DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 10 de marzo de 2005 Páx. 4.106

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 17 de febreiro de 2005 pola que se lle autoriza a ampliación dunha unidade ao centro privado de educación especial Unidad de Diagnóstico y Tratamiento de Niños Autistas y Psicóticos de Ferrol (A Coruña).

Examinado o expediente presentado polo centro privado de educación especial Unidad de Diagnóstico y Tratamiento de Niños Autistas y Psicóticos de Ferrol (A Coruña), en que solicita a ampliación dunha unidade no devandito centro.

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, quen o remite cos informes correspondentes.

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4 de outubro), de ordenación xeral do sistema educativo; a Lei orgánica 10/2002, do 23 de decembro, de calidade da educación; o Real decreto 334/1985, do 6 de marzo, de ordenación da educación especial (BOE do 16 de marzo); a Orde ministerial do 30 de xaneiro de 1986 (BOE do 4 de febreiro); o Real decreto 1537/2003, do 5 de decembro (BOE do 10 de decembro), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que impartan ensinanzas escolares de réxime xeral; o Decreto 320/1996, do 26 de xullo (DOG do 6 de agosto), de ordenación da educación de alumnos e alumnas con necesidades educativas especiais; o Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22 de maio), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa,

DISPÓN:

Autorizarlle ao centro privado de educación especial Unidad de Diagnóstico y Tratamiento de Niños Autistas y Psicóticos de Ferrol (A Coruña) a ampliación dunha unidade, segundo os datos que se relacionan no anexo da presente orde, facendo constar que para a súa posta en funcionamento, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, despois do informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación do persoal que imparta docencia na unidade que se amplía.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, do réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2005.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Ferrol.

Localidade: Ferrol.

Enderezo: San Pedro de Leixa s/n.

Denominación: centro privado de educación especial Unidad de Diagnóstico y Tratamiento de Niños Autistas y Psicóticos.

Titular: Asociación de Padres de Niños Autistas y Psicóticos.

Código do centro: 15025359.

Nivel: educación especial.

Unidades de que constaba: 3 (autistas).

Unidades novas autorizadas: 1 (autistas).

Total de unidades autorizadas: 4 (autistas).