DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 16 de marzo de 2005 Páx. 4.466

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2005, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, o acordo de modificación e revisión salarial do convenio colectivo do sector da construción.

Visto o expediente do acordo de modificación e revisión salarial do convenio colectivo do sector da construción, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 4-2-2005 e subscrito pola parte económica por APECCO e pola parte social por UGT, CC.OO. e CIG o día 2-2-2005, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, desta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o depósito do citado acordo no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 11 de febreiro de 2005.

Cristina Azpilcueta González

Delegada provincial da Coruña

Acta nº 2. Convenio da construción.

Provincia da Coruña

Asistentes:

Por APECCO:

Antonio Fernández Durán, Ignacio Tuñón Gurrea, Antonio Fernández Chao (asesor), Miguel García Eiroa (secretario).

Por UGT:

Manuel Golpe Gómez, Jesús Mª Calvo Romero.

Por CC.OO.:

Santiago Huertas Pozurama, Eduardo Da Silva Pérez.

Por CIG:

Victorino Ares Prado, Vicente Moreira Sobrido.

Na cidade da Coruña o 2 de febreiro de 2005, sendo as 17.00 horas, reúnense nos locais de APECCO, os señores que arriba se citan, para continuar coas negociacións do convenio da construción de 2005.

Aberta a sesión e despois dunha ampla deliberación chégase aos seguintes acordos:

* Primeiro: que dado que, segundo se constata, a desviación producida no IPC respecto ao pactado no artigo 7 do convenio para o 2004, é o un coma dous por cento (1,2%), apróbase a nova táboa salarial, que se xunta como anexo, que recolle a desviación antes mencionada e cuxas diferenzas coa táboa salarial existente ata a data se deben aboar, como atrasos, desde o 1 de xaneiro de 2004.

* Segundo: así mesmo, faise constar que o artigo 52 queda redactado nos seguintes termos:

Artigo 52: complemento de hospitalización.

No caso de accidente laboral ocorrido no centro de traballo e en horario de traballo, e que dea lugar a hospitalización, a empresa aboará un complemento que, sumado ás prestacións regulamentarias por incapacidade laboral transitoria, garanta o cen por cento do salario real e durante un período máximo de seis meses, salvo que finalice antes o contrato de traballo ou a obra.

* Terceiro: acórdase incluír na redacción do convenio de 2005 e unha vez constatada a omisión na redacción de 2004 do artigo correspondente a táboas de produtividade, cuxo texto é o seguinte:

«Incorpóranse como anexo a este convenio, integrándose como parte del, as táboas de produtividade, que deberá executar estritamente cada traballador no tempo e condicións estipuladas, considerándose como diminucións voluntarias ao non chegar a elas salvo causa xustificada e suficientemente demostrada.

As mencionadas táboas serán substituídas polas que no seu día sexan aprobadas pola Comisión Nacional de Produtividade».

Así como os seus anexos.

* Cuarto: para a aplicación durante o 2005 da cláusula adicional sétima do convenio de 2004 o IPC previsto será do dous por cento (2%).

Así mesmo, facúltase Miguel García Eiroa, secretario para a presentación do acordo mencionado citado perante a delegación provincial de Asuntos Sociais, Emprego

e Relacións Laborais da Xunta de Galicia, para efectos da súa homologación e posterior publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

E en proba de conformidade, asínase esta acta no lugar e na data arriba indicados.

ANEXO

Convenio provincial de edificación e obras públicas da Coruña, ano 2004

Táboa de retribucións - actualizada co IPC o 31-12-2004

Vixencia: do 1-1-2004 ao 31-12-2004

NiveisCategoríasSalarioComplemento

(por día efectivo

de traballo)

GratificaciónsVacaciónsTotal anualValor

hora

extra

DíaMesAsistenciaDistancia

e transporte

XulloNadal

IITitulado superior47,471.424,126,186,051.921,791.921,791.921,7924.390,3516,30

IIITitulado medio, xefe admvo. 1ª, xefe secc. org. 1ª37,831.134,896,184,921.556,761.556,761.556,7619.840,2713,29

IVXefe de persoal, axte. de obra, encargado xeral de fábrica, encargado xeral36,171.084,966,184,731.493,721.493,721.493,7219.055,9412,80

VXefe administrativo de 2ª, delineante superior, encargado xeral de obra, xefes de sección de organización científica do traballo de 2ª, xefe de compras32,95988,536,184,331.372,051.372,051.372,0517.533,4011,86

VIOfic. admvo. de 1ª, delineante de 1ª, xefe ou encargado de taller, encargado de sección de laboratorio, escultor de pedra e mármore, práctico de topografía de 1ª, técnico de organización, encargado de obra28,11843,176,183,791.188,531.188,531.188,5315.253,2010,37

VIIDelineante de 2ª, técnico de organización de 2ª, práctico de topografía de 2ª, analista de 1ª, viaxante, especialista de oficio, capataz24,97748,956,183,761.082,621.082,621.082,6213.7889,50

VIIIOficial admvo. 2ª, corredor de praza, inspector de control, sinalización e servizos, analista de 2ª, oficial de 1ª de oficio24,44733,086,183,691.059,551.059,551.059,5513.526,249,37

IXAuxiliar admvo., axte. topográfico, aux. organiz., vendedor, conserxe, oficial 2ª de oficio23,90716,996,183,621.039,601.039,601.039,6013.271,399,22

XAuxiliar de laboratorio, vixilante, almaceneiro, enfermeiro, cobrador, garda xurado, especialista de 1ª, axudante de oficio23,156,183,521.006,381.006,381.006,3812.898,699,01

XIEspecialista de 2ª, peón especial236,183,501.001,121.001,121.001,1212.828,289,01

XIILimpadora, peón ordinario22,546,183,43982,89982,89982,8912.604,168,71

XIIIMozos dos recados e pinches de 16 a 18 anos18,634,512,77796,95796,95796,9510.226,22

Nota: as categorías que se indican, cunha antigüidade na empresa anterior a 1-6-1992, rexeranse para efectos económicos polos seguintes niveis:

Nivel VII: oficial 2ª administrativo; nivel VIII: aux. técnico e administrativo; nivel IX: listeiro.

Para as categorías cuxos devengos son mensuais, o salario multiplícase por 30 días e os complementos de asistencia, transporte e distancia por 22 días.

A retribución do traballador en prácticas durante o primeiro ano de vixencia será do 60% e para o segundo ano do 75% desta táboa.