DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 18 de marzo de 2005 Páx. 4.633

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2005, da Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se adxudican as bolsas para a formación de persoal especialista en temas de investigación mariña correspondentes ao programa de recursos humanos do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica, convocadas no anexo I da Orde do 5 de xaneiro de 2005.

A orde da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos do 5 de xaneiro de 2005 (Diario Oficial de Galicia do 12 de xaneiro), aprobaba as bases para a convocatoria de bolsas para realización de teses de doutoramento en temas de investigación mariña do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica.

Na base sete do anexo I da mencionada orde de convocatoria, determinábanse os criterios de selección que deberían ter en conta os membros da comisión que designará a directora xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro e o director xeral de Investigación e Desenvolvemento.

Na súa virtude, atendendo á proposta elaborada pola citada comisión, a Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro

RESOLVE:

Primeiro.-Concederlles as bolsas para a realización de teses de doutoramento en temas de investigación mariña, segundo os campos, ás persoas que se relacionan no anexo I desta resolución.

Segundo.-No caso de producirse algunha renuncia ás bolsas a que se refiere o anexo I desta resolución, a Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro procederá, se é o caso, a adxudicarlle a dita axuda a outros candidatos de acordo coa lista de suplentes elaborada pola comisión e que se inclúe no anexo II desta resolución. A asignación farase pola mesma orde que figura no dito anexo.

Terceiro.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde de convocatoria de 5 de xaneiro de 2005 (DOG do 12 de xaneiro), suporá a perda do dereito a percibir a axuda correspondente.

Cuarto.-Contra esta resolución poderán os interesados interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De non estimar a interposición deste recurso, poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala de Contencionso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Ofial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2005.

P.D. (Orde 5-1-2005, DOG do 12 de xaneiro)

Rosa Mª Quintana Carballo

Directora xeral de Innovación e

Desenvolvemento Pesqueiro

ANEXO I

Bolsas para realización de teses de

doutoramento en temas de investigación mariña

Adxudicatarios:-Acumulación de toxinas ASP en pectínidos.

-Ángel Anta Rodríguez (DNI 34267510-V).-Avaliación de caracteres produtivos en moluscos bivalvos cultivados nas rías galegas:

-Laura Domínguez Pérez (DNI 76932008-K).

ANEXO II

Bolsas para realización de teses de

doutoramento en temas de investigación mariña

Suplentes:-Acumulación de toxinas ASP en pectínidos.

-Aida Mauriz Pereira (DNI 32678680-G).

-Iria Aldao Prada (DNI 46911292-D).

-Rebeca Diéguez González (DNI 44477119-H).

-José Emilio Oti Cabanelas (DNI 35471724-C).-Avaliación de caracteres produtivos en moluscos bivalvos cultivados nas rías galegas.

-Iria Aldao Prada (DNI 46911292-D).

-Rebeca Diéguez González (DNI 44477119-H).

-José Emilio Oti Cabanelas (DNI 35471724-C).

-Francisco Javier Zarco Salgueiro (DNI 33288107-T).