DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 17 de marzo de 2005 Páx. 4.527

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 13/2005, do 3 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Sanidade.

Advertidos erros no citado decreto, publicado no DOG nº 25, do 7 de febreiro de 2005, cómpre facer as oportunas correccións:

Na páxina 1.995, no artigo 6º.2.1, j), onde di: «j) Informar as propostas de resolución...», debe dicir: «j) Informar, se é o caso, as propostas de resolución...».

Na páxina 1.996, no artigo 7º.3.2, e), onde di: «e) O informe das solicitudes de autorización previa, de creación ou de modificación de centros, servizos e establecementos sanitarios que resolva...», debe dicir: «e) O informe, se é o caso, das solicitudes de autorización previa, de creación ou modificación de centros sanitarios que resolva...».

Na páxina 1.999, no artigo 9º.1, onde di: «É a unidade á que lle corresponde a realización da inspección da xestión en todo o sistema sanitario...», debe dicir: «É a unidade á que lle corresponde a realización da inspección en todo o sistema sanitario...». No artigo 9º.3, letra m), onde di: «m) Emitir informe sobre as propostas de resolución dos procedementos disciplinarios de persoal sanitario», debe dicir: «m) Emitir informe, se é o caso, sobre as propostas de resolución dos procedementos disciplinarios de persoal sanitario». No artigo 9º.3, letra n), onde di: «n) Coordinar a inspección e control sanitarios da incapacidade temporal», debe dicir: «n) Coordinar a inspección e control sanitarios da incapacidade temporal, e dos seus sistemas de información». No artigo 9º.4.1, b), onde di: «b) A tramitación das propostas...», debe dicir: «b) Propostas de iniciación, e a tramitación das propostas...». No artigo 9º.4.1, c), onde di: «c) Tramitar as propostas...», debe dicir: «c) Propostas

de iniciación, e tramitación das propostas...».

Na páxina 2.000, no artigo 9º.4.2, letra a), onde di: «a) Elaborar as propostas de resolución de autorización de funcionamento relativas a centros, servizos e establecementos sanitarios», debe dicir: «a) Elaborar, se é o caso, as propostas de resolución de autorizacións relativas a centros sanitarios».

Na páxina 2.001, no artigo 12º.1, onde di: «... dos programas que actúen sobre os factores determinantes da saúde dos galegos.», debe dicir: «... dos programas que actúen sobre os factores ambientais determinantes da saúde dos galegos». No artigo 12º.2, onde di: «... a auditoría levarase a cabo en coordinación coa Inspección Sanitaria, de acordo

coas funcións previstas no artigo 8º...», debe dicir: «... a auditoría levarase a cabo en coordinación coa Inspección de Servizos Sanitarios, de acordo coas funcións previstas no artigo 9º...». No artigo 13º.1, onde di: «... xestión do sistema de información sobre saúde pública, actividade inspectora de saúde pública, mellora da calidade da xestión dos servizos de saúde pública, e a xestión de programas de cribaxe...», debe dicir: «... xestión do sistema de información sobre saúde pública e xestión de programas de cribaxe...». No artigo 13º.2, onde di: «... de acordo coas funcións previstas no artigo 8º deste decreto...», debe dicir: «... de acordo coas funcións previstas no artigo 9º deste decreto...».

Na páxina 2.004, no artigo 16º.4.3, d), onde di: «d) Informe previo dos expedientes de autorización dos establecementos de fabricación...», debe dicir: «d) Propostas normativas dos criterios de autorización de actividades de fabricación...».

Na páxina 2.005, no artigo 20º.3, d), onde di: «... do persoal dos servizos provinciais da consellería nos termos previstos na normativa reguladora.», debe dicir: «... do persoal dos servizos provinciais da consellería, e instrución dos expedientes disciplinarios do persoal estatutario, nos termos previstos na normativa reguladora».

Na páxina 2.006, no artigo 22º, e), onde di: «e) A tramitación e informe dos expedientes de autorización previa de creación e modificación dos centros, servizos e establecementos sanitarios, cuxa resolución corresponda á delegación provincial», debe dicir: «e) A tramitación, informe e proposta de resolución dos expedientes de autorización previa de creación e modificación dos centros, servizos e establecementos sanitarios, de conformidade co disposto na súa normativa reguladora». No artigo 22º, f), onde di: «f) A tramitación e informe dos expedientes de autorización e funcionamento respecto dos centros, servizos e establecementos sanitarios que a súa resolución corresponda á delegación provincial», debe dicir: «f) A tramitación, informe e proposta de resolución dos expedientes de autorización de funcionamento respecto dos centros, servizos e establecementos sanitarios, de conformidade co disposto na súa normativa reguladora». No artigo 23º, onde di: «Ao Servizo de Inspección

Sanitaria, con dependencia orgánica e funcional da Secretaría Xeral, correspóndenlle...», debe dicir: «Ao Servizo de Inspección Sanitaria correspóndenlle...». No artigo 23º, d), onde di: «d) Inspección da xestión dos centros...», debe dicir: «d) Inspección dos centros...». No artigo 23º, e), onde di: «e) Inspección dos centros, servizos e establecementos...», debe dicir: «e) Inspección da xestión dos centros, servizos e establecementos...». No artigo 23º, h), onde di: «h) Levar a cabo as auditorías e a acreditación dos centros...», debe dicir: «h) Levar a cabo as auditorías de acreditación dos centros...».

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL