DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Mércores, 30 de marzo de 2005 Páx. 5.240

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CENTRO DE ESTUDOS XUDICIAIS E SEGURIDADE PÚBLICA DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2005 pola que se convoca un curso sobre operativa nos casos de violencia de xénero.

Dentro das actividades programadas para o ano 2005, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 1/2005, do 4 de xaneiro, do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, anúnciase a celebración dun curso sobre operativa nos casos

de violencia de xénero, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

-Coñecer os cambios normativos operados en relación coa temática do curso.

-Dominar o procedemento policial de actuación nos casos de violencia de xénero.

-Saber cales son as demandas máis comúns desde a fiscalía e os xulgados sobre este tipo de actuacións, que permitan mellorar as dilixencias e os atestados policiais.

Destinatarios.

O curso vai dirixido aos membros dos corpos de policía local dos concellos de Galicia e aos membros da Unidade do CNP adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia, tendo preferencia aqueles que non fixeran cursos anteriores sobre esta temática.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

30 prazas.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 8 de abril de 2005, ás 14.00 horas.

3. As instancias deberán enviarse ao Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, sito na Avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada; ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Datas.

O curso realizarase do 18 ao 21 de abril en horario de 9.00 a 14.00 horas, cunha duración de 20 horas lectivas.

Contido.

-Módulo I: tratamento procesual-penal.

-Módulo II: tratamento e operativa policial.

-Módulo III: tratamento socioasistencial.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos farase publica o día 12 de abril a partir das 14.00 horas, no taboleiro de anuncios do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, ou ben poden coñecer e confirmar a súa asistencia chamando ao teléfono 986 59 00 21.

Lugar.

O curso desenvolverase no Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, sito na Avenida da Cultura, s/n, no Concello da Estrada.

Certificado de asistencia.

Ao remate do curso entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a el.

Modificacións.

O Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia poderá modificar o desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 17 de marzo de 2005.

José Antonio Vázquez Taín

Director do Centro de Estudos Xudiciais

e Seguridade Pública de Galicia