DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Martes, 29 de marzo de 2005 Páx. 5.153

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 16 de marzo de 2005 pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas para a contratación de doutores en organismos públicos de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia (programa Isidro Parga Pondal) e se procede á súa convocatoria.

A Lei 12/1993, de fomento de investigación e desenvolvemento tecnolóxico de Galicia, no seu artigo 1º, establece como obxectivo xeral o fomento da investigación científica e a innovación tecnolóxica para promover o desenvolvemento económico, social e produtivo de Galicia. Como unha ferramenta encamiñada ao logro deste obxectivo, a citada lei, no seu capítulo II, crea o Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico. O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 14 de marzo de 2002, aprobou o Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (2002-2005).

O plan está integrado por programas xerais, sectoriais e horizontais. Dentro dos programas horizontais figura o programa de recursos humanos que ten, entre outros obxectivos, o de incrementar os recursos humanos dedicados a actividades de I+D+I tanto en número como en especialización nas áreas de maior interese, así como incrementar o número de doutores e tecnólogos incorporados ao sistema público de I+D.

O obxectivo do programa Isidro Parga Pondal é contribuír a superar o déficit de recursos humanos que ten o sistema de I+D en Galicia continuando a acción iniciada no ano 2003 de inserción nas universidades do sistema universitario de Galicia e en centros de investigación da comunidade autónoma de xoves doutores cunha formación investigadora acreditada en organismos científicos nacionais ou estranxeiros. Na súa virtude e consonte o previsto no convenio de colaboración subscrito pola Consellería de Innovación, Industria e Comercio coas universidades do sistema universitario de Galicia, esta consellería

DISPÓN:

Artigo 1º.-Finalidade da convocatoria.

Esta convocatoria establece as bases que regulan en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, a concesión de axudas para a realización de 45 contratos laborais de duración determinada e destinados á incorporación de investigadores, que teñan acadado o título de doutor, ás universidades do sistema universitario de Galicia.

Artigo 2º.-Requisitos dos candidatos.

Os candidatos á obtención dalgún dos contratos obxecto desta convocatoria deberán acreditar o cumprimento dos seguintes requisitos:

a) Posuír a nacionalidade española, ser nacional dun país membro da Unión Europea ou ser estranxeiro con permiso de residencia en España.

b) Estar en posesión do grao de doutor.

As titulacións obtidas no estranxeiro deberán estar homologadas polo Ministerio de Educación e Ciencia a excepción das obtidas en países membros da Unión Europea.

Admitiranse solicitudes de candidatos que teñan iniciado o trámite de homologación do título de doutor polo Ministerio de Educación e Ciencia, pero neste caso a selección do candidato, de producirse, quedará condicionada, para os efectos de obtención de prórroga, a que a dita homologación se conceda antes do 1 de outubro de 2007.

c) Ter realizado estadías en universidades ou en centros de investigación distintos a aquela universidade en que se expediu o seu título de doutor, durante un período mínimo de 6 meses despois de ter acadado o grao de doutor. No caso de OPI requirirase que a estadía se realizase nun centro distinto daquel en que se realizou a tese de doutoramento.

d) Non ter un contrato do programa Isidro Parga Pondal como consecuencia das convocatorias destas axudas correspondentes aos anos 2003 e 2004.

Artigo 3º.-Dotación, número e duración dos contratos.

A axuda máxima concedida para cada contrato laboral será de 26.075 euros por ano de contrato, incluíndo neste importe a retribución bruta anual do contrato e o pagamento de custos sociais.

O número máximo de contratos que poderán financiarse é de 45 que serán financiados con cargo á aplicación orzamentaria 08.05.432B.442.0 dos orzamentos xerais da comunidade autónoma para os anos 2005, 2006 e 2007, de acordo coa seguinte distribución: 2005: 293.343,75 A, 2006: 1.173.375 A, e 2007: 880.031,25 A. A universidade correspondente será a encargada do pagamento dos correspondentes contratos laborais.

A duración dos contratos será de dous anos e poderán ser obxecto de prórroga trala publicación no DOG dunha convocatoria na que se recollan os requisitos e características desta.

A primeira anualidade dos contratos comezará a computarse na data que se indique na resolución desta convocatoria e non será anterior ao 1 de outubro de 2005.

Artigo 4º.-Formalización de solicitudes e prazo de presentación.

As solicitudes no modelo oficial RHU-10 do que a cara externa se publica como anexo I a esta orde, están ao dispor dos interesados nas dependencias da Dirección Xeral de I+D e na internet nos enderezos: http://www.dxid.org ou http://www.xunta.es/conselle/in. As solicitudes presentaranse no rexistro xeral da Dirección Xeral de I+D ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992.

As solicitudes deberán ir acompañadas da seguinte documentación:

a) Fotocopia do documento nacional de identidade ou do documento equivalente no caso de ser nacional doutro país membro da Unión Europea ou da tarxeta de residente, no caso de nacionais doutros países.

b) Fotocopia compulsada do título de doutor ou doutro documento acreditativo de ter acadado o dito grao e a data da súa obtención. De ser o caso, fotocopia com

pulsada da homologación polo Ministerio de Educación e Ciencia, ou da solicitude de homologación presentada ao dito ministerio.

c) Curriculum vitae do candidato segundo o modelo oficial acompañado dos documentos xustificativos correspondentes, así como de fotocopia compulsada dos documentos que acrediten a realización de estadías de posdoutoramento en universidades ou centros de investigación distintos a aquela universidade en que se expediu o seu título de doutor por un mínimo de 6 meses. Non serán obxecto de valoración aqueles méritos alegados que non sexan convenientemente acreditados.

d) Declaración das axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo fin de todas as administracións públicas, consonte o documento que se inclúe no modelo de solicitude.

Na instancia de solicitude o candidato indicará, por orde de prioridade descendente, o código das prazas ás que opta, entre aquelas que figuran no anexo II a esta orde, tendo en conta que como máximo poderá solicitar cinco prazas que non poderán corresponder a máis de dúas áreas temáticas ANEP. Para cada unha das prazas solicitadas o solicitante deberá argumentar a adecuación da súa formación ao perfil delas utilizando o impreso que para este fin se inclúe no modelo de solicitude.

O prazo de presentación de solicitudes será de 40 días naturais que se contarán a partir do día seguinte ao de publicación desta convocatoria no DOG.

Artigo 5º.-Tramitación.

Os servizos da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento comprobarán que todas as solicitudes reúnen os requisitos establecidos nesta orde e pola súa parte a Comisión de Selección de Investigación da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, creada polo Decreto 37/1998, do 30 de xaneiro, analizará a xustificación de adecuación dos candidatos a cada unha das prazas solicitadas; como consecuencia elaborarase a lista de solicitudes admitidas e excluídas en que figurarán as prazas ás que se considera que pode concorrer cada solicitante e, de ser o caso, as causas de exclusión. A lista exporase nos taboleiros da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento, e na internet nos enderezos http://www.dxid.org ou http://www.xunta.es/conselle/in desde o 24 de maio ao 4 de xuño de 2005 e os interesados poderán durante este prazo formular reclamacións para emendar erros e falta de documentos, perante a Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento, achegando, se é o

caso, a documentación necesaria. Transcorrido este prazo sen que se corrixan as causas de exclusión, procederase consonte o establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999.

Artigo 6º.-Avaliación e selección das solicitudes.

A Comisión de Selección de Investigación agrupará as solicitudes recibidas para os efectos da súa avaliación por expertos externos en comités que abaranguerán unha ou mais áreas ANEP e distribuirá as 45 prazas convocadas entre os comités tendo en conta o número de

prazas ofertadas nas diferentes áreas ANEP que engloba cada comité e a demanda nas ditas áreas; a comisión poderá considerar tamén as áreas ANEP ás que foron adscritos os candidatos seleccionados nas anteriores convocatorias co fin de evitar unha excesiva acumulación de prazas en determinadas áreas.

A avaliación científico-técnica dos méritos dos candidatos será realizada por comités constituídos por expertos externos designados pola Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento, de acordo cos seguintes criterios:

1. Contribución científico-técnica dos candidatos na súa área temática e área de coñecemento: ata 70 puntos. Valoraranse os seguintes aspectos: as publicacións científicas preferentemente recollidas no Science Citation Index (SCI), no Social Sciences Citation Index (SSCI) ou no Arts & Humanities Citation Index (AHCI); patentes rexistradas; artigos en congresos con avaliación estrita; proxectos técnicos, se é o caso; outras publicacións científicas; etc. Darase especial relevancia ás contribucións realizadas nos últimos cinco anos.

2. Outros aspectos: ata 10 puntos. Valoraranse outros méritos do candidato.

No caso de que un solicitante concorra por dúas áreas temáticas ANEP diferentes poderá ser avaliado por dous comités diferentes e polo tanto poderá obter diferentes puntuacións para cada área.

Realizada a avaliación, a selección dos candidatos será efectuada pola Comisión de Selección de Investigación, consonte o baremo seguinte:

1. Avaliación científico-técnica do candidato realizada polos expertos externos: ata 80 puntos.

2. Estadías en centros de investigación, perfil do candidato e a súa adecuación ás prioridades do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica. Ata 20 puntos.

Artigo 7º.-Trámite de audiencia e proposta de resolución.

1. De conformidade co previsto no artigo 84 da Lei 30/1992, e co obxecto de realizar o necesario trámite de audiencia e inmediatamente antes de elaborar a correspondente proposta de resolución definitiva, a Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento publicará na súa páxina web (www.dxid.org) a relación de axudas propostas, concedendo a todos os solicitantes un prazo de dez días hábiles desde a data de publicación na web para que poidan formular as alegacións que estimen oportunas.

2. Os solicitantes, no caso de proposta estimatoria, manifestarán a súa aceptación ou desestimento. De non contestar no dito prazo, entenderase que aceptan as condicións e termos da proposta de concesión.

3. Examinadas, se é o caso, as alegacións presentadas polos interesados, a Comisión de Selección de Investigación formulará a proposta de resolución definitiva que incluirá a relación de candidatos seleccionados e a lista de reserva.

Artigo 8º.-Resolución.

A Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento elevará a proposta de resolución formulada pola Comisión de Selección de Investigación ao conselleiro de Innovación, Industria e Comercio para que resolva. Esta resolución publicarase no DOG.

O prazo máximo para resolver as solicitudes presentadas ao abeiro da correspondente convocatoria será de 6 meses, contados desde a apertura do prazo de presentación de solicitudes. De non mediar resolución expresa no devandito prazo as solicitudes deberán entenderse desestimadas.

Contra as resolucións expresas ou presuntas que poñen fin á vía administrativa, poderán os interesados interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao de recepción da correspondente notificación no caso de resolucións expresas. No caso de que a resolución se entenda desestimatoria por silencio administrativo, o prazo será de tres meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

De non estimar a presentación deste recurso poderán os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses que se contarán a partir do día seguinte ao de recepción da correspondente notificación, se a resolución é expresa. No caso de que a resolución se entenda desestimada por silencio administrativo o prazo será de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Artigo 9º.-Formalización dos contratos.

Publicada a resolución no DOG as universidades galegas procederán a realizar os trámites necesarios para a contratación dos candidatos seleccionados para os seus organismos consonte o previsto no convenio de colaboración asinado entre a Consellería de Innovación, Industria e Comercio e as universidades galegas.

Os pagamentos que se realizarán ás universidades do sistema universitario de Galicia por parte da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, axustaranse ao disposto no devantido convenio.

Artigo 10º.-Obrigas dos beneficiarios e seguimento.

10.1. Os contratos financiados con cargo a esta convocatoria serán incompatibles coa vixencia de calquera outro contrato laboral por parte do investigador contratado.

10.2. Os investigadores que sexan contratados ao abeiro do disposto nesta orde poderán, por petición propia, prestar colaboracións complementarias tales como tarefas docentes, neste último caso ata un máximo de cento vinte horas anuais, tras o acordo do departamento implicado, que documentará debidamente a dita colaboración para os efectos de concurso e respectando a normativa vixente de incompatibilidades.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2005.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Innovación, Industria e Comercio

ANEXO II

Solicitudes de prazas do programa Isidro Parga Pondal 2005

PRAZAORGANISMOCENTRO DE TRABALLOLOCALIDADEÁREA TEMÁTICAÁREA COÑECEMENTOPERFIL

P-001UDCFACULTADE DE CIENCIASA CORUÑAAGRICULTURAEDAFOLOXÍA E QUÍMICA AGRÍCOLACONSERVACIÓN DO SOLO, PROPIEDADES HÍDRICAS E ESTRUTURA

P-002UDCFACULTADE DE CIENCIASA CORUÑAAGRICULTURAEDAFOLOXÍA E QUÍMICA AGRÍCOLACONSERVACIÓN DE SOLOS E AUGAS

P-003UDCFACULTADE DE CIENCIASA CORUÑABIOLOXÍA MOLECULAR, CELULAR E XENÉTICABIOLOXÍA CELULARSISTEMA NERVIOSO CENTRAL DE PEIXES

P-004UDCFACULTADE DE CIENCIASA CORUÑABIOLOXÍA MOLECULAR, CELULAR E XENÉTICAXENÉTICAXENÉTICA MOLECULAR DE POBOACIÓNS

P-005UDCDEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA ANIMAL, BIOLOXÍA VEXETAL E ECOLOXÍAA CORUÑABIOLOXÍA VEXETAL E ANIMAL, ECOLOXÍAZOOLOXÍABIOLOXÍA E PESQUEIRAS DE RECURSOS MARIÑOS

P-006UDCFACULTADE DE CIENCIASA CORUÑACIENCIAS DA TERRAPALEONTOLOXÍAPALEONTOLOXÍA DE DIATOMEAS

P-007UDCFACULTADE DE CIENCIASA CORUÑACIENCIAS DA TERRAPALEONTOLOXÍAPALEONTOLOXÍA E TAXONOMÍA DE VERTEBRADOS CUATERNARIOS

P-008UDCINSTITUTO UNIVERSITARIO DE XEOLOXÍAA CORUÑACIENCIAS DA TERRAXEODINÁMICA EXTERNAPALEOXEOGRAFÍA COSTEIRA

P-009UDCFACULTADE DE DEREITOA CORUÑADEREITODEREITO ADMINISTRATIVODEREITO AMBIENTAL EN AUGAS LITORAIS

P-010UDCFACULTADE DE DEREITOA CORUÑADEREITODEREITO ECLESIÁSTICO DO ESTADOMATRIMONIO E FAMILIA: ESTUDO XURÍDICO COMPARADO

P-011UDCDEPARTAMENTO DE DEREITO PÚBLICOA CORUÑADEREITO DEREITO PENAL DEREITO PENAL DO CONSUMO

P-012UDCFACULTADE DE DEREITOA CORUÑADEREITOFILOSOFÍA DO DEREITODEREITOS FUNDAMENTAIS

P-013UDCESCOLA TÉCNICA SUPERIOR DE ENXEÑEIROS DE CAMIÑOS, CANLES E PORTOSA CORUÑAENXEÑARÍA CIVIL E ARQUITECTURAENXEÑARÍA DO TERREOMODELOS NUMÉRICOS EN HIDROLOXÍA DO SUBSOLO

P-014UDCESCOLA POLITÉCNICA SUPERIOR/DEPARTAMENTO DE ENXEÑARÍA INDUSTRIAL IIFERROLENXEÑARÍA MECÁNICA, NAVAL E AERONÁUTICAENXEÑARÍA MECÁNICAPROCESADO DE MATERIAIS CON LÁSER

P-015UDCFACULTADE DE FILOLOXÍAA CORUÑAFILOLOXÍA E FILOSOFÍAFILOLOXÍA INGLESAHISTORIA LINGUA INGLESA OU LINGÜÍSTICA DE CORPUS

P-016UDCFACULTADE DE FILOLOXÍAA CORUÑAFILOLOXÍA E FILOSOFÍAFILOLOXÍA INGLESALITERATURA EN LINGUA INGLESA

PRAZAORGANISMOCENTRO DE TRABALLOLOCALIDADEÁREA TEMÁTICAÁREA COÑECEMENTOPERFIL

P-017UDCFACULTADE DE FILOLOXÍA, DPTO. GALEGO PORTUGUÉS, FRANCÉS E LINGÜÍSTICAA CORUÑAFILOLOXÍA E FILOSOFÍAFILOLOXÍAS GALEGA E PORTUGUESALITERATURA E ECDÓTICA MEDIEVAL GALEGO-PORTUGUESA

P-018UDCFACULTADE DE FILOLOXÍAA CORUÑAFILOLOXÍA E FILOSOFÍALINGÜÍSTICA XERALLEXICOGRAFÍA COMPUTACIONAL

P-019UDCDEPARTAMENTO DE HUMANIDADESFERROLFILOLOXÍA E FILOSOFÍALÓXICA E FILOSOFÍA DA CIENCIAFILOSOFÍA E METODOLOXÍA DA CIENCIA ECONÓMICA

P-020UDCFACULTADE DE CIENCIAS DA SAÚDEA CORUÑAFISIOLOXÍA E FARMACOLOXÍAFISIOLOXÍANEUROFISIOLOXÍA, REXISTROS EXTRACELULARES, IONTOFORESE

P-021UDCFACULTADE DE CIENCIAS DA SAÚDEA CORUÑAFISIOLOXÍA E FARMACOLOXÍAFISIOLOXÍAENDOCRINOLOXÍA: OBESIDADE E ENVELLECEMENTO

P-022UDCFACULTADE DE INFORMÁTICAA CORUÑAMATEMÁTICASESTATÍSTICA E INVESTIGACIÓN OPERATIVAINFERENCIA ESTATÍSTICA

P-023UDCEDIFICIO UNIVERSITARIO DE OZAA CORUÑAMEDICINAMEDICINAENFERMIDADES DEXENERATIVAS

P-024UDCCH UNIVERSITARIO JUAN CANALEJOA CORUÑAMEDICINAMEDICINAXENÓMICA: FARMACOXENÓMICA DAS ENFERMIDADES INFLAMATORIAS

P-025UDCFACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIÓNA CORUÑAPSICOLOXÍA E CIENCIAS DA EDUCACIÓNPSICOLOXÍA SOCIALPSICOLOXÍA SOCIAL DO DESENVOLVEMENTO MORAL E CONDUTA ANTISOCIAL

P-026UDCFACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIÓNA CORUÑAPSICOLOXÍA E CIENCIAS DA EDUCACIÓNPSICOLOXÍA SOCIALTÉCNICAS DE INVESTIGACIÓN PSICOSOCIAL

P-027UDCFACULTADE DE CIENCIASA CORUÑAQUÍMICAQUÍMICA ANALÍTICAMETODOLOXÍAS DE ANÁLISE DE CONTAMINANTES

P-028UDCINSTITUTO UNIVERSITARIO DE MEDIO AMBIENTEA CORUÑAQUÍMICAQUÍMICA ANALÍTICATRATAMENTO E ANÁLISE DE MATRICES AMBIENTAIS

P-029UDCFACULTADE DE CIENCIAS, DPTO. QUÍMICA FUNDAMENTALA CORUÑAQUÍMICAQUÍMICA INORGÁNICAQUÍMICA ORGANOMETÁLICA

P-030UDCFACULTADE DE CIENCIASA CORUÑAQUÍMICAQUÍMICA ORGÁNICAQUÍMICA DE PRODUTOS NATURAIS

P-031UDCFACULTADE DE CIENCIAS, DPTO. DE QUÍMICA FUNDAMENTALA CORUÑAQUÍMICAQUÍMICA ORGÁNICASÍNTESE ORGÁNICA

P-032UDCFACULTADE DE CIENCIAS, DPTO. DE QUÍMICA FUNDAMENTALA CORUÑAQUÍMICA QUÍMICA ORGÁNICAQUÍMICA SUPRAMOLECULAR

P-033UDCFACULTADE DE CIENCIASA CORUÑATECNOLOXÍA QUÍMICAENXEÑARÍA QUÍMICATRATAMENTO ANAEROBIO DE AUGAS RESIDUAIS, BRAÑAS.

P-034UVIFACULTADE DE BIOLOXÍAVIGOBIOLOXÍA VEXETAL E ANIMAL, ECOLOXÍABIOLOXÍA ANIMAL-BIOLOXÍA DE FAUNA DO SOLO-ECOLOXÍA E ZOOLOXÍA BENTÓNICA

P-035UVIFACULTADE DE BIOLOXÍAVIGOBIOLOXÍA MOLECULAR, CELULAR E XENÉTICABIOLOXÍA CELULARNEUROBIOLOXÍA COMPARADA

P-036UVIFACULTADE DE BIOLOXÍAVIGOBIOLOXÍA MOLECULAR, CELULAR E XENÉTICAMICROBIOLOXÍABIOTECNOLOXÍA MICROBIANA

P-037UVIFACULTADE DE BIOLOXÍAVIGOBIOLOXÍA MOLECULAR, CELULAR E XENÉTICAXENÉTICAXENÉTICA

P-038UVIFACULTADE DE BIOLOXÍAVIGOBIOLOXÍA VEXETAL E ANIMAL, ECOLOXÍABIOLOXÍA VEXETAL.CIENCIAS DO SOLO-BIOXEOQUÍMICA TERRESTRE-BIOTECNOLOXÍA EN ESPECIES LEÑOSAS DE INTERESE AGRARIO E FORESTAL

P-039UVIFACULTADE DE BIOLOXÍAPONTEVEDRABIOLOXÍA VEXETAL E ANIMAL, ECOLOXÍAECOLOXÍA-ECOLOXÍA-ECOLOXÍA EVOLUTIVA E DA CONSERVACIÓN DE INSECTOS E HERPETOS

P-040UVIFACULTADE DE CIENCIAS DO MARVIGOCIENCIAS DA TERRAFÍSICA DA TERRA, ASTRONOMÍA E ASTROFÍSICAOCEANOGRAFÍA FÍSICA

P-041UVIE.U.E.T. INDUSTRIAISVIGOCIENCIAS DA TERRAENXEÑARÍA CARTOGRÁFICA, XEODÉSICA E FOTOGRAVIMÉTRICAPROGRAMACIÓN E MÉTODOS NUMÉRICOS

P-042UVIFACULTADE DE CIENCIASOURENSECIENCIA E TECNOLOXÍA DE ALIMENTOSTECNOLOXÍA DE ALIMENTOSTECNOLOXÍA DOS ALIMENTOS

P-043UVIFACULTADE DE CIENCIASOURENSECIENCIA E TECNOLOXÍA DE ALIMENTOSNUTRICIÓN E BROMATOLOXÍAQUÍMICA DE ALIMENTOS

P-044UVIFACULTADE DE CC. SOCIAIS E DA COMUNICACIÓNPONTEVEDRACIENCIAS SOCIAISXORNALISMOCOMUNICACIÓN POLÍTICA E OPINIÓN PÚBLICA EN GALICIA

P-045UVIFACULTADE DE CC. XURÍDICAS E DO TRABALLOVIGODEREITODEREITO MERCANTILDEREITO DA PUBLICIDADE, DA COMPETENCIA E PROPIEDADE INDUSTRIAL

P-046UVIFACULTADE DE DEREITOOURENSEDEREITODEREITO ECLESIÁSTICO DO ESTADODEREITO ECLESIÁSTICO DO ESTADO

P-047UVIFACULTADE DE CC. ECONÓMICAS E EMPRESARIASVIGOECONOMÍAECONOMÍA APLICADAECONOMÍA DOS RECURSOS NATURAIS E AMBIENTAIS

P-048UVIFACULTADE DE CC. ECONÓMICAS E EMPRESARIASVIGOECONOMÍAECONOMÍA APLICADAECONOMÍA APLICADA

P-049UVIE.T.S.E. INDUSTRIAISVIGOENXEÑARÍA ELÉCTRICA, ELECTRÓNICA E AUTOMÁTICATECNOLOXÍA ELECTRÓNICATECNOLOXÍA ELECTRÓNICA

P-050UVIE.T.S.E. INDUSTRIAISVIGOENXEÑARÍA MECÁNICA, NAVAL E AERONÁUTICAEXPRESIÓN GRÁFICA DA ENXEÑARÍAEXPRESIÓN GRÁFICA NA ENXEÑARÍA

P-051UVIFACULTADE DE FILOLOXÍA E TRADUCIÓNVIGOFILOLOXÍA E FILOSOFÍALITERATURA ESPAÑOLAEDICIÓN DE TEXTOS

P-052UVIFACULTADE DE FILOLOXÍA E TRADUCIÓNVIGOFILOLOXÍA E FILOSOFÍALINGÜÍSTICA XERALSINTAXE E SEMÁNTICA OU LINGUAS SIGNADAS

