DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Luns, 28 de marzo de 2005 Páx. 5.047

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2005 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que aproba a nova regulamentación das bases reguladoras de axudas para proxectos empresariais de investimento.

O Consello de Dirección do Igape, na súa reunión que tivo lugar o día 24 de febreiro de 2005, acordou por unanimidade dos membros asistentes a aprobación da nova regulamentación das bases reguladoras de axudas para proxectos empresariais de investimento.

Na súa virtude, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Único.-Publicar a nova regulamentación das bases reguladoras de axudas do Igape para proxectos empresariais de investimento, que figuran como anexo 1 a esta resolución.

En Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2005.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica

ANEXO 1

Bases reguladoras de axudas do Igape para proxectos empresariais de investimento.

As bases reguladoras de axudas do Igape para proxectos empresariais de investimento aprobáronse por acordo do seu consello de dirección do 13 de xullo de 2001 e foron publicadas no DOG nº 142, do 23 de xullo, coa finalidade principal de fomentar e manter a actividade económica na comunidade autónoma, favorecer o desenvolvemento equilibrado do territorio galego e lograr o incremento do emprego. Desde esa data aprobáronse diversas modificacións dirixidas á mellor consecución dos anteditos obxectivos, considerándose conveniente publicar un texto que integre e refunda nun único texto as devanditas modificacións.

Téntase fomentar a creación e o mantemento do emprego estable ademais de impulsar medidas especiais de apoio para promover a implantación en Galicia de centros loxísticos que favorezan a distribución de mercadorías no territorio.

Finalmente, búscase homoxeneizar os criterios básicos de xestión deste programa cos establecidos para o programa de investimentos nas bases reguladoras das axudas do Igape para os programas de apoio á continuidade e mellora competitiva da PEME galega.

Base 1ª.-Obxecto.

1.1. Estas bases desenvolven o conxunto de actuacións destinadas a incentivar proxectos de investimento que, superando con carácter xeral os 600.000 euros de investimento subvencionable, supoñan a creación, ampliación ou modernización das empresas e favorezan o incremento do emprego. Este programa incidirá especialmente naqueles proxectos que supoñan un primeiro establecemento na Comunidade Autónoma de Galicia, todo iso co obxecto de favorecer a actividade económica e, en xeral, asegurar a dinamización e o desenvolvemento do tecido produtivo galego.

1.2. Os incentivos regulados nestas bases incardínanse no ámbito do último parágrafo do punto 1 do artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, na redacción establecida pola Lei 14/2004, do 29 de decembro, de medidas tributarias e de réxime administrativo, constituíndo o contido destas bases a súa normativa de aplicación.

Base 2ª.-Tipos de axuda.

Poderán concederse os seguintes tipos de axuda:

a) Subvención a fondo perdido sobre o investimento subvencionable, segundo os conceptos enumerados na base 5ª.

b) Servizos de apoio ao establecemento de novos proxectos, que constitúan a primeira implantación da empresa na comunidade autónoma.

Base 3ª.-Requisitos dos beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios:

3.1. Aquelas sociedades con obxecto empresarial que cumpran os seguintes requisitos:

a) Ter radicado ou prever a radicación dalgún centro de actividade de carácter permanente na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Desenvolver no centro radicado en Galicia algunha das actividades subvencionables que se sinalan na base 4ª.

c) Presentar un proxecto cuxa base subvencionable, segundo a base 5ª, ascenda como mínimo aos 600.000 euros e que sexa considerado viable técnica, económica e financeiramente polo Igape.

d) Achegar para o proxecto de investimento un autofinanciamento de polo menos un 30% do seu importe, que non poderá ser obxecto de axuda ou subvención ningunha.

e) Para aquelas empresas non consideradas novas empresas segundo a base 3.2, acreditar a existencia, na data de solicitude, de polo menos un 50% de empregos con contrato indefinido nos seus centros de traballo radicados en Galicia.

f) Comprometerse a crear polo menos tres postos de traballo con carácter indefinido nos seus centros de traballo en Galicia.

g) Comprometerse a manter o emprego existente segundo o definido na base 13.4.1.a). En todo caso, o cómputo de emprego total existente ao final do prazo de vixencia deberá conservar ou mellorar a estrutura porcentual inicial de traballadores con contrato indefinido respecto ao total de traballadores; no caso de novas empresas, esta relación non poderá ser inferior ao 45%.

h) Comprometerse a manter unha determinada composición do accionariado nos supostos en que esta represente un elemento substancial para garantir a viabilidade técnica, económica e financeira do proxecto e así se establecese na resolución de concesión.

3.2. Para os efectos previstos nestas bases, entenderase por novas empresas aquelas cuxa data de inicio de actividade sexa inferior a un ano natural á data de presentación da solicitude das axudas.

3.3. Excepcionalmente e logo de xustificación no expediente, o Consello de Dirección do Igape poderá:

a) Exceptuar o requisito de investimento subvencionable mínimo superior a 600.000 euros cando a iniciativa empresarial se encadre nunha actividade considerada intensiva en emprego, con base no impacto económico no territorio en que se implante.

b) Exceptuar a exixencia das condicións de emprego establecidas nas alíneas e) e f) da base 3.1. anterior nos casos de estacionalidade da actividade ou das especiais condicións dun sector ou dunha empresa que requiran un importante esforzo investidor de cara a garantir a súa competitividade. Nestes casos, a resolución de concesión establecerá as condicións específicas que se deberán cumprir relativas ao emprego.

Base 4ª.-Actividades subvencionables.

4.1. Serán subvencionables, ao abeiro deste programa, os proxectos de investimento en Galicia para a consolidación ou posta en marcha de actividades industriais, loxísticas, hoteleiras ou de servizos de apoio industrial, dirixidos a mellorar a súa competitividade, asignables a algunha das relacionadas no anexo IV. O proxecto subvencionable deberá, en todo caso, estar vinculado a algunha destas actividades, independentemente de calquera outra que, ademais, desempeñe o solicitante.

4.2. O Igape poderá establecer convenios individual ou conxuntamente cos distintos departamentos da Xunta de Galicia e outras institucións públicas, co fin de implementar liñas de apoio sectoriais ou de proxectos que se consideren estratéxicos. O réxime e as condicións destas adecuaranse ao que se estableza nos citados convenios, que serán obxecto de publicación no DOG.

4.3. Para aquelas actividades que se atopen comprendidas dentro dos sectores regulados por normas específicas da Unión Europea sobre axudas estatais, as axudas previstas nestas bases axustaranse en cada caso ás devanditas normas específicas.

Base 5ª.-Conceptos subvencionables.

5.1. Para os efectos de cálculo da subvención a fondo perdido, consideraranse conceptos subvencionables os seguintes:

A) Investimentos realizados en:

a) Adquisición dos terreos necesarios para acometer o proxecto, traídas e acometidas de servizos, urbanización e obras exteriores adecuadas ás necesidades do proxecto.

b) Obra civil en: oficinas, laboratorios, servizos sociais e sanitarios do persoal, almacenamento de materias primas, edificios de produción, edificios de servizos industriais, almacenamento de produtos terminados e outras obras vinculadas ao proxecto.

c) Adquisición de inmobles.

d) Bens de equipo: maquinaria de proceso, instalacións específicas para a actividade subvencionable, elementos de transporte interior, vehículos especiais de transporte exterior, medios de protección do ambiente e outros bens de equipo ligados ao proxecto. Nos sectores do transporte e loxístico quedan excluídos os gastos destinados á adquisición de elementos de transporte (activos móbiles).

e) Outros investimentos en activos fixos materiais incluíndo mobiliario.

f) Traballos, estudos de planificación, enxeñaría de proxecto e dirección facultativa.

g) Aplicacións informáticas e adquisición de propiedade intelectual e industrial, incluíndo licenzas de fabricación e patentes, e outros activos intanxibles ligados ao investimento, en contía non superior ao 25% do investimento subvencionable aprobado.

B) Custos financeiros: dentro dos límites máximos de axuda aplicable ao conxunto de investimentos do proxecto, e calculada esta sobre a base uniforme composta polos conceptos de investimento subvencionable, poderán acollerse outros gastos ligados ao investimento consistentes en gastos financeiros vinculados ás operacións de préstamo concedidas por entidades financeiras e destinadas a financiar o proxecto investidor, que se devenguen durante os 5 primeiros anos desa operación. O importe subvencionable do préstamo non poderá superar o resultante de detraer da base subvencionable aprobada a suma dos importes da subvención concedida e do autofinanciamento mínimo exixido para o proxecto, co límite en todo caso do 70% da base subvencionable aprobada. Para o cálculo dos devanditos gastos financeiros observaranse as condicións que se establezan na solicitude de axuda, e para o pagamento da subvención o que sexa aplicable no momento da primeira disposición do préstamo, sempre que este se

entenda axustado ás condicións de mercado. Non se admitirán operacións financeiras concedidas ou subvencionadas por organismos públicos. O importe da subvención destinarase á amortización anticipada do préstamo subvencionado.

C) No caso de proxectos de primeiro establecemento dunha empresa ou centro de actividade na Comunidade Autónoma de Galicia, os aprovisionamentos necesarios para o inicio da actividade. O seu importe non poderá ser superior ao 10% da facturación prevista no primeiro exercicio económico completo.

Así mesmo, poderán computarse, logo da súa declaración segundo o disposto no punto 5.7 desta base, as asistencias técnicas para a elaboración de estudos vinculados á toma de decisión de acometer o proxecto investidor.

D) Excepcionalmente, por acordo do Consello de Dirección do Igape, no caso de proxectos de establecemento dunha empresa ou centro de actividade na Comunidade Autonoma de Galicia, poderán ser subvencionables os custos de formación específica do persoal para a implantación do proxecto, cando as características da actividade que se vai desenvolver así o xustifiquen. Esta subvención será obxecto de resolución independente, rexendo os límites establecidos pola Unión Europea para as axudas de mínimis.

5.2. Para a determinación do importe da base subvencionable observaranse os criterios e módulos de custo máximo subvencionable que aprobe o Consello de Dirección do Igape para os distintos conceptos recollidos no punto 5.1.A) anterior, que de ser o caso prevalecerán sobre os prezos de adquisición destes.

5.3. Os investimentos deberán realizarse en bens de primeiro uso empresarial, salvo cando o proxecto consista no traspaso dun establecemento que pechase ou pecharía de non se proceder á súa readquisición. Neste suposto, computarase como importe subvencionable máximo o valor de taxación recollido en informe elaborado por sociedade de taxación homologada.

5.4. Naqueles casos de subvención ao terreo, construcións e urbanizacións por cambio de localización dentro da Comunidade Autónoma de Galicia, a base sobre a que se aplicará a subvención será o que resulte da diferenza entre o prezo de adquisición dos novos activos e o valor dos da antiga localización, segundo informe de taxación subscrito por sociedade de taxación homologada, sempre e cando as instalacións que se van abandonar fosen propiedade da empresa ou dos seus socios maioritarios. Se, dentro do prazo de execución do proxecto (prazo de vixencia) establecido na resolución de concesión da subvención, fosen alleados os terreos da antiga localización da empresa e o importe neto da venda resultase superior ao da taxación homologada que se tivo en conta para os efectos da subvención, reaxustarase o importe da subvención concedida.

5.5. Serán subvencionables os investimentos realizados e pagados con posterioridade á presentación da solicitude de axuda e con anterioridade ao remate do prazo concedido para a execución do proxecto. Este período denomínase prazo de vixencia para os

efectos de cumprir todas as condicións que estableza a resolución individual de concesión da axuda.

5.6. No caso de investimentos en obra civil, os solicitantes estarán obrigados a levantar acta notarial que reflita fidedignamente con posterioridade á presentación da súa solicitude de axuda, a non-iniciación da obra ou do estado da súa execución, acompañada, neste caso, pola valoración obxectiva do investimento executado. Nestos casos, unicamente serán subvencionables aqueles investimentos realizados con posterioridade ao levantamento da citada acta.

5.7. Nos casos de proxectos de primeiro establecemento, os interesados, previamente á realización de estudos vinculados á toma de decisión de acometer o proxecto de investimento, poderán presentar ao Igape unha declaración do seu interese, segundo o modelo anexo I, co fin de que posteriormente eses gastos poidan ser computados como subvencionables segundo o establecido no parágrafo segundo do punto 5.1.C) desta base.

Base 6ª.-Criterios preferentes de concesión.

6.1. Con carácter xeral e ata un máximo do 15% dos gastos subvencionables, teranse en conta na concesión e na determinación da contía da axuda aqueles proxectos que cumpran os seguintes criterios:

a) A creación de emprego mediante contratos indefinidos, superior ao mínimo exixido.

b) Primeiro establecemento. Proxectos que dean orixe á primeira implantación dunha empresa ou centro de actividade na comunidade autónoma.

c) As característcias do proxecto. Valorarase:

c1) Con carácter xeral:

-O carácter dinamizador do proxecto para a economía da zona en que se implante.

-O carácter innovador do proxecto.

-O valor engadido medio da actividade empresarial.

-A utilización de materias primas autóctonas.

-A orientación da produción cara á exportación.

-A adaptación e mellora ambiental.

-A incorporación de tecnoloxía avanzada.

c2) No caso de investimentos en centros de distribución de mercadorías que se van establecer en polígonos de promoción pública:

-Relación superficie construída/superficie total.

-Repercusión prevista na canalización de produtos galegos ao exterior.

-Impacto en custo de distribución para empresas galegas.

-Carácter dinamizador sobre a actividade económica xeral da comunidade autónoma:

-Movemento de mercadorías Tm/ano.

-Porcentaxe de amoreamentos (materiais, produtos finais...) con orixe na Comunidade Autónoma de Galicia.

-Creación de emprego indefinido.

-Dimensión proxectada.

-Nova implantación ou nova localización cando supoña incremento de capacidade.

d) A localización do proxecto.

6.2. No caso de adquisición de terreos localizados en polígonos de promoción pública realizada directamente ao organismo promotor, ou en polígonos de promoción privada sempre que conten coa homologación do organismo autonómico competente en ordenación do territorio, concederase unha subvención de ata o 50% do seu prezo, dentro dos límites máximos de intensidade de axuda do 40% establecidos na base 16.2. No caso de terreos en polígonos de promoción privada, o prezo determinante da base subvencionable non poderá ser superior aos de promoción pública. O Consello de Dirección do Igape poderá acordar a superación da porcentaxe de subvención do 50% do prezo de adquisición no caso de empresas de nova instalación na Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que o interese estratéxico do proxecto así o aconselle.

6.3. Dentro do límite máximo de intensidade de axuda establecido na base 16.2, e con base no carácter dinamizador do proxecto, o Consello de Dirección do Igape poderá acordar superar a porcentaxe de subvención sinalada na alínea 6.1 anterior para aqueles proxectos que desenvolvan actividades ou elaboren produtos que, entre outros, cumpran algunha das seguintes condicións:

a) Teñan unha demanda interna elevada.

b) Correspondan a sectores emerxentes ou de alta tecnoloxía.

c) Sexan intensivos en emprego altamente especializado.

d) Estean situados en zonas afectadas por circunstancias excepcionais que supoñan un freo na actividade económica.

Base 7ª.-Servizos de apoio.

Con carácter complementario e con base no seu interese estratéxico, o Igape poderá prestar de oficio servizos de apoio previos ao establecemento de novos proxectos, a favor daquelas empresas que pretendan implantarse por primeira vez na comunidade autónoma. Os devanditos servizos poderán consistir, entre outros, en:

-Información e asesoramento dos trámites que se van seguir para a implantación do proxecto.

-Estudos necesarios para sustentar a decisión de implantación.

-Xestións de busca de lugares idóneos para o proxecto.

-Tramitación ante organismos públicos de autorizacións ou permisos necesarios para a súa posta en marcha.

-Facilitar contactos con outras empresas ligadas á súa actividade.

Base 8ª.-Tramitación.

8.1. Solicitude da subvención. As solicitudes das axudas previstas na base 2.a) presentaranse segundo o modelo que figura como anexo II, nas oficinas do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) ou en calquera das formas previstas pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

8.2. A solicitude irá acompañada:

a) Da documentación referenciada no anexo III, que deberá presentarse en orixinal ou copia cotexada.

b) De calquera outra documentación ou información adicional que considere conveniente para unha correcta análise da solicitude.

8.3. Poderase excluír aquela documentación que conste xa actualizada no Igape, debendo o solicitante especificar o número de expediente en que anteriormente foi achegada.

8.4. Nos casos en que o solicitante xustifique que o inicio da execución do proxecto non admite demora e no entanto non poida achegar algunha documentación por non tela expedida o órgano competente, poderase substituír esta pola presentación dun escrito razoado e a acreditación de ter solicitada a devandita documentación ante o órgano ou persoa competente para expedila, existindo a obriga de achegala con carácter previo á proposta de resolución ou á aceptación desta cando así se prevexa.

8.5. Emenda de defectos.

Sen prexuízo do establecido no punto 8.4 anterior, se coa solicitude non se achegase a documentación exixida nestas bases, requirirase o interesado para que nun prazo de 10 días hábiles desde o seguinte ao da recepción do requirimento emende a falta ou presente os documentos preceptivos, con indicación de que, en caso contrario, se considerará desistido da súa petición, ditándose a correspondente resolución de arquivo, de acordo co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e cos efectos previstos no artigo 42.1º desa lei. Este prazo, cando existan causas xustificadas, poderá ser prorrogado de oficio ou por instancia de parte por un período que non exceda a metade do inicial. O requirimento de documentación suspenderá o prazo para resolver.

8.6. Estudo e avaliación da solicitude.

Unha vez completas as solicitudes, os proxectos serán estudados polos servizos técnicos do Igape. O Igape poderá solicitar do interesado calquera acla

ración ou documentación complementaria que considere necesaria para unha adecuada avaliación do proxecto.

8.7. Instruído o procedemento pola Área de Financiamento do Igape, e inmediatamente antes de ditar proposta de resolución, poráselles de manifesto aos interesados, para que no prazo de 10 días poidan alegar e presentar os documentos e xustificacións pertinentes. Non obstante, poderase prescindir deste trámite de audiencia cando non figure no procedemento nin se teñan en conta na resolución outros feitos, alegacións ou probas que as aducidas polos interesados.

8.8. Concesión.

a) O presidente do Igape resolverá sobre a concesión ou denegación das axudas no prazo máximo de seis meses, descontados os de suspensión.

b) A concesión de subvencións por importe superior a 3.000.000 de euros requirirá a autorización do Consello da Xunta de Galicia.

c) Na resolución de concesión faranse constar os importes da base subvencionable que se vai xustificar, a contía e porcentaxe da subvención concedida, as condicións e os prazos previstos no proxecto subvencionado, o prazo de vixencia para o cumprimento das condicións da subvención, así como a obriga por parte do perceptor da subvención de indicar en todo labor de difusión, publicidade ou análoga da actividade subvencionada, a mención expresa de que a devandita actuación foi financiada polo Igape e, de ser o caso, pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder).

Base 9ª.-Notificación e aceptación.

9.1. As resolucións de concesión deberán ser aceptadas por escrito polo beneficiario no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa notificación. En caso contrario, entenderase a renuncia do beneficiario, ditándose resolución neste sentido. A aceptación por parte do interesado suporá a obriga de cumprir as condicións e obrigas establecidas na resolución, nestas bases e nas demais disposicións que sexan de aplicación.

9.2. Persoas xurídicas en constitución. Cando a concesión recaia sobre unha persoa xurídica en constitución, na resolución individual outorgarase un prazo máximo de tres meses desde a aceptación da resolución de concesión, para que o beneficiario presente a documentación acreditativa da súa constitución e as circunstancias rexistrais, no caso de que non fose presentada anteriormente. Ese prazo poderá ser prorrogado de oficio ou por instancia do beneficiario por un período que non superará a metade do inicialmente acordado, sempre que existan causas xustificadas. Transcorrido o prazo sinalado no parágrafo anterior ou, de ser o caso, as prórrogas concedidas a este, sen ter presentada a documentación, terase o interesado por decaído nos seus dereitos, ditándose resolución de arquivo.

Base 10ª.-Recursos.

10.1. As resolucións dos expedientes instruídos ao abeiro do disposto nestas bases esgotarán a vía administrativa, polo que, de conformidade co previsto na Lei da xurisdición contencioso-administrativa, se poderá interpoñer contra elas recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses contados desde o seguinte ao da súa notificación.

10.2. Potestativamente e con anterioridade á interposición do recurso contencioso-administrativo, poderase interpoñer, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da recepción da notificación da resolución, recurso de reposición, que resolverá o Consello de Dirección do Igape.

Base 11ª.-Obrigas dos beneficiarios.

11.1. Son obrigas dos beneficiarios:

a) Executar o proxecto subvencionado dentro dos prazos máximos que se establezan na respectiva resolución de concesión con cumprimento das condicións e prescricións establecidas nela, nestas bases ou demais normativa de aplicación. En casos xustificados, os prazos poderán ser prorrogados de oficio ou por instancia do interesado.

b) Acreditar ante o Igape a realización do custo subvencionado, achegando toda a documentación xustificativa da realización do proxecto nos termos establecidos na resolución de concesión e o cumprimento das condicións, de ser o caso, impostas. Os custos en que incorreu o beneficiario deberán ser xustificados mediante a presentación de facturas orixinais e xustificantes de pagamento efectivo destas, emitidos por entidades financeiras, e non se admitirán pagamentos en efectivo, salvo para importes inferiores aos 3.000 euros por provedor.

c) Acreditar coa solicitude de cobramento que está ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social, así como que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da comunidade autónoma, na forma determinada regulamentariamente e sen prexuízo do establecido na disposición adicional décimo oitava da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

d) Afectar os bens subvencionados á actividade subvencionada un mínimo de cinco anos desde a súa adquisición, no caso de bens inscritibles en rexistro público, e de dous anos respecto ao resto de bens subvencionados. Esa afección será obxecto de inscrición nos rexistros competentes nos termos que regulamentariamente resulten de aplicación xeral ao réxime de subvencións. Cumprir as demais condicións establecidas na resolución de concesión.

e) No caso de cofinanciamento europeo, dar a adecuada publicidade deste, nos termos que resulten da resolución de concesión.

f) Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará o órgano concedente ou calquera outra comprobación e control financeiro que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto nacionais como comunitarios, e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores. Estas actividades de comprobación poderán ser, entre outras:

-Visitas ás instalacións en que se realizou o proxecto.

-Acceso a toda a documentación relacionada co proxecto.

-Acceso aos rexistros internos da empresa, nos cales se basean as xustificacións técnicas e administrativas.

g) Comunicarlle ao Igape a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza, e en todo caso coa solicitude de aboamento da subvención. O importe da subvención non poderá en ningún caso ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutros entes públicos, nacionais ou internacionais, supere o custo do proxecto subvencionado ou as porcentaxes máximas de subvención establecidas na base 16.

h) Dispoñer, de ser o caso, dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como cantos estados contables e rexistros específicos sexan exixidos na resolución de concesión.

i) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control; isto é, por non ter prescrito o prazo de cinco anos desde o cumprimento de condicións, sen prexuízo dos prazos específicos que se establezan en virtude da normativa da UE no control da aplicación de fondos comunitarios.

j) Adoptar as medidas de difusión da concesión da axuda ou subvención que sexan establecidas na resolución.

k) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos recollidos na base número 15.

11.2. O incumprimento das citadas obrigas poderá dar lugar á revogación da concesión e, de ser o caso, ao reintegro do indebidamente percibido e dos seus xuros de demora.

Base 12ª.-Incidencias e modificacións do proxecto.

12.1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modi

ficación da resolución de concesión ou á súa revogación, no caso de considerarse que a modificación afecta un aspecto substancial da concesión.

12.2. Os beneficiarios quedan obrigados a lle comunicar ao Igape calquera circunstancia ou eventualidade que poida afectar substancialmente a execución dos fins para os que foron concedidas esas axudas. En particular, deberá remitir unha declaración complementaria das axudas recibidas para o mesmo proxecto.

12.3. O presidente do Igape poderá acordar a modificación da resolución por instancia do beneficiario, e deberanse cumprir os seguintes requisitos:

a) Que a actividade, conduta ou modificación do proxecto estea comprendida dentro da finalidade das normas ou bases reguladoras.

b) Que a modificación non cause prexuízo a terceiros.

c) Que os novos elementos e circunstancias que motiven a modificación de ter concorrido na concesión inicial, non supuxesen a denegación da subvención.

12.4. O acto polo que se acorde a modificación da resolución de concesión ou, se é o caso, a súa denegación, será ditado polo órgano concedente, unha vez instruído o correspondente expediente no cal se dará audiencia aos interesados. Non obstante, poderase prescindir deste trámite de audiencia cando non figuren no procedemento, nin se teñan en conta na resolución outros feitos, alegacións ou probas que as aducidas polos interesados.

Base 13ª.-Xustificación.

13.1. A xustificación ante o Igape da execución do proxecto e do cumprimento de todas as condicións establecidas na resolución de concesión será realizada polo beneficiario como máximo dentro dos dous meses seguintes ao vencemento do prazo de vixencia establecido na resolución de concesión para a súa execución, mediante a presentación da documentación sinalada no anexo V.

13.2. Cando na resolución de concesión se fixasen prazos parciais para que o beneficiario acredite a execución, como mínimo, dunha determinada porcentaxe do gasto subvencionado ou o cumprimento doutras condicións, o seu incumprimento significará o inicio dun expediente que poderá finalizar coa revogación da axuda.

13.3. No caso de que existan razóns xustificadas para o atraso no cumprimento de condicións, os prazos de execución que se establezan na resolución poderán ser ampliados de oficio ou por instancia do beneficiario mediante resolución expresa e motivada.

13.4. O cumprimento da condición relativa á creación e mantemento dos postos de traballo acreditarase mediante o oportuno certificado do organismo laboral competente.

13.4.1.

a) As empresas en actividade estarán obrigadas a manter a cifra de emprego que resulte máis alta entre a media dos tres meses previos á presentación da súa solicitude ou a que resulte do TC do mes previo á dita presentación.

b) Durante o prazo de vixencia, o mantemento da cifra resultante computarase coa media resultante dese período, e ao final do dito prazo o beneficiario deberá acreditar a suma dos postos de traballo que se van manter mais os de nova creación.

c) Así mesmo, nos dous anos seguintes á fin do prazo de vixencia terase que manter a media do emprego, tanto para o emprego total como para os empregos indefinidos.

13.4.2. En canto á obriga de creación de emprego, computarase a partir da cifra de emprego que se vai manter e comprobarase ao remate do prazo de vixencia, ou antes se estivesen cumpridas todas as condicións da resolución individual, debéndose acreditar a creación de postos de traballo con contratos indefinidos.

13.4.3. En todo caso, o cómputo final de emprego deberá conservar ou mellorar a estrutura porcentual inicial de traballadores con contrato indefinido respecto ao total de traballadores; no caso de novas empresas, esta relación non poderá ser inferior ao 45%.

13.5. Para os efectos de que o Igape expida informe positivo da correcta execución do proxecto será necesario, de ser o caso, a acreditación polo beneficiario de ter obtido as autorizacións administrativas que correspondan ao seu proxecto. Este informe de correcta execución entenderase emitido con carácter provisional ata transcorrido o prazo de prescrición de cinco anos a partir do total cumprimento de condicións establecido no punto 11.1.i).

13.6. Excepcionalmente, cando a xustificación documental resulte insuficiente para acreditar o importe e a realización de determinados gastos, o Igape poderá solicitar que se achegue informe de auditoría independente.

13.7. Sen necesidade de instar procedemento de incumprimento ou modificación da subvención, o Igape poderá aceptar variacións nos diversos capítulos da base subvencionable aprobada, coa dobre condición de que a oscilación, en máis ou menos, non supere o 20% de cada capítulo e que, no seu conxunto, non varíe o importe total da base subvencionable aprobada nin da axuda concedida, nin desvirtúe as características do proxecto e condicións que fosen tidas en conta para resolver a concesión.

13.8. De acordo co disposto no artigo 35.f) da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, non será necesario presentar a documentación que xa se atope en poder do Igape, sempre que se manteña vixente e se identifique o procedemento admi

nistrativo para o que foi presentada. No suposto de imposibilidade material de obter a documentación ou no caso de que se constate a non-validez desta, o órgano competente poderá requirir do solicitante a súa presentación ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento.

Base 14ª.-Aboamento das subvencións.

14.1. O aboamento das subvencións realizarase unha vez que o Igape considere xustificada a realización total ou parcial do proxecto de investimento e o cumprimento das condicións.

14.2. Poderase solicitar o cobramento mediante a presentación do anexo V a estas bases:

a) Como liquidación única da subvención: dentro do prazo máximo de dous meses seguintes ao remate do prazo de vixencia establecido na concesión, deberá acreditarse a execución da totalidade do proxecto e o cumprimento das condicións, de ser o caso, establecidas na resolución.

Así mesmo, poderase efectuar un pagamento único da subvención, dentro do prazo de vixencia, mesmo cando quede pendente de acreditar algunha condición, unha vez xustificada a execución da totalidade do proxecto subvencionado e o cumprimento daquelas condicións cuxo prazo vencese con anterioridade á presentación da solicitude de cobramento. Neste caso, o cobramento da subvención estará condicionado á previa presentación das oportunas garantías exixidas polo Igape nos termos indicados no punto 14.2.b) E) desta base. Cando o beneficiario acredite que foron cumpridas todas as condicións da resolución individual, autorizarase o levantamento do aval.

b) Mediante liquidacións parciais: dentro do prazo de vixencia e a medida que se vaia xustificando a realización do gasto subvencionado e o cumprimento de condicións, poderán efectuarse pagamentos parciais á conta da liquidación sempre que concorran os requisitos e circunstancias seguintes:

A) Que o interesado o solicite.

B) Que se xustiquen non só o gasto en que se incorren senón os pagamentos efectuados na mesma proporción que represente o pagamento parcial respecto á subvención concedida ata ese momento con cargo ao proxecto de investimento aprobado.

C) O importe que se pode satisfacer por pagamentos parciais non poderá exceder en ningún caso a anualidade prevista para cada exercicio orzamentario de acordo co calendario anexo á resolución de concesión, nin exceder o 80% do total da subvención concedida, nin solicitarse por un importe inferior a 60.000 euros.

D) Os pagamentos parciais quedarán condicionados ao resultado da liquidación definitiva da subvención.

E) Deberase presentar garantía constituída mediante aval solidario da entidade financeira ou outra garantía suficiente, depositada na Caixa Xeral de Depósitos, que cubra o importe do pagamento parcial e dos seus xuros calculados ao tipo de xuro legal do diñeiro vixente no momento da súa concesión e polo prazo que medie entre a data da solicitude e, como mínimo, aquela en que se cumpran seis meses da fin do prazo de xustificación previsto na resolución de concesión.

Base 15ª.-Incumprimento.

15.1. Non se poderá exixir o pagamento da subvención concedida e procederá a revogación da axuda e, de ser o caso, o reintegro total ou parcial da contía percibida e os xuros de demora devengados desde o seu pagamento, nos casos seguintes:

a) Incumprimento da obriga de xustificación ou xustificación insuficiente segundo os termos contidos nestas bases.

b) Obtención da subvención sen reunir os requisitos exixidos para a súa concesión, falseando as condicións requiridas para isto ou ocultando aquelas que o impedisen.

c) Incumprimento total ou parcial do obxectivo, actividade, proxecto ou non-adopción do comportamento que fundamentou a concesión da subvención.

d) Incumprimento das condicións impostas aos beneficiarios con motivo da concesión da axuda ou subvención pública, así como dos compromisos por estes asumidos, sempre que afecten ou se refiran ao modo en que se deben acadar os obxectivos, realizar a actividade, executar o proxecto ou adoptar o comportamento que fundamente a concesión da subvención, ou daqueles distintos dos anteriores, cando disto derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade ou regularidade das actividades subvencionadas ou a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade procedentes de calquera Administración ou ente público, nacionais, da Unión Europea ou organimos internacionais.

e) Incumprimento de adoptar as medidas de difusión que se impuxesen na resolución de concesión.

f) Resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro desempeñadas pola Administración ou calquera dos seus órganos, así como o incumprimento das obrigas contables, rexistrais ou de conservación de documentos cando disto derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o incumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas, ou a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou ente público, nacionais, da Unión Europea, ou de organismos internacionais.

g) A adopción, en virtude do establecido nos artigos 87 a 89 do Tratado da Unión Europea, dunha decisión da cal derive unha necesidade de reintegro.

h) Nos demais casos previstos na normativa reguladora da subvención.

15.2. Igualmente procederá o reintegro do exceso percibido nos supostos en que o importe da subvención, illadamente ou en concorrencia coas subvencións ou axudas doutras administracións ou doutras entidades públicas, supere o custo do proxecto ou as porcentaxes máximas de axuda establecidas nestas bases, segundo o establecido no punto 11.1.g) anterior.

15.3. O procedemento de incumprimento iniciarao de oficio o órgano do Igape que ditou a resolución de concesión, ben por iniciativa propia, logo de informe dos servizos do Igape competentes na xestión ou liquidación dos expedientes, ben como consecuencia das actuacións de control da Intervención Xeral, por petición razoada doutros órganos que teñan atribuídas facultades de comprobación na materia ou por denuncia, mediante a comunicación ao beneficiario das presuntas causas determinantes do incumprimento e as posibles consecuencias deste. Os interesados poderán, en calquera momento do procedemento anterior ao trámite de audiencia, aducir alegacións ou achegar documentos e outros elementos de xuízo.

15.4. Incumprimento parcial. Sempre que se cumpran os requisitos ou as condicións esenciais tomadas en conta na concesión das axudas, o Igape poderá apreciar un incumprimento parcial, debendo resolver sobre o alcance deste, aplicando a mesma ponderación que tivese a condición incumprida na resolución de concesión, e, de ser o caso, establecendo a obriga de reintegro do indebidamente percibido e os seus xuros de demora de acordo cos seguintes criterios:

a) No caso de condicións referentes á contía ou conceptos da base subvencionable, o alcance do incumprimento determinarase proporcionalmente ao gasto deixado de practicar ou aplicado a conceptos distintos dos considerados subvencionables, debendo, se é o caso, reintegrarse as cantidades percibidas na devandita proporción. Con carácter xeral, se o incumprimento superase o 50% da base subvencionable do proxecto, entenderase que o incumprimento é total, debendo reintegrarse todas as cantidades percibidas e os seus xuros de demora. Excepcionalmente, o Consello de Dirección do Igape poderá autorizar un incumprimento parcial distinto cando as súas causas quedasen suficientemente xustificadas e non se desvirtuase a finalidade da subvención.

b) Tratándose de condicións referentes á creación e mantemento de postos de traballo, o alcance do incumprimento determinarase na proporción en que a tal condición quedase incumprida relacionando os postos non creados ou non mantidos cos que o beneficiario quedase obrigado ou que comprometese

na resolución correspondente. Salvo que a resolución individual estableza outras condicións, o incumprimento será total cando non se cree e manteña no prazo de vixencia establecido o 50% do emprego comprometido ou tivese como resultado a destrución do emprego que se vai manter. Excepcionalmente, o Consello de Dirección do Igape poderá autorizar un incumprimento parcial cando as súas causas quedasen suficientemente xustificadas e non se desvirtuase a finalidade da subvención.

c) En caso de que o incumprimento se refira á obtención da subvención por unha contía cuxo importe, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas supere os topes máximos legalmente permitidos, procederá o reintegro do exceso obtido sobre os ditos topes máximos.

d) Se o incumprimento derivase da inobservancia dalgunha condición ou suposto distinto dos previstos nos puntos anteriores, o seu alcance será determinado en función do grao e da entidade da condición incumprida.

e) A concorrencia de distintas causas de incumprimento ou incidencias dará lugar á aplicación a cada unha delas das regras previstas neste punto.

f) Procederá declarar a revogación total da axuda cando o incumprimento se refira aos requisitos establecidos na base 3ª.

15.5. Instruído o procedemento, e inmediatamente antes de redactar a proposta de resolución, poñeráselles de manifesto aos interesados que disporán dun prazo de quince días para alegar e presentar os documentos e xustificacións que coiden pertinentes. Poderase prescindir deste trámite cando non figuren no procedemento nin se teñan en conta na resolución outros feitos nin outras alegacións ou probas que as aducidas polo interesado.

15.6. Presentadas as alegacións ou transcorrido o prazo de quince días sen contestación por parte do beneficiario, o Igape ditará a resolución que proceda, pronunciándose sobre o alcance do incumprimento e, de ser o caso, a obriga de reintegro das cantidades percibidas.

15.7. O prazo máximo para resolver e notificar os procedementos sobre incumprimento será de seis meses computados desde o acordo de iniciación. Se pasado ese prazo non se tivese notificada a resolución, entenderase caducado o procedemento, sen prexuízo de que se notifique a resolución declarando a devandita circunstancia de caducidade e ordenando o arquivo de actuacións, cos efectos previstos no artigo 92 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, procedéndose a incoar novo expediente mentres non prescriba o dereito a iso.

15.8. O reintegro voluntario polo interesado, en calquera momento anterior á proposta de resolución, producirá a terminación do procedemento, sen

prexuízo de que se dite resolución pola que se declare a devandita circunstancia e da iniciación do procedemento sancionador cando os feitos que motivaron o procedemento de reintegro puidesen ser constitutivos de infracción administrativa segundo o establecido na Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia e no Decreto 287/2000 que a desenvolve en materia de axudas e subvencións.

15.9. A declaración xudicial ou administrativa de nulidade ou anulabilidade da resolución de concesión por concorreren as causas previstas nos artigos 62 e 63 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, levará consigo a obriga de devolver as cantidades percibidas. Non procederá a revisión de oficio do acto de concesión cando concorra causa de reintegro.

15.10. As cantidades que se deban reintegrar terán a consideración de ingresos de dereito público, resultando de aplicación para o seu cobramento o previsto nos artigos 19 e 23 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Base 16º.-Incompatibilidade.

16.1. As axudas previstas nestas bases serán incompatibles con calquera outra das reguladas polo Igape, agás as contidas no convenio de financiamento coas entidades financeiras partícipes do Fondo de Desenvolvemento INESGA para proxectos de investimento empresarial de especial interese para Galicia (DOG nº 222, do 16 de novembro de 2000). Neste caso, non procederá o cómputo dos gastos financeiros que deriven do mencionado convenio para os efectos do previsto na base 5ª.1B) anterior.

16.2. Polo demais, estas axudas serán compatibles con calquera outra das establecidas por calquera Administración pública, institución ou ente público sempre e cando non se supere, en termos de subvención neta equivalente, a porcentaxe do 40% sobre o investimento subvencionable, salvo nos casos de Pemes, nos cales se poderá acadar ata o 55%.

Base 17ª.-Publicación de concesións.

Trimestralmente, serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas ao abeiro destas bases para aqueles proxectos que superen os 300.000 euros de subvención, expresando beneficiario, finalidade, contía, emprego creado e aplicación orzamentaria.

Base 18ª.-Informes.

Para os efectos de configurar unha base de datos autonómica sobre axudas e subvencións públicas, segundo o establecido na disposición adicional terceira do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, o Igape remitirá á Consellería de Economía e Facenda a información sobre a xestión das axudas establecidas nestas bases.

Base 19ª.-Restricións ao dereito de acceso a arquivos e rexistros.

En virtude do establecido no artigo 37 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e co fin da necesaria protección do segredo comercial ou industrial dos solicitantes das axudas reguladas nestas bases, entenderase excluído o dereito de acceso a arquivos e rexistros administrativos respecto do Plan Estratéxico Empresarial que se é caso forme parte do expediente, así como daqueloutros documentos que polo seu contido deban ter este mesmo tratamento.

Base 20ª.-Control e comprobación das axudas.

20.1. As axudas establecidas nestas bases poderán ser cofinanciadas co fondo Feder da Unión Euopea.

20.2. Sen prexuízo da comprobación material previa ao pagamento, da realidade dos gastos subvencionados que proceda, anualmente elaborarase en coordinación coa Intervención Xeral da comunidade autónoma un plan de comprobación de axudas e subvencións, cos criterios que para tales efectos se establezan.

20.3. Así mesmo, as empresas beneficiarias sométense ás actuacións de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, ás previstas na lexislación do Consello de Contas e do Tribunal de Contas, así como ás que poida efectuar, de ser o caso, a Comisión e o Tribunal de Contas das comunidades europeas, no suposto de cofinanciamento das axudas con fondos europeos. Neste sentido, os beneficiarios teñen a obriga de facilitar toda a información que lles sexa requirida polos devanditos organismos.

Base 21ª.-Interpretación.

Correspóndelle ao presidente do Igape a facultade de ditar as disposicións necesarias para a aplicación das axudas previstas nestas bases, así como para resolver as dúbidas concretas que se susciten en aplicación delas.

Base 22ª.-Vixencia.

22.1. Estas bases entrarán en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e terán vixencia indefinida ata que non se publique a súa derrogación expresa e ata o límite de crédito dispoñible. O crédito para o exercicio 2005 é o definido na Resolución do 4 de xaneiro de 2005 pola que se fan públicos os importes dos créditos reservados para o financiamento dos diferentes programas de axudas que se concederán con cargo aos orzamentos do Instituto Galego de Promoción Económica para o ano 2005.

En anualidades sucesivas este límite será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, limitándose a concesión das axudas ás dispoñibilidades orzamentarias.

22.2. No caso dos expedientes que non puidesen ser resoltos favorablemente por falta de crédito, unha vez habilitado no exercicio seguinte, os solicitantes poderán reiterar a súa solicitude, computándose a data da primeira solicitude para os efectos de realización das actuacións subvencionables.

Base 23ª.-Silencio administrativo.

As solicitudes que non fosen resoltas nos prazos que para cada caso se establecen nestas bases poderán considerarse desestimadas.

Disposicións transitorias

Primeira.-Para as solicitudes de axuda presentadas ata o 31 de decembro de 2006 aplicaranse os seguintes criterios:

a) Para proxectos de investimento situados nalgún dos municipios da Costa da Morte que se sinalan na epígrafe I do anexo VI, que tendo solicitado as axudas previstas na Lei 50/1985, do 27 de decembro, de incentivos rexionais para a corrección de desequilibrios económicos interterritoriais conten cunha proposta favorable de axuda ben do grupo de traballo ben do consello reitor previstos nesa lei, o Igape complementará a axuda resultante da devandita proposta ata acadar un mínimo do 35% de subvención sobre o importe de investimento subvencionable.

b) Para proxectos de investimento de nova implantación ou de ampliación con creación de emprego

situados nos municipios de Lugo e Ourense que se sinalan na epígrafe II do anexo VI, que tendo solicitado as axudas previstas na Lei 50/1985, do 27 de decembro, de incentivos rexionais para a corrección de desequilibrios económicos interterritoriais conten cunha proposta favorable de axuda ben do grupo de traballo ou do consello reitor previstos na dita lei, o Igape complementará a axuda resultante da devandita proposta ata acadar un mínimo do 30% de subvención sobre o importe de investimento subvencionable.

Segunda.-Os expedientes que no momento da entrada en vigor destas bases se atopen en tramitación ao abeiro das bases establecidas na Resolución do 13 de xullo de 2001 pola que se fai público o contido das bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica para os proxectos empresariais de investimento (DOG nº 142, do 23 de xullo), poderán optar por acollerse á regulación establecida nestas bases bases en canto á súa resolución; en caso contrario rexeranse pola normativa vixente na data da presentación da súa solicitude. Na tramitación posterior á resolución, rexerá o establecido nestas bases.

Base 24ª.-Disposición derrogatoria.

Quedan derrogadas as bases reguladoras das axudas do Igape para os proxectos empresariais de investimento, feitas públicas mediante resolución da directora xeral do Igape do 13 de xullo de 2001 (DOG nº 142, do 23 de xullo).