DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 18 de marzo de 2005 Páx. 4.624

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

ORDE do 16 de marzo de 2005 pola que se amplía a dotación orzamentaria para a concesión de axudas a superficies, primas gandeiras e prima láctea, convocadas pola Orde do 24 de xaneiro de 2005.

A Orde do 24 de xaneiro de 2005 (DOG nº 19, do 28 de xaneiro) regula o procedemento para a solicitude, tramitación e concesión, aos titulares de explotacións agrarias situadas en Galicia, para o ano 2005, de axudas a superficies, primas gandeiras, prima láctea e e indemnización compensatoria.

Na súa disposición adicional primeira, parágrafo 1 a), precísanse as aplicacións orzamentarias e o importe económico previsto para o financiamento das ditas axudas, e no seu parágrafo 2 sinálase que as dotacións iniciais poderán incrementarse, se fose procedente, tramitándose para tal efecto o oportuno expediente de xeración e ampliación de crédito.

Coa finalidade de poder amparar todas as solicitudes de axudas directas no marco de aplicación da política agrícola común en Galicia financiadas polo Feoga-Garantía e xestionadas polo Fondo Galego de Garantía Agraria e posto que as dotacións iniciais resultan insuficientes, aprobáronse os correspondentes expedientes de incorporación, xeración e ampliación de crédito, polo que cómpre, mediante a presente orde, ampliar as dotacións orzamentarias consignadas inicialmente para a concesión das axudas a superficies, primas gandeiras e prima láctea.

En consecuencia, de acordo co disposto no artigo 30.I.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das facultades que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo único.

1. A dotación orzamentaria prevista para as axudas especificadas nos capítulos III (axudas por superficie), IV (axudas por gando) e V (prima láctea) da Orde do 24 de xaneiro de 2005 (DOG nº 19, do 28 de xaneiro), conforme a disposición adicional primeira, parágrafo 1, alínea a) da dita orde, amplíase polos importes e con cargo ás aplicacións dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o 2005, seguintes:

a) Na aplicación 09.60.614A.779.0 -Ordenación, reestruturación, fomento e mellora da produción

agraria. Axudas comunitarias a produtores derivadas da nova PAC, increméntase en 20.187.500 euros.

b) Na aplicación 09.60.614A.779.1 -Fomento do sector gandeiro, axudas comunitarias a produtores derivadas da nova PAC, increméntase en 93.931.709 euros.

2. En todo caso, a concesión das axudas reguladas na dita orde estará limitada ás dispoñibilidades orzamentarias.

Disposición adicional

Única.-As ampliacións de crédito previstas na presente orde non afectan o prazo de presentación de solicitudes establecido na devandita Orde do 24 de xaneiro de 2005.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2005.

José Antonio Santiso Miramontes

Conselleiro de Política Agroalimentaria

e Desenvolvemento Rural