DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Mércores, 30 de marzo de 2005 Páx. 5.241

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CENTRO DE ESTUDOS XUDICIAIS E SEGURIDADE PÚBLICA DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2005 pola que se convoca un curso de protección do medio natural.

Dentro das actividades programadas para o ano 2005, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 1/2005, do 4 de xaneiro, do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, anúnciase a celebración dun curso de protección do medio natural, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

-Coñecer a normativa máis importante que afecta a operativa ambiental.

-Dominar a operativa básica de actuación profesional na área de medio natural.

Destinatarios.

O curso vai dirixido aos membros das forzas e corpos de seguridade.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

80 prazas.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 8 de abril de 2005, ás 14.00 horas.

3. As instancias deberán enviarse ao Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, sito na avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada; ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Datas.

O curso realizarase en datas do 19 ao 21 de abril en horario de 9.30 a 14.00 e de 15.30 a 19.00 horas; exepto o día 21 que será en horario de 9.30 a 13.30 horas, cunha duración de 20 horas lectivas.

Contido.

I. Normativa estatal e autonómica.

II. Residuos e verteduras.

III. Toma de mostras.

IV. Procedemento sancionador.

V. Operativa e casuística policial.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos farase pública o día 12 de abril a partir das 14.00 horas, no taboleiro de

anuncios do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, ou ben poden coñecer e confirmar a súa asistencia chamando ao teléfono 986 59 00 21.

Lugar.

O curso desenvolverase no Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, sito na Avenida da Cultura, s/n, no Concello da Estrada.

Certificado de asistencia.

Ao remate do curso entregaráselle un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a el.

Modificacións.

O Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia poderá modificar o desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 17 de marzo de 2005.

José Antonio Vázquez Taín

Director do Centro de Estudos Xudiciais

e Seguridade Pública de Galicia