DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 06 de abril de 2005 Páx. 5.591

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 30 de marzo de 2005 pola que se acorda continuar a tramitación, con cargo aos orzamentos do ano 2005, das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 24 de marzo de 2004, de fomento da silvicultura e da ordenación de montes arborizados.

O 1 de abril de 2004 a Consellería de Medio Ambiente publicou a Orde do 24 de marzo de 2004, de fomento da silvicultura e da ordenación de montes arborizados.

Dado o importante volume de solicitudes de axudas recibidas ao abeiro da antedita orde, as dispoñibilidades orzamentarias do ano 2004 non permitiron atender a totalidade das solicitudes presentadas, polo que é preciso continuar a súa tramitación con cargo aos orzamentos do ano 2005.

Por todo o exposto, é preciso continuar no ano 2005 a tramitación das solicitudes presentadas ao abeiro da orde de axudas de fomento da silvicultura e da ordenación de montes arborizados, do 24 de marzo de 2004.

En consecuencia, e de acordo co disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, e demais normativa concorrente,

DISPOÑO:

Artigo 1º

As solicitudes acollidas á Orde do 24 de marzo de 2004, de fomento da silvicultura e da ordenación de montes arborizados, ás cales non lles foi con

cedida a subvención por falta de crédito, poderán ser tidas en conta ao abeiro desta orde durante o exercicio de 2005.

A tramitación dos expedientes efectuarase conforme os requisitos e criterios da devandita orde, e continuará a partir do trámite en que se atopen os expedientes no momento da publicación no DOG desta orde.

Artigo 2º.-Financiamento.

As accións previstas nesta orde financiaranse con cargo ás dispoñibilidades orzamentarias existentes na aplicación 15.02.614 C.770.0 no ano 2005, por un importe de 4.000.000 de euros, dotación que poderá ser incrementada con fondos comunitarios, do Estado, ou da comunidade autónoma. No suposto de procederse á devandita ampliación, teranse en conta as previsións contidas no artigo 12, modificacións de concesión, do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Disposición derradeira

Única.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2005.

José Manuel Barreiro Fernández

Conselleiro de Medio Ambiente