DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 10 de marzo de 2005 Páx. 4.128

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 8 de marzo de 2005 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais e se procede á súa convocatoria para o ano 2005.

As distintas fórmulas de autoemprego colectivo promovidas polos traballadores asociados en cooperativas ou sociedades laborais reveláronse tradicionalmente como medidas eficaces para a xeración de emprego, mobilización de recursos, corrección de desequilibrios comarcais e fixación de man de obra produtiva, establecendo vínculos de interese mutuo entre a poboación e o seu propio territorio.

Segundo o establecido no artigo 29.1º do Estatuto de autonomía de Galicia e de conformidade co Decreto 168/1984, do 15 de novembro, de asunción de funcións e servizos transferidos, correspóndelle á comunidade autónoma a xestión de calquera tipo de axuda, subvencións e préstamos que realizaba o Fondo Nacional de Protección ao Traballo e, segundo a disposición adicional segunda da Orde TAS/216/2004, do 20 de xaneiro, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para o fomento do emprego e mellora da competitividade nas cooperativas e sociedades laborais, a xestión das axudas dos programas para a creación e o mantemento do emprego recollidas nela.

Segundo o disposto no Decreto 301/2004, do 22 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, correspóndelle a esta o exercicio das anteditas competencias e funcións, entre outras materias, no relativo ás políticas activas de emprego e as relativas ao fomento do emprego nas empresas de economía social.

O programa de fomento de emprego en cooperativas e sociedades laborais regulado nesta orde establece un conxunto de axudas orientadas a facilitar a incorporación como socios traballadores ou de traballo nas cooperativas ou sociedades laborais galegas dos desempregados, ao considerar o autoemprego colectivo como unha fórmula idónea para a creación de emprego e xeración de riqueza. Preténdese, así mesmo, aumentar a competitividade destas empresas co obxecto de manter o seu emprego mediante incentivos para o financiamento dos investimentos en inmobilizado material e inmaterial.

En liña co plan estratéxico para o cooperativismo e coa finalidade de apoiar o emprego das mulleres e mozos, así como de impulsar o desenvolvemento local, establécese nesta orde unha nova axuda dirixida ás cooperativas de traballo asociado e sociedades laborais de nova creación constituídas por estes desempregados en concellos rurais.

As actuacións previstas nesta orde para fomentar a incorporación de desempregados como socios traballadores ou de traballo, así como para a contratación de directores ou xerentes, están cofinanciadas nun 70% polo Fondo Social Europeo no Programa

Operativo Iniciativa Empresarial e Formación Continua.

As destinadas a apoiar os investimentos que contribúan á creación, consolidación e mellora da competitividade das cooperativas e sociedades laborais son cofinanciadas nun 70% polo Feder no Programa Operativo Mellora da Competitividade e Desenvolvemento do Tecido Produtivo.

E conforme o Programa Operativo Integrado de Galicia 2000-2006, as axudas para que os desempregados adquiran a condición de socio traballador están cofinanciadas nun 75% polo Fondo Social Europeo.

Neste marco de actuación, as bases reguladoras e a convocatoria deste programa axústanse ao disposto no artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, na súa redacción dada pola Lei 14/2004, do 29 de decembro, de medidas tributarias e de réxime administrativo; na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia; no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, e no que resulte de aplicación a Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

As axudas recollidas nesta orde financiaranse con cargo aos créditos das aplicacións orzamentarias que, mediante disposición complementaria, se determine anualmente, logo da aprobación dos orzamentos xerais da comunidade autónoma para o exercicio correspondente. Para o exercicio 2005 a dita determinación recóllese na disposición adicional oitava desta orde.

Por todo o exposto, consultados o Consello Galego de Cooperativas e o Consello Galego de Relacións Laborais, e de conformidade coas atribucións que teño conferidas polo artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Capítulo I

Finalidade, ámbito e principios de xestión

Artigo 1º.-Obxecto, finalidade e principios de xestión.

1. Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e realizar a convocatoria para o ano 2005 do programa de fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais, coa finalidade de promover a incorporación de desempregados ás entidades de economía social, así como apoiar o desenvolvemento de proxectos de creación e modernización deste tipo de empresas, mediante unha mellora da súa competitividade.

2. As solicitudes, tramitación e concesión das axudas do programa de fomento do emprego en coo

perativas e sociedades laborais axustaranse ao disposto no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, e nesta orde.

3. A xestión deste programa realizarase de acordo cos seguintes principios:

a) Publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non-discriminación.

b) Eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados.

c) Eficiencia na asignación e na utilización dos recursos públicos.

Artigo 2º.-Beneficiarios.

1. Poderán ser beneficiarios das axudas deste programa as cooperativas e sociedades laborais que teñan o seu domicilio ou centros de traballo na Comunidade Autónoma galega e estean debidamente inscritas no correspondente rexistro, e/ou os seus socios traballadores ou de traballo, sempre que se cumpran as condicións e os requisitos establecidos nesta orde para cada tipo de axuda e non incorran nas circunstancias previstas no artigo 13.2º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

2. Este programa non será de aplicación aos sectores e actividades definidas no artigo 4, parágrafo 3º da Orde TAS/216/2004, do 20 de xaneiro (BOE nº 34, do 9 de febreiro).

Artigo 3º.- Concepto de desempregado.

Para os efectos das axudas previstas nesta orde, terán a consideración de desempregados aqueles que figuren inscritos como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego e que, pola súa vez, carezan de ocupación segundo o informe da vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social no momento da súa alta no correspondente réxime da Seguridade Social.

Capítulo II

Tipos de axuda

Artigo 4º.-Tipos de axuda.

Neste programa de fomento de emprego en cooperativas e sociedades laborais inclúense os seguintes tipos de axudas e subvencións:

-Axuda para a adquisición da condición de socio traballador.

-Axuda pola incorporación de socios traballadores ou de traballo.

-Axuda para a contratación de directores ou xerentes.

-Subvención financeira.

-Subvención directa para a adquisición de inmobilizado material ou inmaterial.

-Axuda excepcional para o inicio da actividade.

Artigo 5º.-Axuda para a adquisición da condición de socio traballador.

1. Poderánselles conceder subvencións de ata 3.600 euros en concepto de axudas para a adquisición da condición de socio traballador dunha cooperativa de traballo asociado ou sociedade laboral a aqueles que, no momento de adquiriren a dita condición, estean desempregados inscritos como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego, non percibisen este tipo de axuda nos catro anos inmediatamente anteriores á data da incorporación na cooperativa ou sociedade laboral e nos cales concorra algunha das seguintes circunstancias:

a) Mozos menores de 25 anos que non tivesen antes un primeiro emprego fixo remunerado.

b) Mozos menores de 30 anos que estean incorporados e teñan a condición de beneficiarios do Programa Labora: Xuventude con Experiencia, segundo o establecido no Decreto 148/2002, do 18 de abril, polo que se establece no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia o dito programa (DOG nº 83, do 30 de abril), modificado polo Decreto 26/2003, do 16 de xaneiro (DOG nº 15, do 23 de xaneiro) e polo Decreto 300/2004, do 22 de decembro (DOG nº 251, do 28 de decembro).

c) Desempregados maiores de 45 anos.

d) Traballadores aos que se lles recoñecese o aboamento da prestación por desemprego na súa modalidade de pagamento único.

e) Mulleres desempregadas que se incorporen como socias traballadoras tras unha ausencia do mercado de traballo non inferior a 24 meses.

f) Mulleres desempregadas cando se incorporen para prestar servizos en profesións ou ocupacións con menor índice de emprego feminino, de acordo co disposto na orde do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais do 16 de setembro de 1998.

g) Mulleres titulares de familias monoparentais e con cargas familiares.

h) Mulleres maiores de 25 anos e menores de 45.

i) Desempregados que realizasen, no ano da presentación da solicitude, ou nos dous anos naturais anteriores, cursos de formación profesional ocupacional do Plan FIP directamente relacionados co posto de traballo ao que se incorporan.

j) Desempregados que participasen, no ano de presentación da solicitude ou nos dous anos anteriores, como alumnos en escolas obradoiro, casas de oficio ou en obradoiros de emprego directamente relacionados no seu contido co posto de traballo ao que se incorporan; ou ben, que traballasen no ano da presentación da solicitude ou no ano natural anterior en obras ou servizos de interese xeral realizados en virtude doutros programas de fomento do emprego.

k) Desempregados de longa duración que estivesen sen traballo e inscritos na oficina de emprego durante polo menos 12 dos anteriores 16 meses, ou durante

6 dos anteriores 8 meses se fosen menores de 25 anos.

l) Desempregados minusválidos cun grao de minusvalidez non inferior ao 33%.

m) Desempregados en situación de risco de exclusión social pertencentes a algún dos seguintes colectivos:

-Perceptores da renda de integración social de Galicia ou aqueles que non poidan acceder a ela, ben por falta do período exixido de residencia ou empadroamento, ou ben por ter esgotado o período máximo de percepción legalmente establecido.

-Persoas que participen ou participasen en procesos de rehabilitación ou reinserción social de drogodependentes debidamente acreditados ou autorizados.

-Penados ou ex-reclusos que non tivesen antes un primeiro emprego fixo remunerado tras un período de privación de liberdade.

-Mulleres procedentes de casas de acollida que presenten problemas adicionais de inserción ou reinserción laboral, así como as persoas que teñan acreditada pola Administración competente a condición de vítima de violencia doméstica por parte dalgún membro da unidade familiar de convivencia.

-Mozos que estean ou estivesen ata a súa maioría de idade baixo a tutela ou garda da Administración autonómica.

-Traballadores inmigrantes que pasen a ser residentes da comunidade e persoas que formen parte de colectivos ou minorías cuxas características poidan condicionar as súas posibilidades de integración social.

n) Traballadores desempregados por mor dalgunha das causas previstas nos artigos 50, 51 e 52 b) e c) do Estatuto dos traballadores ou que procedan de empresas inmersas nalgún outro proceso de reestruturación ou reconversión, ou do peche da empresa de procedencia, polas causas previstas no artigo 49.1º g) do Estatuto dos traballadores, agás no caso de que na empresa á cal se incorporen participe o empresario ou persoas que participasen no capital social da extinta empresa, directa ou indirectamente, ou os seus familiares ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade.

2. O importe máximo desta subvención incrementarase ata a contía de 4.200 euros no caso de que no beneficiario concorra algunha das circunstancias do punto anterior e sexa menor de 30 anos, muller, traballador en situación de risco de exclusión social, desempregados de longa duración ou unha persoa con discapacidade, sempre que non se lles recoñecese o aboamento da prestación por desemprego na súa modalidade de pagamento único.

3. O prazo de presentación de solicitudes de axudas para a adquisición da condición de socio traballador será de tres meses contados desde a data de alta na Seguridade Social. Non obstante, deberá

ser respectado o prazo xeral establecido no artigo 12º.3 desta orde, aínda que nesta data non transcorresen tres meses desde a data de alta na Seguridade Social.

Para os efectos desta axuda, o requisito de estar desempregado e inscrito como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego deberá cumprirse na data de alta do beneficiario na Seguridade Social.

4. O importe da axuda para a adquisición da condición de socio traballador en ningún caso poderá ser superior á contía que corresponda á contribución obrigatoria á sociedade en caso de cooperativas, ou á adquisición de accións ou participacións de clase laboral do capital social no caso de sociedades laborais.

Artigo 6º.-Axuda pola incorporación de socios traballadores ou de traballo.

1. Poderán acollerse ás axudas previstas neste artigo as cooperativas e sociedades laborais que incorporen como socios traballadores ou de traballo as persoas que no momento da incorporación sexan desempregados inscritos como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego, pertencentes a algún dos colectivos relacionados no artigo 5º.

2. A contía desta axuda será:

-De ata 4.500 euros por cada desempregado que se incorpore a xornada completa como socio traballador ou de traballo nunha cooperativa ou sociedade laboral pertencente aos colectivos das letras a), b), c), d), h), i), j), k), e n). Se a persoa incorporada pertence a calquera destes colectivos e é muller, a contía da subvención será de ata 6.000 euros. Estes incentivos incrementaranse en 300 euros se a persoa incorporada é un mozo/a menor de 30 anos.

-No suposto das letras e), f) e g) a contía da axuda será de ata 6.600 euros.

-No suposto da letra m) a contía da axuda será de ata 8.000 euros.

-No suposto da letra l), a contía da axuda será de ata 10.000 euros.

No suposto de que a xornada de traballo do socio traballador ou de traballo incorporado sexa a tempo parcial, a contía das axudas será proporcional ao tempo efectivo de duración da xornada.

3. O prazo de presentación de solicitudes da axuda pola incorporación de socios traballadores ou de traballo será de tres meses contados desde a data de alta na Seguridade Social. Non obstante, deberá ser respectado o prazo xeral establecido no artigo 12º.3 desta orde, aínda que nesta data non transcorresen tres meses desde a data de alta na Seguridade Social.

Para os efectos desta axuda, o requisito de estar desempregado e inscrito como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego deberá cumprirse na data de alta do socio traballador no correspondente réxime da Seguridade Social.

4. A incorporación deberá supoñer incremento do emprego fixo e do número de socios traballadores ou de traballo da entidade beneficiaria da axuda, respecto á media dos últimos doce meses anteriores á incorporación dos novos socios polos que se percibe a axuda. Para os efectos do incremento do emprego non se terán en conta os traballadores temporais.

Non se poderá conceder esta axuda cando se trate da incorporación de socios traballadores ou de traballo que tivesen tal condición na mesma empresa nos dous anos anteriores a súa incorporación como socios.

5. As cooperativas e sociedades laborais beneficiarias destas axudas están obrigadas a manter, polo menos durante tres anos, como socio traballador ou de traballo a persoa pola que se concedese subvención. No suposto de baixa na sociedade no dito período, teñen a obriga de substituílo por outra persoa e polo período que reste ata completar os tres anos, ou a reintegrar as cantidades percibidas, cos seus xuros de demora, estando obrigadas a lle comunicar a baixa ao órgano concedente no prazo de quince días contados desde aquel en que este se producise. Cando a axuda se concedese pola incorporación dunha persoa pertencente a un colectivo determinado, a substitución deberá ser realizada por outra persoa pertencente a algún dos colectivos polos que se poida conceder unha subvención por importe igual ou superior ao do que causase baixa. Esta substitución deberá realizarse no prazo máximo de seis meses desde a data da baixa, feito que deberá ser comunicado pola empresa beneficiaria ao

órgano competente que concedese a subvención, no mes seguinte á substitución. Esta nova incorporación en ningún caso dará lugar a unha nova axuda.

Artigo 7º.-Axuda para a contratación de directores ou xerentes.

Poderanse subvencionar os gastos ocasionados pola contratación de directores ou xerentes que sexa necesaria para a viabilidade da empresa ou a boa fin do proxecto de investimento de que se trate.

Esta contratación subvencionarase por un período máximo dun ano, debendo respectar o disposto para a contratación de asalariados pola lexislación vixente de cooperativas e sociedades laborais e asumindo a obriga de manter no cadro de persoal da entidade o director ou xerente, como mínimo, polo tempo subvencionado.

O seu importe poderá acadar ata o 50% do custo total da contratación e non poderá superar a contía de 20.000 euros por cooperativa de traballo asociado ou sociedade laboral.

Dado o seu carácter excepcional e para a súa concesión, a sociedade deberá xustificar a súa necesidade e terase en conta a capacidade da cooperativa de traballo asociado ou sociedade laboral para facer fronte ao custo correspondente cos seus propios recursos.

A solicitude deberá presentarse con anterioridade á contratación do director ou xerente, respectando o prazo xeral establecido no artigo 12º.3 desta orde.

Artigo 8º.-Subvención financeira.

1. A subvención financeira ten por obxecto facilitar o financiamento dos investimentos realizados por cooperativas ou sociedades laborais en inmobilizado material ou inmaterial, que sexan necesarios para a súa posta en funcionamento ou ampliación así como para a incorporación de novas tecnoloxías da información e as comunicacións.

2. Poderán ser obxecto de subvención os investimentos en terreos, construcións e instalacións técnicas, maquinaria e equipamentos, así como os activos inmateriais vinculados coas novas tecnoloxías da información e as comunicacións.

3. Os investimentos realizaranse mediante a compra de activos novos. Non obstante, naqueles casos en que os investimentos se realicen mediante a compra de equipamentos de segunda man, deberán cumprirse os requisitos seguintes:

a) O vendedor do equipamento deberá facilitar unha declaración sobre a orixe do dito equipamento, confirmando que durante os últimos sete anos non se comprou con subvencións nacionais ou comunitarias.

b) Acreditar, mediante un certificado expedido por un perito independente, que o prezo dos equipamentos non é superior ao valor de mercado nin ao custo dun equipamento novo similar, que reúnan as características técnicas requiridas para a operación e que cumpran as normas aplicables.

4. A subvención financeira consistirá na redución de xuros de préstamos para financiar investimentos en inmobilizado material e inmaterial, concedidos polas entidades financeiras que teñan subscrito convenio coa Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais. Esta subvención, pagadoira dunha soa vez, será, como máximo de catro puntos do tipo de xuro fixado pola entidade de crédito que conceda o préstamo, sen que en ningún caso o tipo de xuro que deba satisfacer o beneficiario, despois de calculada a subsidiación, poida resultar inferior a un punto. A contía calcularase como se a subvención se devengase cada ano de duración do préstamo, incluído o posible período de carencia.

5. A contribución do beneficiario ao financiamento dos investimentos deberá ser, como mínimo, do 25 por cento; será, en todo caso, o importe máximo desta subvención de 3.000 euros por socio traballador ou de traballo, integrante da cooperativa ou sociedade laboral cun posto de traballo que non fose tido en conta con anterioridade para a concesión de axudas para financiar investimentos.

6. O investimento obxecto de subvención deberá manterse durante un período mínimo de 5 anos, agás bens amortizables cun período inferior.

7. A determinación dos gastos subvencionables axustarase ao disposto nesta orde e no artigo 31 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

8. As solicitudes de subvención financeira deberán presentarse con anterioridade ao inicio da execución dos proxectos de investimento, respectando en todo caso o prazo xeral establecido no artigo 12º.3 desta orde.

Artigo 9º.-Subvención directa para a adquisición de inmobilizado material e inmaterial.

1. Para a realización de investimentos que contribúan á creación, consolidación ou mellora da competitividade de cooperativas e sociedades laborais, poderá concedérselles unha subvención directa cun importe máximo de ata o 50 por cento do custo de adquisición dos activos, excluídos impostos; será, en todo caso, o importe máximo desta subvención de 3.000 euros por cada socio traballador ou de traballo integrante da cooperativa ou sociedade laboral cun posto de traballo que non fose tido en conta con anterioridade para a concesión de axudas para financiar investimentos.

2. No suposto de que a adquisición dos activos se financie parcialmente mediante préstamos para os que se solicitase subvención de xuros, a determinación da subvención directa realizarase a partir do importe non financiado por ditos préstamos.

3. Seralle de aplicación a esta axuda os requisitos establecidos nos puntos 1, 2, 3, 5, 6 e 7 do artigo 8º desta orde.

4. A solicitude desta axuda deberá presentarse con anterioridade ao inicio de execución dos proxectos de investimento, respectando en todo caso o prazo xeral establecido no artigo 12º.3 desta orde.

Artigo 10º.-Axuda excepcional para o inicio da actividade.

1. A axuda excepcional ten por obxecto apoiar o inicio da actividade das cooperativas de traballo asociado e sociedades laborais, de nova creación, constituídas exclusivamente por mulleres e mozos menores de 30 anos, que teñan o seu domicilio social e centro de traballo principal nun concello galego con menos de 20.000 habitantes.

2. Esta axuda, que se concederá por unha soa vez, consistirá nunha subvención de ata o 50% dos gastos necesarios para o inicio da actividade. O importe desta axuda será de ata 3.000 euros por cada socia traballadora ou socio traballador menor de 30 anos que, no momento da súa alta na Seguridade Social, fose desempregado inscrito como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego e pertenza a algún dos colectivos previstos no artigo 5º desta orde.

3. Serán subvencionables, a través desta axuda, os gastos pola compra de mercadorías, materias primas e outros aprovisionamentos, arrendamento do local e maquinaria, subministracións, sempre que

se realicen no primeiro ano desde o inicio da actividade.

4. A solicitude de axuda excepcional para o inicio da activade deberá presentarse no prazo xeral establecido no artigo 12º.3 desta orde.

5. Entenderase que inicia a súa actividade cando cause alta no imposto de actividade económicas ou, de ser o caso, desde a data de alta no censo de obrigados tributarios do Ministerio de Economía e Facenda.

Capítulo III

Competencia e procedemento

Artigo 11º.-Competencia.

A competencia para coñecer e resolver as solicitudes de axudas e subvencións previstas nesta orde, por delegación da conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, corresponderalles:

a) Aos delegados provinciais da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais cando a actividade pola que se solicita subvención se vaia desenvolver no respectivo ámbito provincial.

b) Ao director xeral de Promoción do Emprego cando a actividade pola que se solicita subvención se vaia desenvolver en máis dunha provincia desta comunidade autónoma.

Artigo 12º.-Solicitudes e prazo.

1. As solicitudes de axudas e subvencións dirixiranse ao órgano competente para resolver, e presentaranse por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. As solicitudes e os anexos deste programa están dispoñibles na páxina web da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais www.xunta.es/conselle/as/index.htm.

3. O prazo xeral para a presentación de solicitudes de axudas do programa de fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais finalizará o 30 de setembro de 2005, respectando en todo caso os prazos específicos previstos para cada tipo de axuda.

Artigo 13º.-Documentación.

As solicitudes deberán presentarse nos modelos normalizados que figuran como anexos numéricos a este programa e deberán ir acompañadas, por duplicado exemplar, un deles orixinal ou fotocopia compulsada, da documentación que se relaciona:

1. Documentación común para todos os tipos de axuda:

a) Se o solicitante é persoa física, DNI e acreditación do NIF; se é persoa xurídica, DNI e poder suficiente do representante para actuar en nome da entidade, e NIF da empresa.

b) Escritura ou acta de constitución da entidade, á que se achegarán os seus estatutos.

c) Alta no IAE ou, de ser o caso, alta no censo de obrigados tributarios do Ministerio de Economía e Facenda.

No suposto de que se solicite subvención financeira e subvención directa para a adquisición de inmobilizado material e inmaterial con anterioridade ao inicio da actividade, deberá achegarse na fase de xustificación do pagamento.

d) No suposto de cooperativas ou sociedades laborais de nova creación, deberá presentarse unha memoria técnica e económica do proxecto empresarial ou o plan de empresa, que deberá conter os datos de identificación e descrición do proxecto, os aspectos técnicos de produción e comercialización, a previsión de postos de traballo que se van crear, un breve currículo dos promotores, así como unha descrición detallada dos aspectos económicos, técnicos e financeiros que permitan avaliar a viabilidade do proxecto.

A memoria deberá axustarse aos modelos tipo que facilite a Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais a través da rede de técnicos de emprego de Galicia, (www.tecnicosempregogalicia.xunta.es).

e) Declaración comprensiva do conxunto de todas as axudas solicitadas ou concedidas, para a mesma finalidade, perante as administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou, de ser o caso, unha declaración de que non solicitou nin percibiu outras subvencións (segundo o modelo do anexo IX). Na mesma declaración deberán indicarse todas as axudas de minimis recibidas durante os tres anos anteriores á data da solicitude, así como das solicitadas e que se atopen pendentes de resolver.

f) Documentación acreditativa de que se encontran ao día das súas obrigas coa Seguridade Social.

g) Documentación acreditativa de que se encontran ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e de que non teñen pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da comunidade autónoma, agás que o beneficiario xunte á solicitude a debida autorización (segundo o modelo do anexo X) para que a devandita información sexa solicitada polo órgano xestor.

h) Ficha de solicitude de transferencia bancaria e certificación da entidade financeira acreditativa de que o solicitante é titular da conta (segundo o modelo do anexo XI).

2. Documentación específica para a axuda para a adquisición da condición de socio traballador.

a) Documentos acreditativos dos períodos de inscrición como demandante de emprego na oficina pública de emprego, así como do tempo de permanencia no paro segundo os datos do informe da vida laboral na Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

b) Se é o caso, documentos acreditativos da concorrencia das circunstancias recollidas no artigo 5º desta orde.

c) Certificación da incorporación á cooperativa de traballo asociado ou sociedade laboral, e documentos de alta na Seguridade Social.

d) Certificación emitida pola cooperativa de traballo asociado ou sociedade laboral do importe das contribucións obrigatorias ou do valor das accións ou participacións subscritas para adquirir a condición de socio traballador, con indicación do prazo para o seu desembolso.

3. Documentación específica para a axuda pola incorporación de socios traballadores ou de traballo.

a) DNI, documentos acreditativos dos períodos de inscrición como demandante de emprego na oficina pública de emprego, así como do tempo de permanencia no paro segundo os datos do informe da vida laboral na Tesouraría Xeral da Seguridade Social dos socios traballadores ou de traballo polos que se solicita subvención.

b) De ser o caso, documentos acreditativos da concorrencia das circunstancias recollidas no artigo 6º en relación co artigo 5º desta orde.

c) Certificado de alta e permanencia como socio traballador ou de traballo emitido pola cooperativa ou sociedade laboral e documentos de alta na Seguridade Social.

No certificado de incorporación deberá constar expresamente a declaración de que o traballador que se incorpora como socio non tivo nos dous últimos anos na entidade tal condición (segundo o modelo do anexo III).

d) Certificación da relación nominal dos socios traballadores ou de traballo e do persoal asalariado fixo no ano inmediatamente anterior á data da nova incorporación, con indicación das altas e baixas no dito período (segundo o modelo do anexo IV).

e) Cando se trate da incorporación dun desempregado que vaia realizar unha xornada a tempo parcial, unha copia do contrato de traballo no caso de sociedades laborais. De tratarse de cooperativas, certificado en que conste a duración da xornada que ten fixada a persoa que se incorpora.

4. Documentación específica para a axuda para a contratación de directores ou xerentes:

a) O currículum vitae da persoa que se vaia contratar.

b) Memoria xustificativa da necesidade da contratación do persoal cualificado e da dificultade para facer fronte ao seu pagamento cos seus propios medios e con indicación, desagregada por conceptos, do custo total da contratación.

c) No suposto de non ser unha sociedade de nova creación, balance de situación e conta de resultados dos dous últimos exercicios.

5. Documentación específica para a subvención financeira:

a) Memoria económica do proxecto que inclúa o orzamento de investimento e o plan de financiamento en relación coa finalidade ou obxecto da axuda e xustificación da súa necesidade e na cal deberán constar necesariamente, entre outros, os seguintes extremos: sector de actividade económica, número de empregos creados, número de empregos mantidos, tipo de proxecto e se está relacionado coa sociedade de información así como se o proxecto necesita declaración de impacto ambiental.

b) Compromiso da entidade financeira sobre a concesión do préstamo, no cal figuren as súas características e se faga constar que a operación se acolle ao convenio subscrito para tal fin (segundo modelo do anexo VI) ou, de ser o caso, o contrato de préstamo.

c) Certificación da relación nominal de socios traballadores ou de traballo, con indicación daqueles que hai que ter en conta para o cálculo da subvención e copia do DNI destes (segundo modelo do anexo V).

d) Facturas pro forma ou orzamentos dos activos do inmobilizado material e inmaterial.

6. Documentación específica para a subvención directa para a adquisición de inmobilizado material ou inmaterial.

a) Memoria económica do proxecto que inclúa o orzamento de investimento e o plan de financiamento en relación coa finalidade ou obxecto da axuda e xustificación da súa necesidade, e na cal deberán constar necesariamente, entre outros, os seguintes extremos: sector de actividade económica, número de empregos creados, tipo de proxecto e se está relacionado coa sociedade de información así como se o proxecto necesita declaración de impacto ambiental.

b) Facturas pro forma ou orzamentos dos activos do inmobilizado material e inmaterial que se vaian ter en conta para o cálculo da contía da subvención.

c) Certificación da relación nominal de socios traballadores ou de traballo, con indicación daqueles polos que se solicita subvención e copia do DNI destes (segundo modelo do anexo V).

7. Documentación específica para a axuda excepcional de inicio da actividade.

a) Certificación da relación nominal de socios traballadores e copia do DNI de cada un deles, con indicación daqueles polos que se solicita subvención (segundo modelo do anexo V).

b) Documentos acreditativos dos períodos de inscrición como demandantes de emprego na oficina pública de emprego, así como do tempo de permanencia no paro, segundo os datos do informe da vida laboral na Tesouraría Xeral da Seguridade Social, dos socios traballadores polos que se solicita a subvención.

c) Documentos acreditativos da concorrencia das circunstancias recollidas no artigo 10º, en relación co artigo 5º desta orde.

d) Certificado de alta e permanencia como socio traballador emitido pola cooperativa de traballo asociado ou sociedade laboral, e documentos de alta na Seguridade Social.

e) Orzamento do total dos gastos necesarios para o seu inicio, con indicación daqueles aos cales se vai destinar a subvención, así como das fontes de financiamento, xunto coas facturas, facturas pro forma ou orzamentos dos gastos.

Artigo 14º.-Instrución e tramitación.

Se a solicitude non estivese debidamente cuberta ou non se achegase a documentación exixida, as unidades administrativas encargadas da tramitación do expediente, de conformidade co disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, requirirán do interesado que, nun prazo de 10 días, emende a falta ou presente os documentos preceptivos, coa advertencia de que, se así non o fixese, se considerará desistido da súa petición, logo de resolución, que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da antedita lei.

Esta fase completarase incorporando ao expediente a información rexistral da entidade solicitante segundo a documentación que consta na Dirección Xeral de Relacións Laborais.

Artigo 15º.-Resolución e recursos.

1. Logo da fiscalización polas respectivas intervencións das propostas emitidas polos correspondentes servizos, o órgano competente, segundo o establecido no artigo 11º, ditará a correspondente resolución debidamente motivada, que se lle deberá notificar ao interesado.

2. O prazo para resolver será de seis meses, contados desde a data de entrada da solicitude no rexistro do órgano competente para a súa tramitación. Transcorrido o dito prazo sen que se ditase resolución expresa, poderá entenderse desestimada a solicitude de acordo co establecido no artigo 1 e no artigo 2 da Lei 6/2001, do 29 de xuño, de adecuación da normativa da Comunidade Autónoma de Galicia á Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3. As resolucións que se diten neste procedemento esgotan a vía administrativa, e contra elas cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa, e poderá formularse, con carácter potestativo, recurso de reposición, no prazo dun mes, ante o mesmo órgano que ditou a resolución impugnada, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora

da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 16º.-Xustificación do pagamento.

1. De non achegarse con anterioridade, o pagamento das axudas quedará condicionado á presentación por duplicado exemplar, un deles orixinal ou copia compulsada, no prazo, nos termos e na forma que se estableza na resolución de concesión, da documentación xeral e da específica que se exixa de forma expresa nela, entre a que deberá figurar a relacionada nos puntos seguintes:

A) Documentación xeral:

a) Documentación xustificativa para acreditar o cumprimento da finalidade para a que se concedeu a subvención segundo o tipo de axuda.

b) Declaración complementaria do establecido no artigo 13º,1, e) desta orde, do conxunto das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución, para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou, de ser o caso, que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións (segundo modelo do anexo IX).

B) Documentación específica:

a) Cando se trate da axuda pola contratación de directores ou xerentes, xuntarase copia do contrato e alta na Seguridade Social.

b) Cando se trate da subvención financeira, xuntarase copia do contrato de préstamo e facturas do total do investimento en inmobilizado material e inmaterial realizado, alta na Seguridade Social dos socios traballadores polos que se solicita subvención e alta no imposto de actividades económicas ou, se é o caso, alta no censo de obrigados tributarios no Ministerio de Economía e Facenda, de non telo presentado con anterioridade.

Con posterioridade, o beneficiario, no prazo de trinta días desde a data de pagamento da subvención, deberá presentar certificación da entidade financeira acreditativa da amortización do principal do préstamo na contía subvencionada.

c) No caso de subvención directa, facturas do total do investimento en inmobilizado material e inmaterial realizado, alta na Seguridade Social dos socios traballadores polos que se solicita subvención e alta no imposto de actividades económicas ou, se é o caso, alta no censo de obrigados tributarios no Ministerio de Economía e Facenda, de non telo presentado con anterioridade.

d) Cando se trate da axuda excepcional de inicio da actividade, facturas xustificativas da realización do total destes gastos.

2. Non obstante o sinalado no punto anterior, a documentación exixida para a fase de pagamento, xeral ou específica, poderá presentarse xunto coa

solicitude á opción do interesado; neste suposto poderán tramitarse conxuntamente a concesión e o pagamento da axuda.

3. Cando concorran varias axudas ou subvencións, só será necesario presentar unha vez a documentación coincidente, tanto na fase de solicitude como na de xustificación.

4. Non poderá realizarse en ningún caso o pagamento da subvención mentres o beneficiario non estea ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias -estatais e autonómicas- e da Seguridade Social, sexa debedor en virtude de resolución declarativa da procedencia de reintegro ou teña algunha débeda pendente, por calquera concepto, coa Administración da comunidade autónoma.

Capítulo IV

Incompatibilidades e obrigas

Artigo 17º.-Incompatibilidades e concorrencia.

1. En ningún caso o importe das subvencións ou axudas concedidas ao abeiro desta orde poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia coas concedidas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o custo total da actividade que vaia desenvolver o beneficiario.

2. As axudas e subvencións establecidas neste programa serán incompatibles, agás a axuda pola adquisición da condición de socio traballador, coas axudas establecidas nos programas de apoio a iniciativas de emprego, de iniciativas de emprego de base tecnolóxica, de promoción do emprego autónomo, de centros especiais de emprego, de promoción do emprego autónomo das persoas con discapacidade e de dinamización do emprego feminino e xuvenil no rural galego, convocados pola Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

3. Ademais, as axudas pola incorporación de socios traballadores ou de traballo serán incompatibles con outras axudas ou subvencións que se poidan conceder pola mesma causa e concepto ao abeiro doutros programas de fomento do emprego, agás as bonificacións de cotas á Seguridade Social que se establezan na normativa estatal.

4. Así mesmo, a axuda para contratación de directores ou xerentes poderá ser compatible coas bonificacións de cotas á Seguridade Social que se establezan na normativa estatal.

5. O importe da axuda para a adquisición da condición de socio traballador en concorrencia coa percepción da prestación contributiva por desemprego na súa modalidade de pagamento único non poderá ser superior á contía que corresponda á contribución obrigatoria á sociedade en caso de cooperativas, ou á adquisición inicial de accións ou participacións de clase laboral do capital social, no caso de sociedades laborais.

6. As subvencións para o financiamento de proxectos de investimento serán incompatibles con calquera outro tipo de axuda para igual finalidade.

7. Non se poderán imputar os mesmos gastos aos distintos tipos de axuda previstos nesta orde.

Artigo 18º.-Obrigas dos beneficiarios.

Son obrigas dos beneficiarios das axudas e subvencións:

a) Realizar a actividade que fundamente a concesión da axuda ou subvención durante un tempo mínimo de tres anos, ou cinco no caso das axudas aos investimentos dos artigos 8º e 9º desta orde, salvo cesamento por causas alleas á súa vontade, o que deberá acreditar fidedignamente.

b) Comunicarlle ao órgano concedente calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así como dos compromisos e obrigas asumidos polos beneficiarios e, de ser o caso, a obtención concorrente de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

c) O sometemento ás actuacións de control, comprobación e inspección que efectuará a Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, ás de control financeiro que correspondan, se é o caso, á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e o Consello de Contas, ou a outros órganos da Administración do Estado ou da Unión Europea e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

d) Aqueloutras obrigas establecidas no artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, conforme a redacción dada pola Lei 14/2004, do 29 de decembro, de medidas tributarias e de réxime administrativo.

Artigo 19º.-Modificación da resolución de concesión.

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión das axudas ou subvencións, así como a obtención concorrente de subvencións e axudas outorgadas por outras administracións ou outros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión e, eventualmente, á súa revogación.

Artigo 20º.-Revogación e reintegro.

Procederá a revogación das subvencións e axudas, así como o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas e a exixencia do xuro de demora, nos casos e nos termos previstos no artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia e no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas

e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

A obriga de reintegro establecida no parágrafo anterior enténdese sen prexuízo do establecido no Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Artigo 21º.-Seguimento e control.

As delegacións provinciais, e a Dirección Xeral de Promoción do Emprego poderán comprobar, en todo momento, a aplicación das subvencións concedidas para os fins programados. Para estes efectos os beneficiarios deberán cumprir as obrigas de comprobación que se establezan nesta orde e na resolución de concesión.

Artigo 22º.-Axudas baixo condicións de mínimis.

Os incentivos establecidos neste anexo quedan sometidos ao réxime de axudas de mínimis, polo tanto non poderán exceder os límites cuantitativos (100.000 euros nun período de tres anos) establecidos no Regulamento (CE) nº 69/2001 da Comisión da Unión Europea, do 12 de xaneiro de 2001, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas de mínimis (DOCE nº L10, do 13-1-2001).

Disposicións adicionais

Primeira.-Sen prexuízo das facultades que teñan atribuídas outros órganos da Administración do Estado ou da Comunidade Autónoma, a Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais levará a cabo funcións de control, así como de avaliación e seguimento dos programas.

Para realizar as ditas funcións poderanse utilizar cantos medios estean á disposición da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais para comprobar o cumprimento dos requisitos exixidos nesta orde e demais normas vixentes que resulten de aplicación.

Segunda.-A Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais poderá requirir en todo momento a documentación orixinal que se considere necesaria para acreditar mellor o exacto cumprimento das condicións exixidas nos diferentes programas desta orde, agás aquela que de acordo co artigo 35 f) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, xa se atopen en poder da Administración actuante.

Terceira.-Apróbase a delegación de atribucións da conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais nos delegados/as provinciais, no ámbito das súas respectivas provincias, e no director xeral de Promoción do Emprego para resolver a concesión ou denegación das axudas e subvencións previstas nesta orde, así como para autorizar, dispoñer, recoñecer a obriga e propoñer os correspondentes pagamentos.

Cuarta.-Coa finalidade de fomentar a cultura emprendedora, o autoemprego e as diversas fórmulas da economía social, a Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais poderá realizar, con medios propios ou alleos, actividades de formación, investigación, divulgación e difusión.

Quinta.-A comprobación da condición de minusválido realizaraa directamente o órgano xestor das axudas, agás que fose recoñecida por outra Administración, distinta da propia da Comunidade Autónoma de Galicia.

A comprobación da condición de beneficiario do Programa Labora: Xuventude con Experiencia será realizada directamente polo órgano xestor das axudas.

Sexta.-Para os efectos do sinalado no artigo 10º desta orde, para computar o número de habitantes dos concellos galegos tomaranse como referencia as cifras de poboación referidas ao 1 de xaneiro de 2004, resultantes da revisión do padrón municipal, publicadas polo Instituto Nacional de Estatística e declaradas oficiais mediante o Real decreto 2348/2004, do 23 de decembro.

Para os efectos do sinalado no artigo 5º.1 g), terá a consideración dunha muller titular dunha familia monoparental e con cargas familiares, aquela muller solteira, viúva, separada ou divorciada que teña ao seu coidado fillos menores de 21 anos ou maiores incapacitados que non obteñan ingresos de calquera natureza superiores ao 75% do salario mínimo interprofesional vixente no momento da solicitude.

Sétima.-A concesión das axudas e subvencións previstas nesta orde estará suxeita á existencia de crédito orzamentario.

O pagamento das axudas e subvencións reguladas nesta orde financiaranse con cargo aos créditos das aplicacións orzamentarias que, mediante disposición complementaria, se determinen anualmente, logo da aprobación dos orzamentos xerais da comunidade autónoma para o exercicio correspondente.

Oitava.-No exercicio 2005 as axudas recollidas nesta orde, entre outras, financiaranse con cargo ás aplicacións orzamentarias 16.02.241A.470.0 código de proxecto 2002 14437 cun crédito de 517.500 euros, 16.02.241A.770.0 código de proxecto 2003 00449 cun crédito de 290.059 euros, 16.02.241A.470.2 código de proxecto 2002 14439 cun crédito de 3.142.692 euros, 16.02.241A.470.3 código de proxecto 2002 14823 cun crédito de 6.300.000 euros, 16.02.241A.470.4 código de proxecto 2005 00358 cun crédito de 4.000.000 de euros, 16.02.241A.470.4 código de proxecto 2005 00361 cun crédito de 10.000.000 de euros, 16.02.241A.470.4 código de proxecto 2005 00362 cun crédito de 5.000.000 de euros, 16.02.241B.470.0 código de proxecto 2002 14108 cun crédito de 544.581 euros, 16.02.241B.470.0 código de proxecto 2002 14109 cun crédito de 918.788 euros, 16.02.241B.470.2 código de

proxecto 2004 00340 cun crédito de 1.289.865 euros. Estas contías están recollidas na Lei 13/2004, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2005, e constitúen o importe global das aplicacións para o financiamento desta orde, da orde que establece as bases reguladoras do programa de axudas a empresarios sen asalariados pola contratación do seu primeiro traballador fixo cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2005, e das demais ordes que establezan as bases das medidas de promoción do emprego, incentivos á contratación por conta allea e actuacións de apoio a emprendedores, autoemprego e economía social, incluídas nos programas orzamentarios 241A, 241B e 241V.

Así mesmo, os ditos créditos poderán ser obxecto de modificacións como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos para o financiamento dos programas de fomento do emprego, coas limitacións que estableza a Conferencia Sectorial de Asuntos Laborais ou as disposicións aplicables ás axudas cofinanciadas polos fondos europeos.

Disposicións transitorias

Primeira.-As solicitudes de axudas realizadas ao abeiro do programa de fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais realizadas ao abeiro das ordes de convocatoria correspondentes a exercicios anteriores que quedasen pendentes de resolución no momento de entrada en vigor desta orde, e sempre que reunisen os requisitos e observasen os prazos e condicións establecidos na súa normativa reguladora e/ou, se é o caso, realizasen o investimento obxecto da axuda, poderán ser atendidas con cargo aos créditos orzamentarios destinados para o dito fin para o ano 2005.

Segunda.-As actuacións subvencionables ao abeiro do programa de fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais realizadas con anterioridade á data da entrada en vigor desta orde, solicitaranse respectando os prazos, requisitos e demais condicións establecidos na Orde do 25 de marzo de 2004, e poderán ser atendidas con cargo aos créditos orzamentarios que financian esta orde.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Promoción do Emprego para que dite, no ámbito das súas competencias, as resolucións e instrucións necesarias para o desenvolvemento e cumprimento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2005.

Belén Prado Sanjurjo

Conselleira de Asuntos Sociais, Emprego

e Relacións Laborais