DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 15 de marzo de 2005 Páx. 4.394

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 42/2005, do 4 de marzo, polo que se dispón a substitución de membros do Consello Escolar de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 6 da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, no artigo 10 do Decreto 44/1988, do 11 de febreiro, polo que se desenvolve a dita lei, no artigo 16.1º c) do Decreto 87/1992, do 26 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de réxime interno do Consello Escolar de Galicia, e atendendo á designación formalizada pola Confederación Galega de APA de Centros Públicos (Confapa Galicia) e pola Confederación Galega de Asociacións de Pais de Alumnos (Congapa), por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do catro de marzo de dous mil cinco,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Que cesen como membros do Consello Escolar de Galicia:

a) En representación dos pais de alumnos de ensino público, Nuria Martínez Pigueiras (Confederación Galega de APA de Centros Públicos-Confapa Galicia).

b) En representación dos pais de alumnos do ensino privado, Manuel Gandoy Rodríguez e Mª Idoya Múgica Franco de Medinaceli (Confederación Galega de Asociacións de Pais de Alumnos-Congapa).

Artigo 2º

Noméanse membros do Consello Escolar de Galicia, nas condicións determinadas na Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia:

a) En representación dos pais de alumnos do ensino público, Olga Patiño Doval (Confederación Galega de APA de Centros Públicos-Confapa Galicia).

b) En representación dos pais de alumnos do ensino privado, Mª José Carreira García e Mª Paz García Fernández de Bescansa (Confederación Galega de Asociacións de Pais de Alumnos-Congapa).

Artigo 3º

O mandato dos novos membros será polo tempo que resta para completar o mandato da representatividade que ten.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, catro de marzo de dous mil cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA