DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 14 de marzo de 2005 Páx. 4.342

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2005, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo do sector de derivados do cemento.

Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo do sector de derivados do cemento, que

tivo entrada nesta delegación provincial o día 4-2-2005 e subscrito pola comisión paritaria do convenio o día 3-2-2005, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o depósito do citado acordo no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 11 de febreiro de 2005.

Cristina Azpilcueta González

Delegada provincial da Coruña

Acta de reunión da comisión paritaria do convenio

colectivo de derivados do cemento da provincia

da Coruña 3-2-2005

Asistentes:

Pola parte social: Santiago Huertas Pozurama (CC.OO.), Francisco Blanco Veiga (CC.OO.), Justo López Comba (CC.OO.), Eduardo da Silva Pérez (CC.OO.), Celestino Pérez Vázquez (UGT), Vitorino Ares Prado (CIG).

Pola parte empresarial: Luis Neira Pérez (Asociación de Fabricantes de Derivados del Cemento de La Coruña), Marina Graña Bermúdez (asesora xurídico-laboral CEC).

Na Coruña, sendo as 10.00 horas do día 3 de febreiro de 2005, reúnense as partes arriba indicadas, como compoñentes da comisión paritaria do convenio colectivo provincial de derivados do cemento, nos

locais da Confederación de Empresarios da Coruña, co obxecto de levar a cabo a aplicación da cláusula de revisión salarial correspondente ao ano 2004 e o incremento salarial para o ano 2005, de conformidade co disposto no convenio colectivo vixente.

De conformidade co disposto na disposición derradeira do convenio colectivo, sobre as táboas salariais do ano 2003, que serviron de base de cálculo para obter as de 2004, aplicarase unha actualización do 1,2%. A cantidade así obtida por cada categoría ou nivel será o importe da revisión económica retroactiva como consecuencia da desviación do IPC do ano 2004. Este importe adicionarase ás táboas que estiveron vixentes en 2004, e o resultado así obtido será a base de cálculo para o incremento do ano 2005.

A continuación procédese a aplicar o incremento salarial do 2,85% + 0,5% para o ano 2005, sobre as táboas revisadas de 2004, e asínanse ambas táboas.

Faise notar que, ao igual que en anos anteriores, para os traballadores con modalidade de traballo a incentivo, incluídos nas categorías de enxeñeiro, perito, encargado, xefe 1ª administrativo, xefe 2ª administrativo, corredor a comisión, nas pagas extra non se retribúe incentivo; os incluídos no resto das categorías si se retribúe.

Por parte da representación de UGT proponse a constitución dunha comisión técnica que se encargue de adaptar o novo sistema de clasificación profesional ás táboas desta provincia, unha vez que se asínanse a nivel nacional. A representación empresarial contesta que é aconsellable esperar á sinatura do que se está negociando a nivel nacional para ver a repercusión de tales acordos na nosa provincia.

Acórdase facultar a Marina Graña Bermúdez para a presentación da documentación necesaria ante a delegación da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, para o rexistro e publicación desta acta, as táboas salariais revisadas do ano 2004, as táboas salariais do ano 2005.

E non tendo máis asuntos que tratar, levántase a reunión sendo as 12.00 horas da data arriba indicada.

Convenio colectivo de derivados do cemento provincia da Coruña

Táboa salarial ano 2004

NivelCategoríaSalario base díaSalario base díaComplemento

asistencia

Complemento

transporte

Pagas extrasTotal anual

2Enxeñeiro1.273,93 A42,47 A10,69 A57,59 A 1.187,83 A N20.625,62 A

3Perito1.076,90 A35,89 A10,69 A57,59 A 1.007,34 A N17.900,21 A

4Encargado1.052,37 A35,08 A10,69 A57,59 A 984,84 A N17.560,89 A

5Debuxante815,42 A27,18 A10,69 A57,59 A 766,32 A S14.280,42 A

6Delineante 1º804,41 A26,82 A10,69 A57,59 A 756,12 A S14.127,9 A

7Delineante 2º792,00 A26,40 A10,69 A57,59 A 744,52 A S13.995,79 A

9Calcador767,63 A25,58 A10,69 A57,59 A 721,99 A S13.618,29 A

3Xefe 1º administrativo1.077,18 A35,89 A10,69 A57,59 A 1.007,34 A N17.903,6 A

4Xefe 2º administrativo965,53 A32,18 A10,69 A57,59 A 949,98 A N16.449,1 A

6Oficial 1º administrativo804,41 A26,82 A10,69 A57,59 A 756,12 A S14.127,9 A

8Oficial 2º administrativo779,35 A25,98 A10,69 A57,59 A 732,92 A S13.780,78 A

NivelCategoríaSalario base díaSalario base díaComplemento

asistencia

Complemento

transporte

Pagas extrasTotal anual

9Auxiliar administrativo767,63 A25,58 A10,69 A57,59 A 721,99 A S13.618,29 A

7Viaxantes sen carteira792 A26,40 A10,69 A57,59 A 744,52 A S13.955,79 A

8Corredor sen carteira779,35 A25,98 A10,69 A57,59 A 732,92 A S13.780,78 A

9Corredor a carteira767,63 A25,58 A10,69 A57,59 A 721,99 A N13.618,29 A

5Encargado sección815,42 A27,18 A10,69 A57,59 A 766,32 A S14.280,42 A

7Capataz792 A26,40 A10,69 A57,59 A 744,52 A S13.955,79 A

8Oficial 1º779,35 A25,98 A10,69 A57,59 A 732,92 A S13.780,78 A

9Oficial 2º767,63 A25,58 A10,69 A57,59 A 721,99 A S13.618,29 A

10Axudante755,59 A25,19 A10,69 A57,59 A 711,09 A S13.452,07 A

11Oficial 3º743,90 A24,80 A10,69 A57,59 A 700,19 A S13.290,02 A

12Limpador/Peón731,59 A24,38 A10,69 A57,59 A 688,94 A S13.119,73 A

Nota (1): as letras S e N que figuran nas pagas extra son para os traballadores con modalidade de traballo a incentivos.

N: non se retribúe incentivo.

S: si se retribúe incentivo.

Convenio colectivo de derivados do cemento provincia da Coruña

Táboa salarial ano 2005

NivelCategoríaSalario base díaSalario base díaComplemento

asistencia

Complemento

transporte

Pagas extrasTotal anual

2Enxeñeiro1.316,61 A43,89 A11,04 A59,52 A 1.227,83 A N21.316,58 A

3Perito1.112,97 A37,09 A11,04 A59,52 A 1.041,09 A N18.499,87 A

4Encargado1.087,62 A36,25 A11,04 A59,52 A 1.017,83 A N18.149,18 A

5Debuxante842,73 A28,09 A11,04 A59,52 A 791,99 A S14.758,82 A

6Delineante 1º831,36 A27,72 A11,04 A59,52 A 781,45 A S14.601,19 A

7Delineante 2º818,53 A27,28 A11,04 A59,52 A 769,46 A S14.423,31 A

9Calcador793,34 A26,44 A11,04 A59,52 A 746,18 A S14.074,5 A

3Xefe 1º administrativo1.113,26 A37,09 A11,04 A59,52 A 1.041,09 A N18.503,37 A

4Xefe 2º administrativo997,87 A33,26 A11,04 A59,52 A 981,81 A N17.000,15 A

6Oficial 1º administrativo831,36 A27,72 A11,04 A59,52 A 781,45 A S14.601,19 A

8Oficial 2º administrativo805,46 A26,85 A11,04 A59,52 A 757,47 A S14.242,43 A

9Auxiliar administrativo793,34 A26,44 A11,04 A59,52 A 746,18 A S14.074,5 A

7Viaxantes sen carteira818,53 A27,28 A11,04 A59,52 A 769,46 A S14.423,31A

8Corredor sen carteira805,46 A26,85 A11,04 A59,52 A 757,47 A S14.242,43 A

9Corredor a carteira793,34 A26,44 A11,04 A59,52 A 746,18 A N14.074,5 A

5Encargado sección842,73 A28,09 A11,04 A59,52 A 791,99 A S14.758,82 A

7Capataz818,53 A27,28 A11,04 A59,52 A 769,46 A S14.423,31 A

8Oficial 1º805,46 A26,85 A11,04 A59,52 A 757,47 A S14.242,43 A

9Oficial 2º793,34 A26,44 A11,04 A59,52 A 746,18 A S14.074,5 A

10Axudante780,91 A26,03 A11,04 A59,52 A 734,91 A S13.902,72 A

11Oficial 3º768,83 A25,63 A11,04 A59,52 A 723,65 A S13.735,24 A

12Limpador/Peón756,10 A25,20 A11,04 A59,52 A 712,02 A S13.559,24 A

Nota (1): as letras S e N que figuran nas pagas extra son para os traballadores con modalidade de traballo a incentivos.

N: non se retribúe incentivo.

S: si se retribúe incentivo.