DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 16 de marzo de 2005 Páx. 4.455

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 44/2005, do 4 de marzo, polo que se acorda a mutación demanial de diversos bens mobles

A dirección económico-administrativa da CRTVG identificou diversos equipamentos que deixaron de ter utilidade para Televisión de Galicia, S.A. segundo informe confeccionado pola dirección técnica da compañía, en que se consigna a súa marca, modelo e número de serie.

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo informou favorablemente a adscripción de tales equipamentos á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, manifestando esta última o seu interese nela, unha vez que aqueles resultan adecuados para o cumprimento de fins que lle son propios.

En cumprimento do disposto no artigo 26 da Lei 9/1984, do 11 de xullo, de creación da Compañía

de Radio-Televisión de Galicia, o artigo 12 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia e 31 do seu regulamento.

En virtude do anteriormente exposto, por instancia da Compañía Radio-Televisión de Galicia, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do catro de marzo de dous mil cinco,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acórdase a mutación de destino de dous equipamentos audiovisuais identificados no anexo, co fin de destinalos a actividades propias da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Artigo 2º

Os ben mobles a que refire este decreto quedan adscritos á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Artigo 3º

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, levará a cabo todos os trámites necesarios para dar efectividade ao disposto neste decreto.

Santiago de Compostela, catro de marzo de dous mil cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

ANEXO

Equipo nº 1MarcaModeloNúmero

de serie

CámaraSonyBVP-7P41179

VisorSony00701630

GravadorSonyBVV-5PS14119

ÓpticaCanonJ14Ax8,521059

ServoCanonJ14Ax8,5 B4 IRSx12007171A

Maleta de cámaraSonyBetacam

TrípodeVintenVision 1007493

FachoPag24v.18284

AlimentadorSonyAC-500-CE23467

Cargador de bateríasSonyBC-1WA51994

Equipo nº 2MarcaModeloNúmero

de serie

CámaraSonyBVP-7P41210

VisorSony00701640

GravadorSonyBVV-5PS14207

ÓpticaCanonJ14Ax8,521302

ServoCanonJ14Ax8,5 B4 IRSx12003034A

Maleta de cámaraSonyBetacam

TrípodeVintenVision 1007595

FachoPag24v.18317

AlimentadorSonyAC-500-CE24021

Cargador de bateríasSonyBC-1WA51995