DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 06 de abril de 2005 Páx. 5.590

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2005, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se exime a Mancomunidade Voluntaria de Concellos da Comarca de Ourense da obriga de manter os postos propios de funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional.

A Asemblea Comarcal da Mancomunidade Voluntaria de Municipios da Comarca de Ourense adoptou o acordo de solicitar a exención do mantemento de postos propios reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Na súa virtude, a Dirección Xeral de Administración Local, en aplicación do establecido no artigo 4 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, modificado polo Decreto 834/2003, do 27 de xuño, e no uso das facultades que lle confire o artigo 13 bis da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e a Orde do 12 de febreiro de 2003 sobre delegación de competencias, modificada pola Orde do 31 de outubro de 2003,

RESOLVE:

Primeiro.-Eximir a Mancomunidade Voluntaria de Concellos da Comarca de Ourense da obriga de manter os postos de secretaría e intervención, reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Segundo.-As funcións reservadas aos citados postos serán exercidas mediante o sistema de acumulación de funcións por un/unha funcionario/a de

Administración local con habilitación de carácter nacional dalgún dos concellos que integran a mancomunidade, segundo a escolla efectuada por ela, de conformidade co previsto nos artigos 4º.3 e 31º.2 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición perante a Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderá impugnarse directamente perante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo o disposto no artigo 46 en relación co 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2005.

P.D. (Orde 12-2-2003 modif. pola

Orde 31-10-2003)

Alfonso Rueda de Valenzuela

Directora xeral de Administración Local