DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Mércores, 30 de marzo de 2005 Páx. 5.244

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2005 pola que se convocan cursos en colaboración coa Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

Dentro do programa de actividades da EGAP para 2005, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse en colaboración coa Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública os cursos que figuran no anexo, que deberán desenvolverse segundo as seguintes bases:

Primeira.-Solicitudes.

As solicitudes de admisión para os cursos, segundo o modelo oficial que figura ao final da convocatoria, dirixiranse á Secretaría Xeral da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, Servizo de Prevención de Riscos Laborais, complexo administrativo San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, e presentaranse no rexistro xeral da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública ou en calquera

das súas delegacións provinciais sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Admitiranse tamén inscricións por telefax: 981 54 49 35, sen prexuízo da necesidade de remisión da solicitude orixinal por correo ordinario.

Segunda.-Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes rematará 5 días antes do comezo de cada curso.

Terceira.-Selección.

Os criterios de selección suxeitaranse aos sinalados con carácter xeral na resolución da Escola Galega de Administración Pública do 11 de febreiro de 2004 (DOG nº 34, do 18 de febreiro).

Cuarta.-Certificado de asistencia.

Outorgaráselles o correspondente certificado de asistencia aos alumnos que participen con regularidade nos cursos.

É obrigatoria a asistencia e puntualidade a todas as sesións do curso. Toda ausencia deberá ser xustificada debidamente polo interesado. A falta de asistencia, aínda que sexa xustificada, a máis do 15%

das horas lectivas programadas, impedirá a expedición da certificación anteriormente referida e dará lugar á baixa no curso coa perda de todos os dereitos.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2005.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública

ANEXO I

Curso básico en prevención

de riscos laborais (a distancia)

Formación para os membros dos Comités de Seguridade e Saúde Laboral baixo a modalidade «a distancia» cunha duración de 50 horas lectivas.

5 edicións de 50 horas lectivas.

O contido do curso, segundo o establecido no RSP é o seguinte:

I. Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo.

-Traballo e a saúde: os riscos profesionais. Factores de risco.

-Danos derivados do traballo. Os accidentes de traballo. As enfermidades profesionais. Outras patoloxías derivadas do traballo.

-Marco normativo básico en materia de prevención de riscos laborais. Dereitos e deberes básicos en esta materia.

II. Riscos xerais e a súa prevención.

-Riscos ligados ás condicións de seguridade.

-Riscos ligados ao medio de traballo.

-A carga de traballo, a fatiga e a insatisfacción laboral.

-Sistemas elementais de control de riscos. Protección colectiva e individual.

-Plans de emerxencia e evacuación.

-O control da saúde dos traballadores.

III. Riscos específicos e a súa prevención no sector correspondente á actividade da empresa.

IV. Elementos básicos de xestión da prevención de riscos.

-Organismo públicos relacionados coa seguridade e saúde no traballo.

-Organización do traballo preventivo: rutinas básicas.

-Documentación: recollida, elaboración e arquivo.

V. Primeiros auxilios.

Lugares e datas de exame presencial:

A Coruña: 16 de maio.

Lugo: 13 de maio.

Ourense: 20 de maio.

Pontevedra: 17 de maio.

Santiago de Compostela: 27 de maio.

Curso básico en prevención

de riscos laborais

Formación para os membros dos Comités de Seguridade e Saúde Laboral e para o resto do persoal da Administración xeral da Xunta de Galicia, cunha duración de 30 horas lectivas.

4 edicións de 30 horas lectivas.

O contido do curso, segundo o establecido no RSP, é o seguinte:

I. Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo.

-O traballo e a saúde: os riscos profesionais. Factores de risco.

-Danos derivados do traballo. Os accidentes de traballo e as enfermidades profesionais. Outras patoloxías derivadas do traballo.

-Marco normativo básico en materia de prevención de riscos laborais. Dereitos e deberes básicos nesta materia.

II. Riscos xerais e a súa prevención.

-Riscos ligados ás condicións de seguridade.

-Riscos ligados ao medio de traballo.

-A carga de traballo, a fatiga e a insatisfacción laboral.

-Sistemas elementais de control de riscos. Protección colectiva e individual.

-Plans de emerxencia e evacuación.

-Control da saúde dos traballadores.

III. Riscos específicos e a súa prevención no sector correspondente á actividade da empresa.

IV. Elementos básicos de xestión da prevención de riscos.

-Organismos públicos relacionados coa seguridade e saúde no traballo.

-Organización do traballo preventivo: rutinas básicas.

-Documentación: recollida, elaboración e arquivo.

V. Primeiros auxilios.

Lugares e datas:

A Coruña: 9-13 de maio.

Lugo: 2-6 de maio.

Ourense: 6-10 de xuño.

Pontevedra: 13-17 de xuño.

Horario: 8.30 á 14.30 h.

Prevención de riscos laborais: plans

de emerxencia

Cursos teórico-prácticos en materia de extinción de lumes e primeiros auxilios para proceder a implantar os plans de emerxencia e evacuación nos centros de traballo programados para este ano 2005, formando os Grupos de Acción (equipo de alarma e evacuación, equipo de primeira intervención e equipo de primeiros auxilios).

40 edicións de 15 horas lectivas.

Contido do curso:

I. Incendio:

-Conceptos básicos

-Axentes extintores

-Equipos de protección contra incendios

-Prácticas con lume real: extintores e BIES.

II. Primeiros auxilios:

-Coñecementos básicos.

-Chamada de socorro.

-Avaliación básica das vítimas.

-Actuacións concretas ante accidentes.

-Práctica RCP.

III. Plans de emerxencia e autoprotección:

-Avaliación do risco.

-Medidas de protección.

-Plan de acción.

-Implantación.

Lugares e datas:

Os centros de traballo onde está prevista a implantación do Plan de Emerxencia e autoprotección, que son os que a continuación se relacionan:

Servizos centrais.

1. Edificio administrativo de San Caetano.

2. Edificio administrativo Sanidade-Sergas Asuntos Sociais en San Lázaro.

3. Edificio administrativo de Medio Ambiente en San Lázaro.

4. IGE San Lázaro.

5. IGVS Área Central.

Provincia da Coruña.

1. Edificio administrativo de Monelos.

2. Edificio de Durán Loriga.

3. Edificio rúa Gregorio Hernández.

4. Edificio administrativo de Ferrol.

Residencias de maiores:

1. Residencia de Maiores Torrente Ballester

2. Residencia de Maiores de Santiago de Compostela.

3. Centro de Asistencia e Educación Especial Santiago Apóstol.

4. Residencia de Maiores de Oleiros

5. Residencia de Maiores de Ferrol

6. Residencia de Maiores de Carballo.

7. Residencia de Maiores Virxe de Covadonga Pontedeume.

8. Residencia de Maiores Poboa do Caramiñal.

Provincia de Lugo.

1. Edificio administrativo de Lugo (5, 6 e 7 de abril en horario de 9.00 a 14.00 horas.).

Residencias de maiores:

1. Residencia de Maiores de Burela.

2. Residencia de Maiores A Milagrosa.

3. Residencia de Maiores As Gándaras.

4. Residencia de Maiores de Monforte de Lemos.

5. Residencia de Maiores de Castro Ribeiras de Lea.

6. Residencias de Maiores de Quiroga.

7. Apartamentos Tutelados de Antas de Ulla.

8. Centro de Atención a Persoas con Discapacidade de Sarria.

Provincia de Ourense.

1. Edificio avda. Habana.

2. Edificio administrativo de Edificio Torre de Ourense.

3. Edificio administrativo de Rúa do Paseo.

Residencia de maiores.

1. Residencia de Maiores Nosa Sra. Dos Milagres Barbadás.

2. Residencia de Maiores do Carballiño.

3. Residencia de Maiores de Castro Caldelas.

Provincia de Pontevedra.

1. Edificio Administrativo de Vigo.

2. Edificio Administrativo Benito Corbal.

3. Edificio rúa Michelena (economía).

4. Edificio avda. de Vigo (sanidade).

Residencia de maiores:

1. Residencia de Maiores da Estrada.

2. Residencia de Maiores de Marín.

3. Residencia de Maiores de Vigo-Meixoeiro.

4. Residencia de Maiores de Pontevedra.

As datas de realización serán a convir segundo as necesidades do Servizo de Prevención de Riscos Laborais, a medida que se vaia avanzando no programa de actuación.

Prevención de riscos músculo-esqueléticos

Cursos para os traballadores que manipulan cargas, mobilizan pacientes, ou realizan movementos repetitivos, ou similares, das distintas consellerías da Administración Xeral da Xunta de Galicia.

10 edicións de 2 horas lectivas.

Contido do curso:

-Definición de cargas.

-Riscos derivados da manipulación.

-Condicións do posto de traballo: espazos, firmes e chan, superficies de tránsito, condicións termohigrométricas, orde e limpeza.

-Ergonomía da manipulación de cargas.

-Tipos de cargas.

-Mecanizado e progreso da técnica.

-Método de traballo.

-Equipos de protección individual.

Lugares e datas:

A Coruña (3 edicións): 5, 6 e 7 de setembro.

Lugo (2 edicións): 8 e 9 de setembro.

Ourense (2 edicións): 12 e 13 de setembro.

Pontevedra (2 edicións): 14 e 15 de setembro.

Santiago de Compostela (1 edición): 16 de setembro.

Horarios: 10.00 a 12.00 h.

Cursos de laboratorio

Curso destinado a todo o persoal que presta servizo en contacto con substancias químicas nos laboratorios da Administración xeral da Xunta de Galicia.

8 edicións de 3 horas lectivas.

Contido do curso:

-Contaminantes químicos.

*Canceríxenos.

*Amianto.

-Almacenamento.

-Comercialización.

-Etiquetaxe.

-Residuos.

-Accidentes.

Lugares e datas:

A Coruña (2 edicións): 9 e 25 de maio.

Lugo (2 edicións): 25 e 26 de maio.

Ourense (2 edicións): 30 e 31 de maio.

Pontevedra (2 edicións): 20 e 30 de junio.

Horarios: 9.00 a 12.00 h.

Curso persoal de estradas da CPTOPV

Curso destinado a todo o persoal do Servizo de Estradas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

10 edicións de 2 horas lectivas.

Contido do curso:

-Dereitos e obrigas (cap. III Lei de prevención de riscos laborais).

-Sinalización en vías.

-Ferramentas de potencias e manual (riscos específicos).

-As costas (danos derivados pola adopción de posturas forzadas).

Lugares e datas:

A Coruña (3 edicións): 18, 19 e 20 de abril.

Lugo (2 edicións): 21 e 22 de abril.

Ourense (2 edicións): 25 e 26 de abril.

Pontevedra (3 edicións): 27, 28 e 29 de abril.

Horarios: 10.00 a 12.00 h.

Curso persoal extinción de incendios

Curso destinado a todo o persoal do Servizo de Incendios da Consellería de Medio Ambiente.

10 edicións de 2 horas lectivas.

Contido do curso:

-Dereitos e obrigas (cap. III Lei de prevención de riscos laborais).

-Riscos inherentes ao posto de traballo.

-Equipos de protección individual (EPI'S).

-As costas (danos derivados pola adopción de posturas forzadas).

Lugares e datas:

A Coruña (3 edicións): 27, 28 e 29 de abril.

Lugo (2 edicións): 25 e 26 de abril.

Ourense (2 edicións): 21 e 22 de abril.

Pontevedra (3 edicións): 18, 19 e 20 de abril.

Horarios: 10.00 a 12.00 h.

Prevención de riscos laborais: plans

de emerxencia

Curso teórico-práctico en materia de extinción de lumes, plan de autoprotección e primeiros auxilios para os membros dos Grupos de Acción de Plans de Emerxencia e Autoprotección dos Centros de Menores da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, recollido no convenio coa Mutua Gallega e impartido por persoal desta.

Contido do curso:

I. Teórica:

Incendio:

-Conceptos básicos.

-Axentes extintores.

-Equipos de protección contra incendios.

Primeiros auxilios:

-Coñecementos básicos.

-Chamada de socorro.

-Avaliación básica das vítimas.

-Actuacións concretas ante accidentes.

-Práctica RCP.

II. Práctica:

-Extintores.

-BIES.

12 horas lectivas.

Lugares e datas: acordaranse segundo as necesidades do Servizo de Prevención.

Curso de formación para traballadores

de limpeza da Xunta de Galicia

Curso destinado a todo o persoal laboral de limpeza que presta servizo nos distintos centros de traballo da Administración xeral da Xunta de Galicia.

10 edicións de 2 horas lectivas.

Contido do curso:

-Dereitos e obrigas (cap. III Lei de prevención de riscos laborais).

-As costas (danos derivados pola adopción de posturas forzadas).

-Riscos derivados do uso de produtos de limpeza.

-Caídas e esvaróns.

Lugares e datas:

A Coruña (3 edicións): 19, 20 e 21 de setembro.

Lugo (2 edicións): 22 e 23 de setembro.

Ourense (2 edicións): 15 e 16 de setembro.

Pontevedra (3 edicións): 28, 29 e 30 de setembro.

Horarios: 10.00 a 12.00 h.

Curso de formación para persoal

de cociña

Curso destinado a todo o persoal laboral de cociña que presta servizo nos distintos centros de traballo da Administración xeral da Xunta de Galicia.

10 edicións de 2 horas lectivas.

Contido do curso:

-Dereitos e obrigas (cap. III Lei de prevención de riscos laborais).

-As costas: manipulación de cargas e posturas forzadas.

-Queimaduras de contacto.

-Manexo de ferramentas manuais.

-Incendio: manexo de extintores portátiles.

-Riscos derivados do uso de produtos de limpeza.

Lugares e datas:

A Coruña (3 edicións): 28, 29 e 30 de setembro.

Lugo (2 edicións): 26 e 27 de setembro.

Ourense (2 edicións): 22 e 23 de setembro.

Pontevedra (3 edicións): 19, 20 e 21 de setembro.

Horarios: 10.00 a 12.00 h.

Curso manipulación de produtos

fitosanitarios e ferramentas e maquinaria

de xardinería e forestal

Curso destinado a todo o persoal que presta servizo nos distintos centros de traballo da Administración xeral da Xunta de Galicia e que manipule as ditas substancias.

2 edicións de 3 horas lectivas.

Contido do curso:

-Dereitos e obrigas (cap. III Lei de prevención de riscos laborais).

-Riscos xerais: instalacións-ferramentas-almacenamento.

-Manexo de produtos fitosanitarios, praguicidas e fertilizantes.

-Riscos derivados do manexo de maquinaria agrícola.

-As costas: manipulación de cargas e posturas forzadas.

-Manexo de extintores portátiles.

Datas: 14 e 15 de abril.

Horarios: 10.00 a 13.00 h.

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA