DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Martes, 29 de marzo de 2005 Páx. 5.178

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 7 de marzo de 2005 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de axudas a empresarios sen asalariados pola contratación do seu primeiro traballador fixo cofinanciado polo Fondo Social Europeo e se procede á súa convocatoria para o ano 2005.

Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia do xoves 10 de marzo de 2005, é necesario efectuar a seguinte corrección:

Na páxina 4.119, no terceiro parágrafo do artigo 6º, onde di: «Cando a dita contratación se realice con mulleres, a dita porcentaxe elevarase o 40%...», debe dicir: «Cando a dita contratación se realice con mulleres, a dita porcentaxe elevarase ao 40%...».

Na páxina 4.120, no artigo 10º, onde di «...requirirán o interesado para que,...», debe dicir: «...requirirán do interesado para que,...».