DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 23 de marzo de 2005 Páx. 4.983

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2005, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo do sector de oficinas e despachos.

Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo do sector de oficinas e despachos, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 17-2-2005 e subscrito pola comisión paritaria do convenio o día 20-1-2005, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o depósito do citado acordo no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispor a súa publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 3 de marzo de 2005.

Cristina Azpilcueta González

Delegada provincial da Coruña

Acta de asinamento da revisión de táboas salariais para o ano 2005 do convenio de oficinas e despachos da provincia da Coruña.

-Pola parte social:

CIG:

José Arturo Vijande Parapaz.

UGT:

Juan M. Carreira García.

CC.OO.:

Juana Estébanez Cepedal.

-Representación empresarial:

Isidro Pousada Vales.

Jesús Vázquez Vázquez.

José Ramón Briones Varela.

Na Coruña, nos locais da Asociación Profesional de Graduados Sociais, Asesores Fiscais, Empresarios da Provincia da Coruña, ás 12.00 horas do día 20 de xaneiro de 2005, reúnese a comisión paritaria do convenio colectivo para o sector de oficinas e despachos da provincia da Coruña, co obxecto de proceder ao asinamento da revisión das táboas de niveis salariais para o ano 2005.

Ambas as partes acordan asinar a revisión da táboa de niveis salariais correspondente a 2005 de conformidade co establecido no artigo 12 do convenio colectivo de oficinas e despachos da provincia da Coruña.

Dado que o IPC real publicado no BOE do ano 2004 foi do 3,2%, o incremento correspondente para o ano 2005 é dun 4,2% (IPC real máis un punto).

Sendo de conformidade das partes as táboas salariais anexas, procédese ao asinamento por parte de todos os asistentes e acórdase remitilas ao BOP para a súa publicación.

E non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión ás 13.00 horas no lugar e a data arriba indicados.

Oficinas e despachos da Coruña

Táboas de niveis para 2005

NiveisA/mesA/ano

11.178,8216.503,43

21.063,9914.895,84

31.048,7714.682,74

41.01614.224,06

5 951,5013.321,05

6 931,5313.041,45

7 887,2012.420,76

8 854,2511.959,50

9 819,2411.469,38

10 806,2711.287,72

11 787,4411.024,15

12 773,3710.827,22

13 542,67 7.597,39