P-053UVIFACULTADE DE CIENCIASOURENSEFÍSICA E CIENCIAS DO ESPAZO ÓPTICAÓPTICA

P-054UVIE.T.S.E. INDUSTRIAISVIGOFÍSICA E CIENCIAS DO ESPAZO FÍSICA APLICADA-PROCESAMENTO DE CERÁMICAS E ROCAS NATURAIS MEDIANTE LÁSER-FÍSICA APLICADA

P-055UVIFACULTADE DE CIENCIAS DO MARVIGOFISIOLOXÍA E FARMACOLOXÍAFISIOLOXÍAFISIOLOXÍA

P-056UVIFACULTADE DE CC. ECONÓMICAS E EMPRESARIASVIGOMATEMÁTICASESTATÍSTICA E INVESTIGACIÓN OPERATIVAESTATÍSTICA E INVESTIGACIÓN OPERATIVA

P-057UVIE.T.S.E. TELECOMUNICACIÓNVIGOMEDICINAMEDICINA PREVENTIVA E SAÚDE PÚBLICA-MEDICINA PREVENTIVA E SAÚDE PÚBLICA-EPIDEMIOLOXÍA MOLECULAR DO CANCRO

P-058UVIFACULTADE DE CIENCIASOURENSEMEDICINATOXICOLOXÍA E LEXISLACIÓN SANITARIATOXICOLOXÍA

P-059UVICOMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DE VIGOVIGOMEDICINAMEDICINA-ANATOMÍA PATOLÓXICA-NEUROCIENCIAS-PROTEÓMICA CLÍNICA

P-060UVIFACULTADE DE CIENCIASOURENSEQUÍMICAQUÍMICA ANALÍTICAQUÍMICA ANALÍTICA

P-061UVIFACULTADE DE QUÍMICAVIGOQUÍMICAQUÍMICA INORGÁNICA-NANOPARTÍCULAS METÁLICAS-QUÍMICA INORGÁNICA

P-062UVIFACULTADE DE QUÍMICAVIGOQUÍMICAQUÍMICA FÍSICA-QUÍMICA COLOIDAL OU NANOTECNOLOXÍA-QUÍMICA CUÁNTICA

PRAZAORGANISMOCENTRO DE TRABALLOLOCALIDADEÁREA TEMÁTICAÁREA COÑECEMENTOPERFIL

P-063UVIFACULTADE DE QUÍMICAVIGOQUÍMICAQUÍMICA ORGÁNICAQUÍMICA ORGÁNICA

P-064UVIFACULTADE DE QUÍMICAVIGOQUÍMICAQUÍMICA INORGÁNICA-QUÍMICA INORGÁNICA-QUÍMICA METALO-SUPRAMOLECULAR

P-065UVIE.T.S.E. TELECOMUNICACIÓNVIGOTECNOLOXÍA ELECTRÓNICA E DAS COMUNICACIÓNSENXEÑARÍA TELEMÁTICAINVESTIGACIÓN EN REDES ÓPTICAS

P-066UVIE.T.S.E. TELECOMUNICACIÓNVIGOTECNOLOXÍA ELECTRÓNICA E DAS COMUNICACIÓNSTEORÍA DO SINAL E COMUNICACIÓNSPROCESADO DE SINAL EN COMUNICACIÓNS

P-067UVIFACULTADE DE QUÍMICAVIGOTECNOLOXÍA QUÍMICAENXEÑARÍA QUÍMICAENXEÑARÍA QUÍMICA

P-068UVIE.T.S.E. INDUSTRIAISVIGOTECNOLOXÍA QUÍMICAENXEÑARÍA QUÍMICA-SEPARACIÓN DE GASES-DESENVOLVEMENTO DE BIOPROCESOS

P-069UVIFACULTADE DE CIENCIASOURENSETECNOLOXÍA QUÍMICAENXEÑARÍA QUÍMICAENXEÑARÍA QUÍMICA

P-070USCDPTO. ENXEÑARÍA QUÍMICA/FAC. ENXEÑARÍA QUÍMICASANTIAGO DE C.TECNOLOXÍA QUÍMICAENXEÑARÍA QUÍMICAENXEÑARÍA QUÍMICA: FERMENTACIÓN BIOQUÍMICA

P-071USCDPTO. ENXEÑARÍA AGROFORESTAL/IBADERLUGOAGRICULTURAENXEÑARÍA AGROFORESTAL-ENXEÑARÍA AGROFORESTAL: CIENCIA FORESTAL E AMBIENTAL -EDAFOLOXÍA: SOLOS FORESTAIS

P-072USCINSTITUTO DE INVESTIGACIÓNS TECNOLÓXICASSANTIAGO DE C.CIENCIAS DA COMPUTACIÓN E TECNOLOXÍA INFORMÁTICALINGUAXES E SISTEMAS INFORMÁTICOS-INFRAESTRUTURA DE DATOS ESPACIAIS-REALIDADE VIRTUAL-CÁLCULO COMPUTACIONAL

P-073USCDPTO. ENXEÑARÍA QUÍMICA/ETS. ENXEÑARÍA QUÍMICASANTIAGO DE C.TECNOLOXÍA QUÍMICAENXEÑARÍA QUÍMICAENXEÑARÍA QUÍMICA OU QUÍMICA INDUSTRIAL: RISCOS AMBIENTAIS

P-074USCIDEGASANTIAGO DE C.CIENCIAS SOCIAISANÁLISE XEOGRÁFICO REXIONALDIAGNOSE E PLANIFICACIÓN TERRITORIAL. URBANÍSTICA E ORDENACIÓN DO TERRITORIO

P-075USCDPTO. TEORÍA E HISTORIA DA EDUCACIÓN/FAC. CC. EDUCACIÓNSANTIAGO DE C.PSICOLOXÍA E CIENCIAS DA EDUCACIÓNTEORÍA E HISTORIA DA EDUCACIÓNPEDAGOXÍA SOCIAL

P-076USCDPTO. TEORÍA E HISTORIA DA EDUCACIÓN/FAC. CC. EDUCACIÓNSANTIAGO DE C.PSICOLOXÍA E CIENCIAS DA EDUCACIÓNTEORÍA E HISTORIA DA EDUCACIÓNPEDAGOXÍA INTERCULTURAL E INTEGRACIÓN SOCIOEDUCATIVA

P-077USCINSTITUTO DE DEREITO INDUSTRIAL/FAC. DE DEREITOSANTIAGO DE C.DEREITODEREITO MERCANTILPROPIEDADE INDUSTRIAL: PATENTES, DESEÑO E MARCAS. COMPETENCIA DESLEAL

P-078USCDPTO. DEREITO PÚBLICO E TEORÍA DO ESTADO/FAC. DE DEREITOSANTIAGO DE C.DEREITODEREITO ADMINISTRATIVODEREITO LOCAL

P-079USCINSTITUTO DE MEDICINA LEGAL. NODO DE XENOTIPADOSANTIAGO DE C.MEDICINAMEDICINA LEGAL E FORENSEXENÉTICA APLICADA Á MEDICINA. FARMACOXENÉTICA. XENÉTICA DE POBOACIÓNS

P-080USCDPTO. FARMACOLOXÍA/FAC. VETERINARIALUGOFISIOLOXÍA E FARMACOLOXÍAFARMACOLOXÍACOÑECEMENTO DE TÉCNICAS DE SINAIS DE TRANSDUCIÓN EN MODELOS CELULARES

P-081USCDPTO. FARMACOLOXÍA/FAC. FARMACIASANTIAGO DE C.FISIOLOXÍA E FARMACOLOXÍAFARMACOLOXÍAFARMACOLOXÍA MOLECULAR

P-082USCDPTO. FARMACIA E TECNOLOXÍA FARMACÉUTICA/FAC. FARMACIASANTIAGO DE C.FISIOLOXÍA E FARMACOLOXÍAFARMACIA E TECNOLOXÍA FARMACÉUTICANANOTECNOLOXÍAS E/OU DRUG DELIVERY

P-083USCDPTO. MEDICINA/FAC. MEDICINASANTIAGO DE C.MEDICINAMEDICINAINVESTIGACIÓN BIOQUÍMICA E CELULAR EN SISTEMAS CARDIVASCULAR E/OU ENDÓCRINO

P-084USCDPTO. FISIOLOXÍA/FAC. MEDICINASANTIAGO DE C.MEDICINAMEDICINAONCOLOXÍA MOLECULAR

P-085USCINSTITUTO DE INVESTIGACIÓNS TECNOLÓXICASSANTIAGO DE C.HISTORIA E ARTEARQUEOLOXÍAARQUEOLOXÍA DA PAISAXE E FORMAS CULTURAIS

P-086USCDPTO. FILOLOXÍA GALEGA/FAC. FILOLOXÍASANTIAGO DE C.FILOLOXÍA E FILOSOFÍAFILOLOXÍA ROMÁNICALITERATURA ROMÁNICA MEDIEVAL

P-087USCDPTO. LITERATURA ESPAÑOLA, TEORÍA DA LITERATURA E LINGÜÍSTICA XERAL/FAC. FILOLOXÍASANTIAGO DE C.FILOLOXÍA E FILOSOFÍALINGÜÍSTICA XERAL/LITERATURA ESPAÑOLAANÁLISE CRÍTICA DE MARCOS LINGÜÍSTICO-COMUNICATIVOS DIVERSOS

P-088USCDPTO. FÍSICA DE PARTÍCULAS/FAC. DE FÍSICASANTIAGO DE C.FÍSICA E CIENCIAS DO ESPAZOFÍSICA ATÓMICA, MOLECULAR E NUCLEARFÍSICA NUCLEAR EXPERIMENTAL

P-089USCIGFAE-FAC. DE FÍSICASANTIAGO DE C.FÍSICA E CIENCIAS DO ESPAZOFÍSICA TEÓRICATEORÍA DE FÍSICA DE PARTÍCULAS E RAIOS CÓSMICOS A ALTAS ENERXÍAS

P-090USCDPTO. FÍSICA DA MATERIA CONDENSADA/FAC. DE FÍSICASANTIAGO DE C.FÍSICA E CIENCIAS DO ESPAZOFÍSICA DA MATERIA CONDENSADAFORMACIÓN DE ESTRUTURAS EN MEDIOS NON LINEAIS

