DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Martes, 29 de marzo de 2005 Páx. 5.184

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CENTRO DE ESTUDOS XUDICIAIS E SEGURIDADE PÚBLICA DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2005 pola que se convoca un curso de especialización en ambiente.

Dentro das actividades programadas para o ano 2005, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 1/2005, do 4 de xaneiro, do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, anúnciase a realización dun curso de especialización en ambiente, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

-Coñecer a normativa máis importante que afecta a operativa ambiental.

-Analizar diversas casuísticas operativas cun traballo crítico que permita melloras futuras.

-Dominar determinados aspectos de actuación policial, establecendo pautas de procedemento comúns.

Destinatarios.

O curso vai dirixido aos membros dos corpos de Policía local dos concellos de Galicia, e aos membros da unidade do CNP adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia, que xa teñan feito neste centro o curso básico de ambiente.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

40 prazas.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 4 de abril de 2005, ás 14.00 horas.

3. As instancias deberán enviarse ao Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, sito na avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada; ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Datas.

O curso realizarase todos os martes do 12 de abril ao 31 de maio das 9.00 ás 13.30 horas, cunha duración de 30 horas lectivas.

Contido.

I. Delitos e infraccións ambientais.

II. Residuos e verteduras.

III. Operativa policial.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos farase pública o día 6 de abril a partir das 14.00 horas, no taboleiro de anuncios do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública

de Galicia, ou ben poden coñecer e confirmar a súa asistencia chamando ao teléfono 986 59 00 21.

Lugar.

O curso desenvolverase no Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, sito na avenida da Cultura, s/n, no concello da Estrada.

Certificado de aproveitamento.

Ao remate do curso entregaráselles un certificado de aproveitamento a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada nel, e que superen as correspondentes probas de coñecementos.

Modificacións.

O Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia poderá modificar o desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 17 de marzo de 2005.

José Antonio Vázquez Taín

Director do Centro de Estudos Xudiciais

e Seguridade Pública de Galicia

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA