DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 21 de marzo de 2005 Páx. 4.764

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 14/2005, do 3 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde.

Advertidos erros no citado decreto, publicado no DOG nº 25, do 7 de febreiro de 2005, cómpre facer as oportunas correccións:

Na páxina 2.009, no artigo 2º.1 c), onde di: «c) Secretario xeral da Consellería de Sanidade e os directores xerais da consellería...», debe dicir: «c) Os directores xerais da consellería...».

Na páxina 2.011, no artigo 7º.3.3 b), onde di: «b) O seguimento e a avaliación da garantía da asistencia, vinculados ou dependentes...», debe dicir: «b) O seguimento e a avaliación da garantía da asistencia, dos centros vinculados ou dependentes...».

Na páxina 2.018, na disposición transitoria terceira, letra c), onde di: «c) As informacións previas e instrucións de expedientes disciplinarios...», debe dicir: «c) Instrución de expedientes disciplinarios...».