P-091USCDPTO. QUÍMICA INORGÁNICA/FAC. QUÍMICASANTIAGO DE C.CIENCIA E TECNOLOXÍA DE MATERIAISCRISTALOGRAFÍA E MINERALOXÍACRISTALOGRAFÍA DE RAIOS X. ANÁLISE ESTRUTURAL DE SISTEMAS MONOCRISTALINOS

P-092USCDPTO. QUÍMICA ORGÁNICA (FAC. DE QUÍMICA) /RIAIDT/ INSTITUTO DE FARMACIA INDUSTRIALSANTIAGO DE C.QUÍMICAQUÍMICA ORGÁNICA-SÍNTESE ORGÁNICA E INORGÁNICA EN CATÁLISE-ESPECTROSCOPIA DE RMN, QUÍMICA COMPUTACIONAL-QUÍMICA COMBINATORIA

P-093USCDPTO. QUÍMICA ANALÍTICA, NUTRICIÓN E BROMATOLOXÍALUGOCIENCIA E TECNOLOXÍA DE ALIMENTOSNUTRICIÓN E BROMATOLOXÍAAUTENTICIDADE E SEGURIDADE ALIMENTARIA

P-094USCDPTO. ESTATÍSTICA E INVESTIGACIÓN OPERATIVA/FAC. DE MATEMÁTICASSANTIAGO DE C.MATEMÁTICASESTATÍSTICA E INVESTIGACIÓN OPERATIVABIOESTATÍSTICA OU XEOESTATÍSTICA

P-095USCDPTO. FÍSICA APLICADA/FAC. FÍSICASANTIAGO DE C.CIENCIA E TECNOLOXÍA DE MATERIAISCIENCIA DE MATERIAISMATERIAIS MAGNÉTICOS E DIELÉCTRICOS NANOESTRUTURADOS

P-096USCDPTO. XENÉTICA/FAC. VETERINARIALUGOBIOLOXÍA MOLECULAR, CELULAR E XENÉTICAXENÉTICAXENÉTICA DE PEIXES

P-097USCDPTO. QUÍMICA ANALÍTICA, NUTRICIÓN E BROMATOLOXÍA/FAC. DE FARMACIASANTIAGO DE C.CIENCIA E TECNOLOXÍA DE ALIMENTOSNUTRICIÓN E BROMATOLOXÍABROMATOLOXÍA

P-098USCDPTO. FISIOLOXÍA/FAC. MEDICINASANTIAGO DE C.FISIOLOXÍA E FARMACOLOXÍAFISIOLOXÍAREGULACIÓN DO PESO CORPORAL

P-099USCDPTO. FÍSICA DA MATERIA CONDENSADA/FAC. DE FÍSICASANTIAGO DE C.CIENCIA E TECNOLOXÍA DE MATERIAISCIENCIA DE MATERIAIS E ENXEÑARÍA METALÚRXICASUPERCONDUCIÓN

P-100USCDPTO. BIOLOXÍA CELULAR E ECOLOXÍA/FAC. BIOLOXÍASANTIAGO DE C.BIOLOXÍA MOLECULAR, CELULAR E XENÉTICABIOLOXÍA CELULARBIOLOXÍA DA ORGANIZACIÓN E O DESENVOLVEMENTO DO SISTEMA NERVIOSO

P-101USCINSTITUTO DE ACUICULTURASANTIAGO DE C.GANDERÍA E PESCASANIDADE ANIMALTECNOLOXÍA FARMACEÚTICA EN ZOONOSES PARASITARIAS

P-102USCIIAA/DPTO. MICROBIOLOXÍA/FAC. FARMACIASANTIAGO DE C.BIOLOXÍA MOLECULAR, CELULAR E XENÉTICAMICROBIOLOXÍA-SEGURIDADE ALIMENTARIA. RISCOS MICROBIOLÓXICOS. XEMOTOXICIDADE, CLONACIÓN E EXPRESIÓN DE XENS DE PROTEASAS

P-103USCINSTITUTO DE ACUICULTURASANTIAGO DE C.GANDARÍA E PESCASANIDADE ANIMAL-CARACTERIZACIÓN MOLECULAR EN ICTIOPATOLOXÍA-DIAGNÓSTICO, CONTROL E ANÁLISE EPIDEMIOLÓXICA EN ACUICULTURA

P-104USCUNIDADE DE ESPECTROMETRÍA DE MASAS SECCIÓN PROTÉMICASANTIAGO DE C.BIOLOXÍA MOLECULAR, CELULAR E XENÉTICABIOQUÍMICA E BIOLOXÍA MOLECULARPROTEÓMICA

P-105USCUNIDADE DE INVESTIGACIÓN CHUSSANTIAGO DE C.MEDICINAMEDICINA PREVENTIVA E SAÚDE PÚBLICAINVESTIGACIÓN EN SAÚDE PÚBLICA E SERVIZOS DE SAÚDE. EPIDEMIOLOXÍA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL