DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 16 de marzo de 2005 Páx. 4.477

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2005 pola que se convoca un curso sobre a nova instrución da contabilidade pública na Administración local.

Dentro do plan de actividades da EGAP para o 2005, e a través do Centro de Estudos Locais de Galicia, conforme coas funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócase un curso sobre a nova instrución da contabilidade pública na Administración local, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Primeira.-Obxectivos.

Actualización de coñecementos en materia contable, analizando desde un punto de vista práctico o novo marco xurídico da contabilidade pública local.

Segunda.-Destinatarios.

Funcionarios da Administración local con habilitación de carácter nacional e técnicos de corporacións locais pertencentes aos grupos A/B ou asimilados.

Terceira.-Desenvolvemento.

3.1. Duración: 30 horas.

3.2. Lugares e datas:

A Coruña: 18, 19, 20, 21, 25, 26, 27 e 28 de abril e 2 e 3 de maio de 2005.

Lugo: 25, 26, 27 e 28 de abril e 2, 3, 4, 5, 9 e 10 de maio de 2005.

Ourense: 2, 3, 4, 5, 9, 10, 11, 12, 18 e 19 de maio de 2005.

Pontevedra: 9, 10, 11, 12, 18, 19, 23, 24, 25 e 26 de maio de 2005.

3.3. Horarios: de 17.00 a 20.00 horas.

3.4. Prazas: 30 por edición.

Cuarta.-Solicitudes.

O persoal que desexe participar no curso programado deberá solicitalo coa presentación da instancia que segundo modelo oficial figura como anexo I desta resolución, e cubrila en todas as súas epígrafes, e na que se farán constar, en todo caso, os seguintes datos:

Descrición do posto de traballo que desempeña na actualidade, acompañando á solicitude a certificación, que figura como anexo II desta resolución, na que conste o tipo de traballo que realiza e a súa relación co contido do curso.

Conformidade da entidade na que presta servizos. Cando solicite máis dun interesado da mesma corporación, deberase especificar a orde de preferencia.

A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección dos aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado.

As solicitudes irán dirixidas ao director da EGAP, e presentaranse no rexistro da Escola Galega de Administración Pública, rúa Madrid, 2-4, 15707 Santiago

de Compostela, ou tramitaranse por calquera das outras formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Admitiranse tamén inscricións por telefax: 981 54 63 30, sen prexuízo da necesidade de remisión da solicitude orixinal por correo ordinario.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 4 de abril de 2005.

Seguidamente, efectuarase a selección dos participantes e esta notificaráselles directamente aos admitidos e publicarase na páxina web: www.egap.xunta.es.

Quinta.-Selección.

Os criterios de selección suxeitaranse ás directrices sinaladas na Resolución do 11 de febreiro de 2004, pola que se fan públicos os criterios de participación nas actividades da EGAP (DOG nº 34, do 18 de febreiro).

Sexta.-Modificacións.

A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e de resolver as incidencias que puidesen xurdir no desenvolvemento do curso, así como a de anulalo se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

Sétima.-Certificado de asistencia.

Outorgaráselles certificado de asistencia aos alumnos que participen con regularidade no curso, e é obrigatoria a asistencia a todas as sesións. Toda inasistencia deberá ser xustificada convenientemente, sen que poida exceder en ningún caso do 15% das horas lectivas programadas.

Unha inasistencia superior ao 15% das horas lectivas programadas, aínda que sexa xustificada, impedirá a expedición do correspondente certificado.

Oitava.-Valoración.

Para os efectos do establecido na Resolución do INAP do 26 de outubro de 1994, BOE nº 267, do 8 de abril, e correción, BOE nº 311, do 29 de decembro, pola que se establecen os criterios de recoñecemento e valoración dos cursos de Administración local en cumprimento do establecido na orde do Ministerio para as Administracións Públicas do 10 de agosto de 1994, a este curso outorgaráselle unha puntuación de 0,60 puntos.

Novena.-Contido.

Principios xerais dos modelos de contabilidade local. Inmobilizado. Endebedamento. Pagamentos para xustificar. Anticipos de caixa fixa. Remanentes de crédito. Proxectos de gasto. Gastos con financiamento afectado. Operación de inicio e fin de exercicio. Magnitudes de carácter orzamentario. A conta xeral da entidade local e outra información contable.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2005.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública

ANEXO II

D.secretario xeral

do concello ou entidade local

Certifico:

Que Don/a, no

desempeño do seu posto de traballo de

realiza tarefas directamente relacionadas co contido do curso

..., ... de ... de 2005.

Asdo.: