DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Martes, 29 de marzo de 2005 Páx. 5.145

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 8 de marzo de 2005 pola que se aproban as bases reguladoras e se procede á convocatoria para o ano 2005 de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a modernización de comercios situados en zonas rurais da Comunidade Autónoma de Galicia, en desenvolvemento do Plan de mellora da competitivade para o comercio galego.

En España durante as últimas décadas producíronse importantes cambios na sociedade rural, caracterizados en moitos casos por unha redución paulatina da oferta comercial, así como a perda da competitividade que se vén dando no comercio retallista situado nas zonas rurais de Galicia. Esta redución da oferta comercial foi unida en ocasións á diminución da poboación en determinadas zonas e a un envellecemento progresivo desta. Esta circunstancia provoca que a rendibilidade económica de determinadas actividades comerciais en ocasións se vise limitada. De igual maneira, a redución da oferta comercial pode chegar a provocar dificultades de abastecemento da poboación residente. Estas circunstancias fan que o mantemento de niveis axeitados de actividade comercial nestes ambientes rurais se considere prioritario.

Por isto, o Plan de mellora da competitividade para o comercio galego: 2005-2008 recolle un programa específico, no que se definen como obxectivos básicos a integración das poboacións rurais, a facilitar que a poboación que reside nelas se beneficie do mantemento de niveis axeitados de actividade comercial no ámbito territorial facilitando que poida acceder ao máximo abano de servizos que poidan proverse localmente, así como contribuír á súa renovación e modernización co obxectivo de mellorar a calidade dos seus servizos e acadar o nivel de competitividade que exixe o mercado actual.

En virtude do exposto, e no exercicio das atribucións que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras e proceder á convocatoria de axudas para o ano 2005, a fondo perdido e en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a promocionar e incentivar a modernización e a implantación de comercios situados en zonas rurais de Galicia.

Artigo 2º.-Concepto de comercio rural.

Para os efectos desta orde considéranse comercios rurais os situados en:

a) Municipios con poboación inferior a 5.000 habitantes, de acordo co establecido no Real decreto 2348/2004, do 23 de decembro, polo que se declaran oficiais as cifras de poboación resultantes da revisión do Padrón municipal referidas ao 1 de xaneiro de 2004 (ver anexo IV).

b) Núcleos de poboación que non superen os 1.500 habitantes, situados en municipios de máis de 5.000 habitantes, con ou sen planeamento municipal vixente, sempre que o concello correspondente certifique o seu carácter de núcleo rural.

Artigo 3º.-Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios os comerciantes retallistas xa sexan persoas físicas ou xurídicas, sociedades civís e comunidades de bens, legalmente constituídas e que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que desenvolvan ou inicien a súa actividade en establecementos comerciais situados en zonas rurais da Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo co establecido no artigo 2º desta orde.

b) Que a súa actividade principal estea incluída nalgunha das agrupacións ou epígrafes correspondentes á clasificación do imposto de actividades económicas relacionadas no anexo II desta orde. No caso de que o solicitante estea dado de alta en dous ou máis epígrafes do IAE, entenderase como actividade principal aquela que leve aparellada a maior facturación e se isto non é posible de determinar, atenderase á superficie de venda destinada a cada actividade.

c) Que non superen os dez traballadores.

d) Que os locais comerciais non superen os 300 m de superficie comercial destinada á exposición e venda ao público. (Quedan excluídos para o cómputo desta superficie as oficinas, almacéns e salas de refrixeración, talleres e outros locais dedicados á elaboración ou manipulación de produtos, aulas, aseos, etc.).

e) Os solicitantes non poderán estar incursos en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Artigo 4º.-Actuacións subvencionables.

1. Terán a consideración de gastos subvencionables os seguintes:

a) Custos de reforma e adaptación do establecemento comercial, eliminación de barreiras arquitectónicas, así como as obras de ampliación do local comercial sempre que a superficie resultante non supere os 300 m.

b) Custo de adquisición de moblaxe, elementos de decoración e calquera outro tipo de equipamento comercial.

2. Non serán subvencionables os seguintes gastos:

a) A adquisición de locais e, en xeral, de bens inmobles.

b) As obras realizadas en almacéns e trastendas que non se destinen a superficies de venda.

c) A maquinaria e equipos para a fabricación e elaboración de produtos de consumo final.

d) Os fondos de comercio e dereitos de traspaso.

e) Os bens usados.

f) As compras de mercadorías obxecto de comercialización.

g) As compras de material funxible e doutros elementos amortizables nun ano.

h) Os portes e outros custos de transportes.

i) As taxas por autorizacións administrativas, permisos e licenzas, tributos, o IVE soportado ou outras taxas recuperables polo beneficiario.

j) Os gastos de funcionamento da actividade.

k) Os gastos de reparación ou de mantemento.

l) En xeral, todos aqueles gastos non relacionados directamente coas actividades e investimentos obxecto das axudas.

3. Non terán carácter subvencionable os investimentos realizados mediante contratos de arrendamento financeiro ou outras modalidades de finanzamento, nin se computarán como investimento a compra de mercadorías obxecto de comercialización pola empresa beneficiaria.

4. O destino das axudas obxecto desta convocatoria serán os investimentos que se realicen a partir da data de publicación desta orde no DOG ata a data de remate da xustificación dos investimentos, de acordo co artigo 10º.4.

Artigo 5º.-Contía e ámbito.

1. As subvencións que se establezan para as actuacións obxecto desta orde, serán con cargo á aplicación orzamentaria 08.04.521V.770.3 «Mellora da competitividade do comercio rural», destinándose 750.000,00 euros para a o seu financiamento.

A contía establecida no punto anterior poderá ser incrementada en función das peticións presentadas e de acordo coas dispoñibilidades de crédito.

2. As axudas consistirán nunha subvención a fondo perdido de ata o 40% do investimento subvencionable aprobado pola Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

3. Para poder optar á axuda, establécese unha contía mínima de investimento subvencionable de 1.500,00 euros, IVE excluído. O investimento máximo subvencionable será de 30.000,00 euros, IVE excluído.

4. O importe das axudas e subvencións reguladas nesta orde en ningún caso poderá ser de tal contía que, illada ou en concorrencia con outras axudas e subvencións das distintas administracións ou calquera dos seus entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o 70% do investimento subvencionable.

Artigo 6º.-Presentación de solicitudes e documentación.

1. As solicitudes deberán dirixirse ao conselleiro de Innovación, Industria e Comercio e presentaranse

no rexistro xeral da Consellería de Innovación, Industria e Comercio ou a través de calquera das formas sinaladas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, entre as que se inclúen os rexistros dos concellos que subscribiron convenio de colaboración para a implantación dun sistema intercomunicado de rexistro coa Administración Autónoma de Galicia.

2. A solicitude de subvención, segundo modelo normalizado do anexo I, acompañarase da documentación que a continuación se relaciona por duplicado exemplar, en orixinal ou copia compulsada, de polo menos unha delas:

a) Documentos acreditativos da personalidade ou entidade solicitante (DNI e/ou CIF no caso de sociedades) e, se é o caso, acreditación da representación na que se actúa.

b) Copia da escritura de constitución e modificacións posteriores, no caso de ser unha sociedade.

c) Documentación acreditativa do número de traballadores da empresa (TC2) do mes anterior á presentación da solicitude, ou se é o caso, certificación da Seguridade Social da non existencia de traballadores e último recibo de cotización no réxime da Seguridade Social correspondente.

d) Certificación expedida pola Axencia Tributaria, concello ou cámara de comercio, que correspondan, na que se indiquen as epígrafes do Imposto de Actividades Económicas nos que figura dado de alta o solicitante.

e) Copia da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas ou do imposto de sociedades do último exercicio, neste último caso se o solicitante está dado de alta en dúas ou máis epígrafes do IAE deberá acreditar que a súa actividade principal é subvencionable segundo datos de facturación ou no seu defecto de superficie de venda.

f) Declaración expresa sobre a concesión ou solicitude de outras axudas ou subvencións para a mesma finalidade procedentes de calquera administración ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais así como declaración expresa de non estar incurso en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, segundo anexo III da presente orde.

g) Memoria descritiva do investimento, con detalle do orzamento desagregado por partidas ou facturas proforma e do calendario de execución, acompañada polo proxecto técnico no caso de ser exixido polo concello. Non terán a consideración de orzamentos as estimacións de gastos efectuadas polo solicitante.

h) Certificados acreditativos de estar ao corrente nas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda

por ningún concepto coa Administración pública de Galicia.

i) Fotografías das partes específicas que se van reformar.

j) Documentos que acrediten que o solicitante é propietario do local comercial, ou, se é o caso, copia do contrato de aluguer, traspaso, cesión, etc., no que se indique expresamente a posibilidade de que se poidan realizar reformas no local, ou ben autorización expresa do propietario para realizar reformas no local.

k) Se é o caso, certificado municipal da situación do local segundo o disposto no artigo 2º desta orde.

l) Licenza municipal de apertura. No caso de inicio de actividade deberá presentar coa solicitude copia compulsada de alta no IAE e no momento de xustificación do investimento deberá presentar a licenza municipal de apertura.

3. O prazo de presentación de solicitudes rematará o 16 de maio de 2005.

Artigo 7º.-Criterios de selección de proxectos.

Os proxectos ou actuacións que se presenten deberán ser técnica, comercial e financeiramente viables e os criterios de avaliación que servirán de base para a determinación da preferencia na concesión e a contía das subvencións, relacionados por orde decrecente de importancia, serán os seguintes:

a) A situación do comercio retallista en concellos de menos habitantes.

b) A venda nos establecementos comerciais de produtos artesanais e orixinais das áreas rurais.

c) As vantaxes que repercuten nos consumidores da área concernida.

d) A incidencia do proxecto no incremento da competitividade, da eficiencia ou da atracción comercial do establecemento.

e) A creación de emprego que produce o investimento proxectado.

Artigo 8º.-Instrución e resolución.

1. A Dirección Xeral de Comercio e Consumo será o órgano competente para a instrución dos procedementos que se tramiten ao abeiro do disposto nesta orde.

2. Conforme o establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, se a solicitude de subvención non reúne os requisitos exixidos nesta orde, o solicitante será requirido para que nun prazo de dez días, contados a partir do día seguinte á recepción do devandito requirimento, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixera, terase por desistido da súa petición, trala resolución que deberá ser ditada nos termos do artigo 42 da citada lei.

3. Os órganos administrativos encargados do procedemento poderán reclamar dos solicitantes a documentación adicional que consideren oportuna.

4. Revisados os expedientes e completados, se é o caso, o órgano instrutor deberá emitir, como paso previo á valoración un informe relativo ao cumprimento dos requisitos que para os solicitantes se establecen no artigo 3º desta orde.

Unha vez informadas as solicitudes polo órgano instrutor, procederá a súa avaliación atendendo aos criterios de selección sinalados no artigo 7º desta orde, por unha comisión de valoración, constituída para o efecto, que estará integrada por un xefe de servizo, un xefe de Sección e un técnico da Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

5. O conselleiro de Innovación, Industria e Comercio ditará a resolución de concesión ou denegación da axuda ou subvención que proceda.

6. As resolucións de concesión ou denegación das axudas ou subvencións serán motivadas, e expresarán, polo menos, o obxecto e o importe do proxecto subvencionado, a axuda ou subvención concedida e a contía desta e, se é o caso, o motivo da denegación.

O beneficiario da axuda deberá aceptala no prazo de quince días naturais contados a partir do seguinte ao da súa notificación, sen prexuízo dos recursos que procedan contra a resolución, e para os sos efectos da optimización dos créditos dispoñibles. No caso contrario entenderase que renuncia á axuda ou subvención concedida e procederase de conformidade co establecido no artigo 42.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A aceptación da axuda ou subvención formalizarase mediante documento asinado polo beneficiario no que se compromete a cumprir todas as condicións establecidas nesta orde de convocatoria de axudas e, se é o caso, na resolución de concesión desta.

7. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución do procedemento non poderá exceder de seis meses contados desde a publicación desta orde.

O vencemento do prazo máximo sen notificarse a resolución lexitima aos interesados para entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de axuda ou subvención.

Artigo 9º.-Modificación da resolución de concesión.

1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados nacionais ou internacionais, poderán dar lugar á modificación da resolución de concesión.

2. O órgano competente para a concesión da subvención poderá acordar a modificación da resolución por instancia do beneficiario, debendo cumprirse os seguintes requisitos:

a) Que a modificación do proxecto estea comprendida dentro da finalidade das normas ou bases reguladoras.

b) Que se acredite a inexistencia de prexuízos a terceiros.

c) Que os novos elementos e circunstancias que motiven a modificación, de ter concorrido na concesión inicial, non supoñan a denegación da axuda ou subvención.

3. O beneficiario deberá solicitar a modificación mediante instancia dirixida ao conselleiro de Innovación, Industria e Comercio acompañada da documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos sinalados no punto anterior, cun límite de 20 días hábiles antes da data de finalización do prazo de xustificación do investimento.

4. O acto polo que se acorde a modificación da resolución ou, se é o caso, se denegue, será ditado polo órgano concedente despois da instrución do correspondente expediente, no que se dará audiencia aos interesados na forma prevista no artigo 9.4º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro.

Artigo 10º.-Xustificación e prazo dos investimentos.

1. As subvencións concedidas faranse efectivas unha vez se presenten por duplicado exemplar, preferentemente en orixinal ou no seu defecto copia compulsada, dos documentos que a continuación se relacionan:

a) Facturas xustificativas de materialización do investimento, indicando nelas concepto, importe sen IVE e importe total, así como documentos xustificativos do pagamento dos investimentos realizados.

b) Fotografías das zonas reformadas que mostren as obras realizadas.

c) Certificados acreditativos de estar ao corrente nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e de non ter débedas por ningún concepto coa Xunta de Galicia.

d) Xustificante de axudas obtidas ou declaración das solicitadas ou que se prevé obter para o mesmo investimento en calquera outra administración, entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, indicando a súa contía.

e) Certificación expedida pola entidade bancaria de titularidade da conta bancaria onde debe realizarse o pagamento, na que conste código do banco, código da sucursal, díxito de control e código de conta corrente.

2. Os órganos competentes da Consellería de Innovación, Industria e Comercio poderán solicitar as aclaracións ou informes relativos á xustificación do investimento que consideren necesarios. No caso de

que non fosen remitidos polo beneficiario dentro do prazo que se sinale poderá entenderse que renuncia á axuda ou subvención concedida.

3. A falta de presentación da xustificación implicará a anulación da subvención concedida.

4. A documentación acreditativa do investimento obxecto de subvención, deberá ser presentada polo beneficiario con data límite o día 31 de outubro de 2005.

Artigo 11º.-Pagamento da axuda ou subvención.

1. O libramento da subvención farase nun único pagamento, unha vez xustificado o investimento, mediante transferencia bancaria.

2. As subvencións minoraranse proporcionalmente se o investimento xustificado é inferior ao orzamento que serviu de base para a resolución de concesión, sempre que estea garantido a consecución do obxecto e o investimento realizado non sexa inferior á contía mínima establecida no artigo 5º.3. No caso de concorrencia con outras subvencións ou axudas haberá que aterse ao establecido no artigo 5º.4.

Artigo 12.-Réxime de recursos.

As resolucións, expresas ou presuntas, dos expedientes tramitados ao abeiro do disposto nesta orde de convocatoria esgotarán a vía administrativa e contra elas poderase interpoñer:

a) Recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou de tres meses contados a partir do día seguinte a aquel no que se produza o acto presunto.

b) Ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, se é expresa ou de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel no que se produza o acto presunto.

E todo isto sen prexuízo de que os interesados poidan exercitar, se é o caso, calquera outro que estimen procedente.

Artigo 13º.-Obrigas dos beneficiarios.

Son obrigas dos beneficiarios:

a) Realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

b) Acreditar ante a entidade concedente a realización da actividade ou a adopción do comportamento, así como o cumprimento dos requisitos ou condicións que determinan a concesión ou disfrute da subvención.

c) Acreditar con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión que se atopa ao corrente das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social, e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún

concepto coa Administración pública da Comunidade Autónoma galega.

d) Someterse ás actuacións de comprobación a efectuar polo órgano concedente, así como calquera outra comprobación e control que poidan realizar os órganos de control competentes, e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

e) Comunicar á entidade concedente a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

f) Conservar os documentos xustificativos da aplicación de fondos recibidos incluídos os documentos electrónicos en tanto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

g) Todos os investimentos deberán permanecer a lo menos cinco anos desde a súa concesión no establecemento comercial declarado polo beneficiario na solicitude.

Artigo 14º.-Reintegro das axudas ou subvencións.

1. Non se poderá exixir o pagamento da axuda ou subvención concedida e procederá o reintegro total ou parcial da contía percibida xunto cos xuros de demora percibidos desde o seu pagamento nos casos seguintes:

a) Incumprimento da obriga de xustificación, ou xustificación insuficiente nos termos do artigo 30 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

b) Obtención da subvención sen reunir os requisitos esixidos para a súa concesión, falseando as condicións requiridas para a súa concesión ou ocultando aquelas que o impiden.

c) Incumprimento da finalidade, actividade, proxecto ou a non adopción do comportamento para a que foi concedida a subvención.

d) Incumprimento das condicións impostas ao beneficiario co motivo da concesión da axuda ou subvención.

2. Así mesmo, procederá o reintegro do exceso percibido nos supostos nos que o importe da axuda ou subvención, illadamente ou en concorrencia con outras axudas ou subvencións doutras administracións públicas ou doutras entidades públicas ou privadas, nacionais ou internacionais, supere o custo da actividade que vaia desenvolver, se é o caso, a porcentaxe máxima de investimento subvencionable establecido no artigo 5º punto 4.

3. O procedemento de reintegro tramitarase de acordo co establecido no artigo 20 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro.

4. As cantidades que os beneficiarios deban reintegrar terán a consideración de ingresos de dereito público e será de aplicación para o seu cobro o previsto nos artigos 19 ao 23 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Artigo 15º.-Fiscalización e control.

1. A concesión das axudas e subvencións reguladas nesta orde estará sometida ao exercicio da función interventora e de control financeiro por parte da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma nos termos que establece o capítulo V do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, das actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.

2. A Consellería de Innovación, Industria e Comercio poderá inspeccionar en calquera momento os investimentos realizados.

Artigo 16º.-Réxime xurídico.

En todo o non previsto nesta orde haberá que aterse ao disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada parcialmente pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, modificado parcialmente pola Lei 14/2004, do 29 de decembro e na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para cada exercicio, así como no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 17º.-Réxime sancionador.

As infraccións administrativas cometidas en relación coas axudas e subvencións reguladas na presente orde sancionaranse de conformidade co disposto no artigo 79 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, modificado parcialmente pola Lei 14/2004, do 29 de decembro e no capítulo VII do Decreto 287/2000, do 21 de novembro.

Artigo 18º.-Publicidade.

Unha vez ultimada a concesión das axudas publicaranse no Diario Oficial de Galicia a relación das concedidas con indicación da entidade beneficiaria, contía e finalidade da subvención.

Disposición derradeira

Facúltase o director xeral de Comercio e Consumo para que dite as disposicións necesarias para a aplicación do disposto nesta orde.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2005.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Innovación, Industria e Comercio

ANEXO II

Relación de epígrafes do IAE subvencionables

641.-Comercio polo miúdo de froitas, verduras, hortalizas e tubérculos.

642.-Comercio polo miúdo de carnes e despoxos; de produtos derivados cárnicos elaborados: de ovos, aves, coellos de granxa, caza; e de produtos derivados destes.

643.-Comercio polo miúdo de pescados e doutros produtos da pesca e da acuicultura e caracois.

644.-Comercio polo miúdo de pan, pastelaría, confeitaría e similares, e de leite e produtos lácteos.

645.-Comercio polo miúdo de viños e bebidas de todas clases.

647.1.-Comercio polo miúdo de produtos alimenticios e de bebidas en establecementos con vendedor.

647.2.-Comercio polo miúdo de produtos alimenticios e de bebidas en réxime de autoservizo ou mixto en establecementos cuxa sala de vendas teña unha superficie inferior a 120 metros cadrados.

647.3.-Comercio polo miúdo de calquera clase de produtos alimenticios e de bebidas en réxime de autoservizo ou mixto en supermercados, denominados así cando a superficie da súa sala de vendas atópense comprendidos entre 120 e 399 metros cadrados.

651.-Comercio polo miúdo de produtos téxtiles, confección, calzado, peles e artigos de coiro.

652.2.-Comercio polo miúdo de produtos de drogaría, perfumaría e cosmética, limpeza, pinturas, vernices, disolventes, papeis e outros produtos para a decoración e de produtos químicos.

652.3.-Comercio polo miúdo de produtos de perfumaría e cosmética, e de artigos para hixiene e aseo persoal.

652.4.-Comercio polo miúdo de plantas e herbas en herbolarios.

653.-Comercio polo miúdo de artigos para o equipamento do fogar e a construción.

654.5.-Comercio polo miúdo de toda clase de maquinaria.

657.-Comercio polo miúdo de instrumentos musicais en xeral, así como dos seus accesorios.

659.2.-Comercio polo miúdo de mobles de oficina e máquinas e equipos de oficina.

659.3.-Comercio polo miúdo de aparellos e instrumentos médicos, ortopédicos, ópticos e fotográficos.

659.4.-Comercio polo miúdo de libros, xornais, artigos de papelaría e escritorio e artigos de debuxo e belas artes.

659.5.-Comercio polo miúdo de artigos de xoiaría, reloxaría, prataría e bixutaría.

659.6.-Comercio polo miúdo de xoguetes, artigos de deporte, roupa deportiva, de vestido, calzado e lacado, armas, cartucheira e artigos de pirotecnia.

659.7.-Comercio polo miúdo de sementes, fertilizantes, flores e plantas e pequenos animais.

661.3.-Comercio polo miúdo en almacéns populares, entendendo por tales aqueles establecementos que ofrecen en seccións múltiples e venden en autoservizo ou en preselección un variado relativamente amplo e pouco profundo de bens de consumo, cunha gama de prezos baixa e un servizo reducido.

ANEXO IV

Relación de concellos con poboación inferior a 5.000 habitantes

A Coruña

ConcelloPoboación ao 1-1-2004

Aranga2.274

Baña, A4.888

Boimorto2.486

Boqueixón4.337

Cabanas3.368

Capela, A 1.526

Cerdido 1.558

Cesuras 2.463

Coirós1.650

Corcubión1.964

Curtis 4.421

Dodro 3.162

Dumbría4.166

Frades 2.920

Irixoa 1.619

Laxe 3.558

Lousame 3.912

Mañón1.830

Mesía3.216

Moeche 1.461

Monfero 2.490

Oza dos Ríos3.154

Paderne 2.689

Pino, O 4.940

San Sadurniño3.229

Santiso 2.212

Sobrado 2.360

Somozas, As 1.403

Toques 1.530

Tordoia 4.713

Touro 4.634

Trazo 3.652

Val do Dubra 4.642

Vilasantar 1.574

Vilarmaior 1.362

Cariño4.798

Lugo

ConcelloPoboación ao 1-1-2004

Abadín3.256

Alfoz 2.312

Antas de Ulla 2.640

Baleira 1.778

Barreiros 3.278

Becerreá3.424

Begonte 3.682

Bóveda 1.866

Carballedo 3.055

Castroverde 3.286

Cervantes 2.031

Cervo 4.978

Corgo, O 4.264

Folgoso do Courel 1.397

Friol 4.580

Xermade 2.464

Guntín3.329

Incio, O 2.358

Xove 3.603

Láncara 3.136

Lourenzá2.700

Meira 1.789

Mondoñedo 4.904

Monterroso 4.237

Muras 978

ConcelloPoboación ao 1-1-2004

Navia de Suarna 1.732

Negueira de Muñiz 235

Nogais, As 1.501

Ourol 1.365

Outeiro de Rei 4.528

Palas de Rei 3.909

Pantón3.209

Paradela 2.408

Páramo, O 1.887

Pastoriza, A 3.856

Pedrafita do Cebreiro1.486

Pol 1.999

Pobra do Brollón, A2.425

Pontenova, A 3.125

Portomarín1.991

Quiroga 4.129

Ribas de Sil 1.335

Ribeira de Piquín 810

Riotorto 1.726

Samos 1.923

Rábade 1.630

Saviñao, O 4.915

Sober 2.988

Taboada 3.872

Trabada 1.552

Triacastela 839

Valadouro, O 2.305

Vicedo, O 2.181

Baralla 3.193

Ourense

ConcelloPoboación ao 1-1-2004

Amoeiro 2.322

Arnoia, A 1.247

Avión 2.804

Baltar 1.180

Bande 2.326

Baños de Molgas2.038

Beade 578

Beariz 1.404

Blancos, Os 1.138

Boborás3.214

Bola, A 1.549

Bolo, O 1.286

Calvos de Randín1.212

Carballeda de Valdeorras2.080

Carballeda de Avia1.601

Cartelle 3.565

Castrelo do Val 1.239

Castrelo de Miño2.044

Castro Caldelas 1.833

Cenlle 1.575

Coles 3.252

Cortegada 1.407

Cualedro 2.286

Chandrexa de Queixa 830

Entrimo 1.370

Esgos 1.304

Gomesende 1.118

Gudiña, A 1.625

Irixo, O 2.033

Xunqueira de Ambía1.934

Xunqueira de Espadañedo1.033

Larouco 570

Laza 1.800

Leiro 1.940

Lobeira 1.188

Lobios 2.547

Maceda 3.262

Manzaneda 1.150

Maside 3.121

ConcelloPoboación ao 1-1-2004

Melón1.552

Merca, A 2.341

Mezquita, A1.406

Montederramo 1.130

Monterrei 3.187

Muíños1.985

Nogueira de Ramuín2.561

Oímbra 1.984

Paderne de Allariz1.630

Padrenda 2.479

Parada de Sil 788

Peroxa, A 2.502

Petín1.095

Piñor 1.505

Porqueira1.130

Pobra de Trives, A 2.721

Pontedeva 647

Punxín 945

Quintela de Leirado 831

Rairiz de Veiga1.788

Ramirás2.046

San Xoán de Río 864

Riós2.097

Rubiá1.685

San Amaro 1.371

San Cibrao das Viñas3.867

San Cristovo de Cea2.994

Sandiás1.585

Sarreaus 1.800

Taboadela 1.691

Teixeira, A 547

Toén2.573

Trasmiras1.786

Veiga, A 1.318

Verea 1.398

Viana do Bolo 3.663

Vilamarín2.301

Vilamartín de Valdeorras2.472

Vilar de Barrio 1.914

Vilar de Santos 1.004

Vilardevós2.633

Vilariño de Conso 749

Pontevedra

ConcelloPoboación ao 1-1-2004

Arbo 4.018

Barro 3.380

Campo Lameiro2.178

Catoira 3.510

Cerdedo 2.308

Cotobade 4.644

Covelo 3.730

Crecente 2.756

Dozón 2.030

Forcarei 4.616

Fornelos de Montes 2.092

Agolada3.678

Lama, A 2.905

Mondariz-Balneario 704

Moraña 4.281

Neves, As 4.440

Oia 2.912

Pazos de Borbén 3.161

Portas 3.176

Pontecesures 3.028

Ribadumia 4.238

Rodeiro 3.553

Illa de Arousa, A4.874