (programa Isidro Parga Pondal).

Advertidos erros na devandita orde publicada no Diario Oficial de Galicia número 59, do martes día 29 de marzo de 2005, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 5.159, na columna de CENTRO DE TRABALLO correspondente á praza P-039, onde di: «FACULTADE DE BIOLOXÍA», debe dicir: «FACULTADE DE BIOLOXÍA (VIGO) e E.U.E.T. FORESTAIS (PONTEVEDRA)». Na columna de LOCALIDADE onde di: «PONTEVEDRA», debe dicir: «VIGO/PONTEVEDRA».

Na columna de PERFIL onde di: «ECOLOXÍA», debe dicir: «ECOLOXÍA (VIGO)»; e onde di: «ECOLOXÍA EVOLUTIVA E DA CONSERVACIÓN DE INSECTOS E HERPETOS», debe dicir: «ECOLOXÍA EVOLUTIVA E DA CONSERVACIÓN DE INSECTOS E HERPETOS (PONTEVEDRA)».