DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 06 de abril de 2005 Páx. 5.603

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CENTRO DE ESTUDOS XUDICIAIS E SEGURIDADE PÚBLICA DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2005 pola que se convoca un curso de condución de seguridade de turismos.

Dentro das actividades programadas para o ano 2005, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 1/2005, do 4 de xaneiro, do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, anúnciase a celebración dun curso de condución de segu

ridade de turismos, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

-Coñecer as teorías e as técnicas básicas sobre posición, manexo do volante e trazado de curvas, para unha condución segura.

-Saber como operan os vehículos con diferentes traccións e sistemas de freada.

-Dominar diversas manobras evasivas de seguridade, aplicadas na protección de persoas.

Destinatarios.

O curso vai dirixido aos membros dos corpos de policía local dos concellos de Galicia e aos membros da Unidade do CNP adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia, que non teñan feito ningunha das edicións anteriores sobre este mesmo curso.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

20 prazas por edición.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar cuberta á máquina ou con letra moi clara a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 18 de abril de 2005, ás 14.00 horas.

3. As instancias deberán enviarse ao Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, sito na avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada; ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Edicións.

Este curso terá dúas edicións, correspondendo a cada unha delas horario de mañá ou de tarde.

Datas.

O curso realizarase en datas do 25 ao 29 de abril.

O horario será de 9.30 a 13.30 horas para a primeira edición, e en horario de 16.00 a 21.00 horas para a segunda edición que rematará o día 28 de abril, cunha duración de 20 horas lectivas cada actividade ou edición deste curso.

Contido.

I. Teorías básicas sobre condución: posición, manexo do volante, pneumáticos, trazado de curvas.

II. Tipos de tracción, derrapes, manobras evasivas de seguridade.

III. Técnicas de condución de seguridade na protección de persoas.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos farase pública o día 20 de abril a partir das 14.00 horas, no taboleiro de

anuncios do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, ou ben poden coñecer e confirmar a súa asistencia chamando ao teléfono 986 59 00 21.

Lugar.

O curso desenvolverase no Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, sito na avenida da Cultura, s/n, no concello da Estrada.

Certificado de aproveitamento.

Ao remate de cada edición entregaráselle un certificado de aproveitamento a aquelas persoas que

acrediten a súa participación continuada e superen as correspondentes probas de coñecementos.

Modificacións.

O Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia poderá modificar o desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 22 de marzo de 2005.

José Antonio Vázquez Taín

Director do Centro de Estudos Xudiciais

e Seguridade Pública de Galicia

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA