DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Martes, 29 de marzo de 2005 Páx. 5.161

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

DECRETO 51/2005, do 10 de marzo, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, pola Deputación Provincial de Lugo, dos bens e dereitos necesarios para a realización da obra número 88 P.O.S. 2004 Alfoz-Foz. Variante da estrada provincial de San Acisclo por Allegue a San Antonio, punto quilométrico 0,000 ao 0,640 (termos municipais de Foz e Alfoz).

A Deputación Provincial de Lugo en sesión que tivo lugar o día dezaseis de xullo de dous mil catro, aprobou o proxecto da obra nº 88 P.O.S. 2004 Alfoz-Foz. Variante da estrada provincial de San Acisclo por Allegue a San Antonio, punto quilométrico 0,000 ao 0,640 e, na sesión do vinte e nove de novembro de dous mil catro, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ao abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

Que o dito expediente tivo entrada na Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local e, solicitado informe á Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, este foi emitido favorablemente.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, xa que segundo sinala a deputación, a actuación consiste na mellora dunha estrada cunha perigosidade moi elevada debido a súa configuración, polo que se acadaría unha maior seguridade e se reduciría o risco de accidentes de tráfico.

A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ao Consello da Xunta de Galicia segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dez de marzo de dous mil cinco,

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a urxente ocupación, pola Deputación Provincial de Lugo para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído ao efecto e necesarios para a execución da obra nº 88 P.O.S. 2004 Alfoz-Foz. Variante da estrada provincial de San Acisclo por Allegue a San Antonio, punto quilométrico 0,000 ao 0,640, debendo, se é o caso, unha vez ocupados os terreos necesarios, obter as autorizacións que foran necesarias dos organismos competentes, con carácter previo ao inicio das obras.

Santiago de Compostela, dez de marzo de dous mil cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús Carlos Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Administración

Local