DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Martes, 29 de marzo de 2005 Páx. 5.180

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2005, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Vulcarol, S.L. (persoal de limpeza industrial da refinaría de Repsol-Petróleo da Coruña).

Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Vulcarol, S.L. (persoal de limpeza industrial da refinaría de Repsol-Petróleo da Coruña), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 24-2-2005 e subscrito pola comisión paritaria do convenio o día 9-2-2005, de conformidade

co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que figura nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o depósito do citado acordo no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 2 de marzo de 2005.

Cristina Azpilcueta González

Delegada provincial da Coruña

Acta da comisión paritaria do convenio colectivo para o persoal da limpeza industrial da refinaría de Repsol-Petróleo da Coruña (Vulcarol, S.L.)

Na Coruña o 9 de febreiro de 2005, reúnese, nos locais de Vulcarol, S.L. sitos na Coruña no polígono da Grela na rúa Gambrinus, 54, segundo o estipulado no artigo 6º do convenio colectivo de referencia, a comisión paritaria integrada por:

Representación social: Javier Souza Vázquez.

Representación empresarial: José Manuel Lourido Nebril.

Iniciada a sesión acordan:

A aplicación dos artigos 46º, 9º e 10º do vixente convenio colectivo, referentes á revisión salarial, incremento económico e incremento da antigüidade consolidada para o ano 2005.

Chegado a acordo, procédese á elaboración da táboa salarial, que se xunta.

Así mesmo acórdase facultar a Lois Soto Sabio para tramitar o rexistro desta acta na delegación provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, para os efectos do seu rexistro, publicación e demais trámites procedentes.

Sen máis asuntos que tratar, remata a sesión sendo as 14.00 horas, no mesmo lugar e data do encabezamento.

Rubricado en proba de conformidade:

Javier Sousa Vázquez: delegado de persoal (CIG).

José Manuel Lourido Nebril: representante da empresa.

Táboa salarial 2005 Vulcarol, S.L.

(Refinaría da Coruña)

DiarioMensualAnual

* Administrativos
Oficial de primeira33,341.000,2915.004,35
Oficial de segunda29,70891,0113.365,15
Auxiliar27,15814,5912.218,85

* Mandos intermedios
Encargado xeral34,271.028,0115.420,15
Encargado de zona31,81954,4214.316,30
Encargado de sector30,50914,8613.722,90

* Persoal de limpeza
Condutor-limpador29,73891,8313.377,45
Especialista28,37851,0112.765,15
Encargado26,21786,3811.795,70
Peón especialista25,17755,1611.327,40
Responsable de equipo24,93747,9111.218,65
Peón limpador24,54736,2011.043

* Complementos
Asistencia1,8455,25663
Transporte1,8354,92659,04
Actividade0,4513,55149,05

Tóxicos20% do salario base
Nocturnidade30% do salario base

Pistola6,59
Retén105,78
Horas extras normais8,80
Horas extras festivas10,17

* Axudas de custo
1 comida13,19
2 comidas23,59
Axuda de custo completa39,32

O complemento de antigüidade consolidada terá unha revisión dun 2,5% no 2005.

Os salarios diarios, agás o de pistola, son a título informativo.

Os conceptos económicos que figuran nesta táboa supoñen unha suba económica do 3,68% sobre os vixentes no ano 2004.