DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 14 de marzo de 2005 Páx. 4.335

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 3 de febreiro de 2005 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade.

Advertidos erros na devandita orde, publicada no DOG nº 26, do 8 de febreiro de 2005, cómpre facer as oportunas correccións:

Na páxina 2.163, na disposición transitoria, onde di: «... as facultades a que se refiren as letras d), e), k), ñ) e p), serán exercidas ...», debe dicir: «...as facultades a que se refiren as letras d), e), k), o) e q) serán exercidas ...».