DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 16 de marzo de 2005 Páx. 4.468

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2005, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da cláusula de revisión salarial do convenio colectivo de editoriais para o ano 2004.

Visto o texto para a cláusula de revisión salarial do convenio colectivo de editoriais, que subscribiu a comisión mixta paritaria do referido convenio o 1 de febreiro de 2005, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislati

vo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, esta dirección xeral

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a inscrición da devandita cláusula de revisión salarial no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remitir o texto orixinal ao correspondente servizo deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2005.

Antonio de la Hera Roldán

Director xeral de Relacións Laborais

ANEXO

En Vigo, na sede da Asociación Galega de Editores ás 17.30 horas do día 1 de febreiro de 2005, coa asistencia de Pilar Sampil Sánchez e Manuel Bragado Rodríguez, en representación da Asociación Galega de Editores e de Fernando Fernández González e Jesús Costa Argibay, en representación do sindicato Confederación Intersindical Galega (CIG), celébrase a reunión da Comisión Mixta Paritaria do Convenio Galego de Editoriais coa seguinte orde do día:

1º Cláusula revisión salarial ano 2004.

2º Táboa salarial ano 2005.

Adóptanse os seguintes acordos:

Primeiro.-Cláusula revisión salarial ano 2004.

Actualización das retribucións salariais do ano 2004, motivada pola diferenza entre o aumento do 3% realizado no ano 2004 e o IPC real do ano 2004 calculado para Galicia polo Instituto Nacional de Estadística, 3,3%.

Consonte os artigos 7.3º.1. e 7.3º.2. do convenio colectivo galego de editoriais, establécese que:

Con efecto retroactivo ao 1 de xaneiro de 2004, a Comisión Mixta Paritaria acorda proceder á actualización do salario base e do complemento liñal do convenio, consonte a táboa salarial anexa I.

Segundo.-Táboa salarial ano 2005.

Para o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2005, a porcentaxe de aumento da contía do salario base e o complemento liñal é do 2%.

Consonte os artigos 7.3º.1. e 7.3º.2. do convenio colectivo galego de editoriais, establécese que:

Con efecto retroactivo ao 1 de xaneiro de 2005, a Comisión Mixta Paritaria acorda proceder á actualización do salario base e do complemento liñal do convenio, consonte a táboa salarial anexa II.