DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Martes, 29 de marzo de 2005 Páx. 5.180

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 9 de marzo de 2005 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de axudas e subvencións ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT), cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2005.

Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia do xoves 10 de marzo de 2005, é necesario efectuar as seguintes correccións:

Na páxina 4.152, no artigo 13º punto 1 letra b) parágrafo primeiro, onde di: «De tratarse de persoa xurídica, escritura de constitución e inscrición no Rexistro Mercantil ou, se é o caso, no Rexistro de Cooperativas. Cando se trate de empresario individual ou comunidade de bens, alta no censo de obrigados tributarios do Ministerio de Economía e Facenda, alta no imposto de actividades económicas, ou ben alta no censo de obrigados tributarios do Ministerio de Economía e Facenda.», debe dicir: «Alta no imposto de actividades económicas, ou ben alta no censo de obrigados tributarios do Ministerio de Economía e Facenda.

De tratarse de persoa xurídica, escritura de constitución e inscrición no Rexistro Mercantil ou, se é o caso, no Rexistro de Cooperativas.».

Na páxina 4.153, no artigo 16º, no punto 1 apartado B, na letra b) cuarto guión, onde di: «De non achegarse con anterioridade, se o solicitante é persoa xurídica, escritura de constitución e inscrición no Rexistro Mercantil ou, se é o caso, no Rexistro de Cooperativas. Cando se trate de empresario individual ou comunidade de bens, alta no censo de obrigados tributarios do Ministerio de Economía e Facenda, alta no imposto de actividades económicas, ou ben alta no censo de obrigados tributarios do Ministerio de Economía e Facenda.», debe dicir: «De non achegarse con anterioridade, alta no imposto de actividades económicas, ou ben alta no censo de obrigados tributarios do Ministerio de Economía e Facenda, e se o solicitante é persoa xurídica, escritura de constitución e inscrición no Rexistro Mercantil ou, se é o caso, no Rexistro de Cooperativas.».