DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 16 de marzo de 2005 Páx. 4.471

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CENTRO DE ESTUDOS XUDICIAIS E SEGURIDADE PÚBLICA DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2005 pola que se convoca un curso de especialización sobre veterinaria clínica e adestramento de cans de rescate e salvamento.

Dentro dos programas de actividades que o Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia ten previsto realizar no ano 2005, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 1/2005, do 4 de xaneiro, do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, anúnciase a realización dun curso de especialización sobre veterinaria clínica e adestramento de cans de rescate e salvamento, que deberá desenvolverse de acordo coas seguintes bases:

Primeira.-Obxectivos.

Que os guías dos cans de rescate e salvamento adquiran coñecementos de anatomía, patoloxía, conduta e aprendizaxe dos cans.

Así mesmo, que adquiran coñecementos básicos na prevención e avaliación dos cans en situacións de risco, para un traballo máis seguro e máis eficaz.

Segunda.-Destinatarios.

Persoal de protección civil que sexa parte integrante de grupos formais que se dedican á función de busca e salvamento de persoas desaparecidas e que teñan realizado o curso de 2º nivel de adestramento de cans de rescate e guías antes das datas do comezo deste curso.

Terán que contar cun exemplar canino con condicións de sociabilidade, suficiente instinto de cobramento ou presa e de ser posible sen condicionamentos previos, e que superen unha proba de aptitude para o traballo que se pretende.

Terceira.-Desenvolvemento.

1. Prazas: o número de prazas ofertadas para este curso é de 15.

2. Duración e datas: o curso desenvolverase durante os días 11, 12, 13, 18, 19 e 20 de abril de 2005, en xornada de mañá e tarde, cunha duración de 40 horas.

Os días 11, 12 e 13 de abril serán clases teóricas mañá e tarde, e os días 18, 19 e 20 de abril serán clases teóricas pola mañá e prácticas pola tarde.

O horario será o seguinte: das 9.00 ás 14.00 horas e das 16.00 ás 20.00 horas.

3. Lugar: o curso terá lugar no Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, sito na avda. da Cultura s/n, 36680 A Estrada (Pontevedra).

Cuarta.-Solicitudes e prazo de inscrición.

1. A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

2. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

3. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 1 de abril de 2005.

4. As instancias deberán vir asinadas polo presidente da agrupación e seladas, e no caso de haber máis dunha

solicitude da mesma agrupación, relacionalas en orde prioritaria. Este será requisito indispensable para ser admitido no curso.

5. As instancias deberán enviarse por correo, fax, etc. á sede do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia: avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada, nº fax: 986 59 09 88, ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Quinta.-Contido.

Nel trataranse os seguintes temas:

1. Papel do auxiliar:

a) Avisar o veterinario do animal enfermo.

* Tratamento de emerxencia.

* Mobilización e contención.

b) Toma de datos do paciente.

c) Exame de urxencia.

* Actuacións rutineiras en urxencias.

* Exame inicial.

* Accións inmediatas.

* Protocolo de actuación. Plans de intervención.

2. Situacións específicas de primeiros auxilios:

a) Parada cardíaca.

b) Parada respiratoria.

c) Shock.

d) Hemorraxia.

e) Convulsións.

f) Electrocución.

g) Envelenamento.

h) Dilatación torsión gástrica.

i) Golpe de calor.

j) Picaduras de insectos.

k) Picaduras de serpes.

l) Queimaduras e escaldado.

m) Feridas penetrantes de tórax.

n) Hernias abdominais.

o) Luxación ocular (prolapso).

p) Accidentes de tráfico e outros traumas agudos.

q) Fracturas.

3. Monitorización da resposta do paciente.

4. Caixa de emerxencia e primeiros auxilios.

Sexta.-Relación de admitidos.

A relación de participantes admitidos para a realización do curso exporase no taboleiro de anuncios do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, sen prexuízo da oportuna notificación aos seleccionados, con antelación á realización do curso. Tamén poden confirmar a súa asistencia chamando ao teléfono: 986 59 00 21.

Sétima.-Certificado de asistencia e aproveitamento.

Ao remate do curso entregaráselles un certificado de asistencia e aproveitamento a aquelas persoas que acre

diten a súa participación continuada a el, e que superen as correspondentes probas de coñecementos.

Oitava.-Modificacións.

O Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia poderá modificar o desenvolvemento do curso

para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 1 de marzo de 2005.

José Antonio Vázquez Taín

Director do Centro de Estudos Xudiciais

e Seguridade Pública de Galicia