DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 04 de abril de 2005 Páx. 5.470

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

PRESIDENCIA

DECRETO 57/2005, do 3 de abril, polo que se declara loito oficial en Galicia con motivo do falecemento de Súa Santidade o Papa Xoán Paulo II.

Para manifestar o seu sentimento e o do pobo galego por causa do falecemento de Súa Santidade o Papa Xoán Paulo II, o Goberno galego ten a vontade de facer pública a dor dos seus membros e a de todos os cidadáns.

É polo que

DISPOÑO:

Artigo único.

1. Decláranse tres días de loito oficial en Galicia desde as 0.00 horas do día 4 de abril ata as 24.00 horas do día 6 de abril.

2. Nos devanditos días ondearán a media hasta as bandeiras oficiais en todos os centros e edificios públicos dependentes da Xunta de Galicia.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, tres de abril de dous mil cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente