DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 11 de marzo de 2005 Páx. 4.244

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 40/2005, do 10 de marzo, polo que se declara loito oficial en Galicia con motivo do cabodano dos atentados terroristas perpetrados en Madrid o 11 de marzo de 2004.

Para manifestar o sentimento e solidariedade do pobo galego con motivo do primeiro cabodano por

causa dos atentados terroristas perpetrados en Madrid o 11 de marzo de 2004, o Goberno galego ten a vontade de facer pública a dor dos seus membros e a de todos os cidadáns.

Polo tanto, por proposta do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dez de marzo de dous mil cinco,

DISPOÑO:

Artigo único.

1. Declárase loito oficial en Galicia desde as 00.00 horas ata ás 24.00 horas do día 11 de marzo.

2. O devandito día ondearán a media hasta as bandeiras oficiais en todos os centros e edificios públicos dependentes da Xunta de Galicia.

Disposición derradeira

Esta decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dez de marzo de dous mil cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública