DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Martes, 29 de marzo de 2005 Páx. 5.163

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 16 de marzo de 2005 pola que se establecen axudas para a prevención e defensa contra os incendios forestais en montes veciñais en man común.

O Regulamento nº 1257/1999, do consello, do 17 de maio, sobre axudas ao desenvolvemento rural a cargo do Fondo Europeo de Orientación e Garantía (Feoga), recolle nos seus artigos as accións que se van subvencionar nesta orde e establece o marco das axudas comunitarias a favor dun desenvolvemento rural sustentable.

A Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, regula o réxime xurídico xeral das subvencións outorgadas polas administracións públicas.

A Lei 14/2004, do 29 de decembro, de medidas tributarias e de réxime administrativo, modifica o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, adaptando este texto ao disposto na Lei estatal 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

O Decreto 287/2000, do 21 de novembro, desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma galega.

O Decreto 106/2004, do 27 de maio, establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente (DOG nº 107, do 4 de xuño) e o Decreto 215/2004, do 23 de setembro, polo que se modifica o Decreto 23/2003, de 20 de xaneiro, polo que se fixa a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia; atendendo os principios de eficacia, desconcentración e racionalización da organización administrativa.

A Consellería de Medio Ambiente é o órgano da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia ao que corresponde o exercicio das competencias nas funcións que en materia de ambiente e conservación da natureza se establecen nos seus artigos 27.10º, 11º, 15º e 30º e 29.4º do Estatuto de autonomía de Galicia e demais normativa de aplicación, en especial na normativa sobre a protección ambiental de Galicia.

A Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, establece no seu artigo 25 que a Con

sellería de Medio Ambiente lle dará aos montes veciñais en man común carácter preferente nas súas actuacións de fomento e mellora da produción agraria e na concesión de axudas para esta finalidade.

De conformidade con toda a normativa anterior, é obxecto da presente orde incentivar a colaboración dos titulares de montes veciñais en man común na realización de traballos de selvicultura preventiva co fin de minimizar as consecuencias e os impactos negativos que os incendios forestais poidan provocar sobre a capacidade potencial de desenvolvemento e produción destes montes, de grande importancia na nosa comunidade, onde supoñen aproximadamente un terzo da superficie forestal existente; e, en conxunto, sobre a fauna, a flora e a paisaxe de Galicia, continuando coa política de prevención e defensa contra incendios forestais da Consellería de Medio Ambiente.

Por todo isto, e en uso das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, e pola Lei 12/1989, do 4 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

Esta orde ten por obxecto establecer as axudas que os titulares de montes veciñais en man común e as súas agrupacións poderán percibir para a prevención e defensa contra os incendios forestais.

Artigo 2º.-Ámbito de aplicación.

O disposto nesta orde seralles de aplicación aos montes veciñais en man común da Comunidade Autónoma de Galicia, excepto aqueles que estean consorciados coa Administración, salvo que solicitasen a rescisión do dito consorcio ou o seu paso a convenio con anterioridade á publicación desta orde.

Artigo 3º.-Condicións xerais.

Os interesados solicitarán a concesión das axudas baixo as seguintes condicións:

1ª Deberán presentar a solicitude e o resto da documentación necesaria antes de comezar o servizo ou de mercar os equipamentos ou vehículos.

2ª No caso de se conceder a subvención, o pagamento será satisfeito unha vez realizado o servizo e/ou a compra de equipamentos ou vehículos, sen prexuízo dos anticipos que se establezan para cada caso nos artigos seguintes.

3ª Cando as axudas consistan nunha porcentaxe do orzamento do servizo ou subministración, o total da axuda calcularase segundo o orzamento apreciado e aprobado pola Consellería de Medio Ambiente, segundo o disposto no anexo I. As cantidades xustificadas en concepto de IVE non serán subvencionables na medida en que sexan recuperables pola Facenda pública.

4ª O persoal e medios incluídos nas actividades que se van subvencionar, deberán estar operativos na data que estableza a Consellería de Medio Ambiente no escrito de aprobación que se remita.

Artigo 4º.-Actividades subvencionables.

As actividades que se van subvencionar inscríbense en dous grupos:

Grupo I: obra preventiva e operatividade de cuadrillas.

Comprende en particular as seguintes accións e subministracións:

a) Realización de traballos mecanizados de selvicultura preventiva.

As obras consistirán na roza mecanizada de faixas auxiliares de pista e áreas cortalumes, coas condicións mínimas especificadas no anexo V desta orde.

b) Xornada de traballo do persoal integrante das cuadrillas de prevención durante un mínimo de tres meses e un máximo de cinco. Polo menos tres destes meses corresponderanse cos de xullo, agosto e setembro. As cuadrillas estarán compostas, en todo momento, polo menos, por cinco integrantes efectivos por xornada de traballo.

c) Adquisición de ferramentas de prevención: (motorrozadoras) coas características mínimas que se detallan no anexo VI.

d) Compra de ferramentas de defensa contra incendios e material de equipo.

e) Adquisición de batelumes.

f) Adquisición de vestiario ignífugo e equipamento de seguranza persoal.

g) Adquisición de caixa de primeiros auxilios.

h) Aluguer de vehículo todoterreo de transporte ou operatividade de vehículo todoterreo propio.

i) Aluguer de vehículo todoterreo equipado para a prevención e defensa de incendios forestais ou operatividade deste, no caso de ser propio. Estes vehículos deberán cumprir as condicións especificadas no anexo VIII desta orde.

j) Operatividade de tractor con cisterna.

k) Adquisición de tramos de mangueira para tractores con cisterna. Serán tramos de mangueira con racores TB de 25 mm, en rolos de 20 m, que cumprirán as condicións técnicas mínimas que se detallan no anexo VII desta orde.

Establécense os seguintes requisitos básicos para a concesión de axudas neste primeiro grupo:

-Soamente se poderá conceder axuda para a contratación de cuadrillas a aqueles beneficiarios que soliciten e lles sexa concedida axuda para a realización de traballos preventivos con tractores.

-A adquisición de mangueiras para tractores con cisterna estará supeditada á concesión de axuda para a operatividade destes medios.

-O resto de accións e subministracións incluídas neste grupo estará vinculado á solicitude e concesión de axuda para a contratación de cuadrillas.

Grupo II: adquisición de vehículos todoterreo equipados para a prevención e defensa de incendios forestais.

Estes vehículos irán dotados cun depósito para auga cunha capacidade útil mínima de 400 l, incluíndo chasis, carrozaría para a extinción de incendios, equipamento e demais extras que a xuízo do solicitante poidan contribuír a mellorar a operatividade do vehículo, cumprindo sempre coas características mínimas exixidas no anexo VIII e sendo todo isto novo e de recente fabricación.

A axuda para a adquisición destes vehículos só poderá concedérselles aos beneficiarios que solicitaran e obtiveran axuda para a contratación de cuadrillas.

Artigo 5º.-Importes e porcentaxes máximas das axudas.

1. A contía das axudas estará condicionada, en todo caso, á existencia de dispoñibilidades orzamentarias.

2. No anexo I desta orde figura unha relación de prezos que se aplicarán para valorar as accións, equipos, vehículos ou subministracións. Estes prezos son indicativos para o titular da solicitude e obrigatorios como tope máximo na aplicación polos servizos de defensa contra incendios forestais para a aprobación dos orzamentos.

3. Os importes das axudas sobre o orzamento aprobado serán os seguintes:

Grupo I:

-Realización de traballos mecanizados de selvicultura preventiva. Subvención ata un 80%.

O máximo que se vai subvencionar por beneficiario será de seis mil euros (6.000 A).

-Xornada de traballo dos cinco integrantes efectivos das cuadrillas de prevención durante o período establecido, incluída Seguridade Social en réxime xeral. Subvención: ata o 70%.

-Adquisición de motorrozadoras. Subvención: ata o 50%. Subvencionarase un máximo de dúas unidades por cuadrilla.

-Compra de ferramentas de defensa contra incendios e material de equipo. Subvención: ata o 50%.

-Adquisición de batelumes. Subvención: ata o 100%.

-Adquisición de vestiario ignífugo e equipo de seguranza persoal. Subvención: ata o 70%.

-Adquisición de caixa de primeiros auxilios. Subvención: ata o 70%.

-Aluguer de vehículo todoterreo de transporte ou operatividade de vehículo todoterreo propio. Subvención: ata o 70%.

-Aluguer de vehículo todoterreo equipado para a prevención e defensa de incendios forestais ou operatividade deste, no caso de ser propio. Subvención: ata o 70%.

-Operatividade de tractor con cisterna cunha capacidade mínima de 2.000 l de auga e 100 m de mangueira. Subvención: ata o 100%.

-Adquisición de tramos de mangueira para tractores con cisterna. Subvención: ata o 100%. Subvencionarase un máximo de cinco tramos de mangueira por tractor cisterna.

Grupo II:

-Adquisición de vehículos todoterreo equipados para a prevención e defensa de incendios forestais. Subvención: ata un 60%. Subvencionarase un máximo dunha unidade por beneficiario.

Artigo 6º.-Distribución do crédito.

A distribución do crédito entre os dous grupos xa referidos será a seguinte:

Grupo I: un millón cincuenta e seis mil euros (1.056.000 A).

Grupo II: cento corenta e catro mil euros (144.000 A).

No caso de que unha vez priorizados os expedientes solicitados non se cubra a totalidade do importe especificado para algún dos dous grupos, o importe sobrante pasará ao outro grupo, no caso de ser necesario para facer fronte aos expedientes solicitados.

Artigo 7º.-Superficies forestais mínimas para solicitar axudas.

A superficie forestal mínima do monte ou montes veciñais para os que se soliciten estas axudas será de cincocentas hectáreas (500 ha). No caso de agrupación de montes, estes terán que ser lindantes ou pertenceren a un mesmo distrito ambiental e sempre localizarse nunha mesma provincia.

Artigo 8º.-Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios destas axudas os titulares de montes veciñais en man común así como as súas agrupacións, sempre que non incorran en ningunha das circunstancias recollidas no artigo 13.2º da Lei 38/2003, xeral de subvencións.

No caso de agrupacións deberán facerse constar os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación.

En todo caso, os solicitantes deberán acreditar documentalmente a representación que teñen, de conformidade co artigo 32 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Artigo 9º.-Obrigas dos beneficiarios e coordinación co Servizo de Defensa contra Incendios Forestais.

1. O beneficiario comprométese a contratar o persoal necesario para ter en todo momento as cuadrillas integradas por un mínimo de cinco compoñentes. Estas cuadrillas de prevención realizarán rozas manuais selectivas en faixas auxiliares de pista e áreas cortalumes co fin de reducir a carga de combustible presente no monte e crear zonas de descontinuidade, contribuíndo así a diminuír o risco de propagación de incendios forestais e a minimizar os danos causados

por estes sinistros, en caso de se producir. Estes traballos realizaranse sempre dentro do ámbito territorial do monte ou montes para os que o beneficiario solicite a axuda.

A planificación destes labores corresponderalle ao órgano contratante, de acordo co SDCIF, axustándose en todo caso ás seguintes condicións:

-Rozarase un mínimo de 2 ha/mes por cuadrilla, durante o seu período de operatividade.

-Os restos procedentes destes traballos serán triturados mecanicamente. No caso de que a mecanización non fose tecnicamente posible, poderán quedar acordoados ou ser eliminados mediante queima, para a que cómpre solicitar a correspondente autorización.

2. En canto á contratación do persoal para a formación das cuadrillas de prevención de incendios forestais, todas as actuacións derivadas destas serán responsabilidade do órgano contratante. O persoal contratado dependerá tanto xurídica como organicamente do dito órgano e en ningún caso terá vínculo laboral coa Xunta de Galicia.

3. Os vehículos todoterreo equipados para a prevención e defensa contra incendios forestais adquiridos coa axuda obxecto desta orde levarán rotulado nas portas da cabina deste o anagrama da Consellería de Medio Ambiente, así como que está subvencionado pola dita consellería, segundo as indicacións que a Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais lles facilitará aos beneficiarios. Estes vehículos realizarán labores de vixilancia, detección, prevención e defensa contra incendios forestais.

4. Unha vez aprobada a subvención para a adquisición dos vehículos todoterreo, os beneficiarios deberán dispoñer destes totalmente equipados e en perfectas condicións de uso e operatividade, como máximo, aos catro (4) meses de recepción da notificación de concesión da axuda.

5. Todos os medios humanos e materiais aos que se refire esta orde, no caso de ser requiridos polo SDCIF, colaborarán na extinción de incendios forestais declarados no ámbito territorial do concello ou concellos aos que pertenzan os montes beneficiarios da subvención e no dos concellos limítrofes.

6. As características dos vehículos, material e equipamento obxecto desta subvención supeditaranse á normativa comunitaria, nacional e autonómica, se a houbese, en particular no referente aos EPI, ás directivas comunitarias, de acordo co Real decreto 1407/1992, do 20 de novembro, polo que se regulan as condicións de comercialización e libre circulación intracomunitaria dos equipos de protección individual (BOE nº 311, do 28 de decembro).

7. A actividade subvencionada comezará e rematará na data que determine a Consellería de Medio Ambiente ao aprobar a subvención, debéndose engadir como días de traballo os domingos, festivos e festas locais para as axudas que consideren a contratación de persoal así como para tractores e para os vehículos todo

terreo equipados para a prevención e defensa contra incendios forestais. O beneficiario poderá subcontratar total ou parcialmente a actividade subvencionada.

8. Calquera modificación na localización ou composición do persoal contratado deberá serlle comunicada ao Servizo de Defensa contra Incendios Forestais para o seu coñecemento.

Artigo 10º.-Criterios de selección.

Segundo o artigo 3.1º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, a concesión de axudas axustarase aos principios de publicidade, concorrencia e obxectividade.

Co obxectivo de que os medios subvencionados complementen de forma óptima aos do Servizo de Defensa contra Incendios Forestais nos labores de prevención e defensa destes sinistros, é requisito básico establecer unha asignación territorial no ámbito provincial destes medios de xeito que se consiga unha concentración de esforzos e unha acción de conxunto no territorio de toda a comunidade.

Polo tanto, con base o anterior, establécese a seguinte distribución territorial básica :

Intervalo de distribución territorial para a operatividade das cuadrillas subvencionadas e a realización de traballos mecanizados de selvicultura preventiva (grupo I):

MínimoMáximo

A Coruña813

Lugo813

Ourense814

Pontevedra916

Distribución territorial mínima dos vehículos equipados para a prevención e defensa contra incendios forestais (grupo II):

A Coruña: 2.

Lugo: 2.

Ourense: 2.

Pontevedra: 2.

Cando as solicitudes presentadas superen os mínimos provinciais anteriores e existan dispoñibilidades orzamentarias, atenderanse as solicitudes de maior a menor puntuación ata o máximo provincial, segundo o baremo seguinte:

1. Montes veciñais situados en concellos declarados de especial vixilancia de incendios forestais ou en parroquias de especial risco de incendios ou incluídos en espazos declarados zonas de especial protección dos valores naturais: 2 puntos.

Véxase o anexo IX no que se recolle a relación de concellos situados en zonas de especial vixilancia e o Decreto 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados espazos como zonas de especial protección dos valores naturais (DOG nº 69, do 12 de abril).

Por outra banda, no caso de que o monte ou montes veciñais estean situados en parroquias de actuación prioritaria, á puntuación obtida anteriormente sumaráselle 1 punto. No anexo IX recóllese a relación destas parroquias.

2. Mancomunidades, comunidades ou agrupacións de montes veciñais que solicitasen axuda para a operatividade de cuadrillas ao amparo desta orde: 2 puntos por mes de operatividade solicitado, da seguinte forma:

Tres meses de operatividade: 6 puntos.

Catro meses de operatividade: 8 puntos.

Cinco meses de operatividade: 10 puntos.

3. Se existe instrumento de planificación forestal para o monte ou montes beneficiarios (proxecto de ordenación ou plan técnico) aprobado e rexistrado pola Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais: 2 puntos.

4. Necesidades operativas do despregamento de medios do SDCIF: ata 2 puntos.

No caso de que cada provincia cubra os mínimos establecidos no requisito básico de distribución territorial e existan dispoñibilidades orzamentarias, a concesión da axuda para o resto de solicitudes pendentes farase no ámbito rexional, tendo como límite o máximo provincial, atendendo á maior puntuación obtida polos solicitantes, segundo os baremos anteriores.

No caso de que se cubran os máximos territoriais establecidos e existan dispoñibilidades orzamentarias, atenderanse as solicitudes de maior puntuación, segundo o referido baremo.

Para todos os casos, de existir empate, prevalecerá a maior puntuación obtida no punto 4. De continuar este, será preferente a maior puntuación obtida nos puntos 1, 2 e 3 sucesivamente.

Artigo 11º.-Procedemento de concesión.

O procedemento de concesión de subvencións axustarase ao disposto prioritariamente na sección terceira do capítulo segundo do Decreto 287/2000, do 21 de novembro.

Artigo 12º.-Presentación das solicitudes.

As solicitudes deberán presentarse en impreso normalizado que facilitarán os servizos de Defensa Contra Incendios Forestais nas súas oficinas provinciais ou de distrito, utilizando o modelo adxunto a esta orde (anexo II e anexo II bis). Non obstante, admitirase documentación achegada polo interesado que sexa suficiente para un adecuado coñecemento do solicitado, sen prexuízo da emenda desta, a que fai referencia o artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Os impresos debidamente cubertos irán acompañados da seguinte documentación:

a) Fotocopia do DNI, NIF ou CIF do titular dos terreos (ou titulares no caso de agrupación) e do solicitante.

b) Certificado tomado en asemblea xeral, asinado polo secretario, conforme autorizan o solicitante a pedirlle axudas á Consellería de Medio Ambiente, para a execución das accións obxecto da solicitude.

c) Certificado de non ter débedas coa Seguridade Social, ou anexo IV desta orde debidamente cuberto.

d) Certificado de non ter débedas coa Axencia Tributaria, ou anexo IV desta orde debidamente cuberto.

e) Certificado de non ter débedas coa Comunidade Autónoma de Galicia, ou anexo IV desta orde debidamente cuberto.

f) Para as agrupacións: acordo dos titulares dos terreos forestais para a designación dun solicitante-representante para efectos de tramitación da axuda, segundo o anexo III.

g) Declaración de axudas solicitadas, tanto as aprobadas como as pendentes de resolución para esta mesma finalidade, das distintas administracións públicas competentes ou das entidades vinculadas ou dependentes destas.

h) Para a realización de rozas mecánicas con tractores: memoria técnica, acompañada do orzamento e planos sobre mapas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda (CPTOPV) con escala preferentemente 1:5.000 ou no seu defecto 1:10.000

i) Para a adquisición de vehículos todoterreo equipados para a prevención e defensa contra incendios forestais: factura pro forma con todas as características técnicas e prezo do vehículo que se pretende adquirir, detallado. Especificarase, polo tanto, nel, o prezo de cada unha das unidades que comporán o vehículo (chasis, carrozado para a defensa contra incendios forestais, equipamento do que dispoñerá e calquera outro accesorio que se queira engadir), no que teñen que figurar as características mínimas que teñen que cumprir os vehículos conforme ao anexo VIII.

As CMVMC deberán estar legalmente constituídas e regulamentariamente inscritas no Rexistro Provincial de Montes Veciñais en Man Común, de acordo co disposto no artigo 57 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro.

A presentación das solicitudes poderase realizar en calquera lugar dos previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC).

Artigo 13º.-Prazo de presentación.

O prazo de presentación de solicitudes será de corenta días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 14º.-Instrución e resolución de expedientes. Recursos administrativos.

1. Unha vez presentada a solicitude revisarase a documentación e no caso de que conteña defectos ou omisións non esenciais, a Subdirección Xeral de Defensa contra Incendios Forestais requiriralle ao soli

citante a emenda dela, outorgándolle un prazo de 10 días hábiles para facelo, de conformidade co disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, con indicación de que de non se facer así, desestimarase a súa petición e arquivarase o expediente sen máis trámite, para os efectos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992.

2. O órgano colexiado composto polo subdirector xeral de Defensa contra Incendios Forestais e polo xefe do Servizo de Organización e Control de Medios, valorará as peticións, segundo os criterios de selección recollidos no artigo 10º e formularalle proposta de concesión ao director xeral de Montes e Industrias Forestais.

3. O director xeral de Montes e Industrias Forestais elevaralle a proposta ao conselleiro de Medio Ambiente, que é o órgano ao que lle corresponde ditar a resolución de aprobación da subvención. A resolución efectuarase tendo en conta os criterios de selección desta orde e en réxime de concorrencia competitiva, axustándose aos principios de concorrencia, transparencia e igualdade.

4. O conselleiro de Medio Ambiente resolverá conceder ou denegar a axuda de xeito motivado, concretando, se é o caso, a contía, nun prazo máximo de 4 meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Esta resolución notificaráselles aos intereados no prazo dos 10 días seguintes á toma do acordo.

5. Excepcionalmente, o conselleiro de Medio Ambiente poderá acordar a ampliación do prazo máximo de resolución e notificación mediante motivación clara das circunstancias concorrentes e só unha vez esgotados todos os medios á disposición posibles, de conformidade co disposto no artigo 42.6º, en relación co artigo 49, da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC).

6. No caso de non recaer resolución expresa no dito prazo, o interesado poderá entender desestimada a solicitude, sen prexuízo da obriga legal de resolver expresamente conforme o disposto nos artigos 42 e 44 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC).

7. Contra a resolución aprobatoria ou denegatoria, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da recepción da notificación da resolución, ou no prazo de tres meses desde que se entenda desestimada a solicitude por silencio administrativo; ou ben poderá ser impugnada directamente perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, se a resolución fose expresa, ou seis meses desde que se entenda desestimada por silencio administrativo, consonte ao disposto nos artigos 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC); e o artigo 46 da Lei 26/1998,

do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Artigo 15º.-Anticipos.

O Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, establece no seu artigo 16.2º.dous.3 que, con carácter excepcional e por resolución motivada da consellería correspondente (neste caso a Consellería de Medio Ambiente), poderá autorizar un anticipo de ata o 50% do importe total da subvención aprobada, nos casos en que o investimento exixa pagamentos inmediatos, sen prexuízo das limitacións que poidan existir, se é o caso, na normativa básica da Unión Europea sobre fondos estruturais.

Para a aprobación deste anticipo, o beneficiario deberá remitir nun prazo máximo de quince días contados a partir da data de inicio dos traballos, establecida na resolución de aprobación da axuda a seguinte documentación:

-Certificado de non ter débedas coa Seguridade Social, ou anexo IV desta orde debidamente cuberto.

-Certificado de non ter débedas coa Axencia Tributaria, ou anexo IV desta orde debidamente cuberto.

-Certificado de non ter débedas coa Comunidade Autónoma de Galicia, ou anexo IV desta orde debidamente cuberto.

-Declaración de axudas solicitadas, tanto as aprobadas como as pendentes de resolución para esta mesma finalidade, das distintas administracións públicas competentes ou das entidades vinculadas ou dependentes destas.

-Nome dos integrantes da cuadrilla (especificando o nome da persoa que actúa como coordinador e responsable dos integrantes desta).

-Escrito no que se deixe constancia da marca e matrícula do vehículo todo terreo (alugado ou propio) e de que permanece en perfectas condicións mecánicas e de dotación e que está ao día en toda a documentación, cumprindo coas obrigas administrativas que leva aparelladas en materia de inspección técnica (ITV), pólizas de seguro, impostos, etc.

-Escrito no que se deixe constancia da marca e matrícula do vehículo todoterreo (alugado ou propio) equipado para a prevención e defensa contra incendios forestais, de que cumpre co estipulado no anexo VIII e de que permanece en perfectas condicións mecánicas e de dotación estando ao día en todo a documentación, cumprindo coas obrigas administrativas que leva aparelladas en materia de inspección técnica (ITV), pólizas de seguro, impostos, etc.

-Un número de teléfono de contacto 24 horas.

-Escrito no que se deixe constancia de que os integrantes da cuadrilla estean equipados adecuadamente para o traballo que se vai realizar, desde a data de inicio.

-Matrícula do tractor con rozadora, nome ou nomes das persoas que operan con el e un número de teléfono de contacto 24 horas. O vehículo permanecerá en perfectas condicións mecánicas e de dotación e estará ao día en toda a documentación, cumprindo coas obrigas administrativas que leva aparelladas en materia de inspección técnica (ITV), pólizas de seguro, impostos, etc.

Ademais, no caso de que se reciba axuda para a operatividade dun tractor con cisterna, deberase comunicar a mesma información que a reflectida para o tractor con rozadora.

Non se aplicará o pagamento anticipado á adquisición de vehículos todoterreo equipados para a prevención e defensa contra incendios forestais. Para estes vehículos o pagamento será único e realizarase unha vez que o beneficiario lle notifique a súa adquisición á Consellería de Medio Ambiente e esta realice as comprobacións pertinentes, segundo se reflictirá posteriormente.

Artigo 16º.-Execución da subvención.

A aprobación da subvención implicará o compromiso dos solicitantes de executar as accións indicadas nas condicións propostas. A execución das actividades obxecto de axuda deberá realizarse na extensión e co orzamento indicado no impreso de solicitude. Unha realización da acción subvencionada un 50% inferior á proposta, agás por causa de forza maior, suporá a revogación da subvención concedida, logo da correspondente valoración polos técnicos dos servizos de defensa contra incendios forestais.

Realizarase unha inspección previa á iniciación da obra preventiva dos tractores polo técnico competente da Consellería de Medio Ambiente para verificar as superficies, así como para comprobar os datos da solicitude e a viabilidade dos traballos.

No caso de renuncia, despois de recibida a aprobación da subvención, deberá comunicarse por escrito á Consellería de Medio Ambiente.

Artigo 17º.-Responsabilidade.

A organización e materialización das actividades subvencionadas será responsabilidade exclusiva do beneficiario.

A actuación da Consellería de Medio Ambiente quedará limitada ao outorgamento da correspondente subvención a garantir o cumprimento da normativa en materia subvencional.

Artigo 18º.-Xustificación de gastos.

O beneficiario deberá comunicarlles aos SDCIF da Consellería de Medio Ambiente o remate dos traballos así como, se é o caso, a adquisición dos vehículos.

Os gastos de execución das accións subvencionadas serán debidamente xustificados polo beneficiario, mediante a presentación de facturas orixinais, nóminas, boletíns de cotización da Seguridade Social, contratos e demais documentos acreditativos de xustificación do investimento, tal e como establece o artigo 15 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro.

Para todas as actuacións subvencionadas nesta orde no momento da xustificación da execución total do proxecto e, con anterioridade ao pagamento, o beneficiario deberá presentar a seguinte documentación:

-Certificado de non ter débedas coa Seguridade Social, ou anexo IV desta orde debidamente cuberto.

-Certificado de non ter débedas coa Axencia Tributaria, ou anexo IV desta orde debidamente cuberto.

-Certificado de non ter débedas coa Comunidade Autónoma de Galicia, ou anexo IV desta orde debidamente cuberto.

-Declaración de axudas solicitadas, tanto as aprobadas como as pendentes de resolución para esta mesma finalidade, das distintas administracións públicas competentes ou das entidades vinculadas ou dependentes delas.

Para o caso particular da adquisición de vehículos todoterreo equipados para a prevención e defensa contra incendios forestais ademais dos documentos anteriores o beneficiario deberá remitir:

-Factura orixinal ou copia compulsada ou cotexada e xustificación do pagamento desta.

Pola súa banda, a Consellería de Medio Ambiente levará a cabo a súa función de comprobación do investimento a través das certificacións dos técnicos competentes, concretándose estas da seguinte maneira:

1. Traballos selvícolas de cuadrillas.

Certificado emitido polo técnico competente no que se indique se as obras realizadas polas cuadrillas foron realizadas conforme o establecido no artigo 9º desta orde.

2. Traballos selvícolas con tractores.

Certificado emitido polo técnico competente no que se indique se as obras realizadas foron executadas conforme a solicitude e a memoria presentada polo beneficiario especificando o lugar e hectáreas rozadas.

Con esta certificación poderá modificarse á baixa a cantidade aprobada inicialmente, no caso de que se realice un número menor de unidades de obra das aprobadas.

3. Adquisición de vehículos todo terreo equipados para a prevención e defensa contra incendios forestais.

Certificado emitido polo técnico competente no que se indique se o vehículo cumpre coas condicións mínimas requiridas na orde e se verifique a propiedade deste a favor do beneficiario da subvención e que permanece en perfectas condicións mecánicas e de dotación e está ao día en toda a documentación deste, cumprindo coas obrigas administrativas que leva aparelladas.

O prazo para a presentación dos xustificantes das accións realizadas, obxecto da subvención, rematará o 31 de outubro.

Artigo 19º.-Comprobacións.

1. O beneficiario comprométese a someterse ás actuacións de comprobación que deba efectuar a entidade concedente ou, se é o caso, a colaboradora e ás de control financeiro que lle corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coas subvencións e axudas concedidas e coas previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, consonte o disposto no Decreto lexislativo 1/1999, modificado pola Lei 14/2004, do 29 de decembro, e o capítulo V do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. A solicitude non implica ningún dereito para o peticionario, mentres non exista resolución favorable.

Artigo 20º.-Revogacións.

Consonte o disposto no artigo 78.9º do Decreto lexislativo 1/1999, modificado pola Lei 14/2004, e no artigo 19 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, será motivo de revogación (total ou parcial) da axuda recibida, mediante resolución razoada do mesmo órgano que a concedeu, e procederá ao reintegro total ou parcial da axuda recibida, xunto cos xuros devengados desde o seu pagamento nos seguintes casos:

a) Incumprimento da obriga de xustificar.

b) Obtención da subvención sen reunir os requisitos esixidos para a súa concesión.

c) Incumprimento da finalidade para a que foi concedida a subvención.

d) Incumprimento das condicións impostas ás entidades colaboradoras e beneficiarios con motivo da concesión da axuda ou subvención pública.

e) Incumprimento da obriga de adoptar as medidas de difusión contidas na Lei 14/2004.

f) Resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro, así como o incumprimento das obrigas contables, rexistrais ou de conservación de documentos, cando se derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o incumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas ou a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade achegadas de calquera administración ou ente público ou privado, nacional, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

g) A adopción, en virtude do establecido nos artigos 87 a 89 do tratado da Unión Europea, dunha decisión da que derive unha necesidade de reintegro.

h) Nos demais supostos considerados na normativa reguladora da subvención.

Así mesmo, procederase ao reintegro do exceso percibido nos supostos en que o importe da subvención, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou outras entidades públicas ou privadas, nacionais ou internacionais, supere o custo da actividade que vai desenvolver o beneficiario ou, se é o caso, a porcentaxe máxima do investimento subvencionable que se estableza.

Artigo 21º.-Financiamento.

O orzamento para esta orde ascende a un total dun millón douscentos mil euros (1.200.000 A), que se financiarán con cargo á aplicación orzamentaria 15.02.422C.770.0, códigos de proxecto 15.00.707 e 00.05.297 «Subvencións e investimentos en materia de prevención de incendios», do seguinte xeito:

Código de proxecto 15.00.707: un millón de euros (1.000.000 A)

Código de proxecto 00.05.297: douscentos mil euros (200.000 A)

A Consellería de Medio Ambiente, chegado o caso, poderá aumentar o orzamento dispoñible para o financiamento desta orde, sempre e cando existan dispoñibilidades orzamentarias.

Artigo 22º.-Modificación da resolución de concesión.

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución da concesión, consonte o disposto no artigo 12.1º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro e no artigo 12.9º da Lei 14/2004, do 29 de decembro.

Artigo 23º.-Procedemento sancionador.

O artigo 79 do Decreto lexislativo 1/1999, modificado polo artigo 13 da Lei 14/2004, regula as infraccións e sancións administrativas en materia de axudas e subvencións públicas, así como o réxime de responsabilidade e os órganos competentes para o exercicio da potestade sancionadora.

A imposición de sancións realizarase unha vez instruído o oportuno expediente, consonte o disposto no Decreto 287/2000, no Decreto lexislativo 1/1999, na Lei 14/2004, na Lei 30/1992 e no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

Disposicións adicionais

Primeira.-As axudas contidas nesta orde son incompatibles con outras subvencións de calquera Administración Pública e con calquera outro réxime de axudas comunitarias para a mesma finalidade.

Segunda.-Segundo o disposto no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, deberán manterse as condicións do investimento ou o emprego ligado a este durante un período mínimo de cinco anos.

Terceira.-A Consellería de Medio Ambiente poderá modificar a resolución de concesión por instancia do beneficiario, consonte os requisitos previstos no artigo 12.2º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Consonte co anterior, o acto polo que se acorde a modificación da resolución, ou, se é o caso, se denegue, será ditado polo órgano concedente, logo da instrución do correspondente expediente no que se lles dará audiencia aos interesados na forma prevista no artigo 9.4º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Montes e Industrias Forestais para ditar todas as disposicións complementarias, dentro do ámbito das súas competencias, co obxecto de desenvolver esta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2005.

José Manuel Barreiro Fernández

Conselleiro de Medio Ambiente

ANEXO I

UnidadeDescriciónPrezo máximo

aplicable en euros

HaRoza mecanizada con tractor e rozadora de brazo en faixas auxiliares de pistas 450

HaRoza mecanizada con tractor e rozadora de cadeas en áreas cortalumes 375

XornalXornada de 8 horas e con dedicación plena durante elas para cuadrillas de prevención e defensa compostas por cinco integrantes, incluíndo seguros: réxime xeral 225

DíaAluguer ou operatividade de vehículo todoterreo para cuadrillas de prevención e defensa, ao día 30

DíaAluguer ou operatividade de vehículo todoterreo equipado para a prevención e defensa de incendios forestais, ao día 40

UnidadeBatelumes de caucho con mango. 22

UnidadeFerramenta forestal 25

UnidadeEquipamento de protección individual completo (funda, botas, casco, cinto, máscara, lentes, luvas e lanterna) 150

UnidadeRozadora manual 1.200

UnidadeCaixa de primeiros auxilios 35

DíaOperatividade de tractor con cisterna con capacidade mínima de 2.000 l e 100 m de mangueira 11

UnidadeTramo de mangueira con racores TB, de 25 mm en rolos de 20 m 90

UnidadeAdquisición vehículo todoterreo equipado para a prevención e defensa contra incendios forestais 30.000

ANEXO V

Definición e condicións técnicas mínimas

das faixas auxiliares

Consistirán na roza e eliminación da parte aérea da matogueira existente nas marxes ou noiros de camiños forestais ou vías de diversa orde.

Realizaranse para iso pasadas paralelas en sentido lonxitudinal co tractor, conformando un largo teórico de 3 m/faixa, a ambas as dúas marxes do camiño, totalizándose unha superficie de 6.000 m/km de percorrido.

Utilizarase como apeiro unha rozadora de coitelas de eixe horizontal en cabezal encaixado a un brazo hidráulico movido por un tractor eiruga ou de rodas de polo menos 100 CV.

Definición e condicións técnicas mínimas

das áreas cortalumes

Consistirán na roza e eliminación da parte aérea da matogueira existente nas rodeiras sinaladas.

Realizarase mediante pasadas de ida e volta con tractor eiruga ou de rodas de polo menos 100 CV ao que se acoplará unha rozadora de cadeas ou de eixe vertical.

ANEXO VI

Definición e características técnicas mínimas

que deberán cumprir as motorrozadoras

1. Definicións.

Ferramenta motorizada cortante, consistente nunha serra circular inserida no extremo dunha barra

ou lanza conectada a un motor. A barra é dirixida por un guiador ergonómico que posibilita o traballo do corpo en posición vertical.

2. Bases técnicas.

As motorrozadoras que se desexen adquirir serán novas, de recente fabricación, de tipo moderno e de primeira calidade.

Dado que este material se utilizará en duras condicións de traballo, as súas características básicas serán tales que reúnan unhas condicións de robustez, lixeireza, facilidade de manexo, conservación e mantemento que aseguren a máxima efectividade e duración do equipo.

2.1. Características técnicas do material.

Basicamente, o aparello estará constituído por un motor de dous ou de catro tempos, cun sistema antivibración que reduza a transmisión de vibracións orixinadas polo motor e pola ferramenta de corte en movemento e un sistema de acendido que garante un arranque fiable e un funcionamento do motor sen avarías.

Datos técnicos:

-Cilindrada mínima de 56,50 cc.

-Potencia mínima de 3,60 CV.

2.2. Grupo motor.

Estarán dotados dun motor de explosión de 2 ou de 4 tempos, cun sistema de filtros de aire que alongue os intervalos de limpeza e ofreza unha protección fiable do motor.

Prestaráselle especial atención á relación peso/potencia.

2.3. Carburación.

Estará provisto dun carburador que sexa insensible a calquera posición de traballo con bomba de combustible incorporada.

2.4. Sistema eléctrico.

O sistema de acendido electrónico garantirá unha arrancada fiable e un funcionamento do motor sen avarías.

2.5. Silenciador.

Constarán dun silencioso adecuado para este tipo de motores de elevado número de r.p.m. e deberá especificarse na oferta o nivel de ruído que alcanza co motor a plena carga.

2.6. Refrixeración.

A refrixeración realizarase por circulación forzada de aire por medio de turbina, orientándose o fluxo sobre as aletas do cilindro e culata por medio de carenado; a toma de aire estará protexida por reixa.

2.7. Depósito de combustible.

Posuirá un depósito de combustible de fácil enchedura dotado de válvula de aireación e antiderrame e será transparente para poder controlar o nivel de consumo. O filtro de toma será de feltro ou outro material que permita unha longa duración deste e de fácil extracción e substitución.

No seu conxunto, estará debidamente illado do calor irradiado polo motor. Preferiranse aqueles equipos que precisen gasolina sen chumbo para protexer o medio e ademais non necesiten ser alimentados con mesturas de gasolina de octanaxe alta.

2.8. Arrancada.

A arrancada será manual por cable ou electrónico.

2.9. Embrague.

O dispositivo de embrague será automático, de tipo centrífugo e de longa duración; estará debidamente protexido contra a entrada de graxas, aceites e mestura de combustible vertido.

2.10. Accesorios de corte.

A motorrozadora virá provista dunha caixa redutora na que se poderán inserir os distintos elementos de corte. Serán facilmente substituíbles e disporase de ferramentas necesarias para realizar este recambio.

2.11. Proteccións.

Valoraranse especialmente aqueles dispositivos dos que veñan dotadas, como protectores para accesorios de corte así como o número e tipo de repostos que se entreguen con cada unidade.

2.12. Material.

Cada unidade virá dotada como mínimo de:

1 libro de instrucións de uso, mantemento e pezas de reposto.

1 xogo de ferramentas básicas de mantemento.

2 accesorios de corte para matogueiras e un para cortar arbustos e árbores delgadas.

1 arnés co seu cinto de porte.

ANEXO VII

Características técnicas mínimas que deberán

cumprir as mangueiras

O material será novo, de recente fabricación, de tipo moderno e de primeira calidade.

Dado que este material se utilizará en operacións de extinción, en duras condicións de traballo, as súas características básicas serán tales que reúnan unhas condicións de robustez, lixeireza, facilidade de manexo, conservación e mantemento, que ase

guren a máxima efectividade e duración deste. Estas características son:

1. Constarán dun tubo flexible, exento de rixidez en todas as súas partes, formado por 4 capas, que ao entrar en carga adopte a sección circular. Os materiais nos que estea construído, así como o seu grosor, serán tales que esta armazón teña a resistencia necesaria para soportar polo menos unha presión de servizo de 45 bares, no caso de mangueiras de 25 mm, e para tolerar unha presión de rotura de 90 bares, segundo o ensaio 4 da norma UNE 23091-2B. Ademais estes materiais serán impermeables.

2. Os semi-racores situados aos extremos de cada tramo serán simétricos, de tipo cola estriada, anticorrosivos e de alta resistencia, e capaces de soportar presións de traballo de 45 kg/cm.

3. O tecido do armazón será de fibra pouco combustible e o suficientemente resistente para soportar a presión interior e os desgastes que, por arrastre ou fregamento contra o chan ou outros corpos, poida experimentar. O grao de elasticidade e de dilatación en ningún caso deberá ser superior ao 6%.

ANEXO VIII

Características técnicas mínimas que teñen que

cumprir os vehículos todoterreo equipados para a prevención e defensa contra incendios forestais

Chasis.

Bastidor especialmente deseñado para a súa utilización en todoterreo, con todos os seus elementos distribuídos e/ou protexidos para que non se poidan danar nin extraídos accidentalmente por ramas ou outros elementos ao circular polo monte.

Cabina.

A cabina do vehículo todoterreo terá catro portas e cinco prazas homologadas.

Motor.

Potencia máxima non inferior de 100 CV nin o par máximo desenvolvido inferior a 24 m/kg.

Depósito de augua.

Depósito de auga de poliéster reforzado con fibra de vidro, con capacidade útil mínima de 400 l e dotado de tabiques dique para evitar voltas.

A lonxitude do depósito de auga non será superior ao 80% do longo da superficie carrozable.

Bomba.

Motor de accionamento de catro tempos, con arrancada eléctrica e manual para casos de emerxencia, con caixa redutora de revolucións do motor para o accionamento equilibrado da bomba de alta presión.

As características hidráulicas mínimas serán:

-Alta presión: P: 140 bar.

Q: 40 l/min.

A bomba accionarase electricamente con batería de 12V e de emerxencia manual «a tirón».

Comunicación.

Levará instalado un equipo de radiocomunicación móbil, extraíble, altavoz xunto ao cadro de mandos da bomba e antena, de acordo coas especificacións que determine a SXDCIF, así como un kit de mans libres para cumprir a normativa vixente ao respecto.

Matriculación.

Os vehículos terán que estar matriculados, estando todo debidamente autorizado e aprobado pola Inspección Técnica de Vehículos, no momento da entrega de toda a documentación acreditativa necesaria para o pagamento da subvención concedida, sendo por conta do beneficiario da subvención os gastos correspondentes de matriculación e paso da ITV.

ANEXO IX

Concellos incluídos en zonas de especial vixilancia e parroquias de actuación prioritaria

Provincia da Coruña

Concello Parroquia

AmesBiduído (Santa María)
Bugallido (San Pedro)
BoiroAbanqueiro (San Cristovo)
Castro (Santa María)
BriónÁnxeles (Os) (Santa María)
Bastavales (San Xulián)
San Salvador de Bastavales (San Salvador)
Cornanda (Santa María)
FerrolBrión (Santa María)
Serantes (San Salvador)
Lousame
Narón
NedaAnca (San Pedro)
Padrón
Pobra do Caramiñal (A)Xobre (Santa María)
Porto do SonMuros (San Pedro)
Nebra (Santa María)
RibeiraAguiño (Nosa Señora do Carme)
Carreira (San Paio)
Castiñeiras (O Bo Pastor)
Oleiros (San Martiño)
Palmeira (San Pedro)
Ribeira (Santa Uxía)
Rianxo
Rois
Santiago de CompostelaCastiñeiriño (O) (Nosa Señora de Fátima)
Conxo (Santa María)
Laraño (San Martiño)
Vidán (Divino Salvador)
San Paio (Santiago)
Teo
ValdoviñoMeirás (San Vicente)
VedraSales (San Xulián)

Provincia de Lugo

Concello Parroquia

AbadínBaroncelle (Santiago)
CospeitoRoás (San Miguel)
Vilalba

Provincia de Ourense

Concello Parroquia

Allariz
Amoeiro
BaltarGarabelos do Bouzo (Santiago)

Niñodaguia (San Lourenzo)

Tosende (San Lourenzo)

BandeBaños (Os) (San Xoán)
Blancos (Os)Nocedo (San Cibrao)
Bola (A)Berredo (San Miguel)

Pardavedra (Santiago)

Podentes (Santa María)

Soutomel (Santa Locaia)

Veiga (A) (San Munio)

Bolo (O)Cambela (Santa María)

Chao de Castro (San Martiño)

Calvos de RandínCastelaus (San Martiño)

Golpellás (San Xoán)

Carballeda de AviaAbelenda das Penas (Santo André)

Faramontaos (San Cosmede)

Santo Estevo de Nóvoa (Santo Estevo)

Carballiño (O)Arcos (Santa María)

Partovia (Santiago)

Señorín (San Roque)

Castro CaldelasCamba (San Xoán)

Castro Caldelas (San Sebastián)

Folgoso (Santiago)

Poboeiros (San Xoán)

Trabazos (Santa Olaia)

Sas de Penelas (San Fiz)

Vilamaior de Caldelas (Santa María)

Cartelle
CelanovaAnsemil (Santa María)

Bobadela (Santa María)

Castromao (Santa María)

Celanova (San Rosendo)

Orga (San Miguel)

Rabal (San Salvador)

Viveiro (San Xoán)

CenlleEsposende (Santa Mariña)

Vilar de Rei (San Miguel)

CualedroMontes (Santa Baia)

Rebordondo (San Martiño)

Chandrexa de QueixaChaveán (San Bartolomeu)

San Cristovo (San Cristovo)

LeiroSan Clodio (Santa María)
LobeiraSanta Comba (San Trocado)
LobiosTorno (San Salvador)
ManzanedaManzaneda (San Martiño)

Placín (Santiago)

Reigada (Santa María Madanela)

Requeixo (San Bartolomeu)

San Miguel de Bidueira (San Miguel)

MasideAmarante (Santa María)

Garabás (San Pedro)

Santa Comba do Trevoedo (Sta. Comba)

Concello Parroquia

Melón
Merca (A)Corvillón (Santa María)

Olás de Vilariño (Santa María)

Proente (Santo André)

Zarracós (Santo André)

MonterreiMadanela (A) (Santa María)
MuíñosBarxés (Santa María)

Cados (Santa María)

Couso de Salas (Santiago)

Maus de Salas (As) (Santa Baia)

Muíños (San Pedro)

Requiás (Santiago)

OurenseCeboliño (Bo Xesús)

Arrabaldo (Santa Cruz)

Untes (Santo Estevo)

Santa Mariña do Monte (Santa Mariña)

Montealegre (A Milagrosa)

Rairo (Santa Lucía)

Velle (Santa Marta)

Paderne de AllarizFigueiredo (San Pedro)
O Pereiro de Aguiar Melias (Santa María)

Prexigueiró (San Salvador)

Sabadelle (San Martiño)

Vilariño (Santa Cristina)

Pobra de Trives (A)Castro (O) (San Nicolao)

Cova (Santa María)

Cotarós (Santiago)

Encomenda (A) (Santo Antonio)

Mendoia (Nosa Señora da Concepción)

Pareisás (Santo Antonio)

Pena Folenche (Santa María)

Piñeiro (San Sebastián)

Sobrado (San Salvador)

San Lourenzo de Trives (San Lourenzo)

Trives (Santa María)

PorqueiraSobreganade (San Mamede)
Punxín
RibadaviaSanín (San Pedro)
San Amaro
San Cibrao das ViñasNoalla (San Salvador)
San Xoán de RíoCerdeira (Santa María Madanela)
TaboadelaMesón de Calvos (O) (Santa María)

Taboadela (San Miguel)

Teixeira (A)Boazo (Santa María)
ToénFeá (Santa María)
Viana do BoloGrixoa (San Pedro)

Quintela do Pando (Santa Isabel)

Vilarmeao (Santo Antón)

VilamarínSobreira (San Xoán)

Viña (San Román)

Vilariño de ConsoCastiñeira (San Lourenzo)

Mormentelos (Nosa Señora da O)

Sabuguido (Santa María)

San Cristovo (San Cristovo)

Vilariño de Conso (San Martiño)

Xinzo de LimiaGudín (San Miguel)

Provincia de Pontevedra

Concello Parroquia

ArboArbo (Santa María)

Cabeiras (San Sebastián)

Cequelinos (San Miguel)

Mourentán (San Cristovo)

Sela (Santa Mariña)

BarroBarro (San Breixo)

Valiñas (Santo André)

Caldas de ReisArcos da Condesa (Santa Mariña)

Godos (Santa María)

Saiar (Santo Estevo)

Concello Parroquia

CambadosCambados (Santa Mariña Dozo)

Castrelo (Santa Cruz)

Cañiza (A)Achas (San Sebastián)

Cañiza (A) (Santa Tareixa)

Couto (San Bartolomeu)

Franqueira (Santa María)

Parada de Achas (Santiago)

Valeixe (Santa Cristina)

CrecenteAlbeos (San Xoán)
Fornelos de MontesOitavén (San Vicente)
MarínCampo (O) (Santa María)

Mogor (San Xurxo)

MeañoCovas (Santa Cristina)

Padrenda (San Martiño)

MeisNogueira (San Lourenzo)
MondarizFrades (San Martiño)

Gargamala (Santa María)

Mondariz (Santa Eulalia)

Riofrío (San Miguel)

Toutón (San Mateu)

Vilar (San Mamede)

Mondariz-BalnearioMondariz-Balneario (Ntra. Sra. de Lourdes)
MosPetelos (San Mamede)

Tameiga (San Martiño)

Neves (As)Batalláns (San Pedro)

Liñares (Santa María)

Neves (As) (Santa María)

Ribarteme (Santiago)

Rubiós (San Xoán)

Taboexa (Santa María)

Tortoreos (Santiago)

Vide (Santa María)

Pazos de Borbén
PoioPoio (San Salvador)
PonteareasAngoares (San Pedro)

Arcos (San Breixo)

Fontenla (San Mamede)

Guillade (San Miguel)

Moreira (San Martiño)

Ponteareas (San Miguel)

Ribadetea (San Xurxo)

PontevedraCampañó (San Pedro)

Canicouva (A) (Santo Estevo)

Virxe do Camiño (A) (Virxe do Camiño)

Porriño (O)Atios (Santa Eulalia)

Mosende (San Xurxo)

Pontellas (Santiago)

Torneiros (San Salvador)

PortasBriallos (San Cristovo)

Lantaño (San Pedro)

Portas (Santa María)

RedondelaNegros (Santo Estevo)

Quintela (San Mamede)

Vilar de Infesta (San Martiño)

Viso (O) (Santa María)

RibadumiaLeiro (San Xoán)

Lois (San Fiz)

Salceda de CaselasBudiño (Santo Estevo)

Entenza (Santos Xusto e Pastor)

Parderrubias (Santo Tomé)

Picoña (San Martiño)

Salceda (San Xurxo)

Salceda (Santa María)

Salvaterra de MiñoAlxán (San Paio)

Corzáns (San Miguel)

Fiolledo (San Paio)

Fornelos (San Xoán)

Leirado (San Salvador)

Lira (San Simón)

Meder (Santo Adrián)

Oleiros (Santa María)

Pesqueiras (Santa Mariña)

Porto (San Paulo)

Salvaterra (San Lourenzo)

Soutolobre (Santa Comba)

Vilacoba (San Xoán)

Concello Parroquia

SoutomaiorArcade (Santiago)
TuiBaldráns (Santiago)

Ribadelouro (Santa Comba)

VigoBembrive (Santiago)

Castrelos (Santa María)

Comesaña (Santo André)

Coruxo (San Salvador)

VilaboaFigueirido (Santo André)
Vilagarcía de ArousaArealonga (Santa Eulalia)

Bamio (San Xes)

Cornazo (San Pedro)

Sobradelo (San Salvador)

Sobrán (San Martiño)

Carril (Santiago de Fóra)

Vilanova de ArousaAndrás (San Lourenzo)

Caleiro (Santa María)

Deiro (San Miguel)